Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Sidras de xeo
Acabado de chegar de Xixón, do Salón de les sidres de gala, quérovos falar da miña gran descoberta: as sidras de xeo.

As sidras de xeo obtéñense por un método similar ás tradicionais: o prensado das mazás e a súa posterior fermentación.

Mais cunha diferenza substancial: a mazá prensada conxélase completamente e logo se deixa desconxelar moi pouquiño a pouco.

O líquido resultante déixase fermentar e apenas contén auga, simplemente un zume de mazá de alta pureza co que se obtén un produto verdadeiramente singular e realmente delicioso cun sabor semellante (só por poñer un exemplo) ao viño de moscatel.

Convídovos a que probedes (aínda que non é doada de conseguir) unha que se chama Diamantes de Hielo elaborada polo lagar tradicional da Viuda de Angelón no Concello de Nava, en Asturias, que por certo tamén elabora unha sidra de pera fascinante.

Xoias para a boca.

Sidras para soñar.
Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-10-2012 12:24
# Ligazón permanente a este artigo
Salón de les Sidres de Gala
Mañá marcho a Xixón para acompañar ao meu amigo Jesús Armenteros (Sidra de Ribela) no Salón de les sidres de gala.

Xa falaremos!
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-10-2012 15:15
# Ligazón permanente a este artigo
Pechado por vacacións


FELIZ VERÁN (dentro do que cabe!)
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-07-2012 16:10
# Ligazón permanente a este artigo
Pechado por viaxe
O Tiñádelo que ver estará pechado por viaxe até o vindeiro 10 de agosto.

Até a volta!
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-07-2011 22:56
# Ligazón permanente a este artigo
Da exposición Vilagrafías de Anxo Cabada
Tiven onte o inmenso pracer de asistir á inauguración da exposición Vilagrafías do fotógrafo Anxo Cabada no Verbum de Vigo (onde estraá até o 11 de setembro).

En palabras do autor Vilagrafías é "unha recreación poético-fotográfica da xeografía visual e sentimental das vilas e cidades galegas".

As fotografías, de gran calidade todas elas, están acompañadas por textos de moi diversos autores: María Xoxé Queizán, Fran Alonso, Ramón Caride, Eva Veiga, Chus Pato, Marilar Alexandre, Antón Lopo, Anxo Angueira, Carlos Lema...

E tiven a honra de escribir eu o texto que se refire a Ferrol...

E a honra aínda maior de poder lelo onte na presentación.

Xa colaborara con Anxo na súa anterior exposición, Terragrafías, pero aseguro que nesta ocasión superouse a si mesmo.

Moitas grazas, Anxo, por poñeres (tan boa) imaxe ás miñas palabras!
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-07-2011 18:05
# Ligazón permanente a este artigo
Un premio para o meu amigo Hadri!
Un meu amigo de dezasete anos, Hadrián Montes Campos (na foto con Domingo, seu pai) vén de gañar en Valencia a Olimpiada Española de Química!

E agora no mes de setembro marchará a Teresinas, no Brasil, para a Olimpiada Latinoamericana e en xullo a Ankara (Turquía) para a Internacional!

Un orgullo para todos os amigos!

Adiante, Hadri!

Estaremos contigo.
Comentarios (8) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-05-2011 13:31
# Ligazón permanente a este artigo
Cinco días de ausencia
O Tiñádelo que ver queda pechado por unha viaxe a Burdeos até o vindeiro martes 1 de febreiro.

Vémonos á volta!
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-01-2011 20:41
# Ligazón permanente a este artigo
Retrato do artista adolescente
Ese que vedes na fotografía que vos achego son eu cando tiña uns dezaoito anos.

Estaba a representar co grupo de teatro "Berenguela" de Ferrol unha obra de teatro miña que tiña o ousado título de Que cadoiro de cagada! dixo a marquesa sentada nunha mesa.

Pasabámolo moi ben, faciamos teatro, difundiamos a cultura galega por colexios, institutos, asociacións de veciños, centros culturais de parroquias varias...

Representabamos esa obra miña que xa mencionei e unha de Manuel María que lle daba nome ao grupo de teatro: Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamamda Berenguela.

E por que colgo hoxe esta foto no Tiñádelo que ver?

Pois porque hoxe fai corenta e oito anos que nacín.

Si. O meu aniversario.

E collo o título da novela de James Joyce para falar de min.

Cando fixen dezasete anos unha amiga da que agora non sei nada, Ana Caxiao, autora de bos poemas e de fermosas letras para a cantante María Manoela agasalloume con este poemiña que vos achego. Corría o ano mil novecentos oitenta!

Dezasete ríos buscando mar aberto.
Dezasete forzas amurnando aceiro.
Dezasete lirios
Dezasete anceios
Dezasete gromos
Dezasete berros
Dezasete ocos...
Un mundo para enchelos.
Dezasete anos
Dezasete xeiras
Dezasete grans dunha colleita.


Relaciono esa fotografía coa época na que este poema foi escrito, meses máis, meses menos.

E hoxe, trinta e un anos despois, sabedes unha cousa?

Aínda teño ganas e forzas para encher os dezasete ocos, para dar os dezasete berros, para ulir os dezasete lirios e para amurnar aceiro.

Si. Forzas.



Comentarios (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-01-2011 19:35
# Ligazón permanente a este artigo
Unha xesta para maio
Non sei en cantos lugares máis de Galicia existe a tradición de poñer unha poliña de xesta na matrícula do coche para comezar ben o mes de maio.

Desconfío da eficacia de tal costume, pero non vaia ser o demo...

Así que velaí vos van unhas poliñas de xesta para todos e que o mes comece do mellor xeito posíbel!
Comentarios (9) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-04-2010 19:10
# Ligazón permanente a este artigo
Pechado por vacacións
Mañá marcho de novo, desta volta a Véjer de la Frontera, na provincia de Cádiz, polo que non actualizarei o blog até despois do día 5 de abril.

Que teñades unhas moi boas vacacións!
Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-03-2010 11:53
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal