Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Benigno Moure: o crego estafador
Hai tres anos Benigno Moure, crego e presidente da Fundación San Rosendo de Ourense, foi declarado culpábel de apropiarse de 573.673 euros que conformaban o patrimonio de María Vázquez Covela, unha anciá enferma de alzheimer que vivía na residencia xeriátrica "Os Gozos", en Pereiro de Aguiar, xestionada pola súa fundación.

Foi condenado a devolver os cartos á familia da señora e máis a cinco anos de cárcere por apropiación indebida.

Pois ben, para o abaraio da sociedade o tal crego Moure recibiu onte o apoio do Partido Popular de Ourense e a Confederación de Empresarios de Ourense para evitar o seu ingreso na cadea...

... porque o conmsideran un "referente humanitario".

Manda carallo!
Comentarios (5) - Categoría: Persoas non gratas - Publicado o 13-07-2011 17:09
# Ligazón permanente a este artigo
Do concelleiro bébedo de Santiago
Hoxe a prensa e a radio sorprendéronnnos coa nova de que o concelleiro do PP no Concello de Santiago número tres da lista do mesmo partido para as vindeiras eleccións municipais do 22 de maio, Ángel Espadas, foi detido pola policía por conducir bébedo.

Estaba tan cheo de alcohol (triplicaba a taxa permitida) que quedou durmido ao volante do seu coche co motor en marcha perante un semáforo vermello até que os axentes o descubriron.

Dáse a circunstancia, segundo o xornal Correo Gallego contou no seu momento, de que este personaxe se infiltrou coa que vai de número dous na devandita lista, Paula Prado, entre os mozos de Santiago que facían "botellón" ao comezo do curso para denunciar "os seus excesos co alcohol"!

Pero como se pode ser tan hipócrita?
Comentarios (6) - Categoría: Persoas non gratas - Publicado o 14-03-2011 23:25
# Ligazón permanente a este artigo
Baby Doc: o único que lle faltaba a Haití!
Este home da fotografía, Jean-Claude Duvalier, Baby Doc, fillo de François Duvalier, Papa Doc, foi presidente de Haití ao longo de quince anos e regresou ao país logo de vinte e cinco anos de exilio en Francia (xa lles vale tamén aos franceses!)

Human Rights Watch e outras ONG pediron a súa detención polas violacións de dereitos humanos cometidos durante os seus anos no goberno.

Estes son os estarrecedores datos:

- Entre baby Doc e seu pai Papa Doc, autoproclamado emperador, fixeron matar entre vinte ou trinta mil haitianos!

- Crearon e mantiveron unha forza paramilitar chamada "Tontons Macoutes" para manter a poboación sometida aos seus antollos.

- Fixeron de Haití o seu couto privado e Baby Doc fuxiu do país cunha cantidade de diñeiro que duplicaba o produto interior bruto.

Por que volveu a Haití agora este depravado?

Sobre ese país non deixan de caer desgrazas!

Comentarios (6) - Categoría: Persoas non gratas - Publicado o 18-01-2011 21:58
# Ligazón permanente a este artigo
Pesadelo Fraga
O pesadelo Fraga non remata.

Agora van e danlle o Premio Otero Pedrayo por suxestión de Rafael Louzán, presidente da Deputación de Pontevedra, "polo seu traballo por Galicia"!

Seica non había ninguén que o merecese máis?

A Mesa pola Normalización Lingüística dixo que é un insulto á memoria de Don Ramón.

Estou completamente de acordo.

Cando vai rematar este pesadelo?

Comentarios (10) - Categoría: Persoas non gratas - Publicado o 20-10-2010 20:42
# Ligazón permanente a este artigo
Da dobre moral do PP
Lembrades aquela frase famosa de José María Aznar contra dos que nos manifestabamos contra a súa desastrosa xestión da marea negra tras do afundimento do Prestige?

"Son perros que ladran su rencor por las esquinas"

Manda truco!

Hoxe Esperanza Aguirre dixo que impedir que a untradereita española e xente do propio PP insulte o presidente español na chamada "Festa nacional" do 12 de outubro á poñer trabas á liberdade de expresión!

Vaia unha dobre moral: "os delitos son delitos mentres non os fagamos nós. Se protestan os demais son cans a ladrar. Se o facemos nós somos abandeirados da liberdade de expresión."

E quede ben claro que non me importa o máis mínimo iso que chaman a "Festa nacional" e odio os desfiles militares, sexan en Madrid ou en Corea do Norte.

Quedo con aquela vella canción de George Brassens que cantaba en español Paco Ibáñez:
Cuando la fiesta nacional
yo me quedo en la cama igual,
pues la música militar
nunca me supo levantar
.

O que non aturo é a dobre moral.

De ningunha maneira podo con ela.

Comentarios (7) - Categoría: Persoas non gratas - Publicado o 14-10-2010 22:03
# Ligazón permanente a este artigo
Do bispo que xustifica os abusos sexuais 2
Hai moito tempo falei dun bispo que xustificaba os abusos sexuais. Foi o pasado dezaseis de abril e o tipo en cuestión era mexicano.

Desta volta as aberrantes e dende calquera punto de vista inxustificábeis declaracións veñen da boca deste señor da fotografía.

Chámase Juan Antonio Martínez Camino e para colmo é o voceiro da Conferencia Episcopal Española.

Sabedes que dixo nunha rolda de prensa?

Pois dixo textualmente que:
"Es comprensible que ocurra alguna vez (que haxa abusos sexuais) porque todos somos pecadores y débiles"

Pero como se pode ter tan pouca vergoña?

Por certo que a mesma persoa no mesmo lugar dixo que a visita do Papa era "un negocio espiritual e tamén económico"!

Como escribira o gran Curros Enríquez en boca de Deus no seu poema Mirando ao chau:
Se eu fixen este mundo que o demo me leve

Comentarios (7) - Categoría: Persoas non gratas - Publicado o 01-10-2010 19:06
# Ligazón permanente a este artigo
Da cruzada de Gloria Lago
Velaí a tedes nunha foto co conselleiriño de educación.

Gloria Lago.

Presidenta un enxendro malchamado Galicia Bilingüe, unha asociación creada co único obxectivo de perseguir a lingua de nós.

Que é o mesmo que dicir perseguirnos a nós.

Primeiro foi o ensino do galego nas escolas e institutos.

Agora vén de denunciar o que ela chama "ideoloxización nacionalista" dos colexios públicos.

E ameaza con acudir aos tribunais "se a Xunta non resolve de xeito satisfactorio" a "politización das webs" dos Equipos de Normalización Lingüística.

Tire a carauta da cara, señora Lago.

Nin bilingüe nin nada que se lle pareza.

Vostede odia o galego.

Que é coma dicir que nos odia a nós.

E quizais a vostede mesma tamén.

Unha lástima!
Comentarios (6) - Categoría: Persoas non gratas - Publicado o 15-09-2010 18:19
# Ligazón permanente a este artigo
Da viaxe de Roberto Varela a Shanghai
Pobre Señor Roberto Varela, Conselleiriño de Cultura, que se viu obrigado a viaxar á Expo de Shanghai para patrocinar o maldito Xacobeo (que é o único que fai o seu Departamento) e tivo que viaxar en 1ª clase!

Meu pobre!

Todo por nós e polo seu amor ao país.

O esforzo do conselleiro custoulle ao goberno MÁIS DE CATORCE MIL EUROS só para pagar tres billetes de avión!

Imaxinade o que custou a viaxe e a estancia en Shangai do resto da comitiva (banda de gaitas de Deputación de Ourense incluída)

Só de pensalo éntrame a vertixe.

Nestes tempos de crise este tipo de gastos paréceme un insulto ao funcionariado que vai ver recortado o seu soldo, aos pensionistas das pensións conxeladas, aos pais e nais que non van cobrar o cheque bebé e, sobre todo, ás ducias de milleiros de parados que hai no país.

Este señor debería de dimitir XA!

(Nalgún intre falaremos dos gastos de Núñez Feijóo, que nunca deixa de viaxar con cargo aos nosos petos e doutros persoeiros como rafael Louzán, que tamén anda todo o día de alá para acá, e onde digo alá, entendede América)

Unha inmoralidade!
Comentarios (7) - Categoría: Persoas non gratas - Publicado o 01-06-2010 18:46
# Ligazón permanente a este artigo
Do bispo que xustifica os abusos sexuais
As palabras deste bispo mexicano, un tal Monseñor Arizmendi, nas que responsabiliza os medios e o sistema educativo dos abusos contra menores descalifícanse por si soas:



Comentarios (7) - Categoría: Persoas non gratas - Publicado o 16-04-2010 17:26
# Ligazón permanente a este artigo
O neno predicador
Non teño comentarios para o que podedes ver neste video dun neno predicador, un pequeno monstruo que non sei se esperta en min compaixón ou ganas de darlle unhas labazadas.

Agardo polos vosos comentarios porque eu non teño palabras.

Até onde pode chegar o fanatismo?

(Por favor fixádevos nas reaccións do público...)

Comentarios (7) - Categoría: Persoas non gratas - Publicado o 04-04-2010 14:03
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal