FESTIVALEIR@S DENDE O ANO 2000.

xentetitiriteira
fitredondela@hotmail.com
 FIT REDONDELA
  FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES DE REDONDELA
 TÍTERECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

XIII FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES de REDONDELA 2012 Memorial Juanjo Amoedo, do 14 ao 20 de maio.
Comentarios (0) - Categoría: 13 FESTIVAL. 2012 - Publicado o 05-04-2012 18:29
# Ligazón permanente a este artigo
MERCADILLO TITIRITEIRO 2012

VENTA DE ARTESANIA e OUTROS
Este ano o Festival destinará na Alameda una área exclusiva para a venta de artesanía.
A idea é cos postos de venta colaboren cunha pequena aportación económica.
O Festival considera que a presencia dos diferentes artesans axuda a dar ambiente
o ofertar a sua mercadoria ,tendo en conta sempre a programación do Festival e os movementos do publico.
Posto máximo : 3 metros
Colaboración : 10 euros día.
Coordinador Venta Artesania. TOTI 651148059
http://www.festivaltiteresredondela.com/
Comentarios (1) - Categoría: 13 FESTIVAL. 2012 - Publicado o 05-04-2012 18:05
# Ligazón permanente a este artigo
13 FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES DE REDONDELA (Memorial Juanjo Amoedo)
O XIII FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES DE REDONDELA (Memorial Juanjo Amoedo) celebrarase do 14 ao 20 de maio de 2012.

De novo as rúas, prazas e xardíns redondeláns servirán de escenario para artistas, músicos e titiriteiros das máis variadas procedencias.

A organización do evento, compartida pola ASOCIACIÓN XENTE TITIRITEIRA e a Concellería de Cultura do Concello de Redondela, mantén a vocación internacional do FESTIVAL, presentando, nesta ocasión, os traballos e espectáculos de compañías profesionais do Reino Unido, Bulgaria, Dinamarca, Murcia, Cantabria, Madrid Cataluña e Galicia (entre outras). Unha festa da diversidade que encherá de novo Redondela de marionetas de fíos, monicreques tradicionais, vangardas creativas, xogos participativos, animación de rúa e unha chea de sorpresas.

Seguindo a filosofía do seu creador, Juanjo Amoedo, o FESTIVAL continúa na liña de involucrar na súa celebración a maior cantidade posible de institucións, de sectores sociais e de xentes da vila, para manter este acontecemento como a maior manifestación cultural de Redondela. Así, o FESTIVAL conta xa co apoio de diversas institucións políticas, económicas e sociais de índole estatal, autonómica, provincial e local, e na súa organización participan, de xeito voluntario, arredor de 50 persoas procedentes de diferentes colectivos e agrupacións locais que conforman a ASOCIACIÓN XENTE TITIRITEIRA.

Na pasada edición de 2011 superouse sobradamente a cantidade de 30.000 espectadores nas diferentes seccións da programación, polo que as previsións para este ano son inmellorables e agárdanse arredor de 35.000 asistentes.

O FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES DE REDONDELA
é unha festa internacional onde se mesturan títeres, ledicia e festa.
Comentarios (1) - Categoría: 13 FESTIVAL. 2012 - Publicado o 04-04-2012 13:29
# Ligazón permanente a este artigo
12 FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES DE REDONDELA memorial Juanjo Amoedo

http://www.festivaltiteresredondela.com/
Comentarios (1) - Categoría: 12º FESTIVAL 2011 - Publicado o 03-05-2011 19:33
# Ligazón permanente a este artigo
NOTA INFORMATIVA PARA ARTESÁNS QUE QUEIRAN ACOMPAÑARNOS NO FESTIVAL

VENTA DE ARTESANIA e OUTROS
Este ano o Festival destinará na Alameda una área exclusiva para a venta de artesanía.
A idea é cos postos de venta colaboren cunha pequena aportación económica.
O Festival considera que a presencia dos diferentes artesans axuda a dar ambiente
o ofertar a sua mercadoria ,tendo en conta sempre a programación do Festival e os movementos do publico.
Posto máximo : 3 metros
Colaboración : 10 euros
Coordinador Venta Artesania. TOTI 651148059
http://www.festivaltiteresredondela.com/
Comentarios (6) - Categoría: 12º FESTIVAL 2011 - Publicado o 29-04-2011 18:56
# Ligazón permanente a este artigo
12º FESTIVAL INTERNACIONAL DE TITERES DE REDONDELA-

O FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES DE REDONDELA (Memorial Juanjo Amoedo) celebrarase do 24 ao 29 de maio de 2011.

De novo as rúas, prazas e xardíns redondeláns servirán de escenario para artistas, músicos e titiriteiros das máis variadas procedencias.

A organización do evento, compartida pola ASOCIACIÓN XENTE TITIRITEIRA e a Concellería de Cultura do Concello de Redondela, mantén a vocación internacional do FESTIVAL, presentando, nesta ocasión, os traballos e espectáculos de compañías profesionais de: Francia, Alemaña, India, Rusia, Andalucía, Aragón, Cataluña, Madrid e Galicia (entre outras). Unha festa da diversidade que encherá de novo Redondela de marionetas de fíos, monicreques tradicionais, vangardas creativas, xogos participativos, animación de rúa e unha chea de sorpresas.

Seguindo a filosofía do seu creador, Juanjo Amoedo, o FESTIVAL continúa na liña de involucrar na súa celebración a maior cantidade posible de institucións, de sectores sociais e de xentes da vila, para manter este acontecemento como a maior manifestación cultural de Redondela. Así, o FESTIVAL conta xa co apoio de diversas institucións políticas, económicas e sociais de índole estatal, autonómica, provincial e local, e na súa organización participan, de xeito voluntario, arredor de 50 persoas procedentes de diferentes colectivos e agrupacións locais que conforman a ASOCIACIÓN XENTE TITIRITEIRA.

Na pasada edición de 2010 superouse sobradamente a cantidade de 30.000 espectadores nas diferentes seccións da programación, polo que as previsións para este ano son inmellorables e agárdanse arredor de 35.000 asistentes.

Unha festa internacional onde se mesturan títeres, ledicia e festa.

Asociación Xente Titiriteira

Páxina web: www.festivaltiteresredondela.com

Comentarios (3) - Categoría: 12º FESTIVAL 2011 - Publicado o 19-04-2011 16:34
# Ligazón permanente a este artigo
XA CHEGA A DUCIA
12º FESTIVAL INTERNACIONAL DE TITERES DE REDONDELA-
MEMORIAL JUANJO AMOEDO
do 24 o 29 de maio 2011











PROGRAMACIÓN
SALA
Mércores, 25 maio
21.00 h: Auditorio da Xunqueira, Redondela.
Compañía: Arsenio Martins
Obra: A maxia de Meliés
Procedencia : Portugal-Francia

Xoves, 26 maio
21.00 h: Auditorio da Xunqueira, Redondela
Compañía: The Fifth Wheel
Obra: Cabaré de Fíos
Procedencia: Rusia

Venres, 27 maio
17.00 h. a 20.00 h: Rúa Meixón Frío
Obradoiro infantil de construción de títeres
18.00 h. A Tenda de Candelaria
Entrega de premios del concurso de títeres

21.00 h: Auditorio da Xunqueira, Redondela
Compañía: Periferia
Obra: Guyi-Guyi
Procedencia : Murcia

Sábado, 28 maio
17.00 h: Auditorio da Xunqueira, Redondela
Compañía : Titiriguiri
Obra : El Viaje de Martín
Procedencia : Madrid

21.00 h: Auditorio da Xunqueira, Redondela
Compañía : Pelmánec
Obra : Don Juan.Memoria amarga de mí
Procedencia : Cataluña

23.30 h: Café O Barco
Compañía: Arbolé Titeres
Obra: Trigenias de Amor y Cuernos ( Bululú)
Procedencia: Aragón

Domingo, 29 maio
17.00 h e 21.00 h: Auditorio da Xunqueira, Redondela
Compañía : El Espejo Negro
Obra: El Fantástico Viaje de Jonás el Espermatozoide
Procedencia: Andalucía

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA NO MULTIUSOS DA XUNQUEIRA

EXPOSICIÓN : RETRATO DUN TITIRITEIRO, por Pelu Vidal


PROGRAMACIÓN ESCOLAR
do 24 de maio ao 8 de xuño

Martes 24
Auditorio do Piñeiral do Crego, Chapela.
Compañía : The Fifth Wheel
Obra: Cabaré de Fíos
Procedencia: Rusia
Idade recomendada: maiores de 5 anos (ata 11)
Pases: ás 11.00 e ás 12.30 h.

Mércoles 25
Auditorio da Xunqueira, Redondela.
Compañía : The Fith Wheel
Obra: Cabaré de Fíos
Procedencia: Rusia
Idade recomendada: maiores de 5 anos (ata 11)
Pases: ás 11.00 e ás 12.30 h)

Xoves 26
Auditorio da Xunqueira, Redondela.
Compañía : Titiriguiri
Obra : El viaje de Martín (de 3 a 11 anos)
Procedencia : Madrid
Hora : 12.30 h

Venres 27
Auditorio da Xunqueira, Redondela.
Compañía : Titiriguiri
Obra : El viaje de Martín
Procedencia: Madrid
Hora: 12.30 h

PROGRAMACIÓN DE RÚA
SÁBADO 28
12.00 h. Xardíns da Alameda: Os Quintelas.
12.30 h. Xardíns da Alameda: “Anarkeli “, Prakash Bhatt Company.
13.00 h. Praza do Concello: “Mr. Beauty and the Best”, Altrego.
17.00h. Xardíns da Alameda: Os Quintelas.
Soportais do Concello: “Flexus”, Birloque & La Tal.
Praza do Concello: “Mr. Beauty and the Best”, Altrego.

17.30 h. Praza Reveriano Soutullo: “Carromato de Titeres”, Arbolé Titeres.
Xardíns da Alameda: “Anarkeli “, Prakash Bhatt Company.

18.00 h. Pista da Xunqueira: “Galiot“ Espazo creativo ( ata as 21.00 h).
Paseo da Xunqueira: Os Quintelas.
Rúa Alfonso XII: “Barreras”, Iñaki Mata.
Xardíns da Alameda: Os Croquetas.
Praza do Concello: “Mr. Beauty and best”, Altrego.
Soportais do Concello: “Flexus”, Birloque & La Tal.

19.00 h. Rúa Alfonso XII -Ribeira: “Cavalls de Menorca”.Tutatis (saída da Praza da Torre).
Soportais do Concello: “Flexus“, Birloque & La Tal.
Praza do Concello: “Mr. Beauty and the Best”, Altrego.

20.00 h. Praza Reveriano Soutullo: “Carromato de Títeres”, Arbolé Títeres.
Rúa Alfonso XII: Os Croquetas.

20.30 h. Casa da Torre: “La Princesa y el Dragón” , Sol y Tierra Titeres.
Xardíns da Alameda : “Anarkeli“, Prakash Bhatt Company.
Alfonso XI: Os Quintelas.

21.00 h. Soportais do Concello: “Flexus“, Birloque & La Tal.
Praza do Concello: “Mr. Beauty and the Best”, Altrego.
Rúa Alfonso XII: “Barreras”, Iñaki Mata.
22.00h. Paseo de Xunqueira: Os Croquetas.

DOMINGO 29
12.00 h. Soportais do Concello: C`É Orquestra Pantasma.
12.00 h. Pista da Xunqueira: “Galiot“, Espazo creativo (ata 14.00 h).
12.00 h. Xardíns da Alameda: “Anarkeli“, Prakash Bhatt Company.
12.30 h. Praza do Concello: “Mr. Beauty and the Best”, Altrego.
13.00 h. Xardíns da Alameda: “Carromato de Títeres”, Arbolé Títeres.

16.30 h. Xardíns da Alameda: C`É Orquestra Pantasma.
17.00 h .Rúa Alfonso XII: “Barreras”, Iñaki Mata.
Soportais do Concello: “Flexus“, Birloque & La Tal.
Xardíns da Alameda: Os Croquetas.
Praza Reveriano Soutullo: “Carromato de Títeres”, Arbolé Títeres.
Praza do Concello: “Mr. Beauty and the Best”, Altrego.
17.30 h. Xardíns da Alameda: “Anarkeli“, Prakash Bhatt Company.
Alfonso XII: Charanga NBA.
Pista da Xunqueira: ”Galiot”, Espazo creativo (ata as 21.30 h.)
18.00 h. Rúa Alfonso XII-Ribeira: “Cavalls de Menorca”, Tutatis. Saída da Casa da Torre.
Soportais do Concello: “Flexus“, Birloque & La Tal.
Xardíns da Alameda: C`É Orquestra Pantasma.
19.30 h. Rúa Alfonso XII: “Barreras”, Iñaki Mata.
Praza Reveriano Soutullo: “Carromato de Títeres”, Arbolé Títeres.
Praza do Concello: “Mr. Beauty and the Best”, Altrego.
Soportais do Concello: “Flexus“ , Birloque & La Tal
Paseo da Xunqueira: Charanga NBA
Rúa Alfonso XII: Os Croquetas
20.30 h. Casa da Torre: “La Princesa y el Dragón“ ,Sol y Tierra Títeres.
Xardíns da Alameda: “Anarkeli“, Prakash Bhatt Company.
Soportais do Concello: “Flexus“ , Birloque & La Tal.
Praza do Concello: “Mr. Beauty and the Best” , Altrego.
21.00 h. Xardíns da Alameda: C´É Orquestra Pantasma.
Soportais do Concello: Os Croquetas.

22.00 h. Paseo da Xunqueira: Charanga NBA.


Comentarios (2) - Categoría: 12º FESTIVAL 2011 - Publicado o 29-03-2011 20:28
# Ligazón permanente a este artigo
Comentarios (1) - Categoría: 11º FESTIVAL 2010 - Publicado o 06-09-2010 19:09
# Ligazón permanente a este artigo
Comentarios (0) - Categoría: 11º FESTIVAL 2010 - Publicado o 13-05-2010 18:31
# Ligazón permanente a este artigo
Comentarios (1) - Categoría: 11º FESTIVAL 2010 - Publicado o 13-05-2010 18:29
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
festivaltiteresredondela.es