FESTIVALEIR@S DENDE O ANO 2000.

xentetitiriteira
fitredondela@hotmail.com
 FIT REDONDELA
  FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES DE REDONDELA
 TÍTERECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-05-2009 18:10
# Ligazón permanente a este artigo
O PASTOR
Pablo Giráldez Río "O pastor"
e membro do colectivo
"XENTE TITIRITEIRA"
dende os comenzos do festival
alá polo ano 2000, e dende enton
colabora (entre outras cousas)
debuxando e deseñando á imáxe gráfica,
para divulgación e difusión do festival
polo mundo adiante.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-05-2009 17:13
# Ligazón permanente a este artigo
Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-05-2009 22:16
# Ligazón permanente a este artigo
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-05-2009 21:22
# Ligazón permanente a este artigo
TANXARINA DE REDONDELA
A compañía Tanxarina Títeres foi fundada no ano 1983 por varios éxalumnos de Harry Tozer, profesor de contrucción e manipulación de marionetas de fío do Institut do Teatre de Barcelona, e tamén outros profesionais galegos do teatro infantil e xuvenil. Desde entón converteuse nunha das formacións máis recoñecidas e prestixiosas do teatro de monicreques galego tanto dentro como fera de Galicia.
Dedícase prioritariamente á produción e distribución de espectáculos dirixidos a todo tipo de públicos: infantil xuvenil e familiar, onde se combinan diversas técnicas de animación de bonecos co traballo actoral dos propios manipuladores. Marionetas de fíos, monicreques de luva, de varillas, sombras chinesas, bunrakus e outros gañan así en forza expresiva e comicidad. Esa relación escénica entre monicreques e actores vén sendo unha dos acenos de identidade da compañía desde os seus primeiros espectáculos.
TANXARINA Títeres, presentou os seus traballos nos máis importantes Festivais de teatro de monicreques: Segovia, Valencia, Barcelona, Madrid, Murcia, Bilbao, Alacante, Sevilla... Moitas son as cidades visitadas polos seus bonecos, que tamén pasearon por Portugal, Grecia, Austria, Bélxica, Italia, O Salvador, Costa Rica, Nicaragua, Venezuela, Cuba, Colombia, Arxentina, Brasil, México...
No ano 2000 os actores-manipuladores da Compañía comezan unha intensa actividade paralela detro do teatro de actor, sendo frecuentemente invitados para participar en montaxes teatrais (Teatro do Morcego, Produccións Teatrais do Sur, Centro Dramático Galego...) como en diversas producións audiovisuais: cine, series televisivas, costometrajes, publicidade, dobraxe e outros.
A compañía desenvolve tamén unha constante actividade docente mantendo unha variada proposta de Cursos de Construción e manipulación de monicreques, marionetas, máscaras e cabezudos para educadores, escolares e profesionais da animación socio-cultural.
Así mesmo, tambiñen desde o ano 2000, TANXARINA TÍTERES , (Miguel, Tatán e Andrés) é responsable da Dirección artística e técnica do Festival Internacional de Títeres de Redondela.Memorial Juanjo Amoedo,dentro da asociación XENTE TITIRITEIRA, unha manifestación titiriteira de gran calidade e recoñecemento que se celebra no mes de Maio.


Extraido da web da compañía Tanxarina: www.tanxarina.com
http://www.tanxarina.com/http://www.tanxarina.com/http://www.tanxarina.com/http://www.tanxarina.com/
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-05-2009 20:05
# Ligazón permanente a este artigo
X FESTIVAL DE TÍTERES DE REDONDELA. Memorial Juanjo Amoedo.
A décima edición do
Festival Internacional de Títeres
de Redondela, memorial Juanjo Amoedo,
contará este ano con 19
compañías procedentes de
tódolos puntos do planeta.
Agrupacións de Italia,
Francia, Bélxica, Brasil,
Eslovenia ou a República
de Benin xunto con formacións
de Cataluña, Andalucía,
Aragón ou Galicia serán as
protagonistas desta nova
edición que comezará o luns
día 18 coa obra “Sombreiros sen chapeu”
a cargo de Tanxarina
dentro da programación escolar.
(Susi Queimaliños. RadioRedondela)
http://www.therootpuppets.com/http://www.therootpuppets.com/http://www.therootpuppets.com/http://www
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-05-2009 18:17
# Ligazón permanente a este artigo
Do 18 ao 24 de Maio/09
Xa a partir do mércores abrirase o programa a todo o público con La Chana Teatro e a súa obra Entre diluvios. O prato forte chegará coa fin de semana: a programación de rúa. Dúas xornadas, os días 23 e 24, onde as rúas e prazas do concello estarán cheas de monicreques e espectáculos que encherán a vila de cor e que de seguro farán as delicias de grandes e pequenos.
Unha programación de alta calidade que este ano tivo que enfrontarse aos problemas económicos xa que dende a organización viron como diminuían algunhas das aportacións das entidades colaboradoras. Miguel Borines, do colectivo Xente Titiriteira confirmaba que foi “moi difícil acadar o respaldo económico doutros anos, xa que algúns dos comercios que colaboraban habitualmente non puideron este ano facer o mesmo esforzo”.
(Susi Queimaliños. Radio Redondela)



http://www.myspace.com/ceorquestrapantasmahttp://www.myspahttp://www.myspace.com/ceorquestrapantasma
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-05-2009 18:13
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
festivaltiteresredondela.es