FESTIVALEIR@S DENDE O ANO 2000.

xentetitiriteira
fitredondela@hotmail.com
 FIT REDONDELA
  FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES DE REDONDELA
 TÍTERECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-04-2010 20:36
# Ligazón permanente a este artigo
BUSCAMOS VOLUNTARI@S
¿Queres formar parte do equipo de voluntari@s do Festival?
¿Queres vivir “por dentro” a experiencia organizativa, lúdica e festiva máis importante de Redondela?
Nun Festival como o noso hai multitude de pequenos traballos que calquera pode facer con boa disposición e vontade participativa.
Se falas idiomas, se che gusta estar “en primeira liña” na representación de espectáculos, se disfrutas de traballar en equipo…….. ¡Temos un “choio” para ti!
O Festival comeza o día 19 de Maio, pero a maior parte dos pequenos traballos a realizar concéntrase nos días 22 e 23 de Maio nas rúas , prazas e xardíns de Redondela.

Contacta con nós e falamos, voluntari@!!!

fitredondela@hotmail.com
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-04-2010 20:45
# Ligazón permanente a este artigo
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-04-2010 20:39
# Ligazón permanente a este artigo
CHEGAN OS TÍTERES A REDONDELA
Ya llega, ya llega otra vez y serán once ediciones, ese festival internacional de títeres de Redondela que llena cada año de creatividad y de gente las calles y determinados espacios de este ayuntamiento. Será entre el 19 y 23 de mayo y me cuentan que en esta será de lo más completa la diversidad de espectáculos, desde manipulación de objetos a sombras chinas pasando por "monicreques de mán, de luva, de variñas; marotes e marionetas de fíos e monecos tradicionais de madeira". Son multitud de técnicas de manipulación que a uno siempre le parecieron asombrosas y que este año van a estar escenificadas por artistas de Brasil, Italia, Francia, Argentina, India, Bélgica, Cataluña y Galicia. La novedad negativa es que por vez primera no van a poder ser programadas funciones para escolares (una de las razones fundamentales del trabajo de tanto voluntario del pueblo) por el recorte de las subvenciones. O sea que no puede ser el mismo festival, como afirman sus organizadores, sin el barullo de los más de tres mil escolares que asisten a las funciones, pero las programaciones de sala y calle para la gente se mantienen tan ambiciosas y lúdicas como siempre.
Fernado Franco (Faro de Vigo)
Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-04-2010 13:27
# Ligazón permanente a este artigo
XA CHEGA O ONCE...
11º FESTIVAL INTERNACIONAL DE TITERES DE REDONDELA(Memorial Juanjo Amoedo)

Do19 ao 23 de Maio de 2010
Na terceira semana do vindeiro mes de maio celebraráse na vila de Redondela a undécima edición do FESTIVAL INTERNACIONAL DE TITERES . Unha manifestación cultural e festiva que como cada ano encherá as rúas e prazas da cidade coas propostas de músicos, actores e titiriteiros chegados dos países máis diversos.



Nesta ocasión a variedade e diversidade dos espectáculos que se presentarán do 19 ao 23 de maio en Redondela son do máis completo: manipulación de obxectos, monicreques de mán, de luva, de variñas; marotes e marionetas de fíos, monecos tradicionais de madeira, xogos participativos, sombras chinas……Multitude de técnicas de manipulación e maneiras de facer escenificadas por artistas de Brasil, Italia, Francia, Arxentina, India, Bélxica, Cataluña e Galicia.



Como ven sendo dende a primeira edición no ano 2000, a organización do evento é compartida pola ASOCIACIÓN XENTE TITIRITEIRA e a Concellería de Cultura do Concello de Redondela.



Será a primeira ocasión nestes once anos de Festival, na que non será posible a programación de función escolares: unha das razóns fundamentais de todo o traballo voluntario dos organizadores.

Non pode ser o mesmo Festival sen o barullo festivo dos máis de tres mil escolares que cada ano asisten as súas funcións, e isto será así este ano polo recorte ou indefinición das axudas económicas da Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Pontevedra e o INAEM do Ministerio de Cultura.



Polo contrario, as programacións de sala e de rúa mantéñense tan ambiciosas, lúdicas e engaiolantes coma sempre, así que, sen dúbida ninguna, este ano a terceira semana de maio en Redondela será de novo unha festa, gracias ao apoio económico da Concellería de Cultura do Concello de Redondela e de case un cento de pequenos comerciantes da vila .





A páxina web do FESTIVAL é :

www.festivaltiteresrededondela.com

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-04-2010 13:23
# Ligazón permanente a este artigo
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-06-2009 19:34
# Ligazón permanente a este artigo
VIDEO DE JACOBO TRIGO
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-06-2009 17:58
# Ligazón permanente a este artigo
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-05-2009 18:10
# Ligazón permanente a este artigo
O PASTOR
Pablo Giráldez Río "O pastor"
e membro do colectivo
"XENTE TITIRITEIRA"
dende os comenzos do festival
alá polo ano 2000, e dende enton
colabora (entre outras cousas)
debuxando e deseñando á imáxe gráfica,
para divulgación e difusión do festival
polo mundo adiante.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-05-2009 17:13
# Ligazón permanente a este artigo
Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-05-2009 22:16
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal
festivaltiteresredondela.es