FESTIVALEIR@S DENDE O ANO 2000.

xentetitiriteira
fitredondela@hotmail.com
 FIT REDONDELA
  FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES DE REDONDELA
 TÍTERECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

XVI FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES DE REDONDELA (Memorial Juanjo Amoedo)
XVI FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES DE REDONDELA (Memorial Juanjo Amoedo) celebrarase do 26 ao 31 de maio de 2015. De novo as rúas, prazas e xardíns da vila servirán de escenario para artistas, músicos e titiriteiros das máis variadas procedencias.
A organización do evento, ASOCIACIÓN XENTE TITIRITEIRA, xunto coa participación da Concellería de Cultura do Concello de Redondela, mantén a vocación internacional do FESTIVAL, presentando nesta ocasión traballos e espectáculos de compañías profesionais de: Brasil, Perú, Portugal, Francia e Cataluña, Madrid e Galicia (entre outras). Unha festa da diversidade que encherá de novo Redondela de marionetas de fios, títeres tradicionais, vangardas creativas, xogos participativos, teatro de rúa e un feixe de sorpresas.

XVI FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES DE REDONDELA.
Memorial Juanjo Amoedo é un reflexo do esforzo dun pobo para difundir e gozar do teatro de monicreques.
-Datas do Festival: do 26 ao 31 de maio do 2015
-Programación de rúa: 29,30 e 31 de maio
-Programación de Sala. Achégase
Asociacion Xente Titiriteira.Equipos de traballo :
Comunicación do Festival: fitcomunicacion@gmail.com
Novas tecnoloxias : fondecon@yahoo.es
Dirección do Festival: fitredondela@hotmail.com

-Mercadiño Titiriteiro: 24 e 25 de maio.
O Festival propón, un ano máis, un espazo onde artesáns da zona poidan expor as súas creacións no chamado Mercadiño Titiriteiro.
Todos aqueles artesáns interesados en participar deben ingresar 20 euros na conta da Asociación Xente Titiriteira : ES53 2100.2989.13.0200036875 (LaCaixaBank)
Poñer no ingreso o nome e apelidos de quen a fai transferencia.
De valde en calqueira caixeiro de LaCaixa Bank.
Importante traer o papel xustificado da transferencia o dia da montaxe.
A montaxe farase o día 29 ás 22.30 h na Alameda.
-Medidas máximas do posto: 2 metros de largura x 1,5 de fondo.
-NON se aceptan nin comida nin bebida.
Para calquera dúbida :
Coordinación e información do Mercadiño: Toti 651.14.80.59
Comentarios (0) - Categoría: XVI FESTIVAL 2015 - Publicado o 26-03-2015 20:02
# Ligazón permanente a este artigo
XVI FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES DE REDONDELA Memorial Juanjo Amoedo do 26 ao 31 de maio do 2015
XVI FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES DE REDONDELA
Memorial Juanjo Amoedo
do 26 ao 31 de maio do 2015
Comentarios (0) - Categoría: XVI FESTIVAL 2015 - Publicado o 26-03-2015 19:54
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
festivaltiteresredondela.es