Xeoloxía para futuros biólog@s


Espacio de encontro para o estudo da Xeoloxía aplicada á Bioloxía

O meu perfil
edbarral@usc.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO

¿Qué tal ese traballo?
Sabedes que o traballo de campo é unha parte moi importante do traballo dos xeólogos e biólogos (as). Por iso, tamén o traballo de campo que facedes vos é unha parte importante da asignatura de Xeoloxía. ¿Qué tal vos vai?. ¿Xa fixestes algunha saída? ¿Vos parece que compartamos aquí algunha das vosas experiencias? É magoa que non podades subir fotos ao blog por vos mesmos (creo) pero se tedes fotos interesantes das vosas excursións xeolóxicas podédesmas enviar (con explicacións) e as subimos nos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-02-2008 13:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
¿Para que nos vale a Xeoloxía?
Esta adoita ser unha pregunta que se fan os estudantes de primeiro curso de Bioloxía. Hai moitas razóns que xustifican o seu estudo. Posiblemente a razón máis evidente é que para comprender o modo de vida dos organismos (tarefa esencial da Bioloxía)é necesario coñecer o seu hábitat, e polo tanto o medio físico. A importancia deste é particularmente importante nos vexetais, pois están moi afectados polas características dos sustratos nos que medran e de feito é común falar de plantas calcícolas, acidófilas ou basófilas..., reflectindo a sua afinidade por certos tipos de rochas e solos. Para aqueles que se sintan interesados polos problemas medioambientais o coñecemento da Xeoloxía será unha ferramente imprescindible, pois permite coñecer a orixe dos elementos químicos, a sua distribución nas rochas, solos e augas, a vulnerabilidade das capas freáticas á contaminación, etc. Ademáis, a Xeoloxía permítenos interpretar a paisaxe e é un factor relevante que afecta á calidade do solo e polo tanto, aos seus posibles usos. Hai outras moitas razóns para adentrarse no mundo da Xeoloxía, pero teñen mais que ver coa Enxeñería, a Xeografía, ou a Química, e ata coa Arqueoloxía,....pero eso deixámolo para outra ocasión.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-01-2008 14:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Estamos de estrea
Hoxe comezamos unha nova experiencia:un blog para comentar cousas de clase e tamén cuestións de actualidade relacionadas coa Xeoloxía. ¡Imos ver qué tal nos vai!. Esperamos que este espacio sexa un punto de encontro para todas as persoas que compartimos o estudo da Xeoloxía. ¡Agardamos a vosa participación!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-01-2008 18:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal