FESTIVALEIR@S DENDE O ANO 2000.

xentetitiriteira
fitredondela@hotmail.com
 FIT REDONDELA
  FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES DE REDONDELA
 TÍTERECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

NOTA INFORMATIVA PARA ARTESÁNS QUE QUEIRAN ACOMPAÑARNOS NO FESTIVAL

VENTA DE ARTESANIA e OUTROS
Este ano o Festival destinará na Alameda una área exclusiva para a venta de artesanía.
A idea é cos postos de venta colaboren cunha pequena aportación económica.
O Festival considera que a presencia dos diferentes artesans axuda a dar ambiente
o ofertar a sua mercadoria ,tendo en conta sempre a programación do Festival e os movementos do publico.
Posto máximo : 3 metros
Colaboración : 10 euros
Coordinador Venta Artesania. TOTI 651148059
http://www.festivaltiteresredondela.com/
Comentarios (6) - Categoría: 12º FESTIVAL 2011 - Publicado o 29-04-2011 18:56
# Ligazón permanente a este artigo
12º FESTIVAL INTERNACIONAL DE TITERES DE REDONDELA-

O FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES DE REDONDELA (Memorial Juanjo Amoedo) celebrarase do 24 ao 29 de maio de 2011.

De novo as rúas, prazas e xardíns redondeláns servirán de escenario para artistas, músicos e titiriteiros das máis variadas procedencias.

A organización do evento, compartida pola ASOCIACIÓN XENTE TITIRITEIRA e a Concellería de Cultura do Concello de Redondela, mantén a vocación internacional do FESTIVAL, presentando, nesta ocasión, os traballos e espectáculos de compañías profesionais de: Francia, Alemaña, India, Rusia, Andalucía, Aragón, Cataluña, Madrid e Galicia (entre outras). Unha festa da diversidade que encherá de novo Redondela de marionetas de fíos, monicreques tradicionais, vangardas creativas, xogos participativos, animación de rúa e unha chea de sorpresas.

Seguindo a filosofía do seu creador, Juanjo Amoedo, o FESTIVAL continúa na liña de involucrar na súa celebración a maior cantidade posible de institucións, de sectores sociais e de xentes da vila, para manter este acontecemento como a maior manifestación cultural de Redondela. Así, o FESTIVAL conta xa co apoio de diversas institucións políticas, económicas e sociais de índole estatal, autonómica, provincial e local, e na súa organización participan, de xeito voluntario, arredor de 50 persoas procedentes de diferentes colectivos e agrupacións locais que conforman a ASOCIACIÓN XENTE TITIRITEIRA.

Na pasada edición de 2010 superouse sobradamente a cantidade de 30.000 espectadores nas diferentes seccións da programación, polo que as previsións para este ano son inmellorables e agárdanse arredor de 35.000 asistentes.

Unha festa internacional onde se mesturan títeres, ledicia e festa.

Asociación Xente Titiriteira

Páxina web: www.festivaltiteresredondela.com

Comentarios (3) - Categoría: 12º FESTIVAL 2011 - Publicado o 19-04-2011 16:34
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
festivaltiteresredondela.es