Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Un xogo de atención
Hoxe meu filo Raúl ensinoume este magnífico "test" de atención.

E propóñovos o xogo porque é magnífico.

Adiante!

*Por certo: trátase dun anuncio real sobre seguridade vial no Reino Unido.

Comentarios (4) - Categoría: Querida publicidade - Publicado o 13-10-2011 18:27
# Ligazón permanente a este artigo
Algumas crianças gostariam que seus pais fossem animais
Un anuncio que non necesita comentario ningún!

Comentarios (2) - Categoría: Querida publicidade - Publicado o 11-05-2011 13:45
# Ligazón permanente a este artigo
Os animais non son pallasos
Vaia unha indecencia manter un animal na gaiola dun circo para entretemento do público que asiste ás funcións.

Eu cheguei a ver un hipopótamo pequeniño que vivía nun estanque de auga do tamaño de dúas bañeiras dentro dun carromato...

E unha carpa chea de elefantes amarrados ao chan por cadeas présas ás patas...

E leóns e tigres que esmorecían no interior dun remolque no que só podían dar apenas dous pasiños cando querían camiñar...

E un longo pesadelo de animais apreixados simpolemente polo pracer das risas do público.

Non.

Os animais non son os nosos pallasos!

(A fotografía, pertencente á campaña publicitaria Animals Are Not Clowns fíxoma chegar A nena do paraugas. Moitas grazas!)
Comentarios (5) - Categoría: Querida publicidade - Publicado o 07-05-2011 17:48
# Ligazón permanente a este artigo
Unha moi boa campaña contra da homofobia
Achégovos un anuncio portugués moi bo contra a homofobia.

Necesítanse máis campañas coma esta.

Comentarios (5) - Categoría: Querida publicidade - Publicado o 31-03-2011 20:55
# Ligazón permanente a este artigo
Campaña contra o racismo
Chegoume ao correo este magnífico anuncio de Afro Asian Institute e Crossing Cultures e non dubidei no intre de compartilo.

Así de importante paréceme a súa mensaxe.


Comentarios (4) - Categoría: Querida publicidade - Publicado o 10-03-2011 20:24
# Ligazón permanente a este artigo
A historia do nadal
Falabamos estes días, como non, do nadal e chegou ás miñas mans, máis ben ao meu correo, este pequeno video que reinterpreta en clave informática/tecnolóxica a famosa historia bíblica da natividade.

Un divertimento moi ocurrente, moi ben levado e moi acorde con esta época do ano.

(Por certo, que é o anuncio da compañía portuguesa excentric, especialistas en desenvolvemento dixital.)

Comentarios (7) - Categoría: Querida publicidade - Publicado o 27-12-2010 17:43
# Ligazón permanente a este artigo
Un anuncio de seguridade vial
Achégovos este magnífico anuncio a prol da seguridade vial galardoado con varios premios no ano 2004.

O eslogan final di:

O ceo pode agardar
Pon o cinto


Comentarios (2) - Categoría: Querida publicidade - Publicado o 25-07-2009 22:06
# Ligazón permanente a este artigo
Das augas de Mondariz
A raíz dun comentario publicado onte por actualidade comprometinme a procurar un anuncio de augas de Mondariz e atopei xusto aquilo que buscaba.

Nada mellor cá auga en contra das fatídicas resacas que provoca o alcohol.

Por certo, que me parece un anuncio moi bo.

Comentarios (1) - Categoría: Querida publicidade - Publicado o 05-07-2009 11:50
# Ligazón permanente a este artigo
Un anuncio de Guinness
A publicidade dá ás veces asombrosas sorpresas. Ollade este anuncio de Guinness, considerado un dos mellores da historia da publicidade.

Mellor se o ollades cun vaso de Guinness na man, por certo.

Quen podería describir o que se agacha detrás do sabor dunha boa cervexa?

Comentarios (3) - Categoría: Querida publicidade - Publicado o 04-07-2009 11:48
# Ligazón permanente a este artigo
DA CERVEXA


Unha imaxe do ano mil oitocentos e pico para a reflexión:
"A cervexa é nutritiva.
Esta bébea / Estoutra non a bebe
"
Como cambiou o conto!
Comentarios (8) - Categoría: Querida publicidade - Publicado o 19-01-2009 19:12
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal