FESTIVALEIR@S DENDE O ANO 2000.

xentetitiriteira
fitredondela@hotmail.com
 FIT REDONDELA
  FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES DE REDONDELA
 TÍTERECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS


O TEATRO DE MONICREQUES E A MÚSICA INUNDAN REDONDELA
ESTE SÁBADO ! • As rúas e prazas encheranse coas máis de 22 actividades programadas a cargo de11 compañías internacionais . A programación de rúa do XVI Festival Internacional de
Títeres de Redondela (Memorial Juanjo Amoedo) arranca esta sábado con máis de
22 propostas de teatro de títeres, música, xogos e itinerantes que encherán a vila dos
viadutos con máis de 11 compañías internacionais. !O programa de rúa arrancará ás 13:00h coa primeira función na Praza do Concello, a cargo dos galegos de Títeres Cascanueces e ‘Ikú & Elegguá’, un espectáculo
tradicional de monicreques de luva no que a morte persegue a un neno, que representa a alegría de vivir, as bromas e as trasnadas, e que se volverá a representar no mesmo espazo ás 19:30h. Cascanueces traerá tamén o espectáculo ‘Un diaño na maleta’, coa mesma técnica de títere de luva, que representará ás 18:00h e ás 20:30h na Praza do Concello. !Na Casa da Torre ás 20:00h, Mutis Teatro, de Castela-León, porá en escena ‘El espantapájaros fantasma’, a historia dun nena e un neno que deciden entrar nunha granxa abandonada por motivos secretos. As trapalladas alí dentro parecerán estar vivas baixo as ordes dun espectral espantallo. !Homenaxe aos espectáculos itinerantes !Un dos pratos fortes desta xornada serán os espectáculos itinerantes, como o ‘Pas si
bête’ da compañía francesa Ekart, un mono xigante que percorrerá a vila portando a
un antropólogo co que vivirá situacións tenras e burlescas. Os dous amigos deixaranse ver por Afonso XII e o Paseo da Ribeira ás 17:30h e en Afonso XII e os Xardíns da Alameda ás 20:30h. !Os tamén franceses Les Fréres Carton traerán ás rúas redondelás ‘Les Réveil des
Vilains’, un itinerante no que tres extrañas caixas abanean no medio da xente, e que
cando abren, descubrirán os segredos e o humor que gardan. Os dous pases deste
grupo ter´n lugar ás 18:30h en Afonso XII e Praza da Ribeira e ás 21:00h facendo o
camiño contrario. !Música ao vivo nunha roda xigante !A música será outra constante na programación de rúa para animar todos os
recunchos da vila. Dende as 17:00h, os grupos galegos Fanfarria Taquikardia, Cé
Orquestra Pantasma e Calcetín Furado amenizarán as rúas e prazas como Afonso
XII, soportais e Praza do Concello, Campo da Petanca, Paseo Ribeira, Paseo da
Xunqueira e os Xardíns da Alameda. !Pero quizáis a proposta musical máis rechamante sexa a da compañía catalana
Factoría Circular co seu ‘Rodafonio’, un triciclo cunha roda xigante na que están
situados os músicos, e que se irán movendo (subindo e baixando) a medida que vaia
andando e xirando. A compañía fará dous pases itinerantes por Afonso XII e Paseo
da Ribeira ás 18:20h e ás 21:00h. !Titiriguiri e Pelmánec no Multiúsos da Xunqueira !Na programación de sala, os protagonistas serán as compañías Titiriguiri de Madrid
e a catalana Companyia Pelmánec. A primeira representará o espectáculo familiar
‘Hay un gallo en tu tejado’ ás 17:00h, unha obra que mestura o teatro de
monicreques e o traballo de actor coas novas tecnoloxías. Sobre unha escenografía
proxectada, a obra conta a historia dun galo que muxe como unha vaca. A veciña de
abaixo, intrigada, pregúntalle o por que do seu canto. É entón cando dá comezo
unha historia que transportará ao espectador a un campo cheo de vacas divinas,
galiñas poñedoras, un touro namorado e de Maca, unha simple vaca. As últimas
entradas para este espectáculo poderanse adquirir dende as 16:00h na billeteira do
Multiúsos a un prezo de 5€ adultos e 3€ nenos. !En canto á proposta de adultos, que terá lugar ás 21:00h na Xunqueira a un prezo
único de 5€, a Companyia Pelmánec porá en escena ‘El Álvaro’, unha hilarante e
orixinal versión da obra de Moliére na que se substitúe o valor e a riqueza do ouro
pola da auga, un ben en risco. A peza, protagonizada por Miguel Gallardo, recibiu
máis de 8 premios internacionais, e combina o teatro de actor coa manipulación de
obxectos. !A programación compleméntase tamén cos xogos dos cataláns Katakrak, na Pista da
Xunqueira de 17:30h a 20:30h, os espectáculos pola gorra e a exposición ‘Foto
Colectiva’ na que poderán participar coas súas instantáneas todos os asistentes ao
Festival.
Comentarios (0) - Categoría: XVI FESTIVAL 2015 - Publicado o 30-05-2015 16:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
festivaltiteresredondela.es