FESTIVALEIR@S DENDE O ANO 2000.

xentetitiriteira
fitredondela@hotmail.com
 FIT REDONDELA
  FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES DE REDONDELA
 TÍTERECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

XVI FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES DE REDONDELA Memorial Juanjo Amoedo do 26 ao 31 de maio do 2015

O 16 FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES DE REDONDELA (Memorial Juanjo Amoedo) AMPLÍA A PROGRAMACIÓN DE RÚA AO VENRES.
A XVI edición contará con 24 compañías e máis de 70 espectáculos, que encherán a Vila dos Viadutos de teatro e música dende o 26 ao 31 de maio, con importantes novidades, como a extensión da programación de rúa ao venres e o itinerante colectivo ‘O Paseo dos Pitiños’. !Programación de rúa dende o venres !A programación de rúa, por tanto, arrancará nesta edición o venres pola tarde, cos cataláns de Katakrak con ‘Enginys Elo-Poetiks’ e a Fanfarria Taquikardia polo paseo da Xunqueira e Títeres Cascanueces na Praza Reveriano Soutullo con ‘Un diaño na maleta’. Pero tamén haberá programación de sala. Os brasileiros de Pigmaliâo Escultura que mexe representarán 5 pases de 15 minutos para un máximo de 80 espectadores no Multiúsos da Xunqueira da súa obra ‘O Quadro de uma familia’, mentres que o Centro Dramático de Évora escenificarán ‘Bonecos do Santo Aleixo’ no Auditorio Piñeiral do Crego de Chapela. !Ademais, no marco da programación Redond-Off, o Centro Recreativo Cultural de Redondela acollerá o espectáculo ‘A espera’ de Titeresficcións, que desenvolverá tres pases de 20 minutos para un máximo de 40 persoas. !Como peche da xornada e homenaxe ao mundo dos titiriteiros, ás 21:00h terá lugar un
Encontro-Coloquio cos titiriteiros históricos galegos na Casa da Cultura dirixido por Quico Cadaval. !O Paseo dos Pitiños !Outra das novidades coas que se arrancará a programación do domingo é o denominado ‘Paseo dos Pitiños’, unha excursión que mestura contorno e espectáculo e que está capitaneado pola compañía Ekart e o seu ‘Maurice et Jules’. A idea é que o maior número de nenos e nenas, así como pais e nais da vila, se acheguen disfrazados de pitiños ou de calquera outro animal ao fin do Paseo da Portela ás 11:30h. Unha vez alí, e acompañados por unha galiña xigante e pola música, comezarán o camiño ata o centro de Redondela, onde se irán sucedendo as sorpresas. Un xeito de facer partícipes aos máis pequenos da programación do Festival ao mesmo tempo que se descubre unha das partes máis bonitas da nosa vila.
Foto Colectiva !A exposición deste ano quere ser un inmenso collage de experiencias persoais dos veciños e veciñas co Festival. Habilitarase na Sala de Exposicións do Multiúsos un gran panel con fotografías de edicións anteriores para que se vaia enchendo coas fotografías que cada persona traia. No propio Multiúsos haberá unha impresora para que todas aquelas personas que queiran participar, poidan imprimir as fotos que saquen na edición deste ano, tanto dos espectáculos, como do público, como de si
mesmos gozando dunha das obras programadas. Máis de 70 espectáculos. Ademais das principais novidades deste ano, a programación do Festival continuará coa tradicional campaña escolar, espectáculos de sala, espectáculos de rúa -que pretenden homenaxear aos espectáculos itinerantes- o Redond-Off e mais o Mercadiño
Titiriteiro.
Datas do Festival: do 26 ao 31 de maio do 2015
- Programación de rúa: 29, 30 e 31 de maio
Moitas grazas e un saúdo
Asociación Xente Titiriteira.
Máis información:
http://www.blogoteca.com/xentetitiriteira/
https://www.facebook.com/FestivalDeTiteresDeRedondela
fitcomunicacion@gmail.com // fitredondela@hotmail.com // 679559401
Comentarios (0) - Categoría: XVI FESTIVAL 2015 - Publicado o 15-05-2015 16:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
festivaltiteresredondela.es