Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

ao día seguinte

Esta foto fíxena na alameda de Caldas de Reis un día calquera de setembro do ano 2012 e dela naceu este texto:

ao día seguinte

e que pasou ao día seguinte?

ao día seguinte espertamos con sabor metálico na boca, con milleiros de ecos a nos bourar nos miolos, cunha gorxa que pedía auga de puro seca, cunha cabeza chea de interrogacións… ou exclamacións… ou interxeccións… que era?

ao día seguinte demos outra volta na cama para nos permitir soñar un pouquiño máis…

ao día seguinte preguntámonos se pagaba a pena abrir os ollos naquela claridade que fería

entón, dixeches…
entón…
agasalláchesme de verdade cunhas landras?

din outra volta
e seguín a durmir


Comentarios (0) - Categoría: Alfaias en video - Publicado o 27-11-2014 21:06
# Ligazón permanente a este artigo
Ponte City, a decadencia...
Esta é a triste historia de Ponte city, o edificio máis alto de África, na cidade de Johanesburgo.

É unha torre circular de 52 andares construída en 1975 con 173 metros de altura. Os seus apartamentos de luxo de tres pisos, con jacuzzi e vistas á cidade, eran o lugar preferido da elite branca.

Pero na década dos 90 todo cambiou. Grupos de delincientes tomaron o edificio e convertérono nun gueto vertical. Ponte city fíxose extremadamente perigoso e transformouse no símbolo da decadencia do outrora cosmopolita barrio de Hillbrow.

Malcolm Rees, xornalista financieiro é un de los seis brancos que aínda viven no edificio, todos eles na última pranta e fala de Ponte Tower neste interesante documental do realizador británico Philip Bloom.

Ponte Tower from Philip Bloom on Vimeo.

Comentarios (0) - Categoría: Alfaias en video - Publicado o 07-11-2013 20:23
# Ligazón permanente a este artigo
De Maria Aurèlia Capmany: Cant de l'enyor

Unha amiga laiábase un destes días no seu Facebook de que tras da recente morte de seu pai tiña o corazón esnaquizado e aínda había de pasar un tempo antes de que se lle recompuxese (polo menos un pouco).

Os seus laios leváronme a lembrar un máis que fermoso poema da poeta/novelista/actriz/tradutora (abraiante muller polifacética) Maria Aurèlia Capmany: Cant de l'enyor (Canto da saudade), para o meu gusto o máis fermoso que se escribiu acerca da perda e da saudade tras da morte dunha persoa querida, e que coñecín a través dunha versión fascinante de Lluís llach na que canta acompañado por Maria del mar Bonet e Marina Rosell.

Velaí vos vai en catalán:

Ni que només fos
per veure't la claror dels ulls mirant el mar.
Ni que només fos
per sentir el frec d'una presència.
Ni que només fos
poder-nos dir un altre adéu serenament.
Ni que només fos
pel suau lliscar d'un temps perdut al teu costat.
Ni que només fos
recórrer junts el bell jardí del teu passat.
Ni que només fos
perqué sentissis com t'enyoro.
Ni que només fos
per riure junts la mort.
Ni que només fos
poder-nos dir un altre adéu serenament.
Ni que només fos
perquè sentissis com t'enyoro.
Ni que només fos
per riure junts la mort.


E unha tradución miña ao galego:

Aínda que só fose
para ver a claridade dos teus ollos a mirar o mar.
Aínda que só fose
para sentir o roce dunha presenza.
Aínda que só fose
podernos dicir outro adeus serenamente.
Aínda que só fose
polo lene esvarar dun tempo perdido á túa beira.
Aínda que só fose
percorrer xuntos o fermoso xardín do teu pasado.
Aínda que só fose
para que sentises vomo te añoro.
Aínda que só fose
para rirnos xuntos da morte.
Aínda que só fose
podernos dicir outro adeus serenamente.
Aínda que só fose
para que sentises vomo te añoro.
Aínda que só fose
para rirnos xuntos da morte.


Sen máis comentarios (penso que non cómpren), velaquí vai a versión de Lluís Llach da que falaba:



Comentarios (2) - Categoría: Alfaias en video - Publicado o 01-10-2012 16:58
# Ligazón permanente a este artigo
Os fantásticos libros voadores do Señor Lessmore
Unha películiña con bastantes puntos en común coa miña novela Libro das alquimias.

The Fantastic Flying Books of Mr. Morris Lessmore recibiu o Óscar 2012 á mellor curta de animación.

Unha verdadeira gozada!

Comentarios (1) - Categoría: Alfaias en video - Publicado o 04-03-2012 21:39
# Ligazón permanente a este artigo
Con música de Kitaro Matsuri
Unha vez máis grazas á Nena do paraugas por me enviar este vídeo abraiante que vos achego con música de Kitaro Matsuri.

Un canto de amor á Terra.

Para gozar!

Comentarios (1) - Categoría: Alfaias en video - Publicado o 05-02-2012 12:17
# Ligazón permanente a este artigo
Unha viaxe á Illa dos Mortos
Grazas á Nena do paraugas, que me fixo chegar este vídeo, souben dos grandes descobrimentos arqueolóxicos da Illa de Guidoiro Areoso, na Ría de Arousa, a onde viaxei unha vez hai anos no barco dun amigo.

Achégovos este vídeo polo seu interese histórico.

Quen había dicirnos que no medio da Ría de Arousa existía unha illa coma a lendaria Avalon das lendas artúricas?

Só nos falta desexar que ninguén destrúa esta extraordinaria riqueza arqueolóxica!

Para máis información consultade o blog de Manuel Gago.


Comentarios (1) - Categoría: Alfaias en video - Publicado o 28-01-2012 20:05
# Ligazón permanente a este artigo
Para que serven os medios públicos en galego?
Un magnífico video de Carlos Blanco cunha mensaxe moi necesaria nestes tristes tempos que estamos a vivir.

Vaia un grolo por Carlos Blanco e polos medios de comunicación públicos en galego!

Comentarios (2) - Categoría: Alfaias en video - Publicado o 25-11-2011 13:41
# Ligazón permanente a este artigo
Si que chegaron os marcianos!
Despois de facer unha pequena maquillaxe ás imaxes de onte agora si que estou en condicións de afirmar que OS MARCIANOS CHEGARON XA!

Comentarios (0) - Categoría: Alfaias en video - Publicado o 21-11-2011 21:32
# Ligazón permanente a este artigo
Ismaël Lô: L'Amour a Tous Les Droits
Hoxe que é xornada electoral ("deus nos colla confesados") achégovos este vídeo dunha canción do cantante senegalés Ismaël Lô titulada L'Amour a Tous Les Droits:

L'amour a tous les droits
et nous tous les devoirs
L'amour a tous les droits
et nous tous les devoirs




Comentarios (0) - Categoría: Alfaias en video - Publicado o 20-11-2011 14:16
# Ligazón permanente a este artigo
Bailar, non chorar
Hoxe recibín dunha vella amiga este video que non require máis comentarios...

Comentarios (2) - Categoría: Alfaias en video - Publicado o 11-11-2011 14:45
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal