Ir � paxina principal  
O meu espazo: Usuario Contrasinal
Blogs
Artigos
Imaxes
Ligazóns
listado de Blogs
descrición do sistema
tutorial de uso
novas
consultas
contacto
Últimas novas
29-12-2011
A BLOGOTECA SUPERA AS 42.000 IMAXES
25-02-2010
AS HERBAS MEDICINAIS EN ALLARIZ

Novas

[Rdl06] Xornadas da web galega (22-05-2006)
Blogoteca.com colabora na promoción deste evento.
Achegádevos mañá a Pontevedra se tedes oportunidade!


O martes 23 de maio ás 16.15h terá lugar a IV Edición da Resaca das Letras [RdL06], unha xornada de reivindicación da Internet en galego na que terá lugar unha mesa redonda onde intervirán persoeiros do mundo da web e da comunicación de Galicia. A Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra acollerá este acto na aula 7, e terá como convidados a Luis Álvarez Pousa (director de Tempos Novos e profesor de xornalismo especializado na Universidade de Santiago), Marcus Fernández (xestor web do diario tecnolóxico Codigocero.com), Carlos Santiago (escritor e membro de Arredemo e Burla Negra), Berto Yañez (fundador das plataformas de interacción social en Internet, Aduaneiros sem fronteiras e Chuza.org) , María Yáñez (directora de Vieiros.com) e Amador Loureiro (dorfun.bitacoras.com).

A Resaca das Letras nace en 2002 no abeiro da Facultade de CCSS e da Comunicación. No ano 2004, outorgáronse premios ós millores sites en galego e resultaron gañadoras as páxinas de Vieiros.com e Reizentolo.com entre outras. Este ano, o acto entrarase na mesa redonda coa portación dos convidados que abordarán diversas liñas temáticas no mapa web galego actual, desde o contexto comunicacional da rede até o boom dos blogs, pasando pola crecente importancia da interacción social na Internet.

Asemade, avaliaráse o estado actual da rede galega e as perspectivas de futuro, así como a importancia de que a nosa cultura e língua conformen un espazo propio neste ámbito.

Pero aínda hai máis. Na propia facultade de CCSS e da Comunicación terá lugar un maratón de lectura de grandes obras en galego en formato de mini-libros. Esta iniciativa promovida polo docente Benigno Fernández Salgado, pretende, ó igual que a Resaca das Letras, a difusión e promoción do idioma galego. A maratón comezará as nove da mañá no salón de graos e durará aproximadamente entre oito e nove horas nas que os estudantes lerán para deleitar e potenciar o galego nun ambiente de resaca...

Para mais info:
Bernal Rúa Fernández Tlf. 647 573 579
Andrés Rozados Lorenzo Tlf: 605 076 908
# Ligazón permanente a esta nova
 
© by Abertal
o sistema | tutorial de uso | novas | consultas | contacto | aviso legal Subir al inicio de la página