FESTIVALEIR@S DENDE O ANO 2000.

xentetitiriteira
fitredondela@hotmail.com
 FIT REDONDELA
  FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES DE REDONDELA
 TÍTERECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

TANXARINA DE REDONDELA
A compañía Tanxarina Títeres foi fundada no ano 1983 por varios éxalumnos de Harry Tozer, profesor de contrucción e manipulación de marionetas de fío do Institut do Teatre de Barcelona, e tamén outros profesionais galegos do teatro infantil e xuvenil. Desde entón converteuse nunha das formacións máis recoñecidas e prestixiosas do teatro de monicreques galego tanto dentro como fera de Galicia.
Dedícase prioritariamente á produción e distribución de espectáculos dirixidos a todo tipo de públicos: infantil xuvenil e familiar, onde se combinan diversas técnicas de animación de bonecos co traballo actoral dos propios manipuladores. Marionetas de fíos, monicreques de luva, de varillas, sombras chinesas, bunrakus e outros gañan así en forza expresiva e comicidad. Esa relación escénica entre monicreques e actores vén sendo unha dos acenos de identidade da compañía desde os seus primeiros espectáculos.
TANXARINA Títeres, presentou os seus traballos nos máis importantes Festivais de teatro de monicreques: Segovia, Valencia, Barcelona, Madrid, Murcia, Bilbao, Alacante, Sevilla... Moitas son as cidades visitadas polos seus bonecos, que tamén pasearon por Portugal, Grecia, Austria, Bélxica, Italia, O Salvador, Costa Rica, Nicaragua, Venezuela, Cuba, Colombia, Arxentina, Brasil, México...
No ano 2000 os actores-manipuladores da Compañía comezan unha intensa actividade paralela detro do teatro de actor, sendo frecuentemente invitados para participar en montaxes teatrais (Teatro do Morcego, Produccións Teatrais do Sur, Centro Dramático Galego...) como en diversas producións audiovisuais: cine, series televisivas, costometrajes, publicidade, dobraxe e outros.
A compañía desenvolve tamén unha constante actividade docente mantendo unha variada proposta de Cursos de Construción e manipulación de monicreques, marionetas, máscaras e cabezudos para educadores, escolares e profesionais da animación socio-cultural.
Así mesmo, tambiñen desde o ano 2000, TANXARINA TÍTERES , (Miguel, Tatán e Andrés) é responsable da Dirección artística e técnica do Festival Internacional de Títeres de Redondela.Memorial Juanjo Amoedo,dentro da asociación XENTE TITIRITEIRA, unha manifestación titiriteira de gran calidade e recoñecemento que se celebra no mes de Maio.


Extraido da web da compañía Tanxarina: www.tanxarina.com
http://www.tanxarina.com/http://www.tanxarina.com/http://www.tanxarina.com/http://www.tanxarina.com/
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-05-2009 20:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
festivaltiteresredondela.es