FESTIVALEIR@S DENDE O ANO 2000.

xentetitiriteira
fitredondela@hotmail.com
 FIT REDONDELA
  FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES DE REDONDELA
 TÍTERECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

XIII FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES de REDONDELA 2012 Memorial Juanjo Amoedo, do 14 ao 20 de maio.
Comentarios (0) - Categoría: 13 FESTIVAL. 2012 - Publicado o 05-04-2012 18:29
# Ligazón permanente a este artigo
MERCADILLO TITIRITEIRO 2012

VENTA DE ARTESANIA e OUTROS
Este ano o Festival destinará na Alameda una área exclusiva para a venta de artesanía.
A idea é cos postos de venta colaboren cunha pequena aportación económica.
O Festival considera que a presencia dos diferentes artesans axuda a dar ambiente
o ofertar a sua mercadoria ,tendo en conta sempre a programación do Festival e os movementos do publico.
Posto máximo : 3 metros
Colaboración : 10 euros día.
Coordinador Venta Artesania. TOTI 651148059
http://www.festivaltiteresredondela.com/
Comentarios (1) - Categoría: 13 FESTIVAL. 2012 - Publicado o 05-04-2012 18:05
# Ligazón permanente a este artigo
13 FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES DE REDONDELA (Memorial Juanjo Amoedo)
O XIII FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES DE REDONDELA (Memorial Juanjo Amoedo) celebrarase do 14 ao 20 de maio de 2012.

De novo as rúas, prazas e xardíns redondeláns servirán de escenario para artistas, músicos e titiriteiros das máis variadas procedencias.

A organización do evento, compartida pola ASOCIACIÓN XENTE TITIRITEIRA e a Concellería de Cultura do Concello de Redondela, mantén a vocación internacional do FESTIVAL, presentando, nesta ocasión, os traballos e espectáculos de compañías profesionais do Reino Unido, Bulgaria, Dinamarca, Murcia, Cantabria, Madrid Cataluña e Galicia (entre outras). Unha festa da diversidade que encherá de novo Redondela de marionetas de fíos, monicreques tradicionais, vangardas creativas, xogos participativos, animación de rúa e unha chea de sorpresas.

Seguindo a filosofía do seu creador, Juanjo Amoedo, o FESTIVAL continúa na liña de involucrar na súa celebración a maior cantidade posible de institucións, de sectores sociais e de xentes da vila, para manter este acontecemento como a maior manifestación cultural de Redondela. Así, o FESTIVAL conta xa co apoio de diversas institucións políticas, económicas e sociais de índole estatal, autonómica, provincial e local, e na súa organización participan, de xeito voluntario, arredor de 50 persoas procedentes de diferentes colectivos e agrupacións locais que conforman a ASOCIACIÓN XENTE TITIRITEIRA.

Na pasada edición de 2011 superouse sobradamente a cantidade de 30.000 espectadores nas diferentes seccións da programación, polo que as previsións para este ano son inmellorables e agárdanse arredor de 35.000 asistentes.

O FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES DE REDONDELA
é unha festa internacional onde se mesturan títeres, ledicia e festa.
Comentarios (1) - Categoría: 13 FESTIVAL. 2012 - Publicado o 04-04-2012 13:29
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
festivaltiteresredondela.es