FESTIVALEIR@S DENDE O ANO 2000.

xentetitiriteira
fitredondela@hotmail.com
 FIT REDONDELA
  FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES DE REDONDELA
 TÍTERECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

X FESTIVAL DE TÍTERES DE REDONDELA. Memorial Juanjo Amoedo.
A décima edición do
Festival Internacional de Títeres
de Redondela, memorial Juanjo Amoedo,
contará este ano con 19
compañías procedentes de
tódolos puntos do planeta.
Agrupacións de Italia,
Francia, Bélxica, Brasil,
Eslovenia ou a República
de Benin xunto con formacións
de Cataluña, Andalucía,
Aragón ou Galicia serán as
protagonistas desta nova
edición que comezará o luns
día 18 coa obra “Sombreiros sen chapeu”
a cargo de Tanxarina
dentro da programación escolar.
(Susi Queimaliños. RadioRedondela)
http://www.therootpuppets.com/http://www.therootpuppets.com/http://www.therootpuppets.com/http://www
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-05-2009 18:17
# Ligazón permanente a este artigo
Do 18 ao 24 de Maio/09
Xa a partir do mércores abrirase o programa a todo o público con La Chana Teatro e a súa obra Entre diluvios. O prato forte chegará coa fin de semana: a programación de rúa. Dúas xornadas, os días 23 e 24, onde as rúas e prazas do concello estarán cheas de monicreques e espectáculos que encherán a vila de cor e que de seguro farán as delicias de grandes e pequenos.
Unha programación de alta calidade que este ano tivo que enfrontarse aos problemas económicos xa que dende a organización viron como diminuían algunhas das aportacións das entidades colaboradoras. Miguel Borines, do colectivo Xente Titiriteira confirmaba que foi “moi difícil acadar o respaldo económico doutros anos, xa que algúns dos comercios que colaboraban habitualmente non puideron este ano facer o mesmo esforzo”.
(Susi Queimaliños. Radio Redondela)



http://www.myspace.com/ceorquestrapantasmahttp://www.myspahttp://www.myspace.com/ceorquestrapantasma
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-05-2009 18:13
# Ligazón permanente a este artigo
VOLUNTARI@S DO FESTIVAL
¿Queres formar parte do equipo de voluntari@s do Festival?

¿Queres vivir “por dentro” a experiencia organizativa, lúdica e festiva máis importante de Redondela?

Nun Festival como o noso hai multitude de pequenos traballos que calquera pode facer con boa disposición e vontade participativa.

Se falas idiomas, se che gusta estar “en primeira liña” na representación de espectáculos, se disfrutas de traballar en equipo…….. ¡Temos un “choio” para ti!

O Festival comeza o día 18 de Maio, pero a maior parte dos pequenos traballos a realizar concéntrase nos días 23 e 24 de Maio nas rúas , prazas e xardíns de Redondela.

Contacta con nós e falamos, voluntari@!!!

fitredondela@hotmail.com
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-04-2009 21:01
# Ligazón permanente a este artigo
FOTO TITIRITEIRA
Có gallo da celebración do
10 FESTIVAL INTERNACIONAL
DE TITERES DE REDONDELA,

temos a idea , na ASOCIACIÓN XENTE TITIRITEIRA, de facer unha grande pancarta con fotografías de todas as "persoas titiriteiras" que participaron na súa organización neste nove anos pasados.

Gostaríanos que estiveran tod@s, por pequena que fora a súa colaboración ou implicación.

A foto sería de primeiro plano (incluíndo cara e hombreiros) e sempre con actitude positiva: sorrindo, nun xesto divertido......

Como somos moitos, o millor sería que alguén de cada área do Festival (taquillas, comida, voluntarios, técnicos, acomodadores....) se responsabilizara e ocupara de facer as fotografías da xente que traballou algún ano neses apartados. Agora coas cámaras dixitais e ben doado facela en calquera sitio e en calquera momento.



Despois mandades as fotos ao correo electrónico do Festival: fitredondela@hotmail.com, e así imos preparando a súa montaxe para impresión.

Gostaríanos que non quedase ninguén fóra, imos intentalo!!!!!!!


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-04-2009 19:08
# Ligazón permanente a este artigo

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-04-2009 10:55
# Ligazón permanente a este artigo
O Escondidiño convoca o I Concurso de deseño de títeres
En colaboración coa organización do festival internacional de títeres, o café "o Escondidiño" de Redondela ven de convocar a primeira edición de deseño de títeres. Os interesados en participar deberán presentar so seus títeres no propio local, na rúa Meixón frío, antes do día 21 do vindeiro mes de maio.
+ INFO:*
hhttp://oescondidino.blogspot.com/http://oescondidino.blogspot.com/http://oescondidino.blogspot.com/
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-04-2009 10:32
# Ligazón permanente a este artigo
FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES DE REDONDELA (Memorial Juanjo Amoedo)
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-04-2009 19:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chapó Juanjo...
Chapó,Títeres de Redondela!
Andan estos días con la presentación ya del Festival Internacional de Títeres de Redondela, que se celebrará entre el 18 y 24 de mayo. Diez años ya de este certamen, que ha conseguido convertir Redondela en un espacio para el asombro, la maravilla titiritera y el privilegio internacional por la riqueza y nivel de los grupos que allí se dan cita, sean italianos, argentinos, brasileiros, franceses, belgas, de Benin, españoles... Pero ¿por qué lleva diez años como añadido “Memorial Juanjo Amoedo?” A mi me lo contó Miguel Borines y bueno es que se sepa: sin la fe de este Juanjo, quizás no habría festival. Se cumplen diez años del fallecimiento de este hombre joven, miembro de la Asociación de Vecinos de Redondela al que se le metió entre ceja y ceja que este pueblo debía tener un festival de títeres propio y poderoso pero que un objetivo tan ambicioso sólo sería posible hacerlo con la participación de todas los colectivos del lugar, desde insumisos a comerciantes. Ya había reunido tres o cuatro veces a la gente en la vieja pizzería de Adela pero, en un desafortunado accidente doméstico, falleció en su apartamento en el centro de Redondela. Fue tal el shock para todos que, por encima de lamentos, decidieron conjurarse y sacarlo adelante en su recuerdo. Los de la Asociación Xente Titiriteira y tantos otros, pueden decir ahora, 10 años más tarde: “¡Chapó. Juanjo”!
Fernando Franco (Faro de Vigo 09)
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-04-2009 21:05
# Ligazón permanente a este artigo
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-04-2009 21:02
# Ligazón permanente a este artigo

Ver mapa más grande
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-04-2009 20:50
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
festivaltiteresredondela.es