FESTIVALEIR@S DENDE O ANO 2000.

xentetitiriteira
fitredondela@hotmail.com
 FIT REDONDELA
  FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES DE REDONDELA
 TÍTERECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS


MIMAIA TEATRO ABRE A PROGRAMACIÓN DE SALA DO XVI FESTIVAL
INTERNACIONAL DE TÍTERES DE REDONDELA ESTE MÉRCORES !
•A compañía catalana representará ‘Adiós Bienvenida’ no Multiúsos da Xunqueira ás 21:00h para público xeral despois de facer dous pases para escolares pola mañá !Redondela, 26/05/2015. A segunda xornada da XVI edición do Festival Internacional de Títeres de Redondela (Memorial Juanjo Amoedo) estará protagonizada pola compañía catalana Mimaia Teatro, que porá en escena o seu espectáculo ‘Adiós Bienvenida’ no Multiúsos da Xunqueira. As primeiras representacións terán lugar no marco da campaña escolar, ás 10:30h e ás 12:00h, e xa pola tarde, abrirá a
programación de sala co mesmo espectáculo para público xeral ás 21:00h. !Nesta proposta, Mimaia Teatro fala dos ciclos da vida, da necesidade de que as cousas rematen para que algo novo poda comezar. Todos os domingos, a mesa de Bienvenida énchese de mariñeiros e pescadores que van desfrutar das mellores sardiñas do porto. Unha grande mesa sen mantel, con cheiro a peixe, unha mesa na que se permite
escribir, como un grande libro aberto… Do mar á mesa, da mesa ao mar, a vida pasa nun ciclo contínuo, coma o peixe que morde a cola. !O espectáculo, que tamén se representará no marco da campaña escolar o xoves, está destinado para maiores de 6 anos e mestura o teatro de obxectos co de monicreques. !Na primeira xornada de Festival, a compañía Caramuxo Teatro e a obra ‘As fabas máxicas’ congregou no Auditorio Piñeiral do Crego de Chapela a máis de 300 cativos, enchendo as dúas sesións programadas ás 10:30h e ás 12:00h. !!Entradas xa á venda dende ás 19:00h !Como xa é habitual, as billeteiras do Festival abrirán este mércores dúas horas antes da primeira función de sala, é dicir, ás 19:00h, e poranse á venda as entradas para todas as representacións. Por regra xeral, os prezos serán de 5€ adulto e 3€ neno, que poderán variar segundo a función. De cada espectáculo gardaranse unha porcentaxe de
entradas para vender no mesmo día.
!A billeteira estará aberta sempre dende dúas horas antes de cada representación agás o
sábado e o domingo, que abrirá ás 16:00h. !!!
Comentarios (0) - Categoría: XVI FESTIVAL 2015 - Publicado o 26-05-2015 17:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
festivaltiteresredondela.es