FESTIVALEIR@S DENDE O ANO 2000.

xentetitiriteira
fitredondela@hotmail.com
 FIT REDONDELA
  FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES DE REDONDELA
 TÍTERECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

DÉCIMO FESTIVAL
10º FESTIVAL INTERNACIONAL DE TITERES
DE REDONDELA
(Memorial Juanjo Amoedo)

Do18 ao 24 de Maio de 2009
O FESTIVAL INTERNACIONAL DE TITERES DE REDONDELA (Memorial Juanjo Amoedo) vai conmemorar o seu décimo aniversario nunha festiva edición que se celebrará do 18 ao 24 de Maio de 2009. De novo as rúas, prazas e xardíns da vila servirán de escenario para artistas, músicos e titiriteiros das máis variadas procedencias.

A organización do evento, compartida pola ASOCIACIÓN XENTE TITIRITEIRA e a Concellería de Cultura do Concello de Redondela, mantén a vocación internacional do FESTIVAL, presentando nesta ocasión os traballos e espectáculos de compañías profesionais de: Benin, Brasil, Arxentina, Francia, Alemaña, Eslovenia, Bélxica, Italia Castela-León, Andalucía, Aragón, Cataluña e Galicia. Unha festa da diversidade que encherá de novo Redondela de marionetas de fíos, títeres tradicionais, vangardas creativas, xogos participativos,animación de rúa e unha chea de sorpresas

Seguindo a filosofía do seu creador, Juanjo Amoedo, o FESTIVAL continúa na liña de involucrar na súa celebración a maior cantidade posible de institucións, de sectores sociais e de xentes da vila , para manter este acontecemento como a maior manifestación cultural de Redondela.
Así, o FESTIVAL conta xa có apoio económico de diversas institucións políticas, económicas e sociais de índole estatal, autonómica, provincial e local, e na súa organización participan de forma voluntaria arredor de 50 persoas procedentes de diferentes colectivos e agrupacións locais que conforman a
ASOCIACION XENTE TITIRITEIRA.

Na pasada edición de 2008 superóuse sobradamente a cantidade de 25.000 espectadores nas diferentes seccións da programación: escolar, adultos, familiar e de rúa , polo que as previsións para este ano son inmellorables e espéranse arredor de 30.000 asistentes

Ademáis, os títeres e marionetas chegarán tamén, coma en pasadas edicións, as vilas de Moaña , O Porriño e O Grove

A páxina web do FESTIVAL é www.fantoches.org

Pregámosvos a maior difusión posible!!!!
Os nosos contactos:

ASOCIACIÓN XENTE TITIRITEIRA
Rua eidos 49 36.800 REDONDELA
Tfs: 986.402966
610442602 (Miguel Borines)
E-mail: tanxarina@tanxarina.com
fitredondela@hotmail.com
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-04-2009 20:13
# Ligazón permanente a este artigo
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-04-2009 20:05
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
festivaltiteresredondela.es