A MALIÑA DE LUGO
A CULPA E DO CHA CHA CHA
“No ano 2010 o sistema de pensións do estado español crebará senón facemos nada” esta era a afirmación categórica que facían os gurús da economía nos anos 90, e chegamos xa ao 2010 e resulta que o pronóstico converteuse nunha gran mentira, polo tanto que credibilidade nos merecen as opinións que hoxe din o mesmo que máis de 10 anos atrás?
Nada, nadiña do que pasa  e culpa déles e menos dos que máis teñen, senón dun obxecto pernicioso chamado popularmente  condón e polos científicos cultos de alta voó: preservativo.
Aquel dispositivo de tacto suave, que de dependendo de con quen se vai ten que ser pequeño, mediano ou grande, pois si non pode esbarar e facer o efecto contrario o que pretendiamos a o utilizalo. É o grande responsable dos grandes males da humanidade, e en  algúns lugares do mundo por non utilizalo  noutros por utlizalo en demasia, como casi sempre si vai por que vai e si non vai…..
Xoan Paulo II xa tiña razón cando nos dicía das súas maldades e nósoutros, dalle que che pego, veña e veña a utilizalos cantas máis veces mellor, algúns ata os gardan para ensinar aos amigos os que utilizaron nun fin de semana. Pero non só Xon Paulo II tiña razón, tamén en D. Manuel Fraga cando nos dicía que tiñamos que facer máis galeguiños e galeguiñas.
Iso de levar a contraría aos que  saben ten os seus perigos, agora resulta que iso de tanto fornicar por puro pracer obseso e non polo que é natural, que vimos a o mundo para procrear e ir a misa de 12, nos ha chegar a maldición divina, non como raio trasparente sinon  en forma de chantaxe, se seguimos utilizando o condón quedámonos sen pensión.
O berro ás manifestacións do 23 F era unánime “menos condóns e máis pensións”, nos medios, os grandes analistas económicos din que aínda estamos a tempo se nos pomos a iso , enméndase fornicar a destaxo, todo o mundo, se deixemos de utilizar o condón, e tampouco  val  facer trampas e menos a tan socorrida da de  dar marcha atrás, senón comezamos agora o 2040 acabaráse a pesadelo que só  nos quedarán os condóns pero non as pensións.
A pesar de todo, os que teñen que seguir utilizando condóns son os economistas, banqueiros, poderosos e cagabandurrias en xeral, a ver si temos sorte e se así desaparece  a súa descendencia, coma mínimo intelectual, por decatarnos das mentiras que todos os días   nos   explícan e que se algún perigo teñen as pensións son esta xente que todo se vale para recortar dereitos sociais.
Otero Regal
CHAQUETERISMO E CARA DURA NO PSOE
En política  todo é diferente, chama a atención o chaqueterismo ideolóxico, que algúns xustifican contándonos algo así como que cando un é novo, está ben ser progresista, pero aos corenta se as cousas van ben toca facerse de dereitas, pero o máis curioso é que o afirman cun desprezo manifesto á condición humana, como ríndose de quen non é capaz de facerse conservador cos anos.
Resulta sinxelamente repugnante; evidentemente un pode evolucionar como lle plazca e votar como mellor convéñalle, pero a ideoloxía é outra cousa, os principios elementais que un ten e sitúanlle como persoa, teñen maior fundamento que o diñeiro e a posición que un sexa capaz de conseguir traballando ao longo dos anos. Os problemas sociais e a desigualdade non son os mesmos mentres existen?.
Outra cousa é pasarse alén, sen máis argumento ideolóxico que a posición social, pero aquí non hai nin principios nin ideoloxía, o que  pasa  é pura mezquindad humana, que é a que prima nesa forma de vivir contemplándose o ombligo a si mesmo. Puro narcisismo ou onanismo simplón, incapaz de sentir que a vida e os problemas son parte dunha colectividade que precisa de sentimentos e compromiso.
Consecuencia deses cambios temos un vaivén permanente de politicuchos sen escrúpulos incapaces de defender unha posición dentro do seu partido, e como cando non se ten nin vergoña nin máis interese que o persoal, xorden eses personaxes chamados tránsfugas capaces de traizoar aos seus compañeiros, ao seu partido, e aos cidadáns que depositaron a súa confianza, con tal de propiciar un cambio que lle beneficie a titulo persoal. Trátase de mal nacidos sen escrúpulos.
Atopamos estes personaxes de todas as cores, os mais soados Tamayo e Sáez, posibilitaron un golpe antidemocrático na Comunidade de Madrid, pero resulta e a cousa sigue esta seman e noticia A "fichaxe" do vicesecretario xeral do PSOE de Ourense, Eladio Fernández, por Xosé Manuel Baltar é un golpe de efecto en toda regla, tanto para os socialistas, como para a dirección do PPdeG.
Pero estes nefastos ejemplos temolos aquí na nosa casa o PSOE de Viveiro que un craro ejemplo de “mezcladillo” politico e amparo de chaqueteros de todo signo e condición, recordemos a concelleira que era do PP ata o dia despois de presentala como numero dous da candidatura dos socialistas “fixeme do PP para que lle deran un traballo o meu marido” seique xustificou o persoaxe, pois o marido que segueu a ser do PP e ahora o Secretari o de organización da agrupación local , o “chaquetero” chamase Oscar Gonzalez Piedra e ahora foi elegido representante de Viveiro no comité provincial xunto con a peor concelleira de cultura dos gobernos democraticos de Viveiro a Señora Concepcion Toral.
Un supón que un personaxe é elixido dentro dunha lista en representación do partido que lle presenta, pero non, se é elixido pode actuar como mellor convéñalle e o seu partido como Don Tancredo mirando o mar.
Se cambiar de ideoloxía pode resultar grotesco e deleznable, defender o contrario do que sente, sentir o fascismo nas veas e aplaudir a democracia, ten que estreñir unha chea,  iso non se cura nin rezando; que cara teñen algúns.
O PP DE VIVEIRO ANDA REVOLTO
A pesar de que o evanxelista Mateo deixóunolo dito fai case dous mil anos, e de que o bo de Abraham Lincoln recordóunolo hai pouco máis dun século e medio ao iniciar a súa primeira campaña para o Senado, no Partido Popular parecen empeñados en non quererse decatar diso que calquera escolar estadounidense minimamente aplicado sabe recitar de corrido: “que todo reino dividido contra si mesmo será devastado; e toda cidade ou casa dividida contra si mesma non permanecerá”.
E así lles van as cousas en Viveiro, Foz, Ribadeo e o que che cantarei morena: con Cesar Aja e Leal rivalizando na arte do esperpento político, mentres  unha suposta candidatura independente  móstrase disposta a irromper no escenario para converterse na terceira pista deste surrealista circo; e cos seus electores ?en realidade: todos os mariñans? desayunandose cada mañá cun novo despropósito que desafía a súa capacidade de asombro, mentres a vantaxe nas enquisas que a proverbial torpeza económica de Roel puxera en bandexa aos populares vaise disolvendo como un azucarillo nunha pota de auga fervendo.
O máis sorprendente de todo é, con todo, a escasísima entidade desas letais disputas. Servidor leu, cunha dedicación  digna de mellor causa, ducias e ducias de informacións, comentarios en este blog reportaxes e artigos de opinión sobre a crsis dos populares en Viveiro sen que deles logre extraer a menor brizna de información sobre en que difiren os proxectos políticos duns e outros, e sobre cales sexan as insalvables diverxencias ideolóxicas e programáticas que a día de hoxe están fracturando ao Partido Popular e que poderían en boa medida xustificar eses odios sarracenos entre os seus líderes. O que abona a tese de que detrás do obvio ?que as disputas entre uns e outros, non obedecen senón a rifas persoais? non hai senón o máis absoluto dos baleiros.
Aínda que ben mirado, tamén asombra, e non pouco,  a impericia coa que o lider popular a nivel provincial, o sr. Barreiro que ademais, en teoria e o numero dous do PP, despois de Feijoo estivo manexando esta perigosa espiral de enfrontamentos no seo do partido que en principio debería encumbrarle á Presidencia da Diputación Provincial. Sorprende excesivamente que alguén que ao longo de toda a súa carreira política afanouse en labrarse unha imaxe pública de home sensato, fiable, previsible e cheo de sentido común, manexe tan mal este rosario de crise que se estende por toda a provincia, A Fonsagrada, Chantada, Sarria….. Porque se equivocada estivo esa política de deixar facer, deixar pasar coa que intentou durante meses esquivar as distintas crises do partido na provincia de Lugo, máis errónea aínda parece esta nova estratexia de disparar primeiro e preguntar despois que nas últimas semanas parece haberse imposto enViveiro.
Otero Regal
REGALXUNQUEIRA: XA SOMOS MUSEO
A Xunta recoñece como colección visitable a compilación etnográfica e de cerámica Regal-Xunqueira en Viveiro
SANTIAGO .- A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, pretende revalorizar unha mostra destacada da arqueoloxía industrial galega no ámbito dos curtidos e, pola súa vez, converter o complexo nunha plataforma de difusión da historia do proceso de elaboración da cerámica.
O Consello da Xunta recoñeceu, autorizou e cualificou como colección visitable a compilación etnográfica e de cerámica Regal-Xunqueira, que garantirá a permanencia dun proxecto innovador na recuperación do patrimonio industrial galego. Con esta iniciativa, a Consellería de Cultura e Turismo, a través da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, pretende revalorizar unha mostra destacada da arqueoloxía industrial galega no ámbito dos curtidos e, pola súa vez, converter o complexo nunha plataforma de difusión da historia do proceso de elaboración da cerámica.
Este proxecto contribuirá a difundir unha das partes menos coñecidas actualmente do noso patrimonio cultural en todo o relacionado coa arqueoloxía industrial, creando un punto de referencia nunha futura rede centralizada en Sargadelos. Esta iniciativa é un elemento de vertebración na comunidade en que se insire, a Mariña de Lugo, por mesturar a tradición artesanal na elaboración de cerámica e a reación dunha plataforma de dinamización cultural. Deste xeito, búscase diversificar a oferta turística da comarca, permitindo desestacionalizar o turismo e achegar visitantes aos concellos do interior.
Os fondos do complexo son de tres tipos: fondos museográficos, (que inclúen dúas coleccións, a artística e a etnográfica), biblioteca especializada en arte e fondos documentais da antiga curtiduría. A colección artística dos fondos musegráficos está formada por obras pertencentes ás arts aplicadas (cerámica) e ás belas artes (debuxo, pintura, escultura…) expostas, na súa maior parte, no Centro de Arte Cerámica incluíndo moldes, matrices e estudos sobre a creación dalgunha das obras expostas. A colección etnográfica está formada por pezas procedentes da fábrica de curtidos expostas no antigo muíño e documentos da antiga curtiduría.
Con estes fondos téntase dar a coñecer, por unha banda, tanto a historia da fábrica de curtidos como o proceso industrial que se levaba a cabo, desde a materia prima que se utilizaba ata o produto elaborado, e por outra, o proceso de elaboración das pezas cerámicas.
Fábrica-museo
O complexo Regal-Xunqueira comprende unha área aproximada duns 2.140 metros cadrados distribuídos en diversas edificacións e dependencias, así como unha zona central dedicada a xardín. Nesta parcela desenvolveuse ata o ano 1962 a actividade industrial dunha fábrica de curtidos que chegou a ser a máis grande de Galicia.
Despois dunha intervención arquitectónica que permitiu tanto a rehabilitación total da parcela como a dos edificios que a compoñen, as antigas instalacións convertéronse nun complexo onde se mesturan a elaboración de pezas cerámicas e a actividade museística e cultural. Dentro do taller de cerámica están incluídos o obradoiro de pezas orixinais, o obradoiro de barros, de decoración e retocado, de xerigrafía, de invitados e bolseiros, fornos, secadoiro, almacén de moldes, almacén de serigrafía e de matrices. Xunto á area de cerámica está a área comercial que consta de tenda, oficina e almacéns.
SON FEDERALISTA
O principal problema do termo “Federalismo” é  que os independentistas e os soberanistas (Diriase dos independentistas  light) temen que a sua adcripcion a o federalismo leve consigo unha renuncia a o “Estado”.  Por eso nos últimos tempos produceuse unha curiosa mutación : Os nacionalistas comvertíronse en estatalistas galegos e por tanto abertamente antifederalistas. Neste  tema o problema non é de arquitectura, sinon de arquitecto.
O  principio rector do federalismo e a organización do territorio e a sua administración:. Todo o que se poida facer a nivel inferior na administración que non se faga a nivel superior.
Por eso o átomo do federalismo son os concellos ou no seu defecto de minifundismo, como pasa en Galicia, a agrupación dos concellos.  E non só porque no ADN da democràcia  encontramos a polis, a cidade, sinón porque a escala ideal para conectar a administración e os administrados e a escala local.
Envexo o modelo escandinavo no que os cidadáns xestionan os  seus modelos escolares, a política lingüística o as políticas activas laborales i, por eso, destinan, sete veces mais recursos per càpita que os nosos concellos.
É  moi importante en un futuro racional de Galicia as comarcas. O Goberno de  Galicia xestiona agora a maior parte da despensa pública do país. Però  os despachos da xunta en San Caetano encóntranse moi lonxe de A Mariña de Lugo, de O Caurel, do Ortegal , do Entrimo. O modelo escolar da Costa da Morte non pode ser o mesmo ca  dos Ancares  ou do Ribeiro. No se pode  fomentar a inversión na Àrea Metropolitana de Vigo da misma forma que en Ferrolterra  o una comarca de Santiago. O  concepto de seguridad en A Coruña non é o mesmo que na zona de Mondoñedo. Existen moitas Galicias  e esta pluraridade  e unha riqueza, un patrimonio pereo merece xestonarse de forma plural .
As comarcas son o goberno mais preto do cidadán, son os cantóns de outros paises, quizas por eso mais desenrolados, son a xestion da diversidade, o primeiro paso de un pais vertebrado . Tanto si a capital da comarca se situa en a Vilaarriba o Vilaabaixo; tanto si a fronteira se situa a unha ou outra banda do  rio Kwai. Perderemos dioptrias si nos adicamos todo o dia a leer a letra pequena. O que realmente importa e que en Galicia retomemos a idea de comarcalizacion .
Otero Regal
PODEN LEER MAIS DE Otero Regal esta seman en CRONICA3 A MARIÑA http://www.cronica3.com/2010/02/xente-que-fala-soa-pola-rua/.
E TU DE QUEN VES SENDO?
Se cadra por iso, porque é tan difícil entrar, resulta igual de difícil saír. Pouco importa o ben ou mal que se faga o traballo. Pouco importa, ata, que nin sequera haxa un traballo efectivo que realizar. E pouco importa, en definitiva, que, realmente, estéase achegando valor engadido o pais. Hai que armala moi gorda para perder unha praza de funcionario. Fagan vostedes mesmo o cálculo: A cantas persoas coñecen que deixen de ser funcionarios? A unha? A ningunha? E a cantos funcionarios coñecen que merezan deixar de selo? Pois iso. Non digo máis.
Fai anos, coñecín a algun funcionario-a que era un desatre, estaba ida, non facia nada e cando facia era o que a el- ela lle…... Un desastre. Non ía a o traballo e a metade dos días, 'pasaba' de todo, non se podía contar con  el-ela para nada... Si. Pero ninguén o botaba. Ninguén se atrevía a facelo. Ninguén se atrevía a pór o cascabel a ese gato. Si era  interin ou  tiña a praza en propiedade, non sei si entrara por enchufe ounon. Non o sei. O que si sei é que pasaban os meses, e os anos, e mantiña o seu posto de traballo. Era evidente que non o exercía ben. Estaba claro que había persoas mellor capacitadas que  para facelo. Ninguén discutía que había xentes claramente prexudicados pola súa incompetencia. Todo iso era evidente, incontestable. Si. Pero ninguén lle quitaba o posto de traballo porque, claro, como era unha praza fixa...
Que non é normal que dispoñamos duns sistemas de entrada tremendos para acceder á profesión de funcionario e que non dispoñamos case de sistemas de saída para deixar de selo. E que en definitiva, non é normal, que, por medo a non tomar decisións valentes que poñan no seu sitio aos funcionarios que non funcionan, esteamos facéndolles a puñeta á inmensa maioría de funcionarios que si funcionan.
E é que, ao final, as vítimas de todo isto somos eles, vostede e eu.
Otero Regal
O MUNDO E REDONDO
Un dia folleando por a rede apareceume esta entrevista, que foi feita o Domingo, 13 de marzo, 2005 no periodico LA REPUBLICA de URUGUAY.
Un uruguayo exiliado que vino para disfrutar del triunfo de la izquierda
"Una revolución de la esperanza"
Un uruguayo suelto en España: Melchor Roel Rivas hace 30 años que vive en dicho país después de que la dictadura militar lo expulsara de Uruguay. Hoy vive en la comunidad de Viveiro y fue electo como Alcalde por el Partido Comunista.
Melchor Roel Rivas se encuentra en nuestro país en un momento especial: la izquierda es gobierno y para él no es un detalle menor. Es un militante de alma y vida en sus comienzos en el Partido Comunista y luego en el PC de España. Piensa que en América Latina las coordenadas que se están dando son tremendas y el pueblo uruguayo está por encima de ellas.
A sus 21 años de edad fue expulsado de nuestro país un 26 de setiembre de 1975. En ese entonces Melchor era militante del PC. "En Uruguay me subieron al barco y me llevaron directamente a España, hicimos una parada en Buenos Aires pero como eras expulsado no te dejaban bajar", cuenta Melchor.
"De ahí directamente fuimos a Galicia allí tuve que hacer el Servicio Militar en el sur de España donde te calificaban como punto rojo si tenías antecedentes".
Hoy vive en Viveiro una comarca de Telurio, su familia la cual conformó en el exilio esta integrada por sus dos hijos y su señora, de profesión maestra. Se radicó allí en el año 80 después de haber estado un tiempo participando en Divisiones Sindicales Obreras. Aclara que no está de acuerdo con la calificación Dirigente entonces utiliza el término División, para él nadie dirige a nadie, "es algo muy pomposo porque cuando dejas de pertenecer a ese órgano eres un tío más".
Su vida siempre se caracterizó por su fuerte militancia en los partidos de izquierda tanto en su país natal como en España donde estuvo mucho tiempo en el PC, fue concejal del Partido a la vez que participaba de las Comisiones Obreras. En entrevista con LA REPUBLICA Melchor contó detalles de su vida.
--¿Continuaste con tu militancia política en el exilio?
--Sí. Estuve yendo a Madrid durante 14 años porque estaba en la Dirección de la Organización Pública de Comisiones Obreras. Hasta que en abril de 2003 me presenté por el Partido Socialista y ganamos las elecciones en Viveiro, un pueblo donde el último gobierno de izquierda que existió fue en el año 1936, en esa época los fusilaron a todos menos a dos. O sea que fue en pequeñito (se ríe refiriéndose al triunfo de la izquierda en Uruguay) pero fue quitar a toda la derecha, nadie se creía que podíamos ganar.
Ahora estamos haciendo un trabajo de transparencia, un trabajo que hay que hacerle a la derecha sacarles todo.
--¿Cómo te sienta ese nuevo puesto?
--Pues con mucho trabajo producto de la situación en que nos encontramos. Porque yo creo que la derecha muchas veces ocupa el poder que tiene para gobernar y rehacer todas las estructuras democráticas, la participación, no es fácil.
Todo eso lleva a que uno empiece a trabajar a las ocho y media de la mañana y acabe con el sol.
--¿Cómo ves el triunfo de la izquierda en nuestro país?
--Yo creo que este triunfo además de histórico es que se está viviendo una revolución de la esperanza. La gente se ha dado cuenta de que el cambio era necesario y además que es posible.
Yo he pasado una bandera cada vez que hablaba de Uruguay. Algo que nadie puede repetir esto va más allá de un maracanazo, es en el único pueblo del mundo que le ha ganado un frente a una dictadura. Y eso dice mucho de un pueblo. Creo que hay demasiado para atrás.
Veo que hoy la situación va a ser complicada pero se va a salir adelante, además se están dando unas coordenadas políticas a nivel de Latinoamérica muy importantes. Ya se está hablando de algo más allá de lo que es el Mercosur.
Hay un debate en todas las direcciones políticas, sindicales, empresariales, en el cual ya no se están dando solamente una unidad económica, se habla de una necesidad de resistencia, yo creo que es un proyecto que tiene que cuajar y si cuaja va a ser un proyecto agresivo económicamente hablando, un proyecto de futuro.
Las coordenadas son tremendas y el pueblo uruguayo está por encima de todas ellas, incluso me atrevo a decir -sin menospreciar ningún proceso- que el pueblo uruguayo ha llenado de participación todo ese nuevo proceso que se está viviendo en Sudamérica.
--¿Cómo se está viviendo en España ¿cómo lo ve?
--La España progresista, la España que luchamos contra la guerra, la España que hemos peleado durante muchos años para que tenga un pequeños estados de bienestar social, la España que cree en más libertades, en independencia de criterios políticos, la España que cree que Europa tiene que seguir avanzando, tiene una alegría enorme por el pueblo uruguayo de que haya conseguido su objetivo. Y mi objetivo como uruguayo era estar acá.
--Melchor, ¿te sentís uruguayo o español?
--Yo siempre digo que para resumir y no decidir todo lo bueno y lo malo que tengo se lo debo a Uruguay.
Pero allá me dicen "el uruguayo", sigo tomando mate con mi termo de Peñarol.
Mi gente del Sindicato gallego me dice "el uruguayo" o el "gualegüachu" y todo el mundo sabe que yo no hablo ni gallego ni uruguayo, hablo "gualegüachu".
--¿Qué música te guardás de Uruguay?
--Lo he ido recopilando poco a poco porque las Fuerzas Armadas me llevaron, todos los discos también desaparecieron.
"Musicación 4 y 1/2", entre los mojos de Horacio Buscaglia, la improvisación de Urbano Moraes y la voz de Rada.
Y todo lo que se podría tener de acá, Opus Alfa, Días de Blues, el Sindikato, todo lo que hay y hubo de Rada, Los Olimareños.
--¿Tenés contacto con uruguayos que están viviendo en España?
--Menos del que querría, pero hemos hecho algunas cosas. Cuando murió Líber Seregni nos juntamos para hacerle un homenaje. También tengo relación con mucha gente que vive en el país, nos intercambiamos información, y ahora mismo vamos a hacer un encuentro con los uruguayos de toda la comarca y vamos a recibir al cónsul uruguayo en Galicia.
--¿Cuál es tu trabajo como alcalde?
--Lo primero que tenemos que hacer es no molestar. ¿Qué significa esto? Cuando hay alguna iniciativa, cuando hay fórmulas de participación facilitarlas y después tomar las decisiones, pero una vez que se toman hacerlas cumplir.
Estamos empeñados en la "Participación Ciudadana", que la gente sepa que estamos trabajando y vamos a seguir trabajando y que cuando lleguen las próximas elecciones tengan la oportunidad de devolver nuestro trabajo y que ha sido hecho con transparencia, aquello de que uno se puede equivocar pero lo que no puede es afanar.
--¿Cómo definís tu militancia?
--Yo llevo toda mi vida militando, con el Frente Amplio en el PC y en la CNT. En esa época trabajaba en los talleres de Cutcsa y estudiaba en el nocturno del IBO que era mixto por la noche. Militaba, estudiaba, trabajaba y vivía, de las cuatro cosas hoy dejé de estudiar.
Ser militante es estar comprometido con una idea y con uno mismo, estar comprometidos lo que hacemos y para eso se tiene que estar con convicción.
--¿Volverías a Uruguay?
--Si no tuviera responsabilidades es un momento precioso para volver.
PIN PAN PUN
co preámbulo do pin pan pun . Capuletos contra Montescos. Vilaarriba ou Vilaabaixo. Tigres, leóns, todos queren ser os campeóns. Harvard ou Oxford. Branco ou negro. Pero a teoría de cores di que hai como mínimo 196 tipos de grises hexadecimales, moitos espazos de dios entre o ceo e o inferno.
Tal vez hai outra forma de facer as cousas. Este é o debate que deberiamos iniciar a partir de mañá. A un lado do ring, xentes de dereitas PP a o outro as esquerdas sempre pelexando e ranqueando: PSOE, BLOQUE, e IU. Iniciando un combate das ideas, eu vou a propoñelo, a bó seguro que a prensa lle interesará, temos lugar, cen butacas, calefacción, só falta que os interlocutores acepten, eu serei o moderador e de paso o provocador do debate. ¿Qué son tendencioso? . Que tire a pedra o que esteña  libre de ese pecado, e eu  polo menos o recoñezo, para elo suxiro, como se de un partido de futbol se tratara  estas cinco regras:
1. Cada partido  escribirá un post sobre un ámbito temático (saúde, estradas, educación, seguridade...). Non poderemos evitar que estes [posts] teñan un notable nesgo, distorsionado pola visión partidista de cada cal.
2. Todos os datos terán que ser enlazadas, todas as informacións contrastadas e todas as sentenzas, avaladas.
3. Os debatentes asumirán que o interés non debe centrarse no post (xa dixen que será partidista), senón no intercambio de comentarios, de datos e de contrastes.
4. Buscaremos tanto os puntos de desacordo, como aquilo no que non se cincida. Intentando facer facer un balance común, construído a partir das interseccións e as diferenzas.
5. O debate está aberto. So falta que os partidos de Viveiro contesten o rogo de entrar no combate ideolóxico, si non fora asi, xa sabemos o que temos e a que atenernos, tamén podemos cambiar de táctica e convocar a responsables comarcais, Deputados e outros cargos.
Tiros e Troians quéixanse de que esta democracia so esta para ser exercida cada catro anos mediante o meter nunha ragañadura dunha caixa de metacrilato unha papela impresa, pois ben, collamos a vaca  polos cornos e debatemos, midamos e pesemos as nosas ideas, as nosas solucións a os graves problemas socio-económicos  desta bisbarra. E de paso borrar  dunha vez do pensar popular aquello que decia Dumier “A politica e o arte de sevirse dos homes facéndolles crer que se lles sirve a eles”
Otero Regal
SANTA HIPOTECA DOS SUDORES VARIOS
Dende Norte ata o sur, dende babor a estribor  a queixa máis oída e a de  “A hipoteca afógame”, non podo coas letras, vou darlle lume ao do banco e xa quédome tranquilo.
Non é estraño ver mozos que se meten en hipotecas de máis de vinte anos (o cal debería ser delito) pero, nos ultimos tempos, antes de que arraciara a crisi, vin unhas barbaridades dignas de película de madrugada. Hipotecas de 30, 40 e 50 anos. E supoño que non dura máis porque non vivimos máis tempo. De todas maneiras poderiamos nacer xa hipotecados e así ampliaras ata a náusea.
Pero os bancos non so che daban cartos frescos para a  hipoteca da a casa, tamen para extras mobles con carballo do medievo, un BMW e unha viaxe de noivos en Cancún.
Supoño que todos coñeceredes, ou haberedes oído falar dun caso parecido. Parella nova, con traballo (bo, ou lixo, dá igual, dous soldos todo o  poden). Todo medio organizado, a voda en ciernes, pois ollamos un pisito en vez de pillar un aluguer normaliño: pisazo novo de trinta ou  corenta quilarros. Se é unha sinatura a o fin e o cabo..- Pois mira non vou estar de aluguer, total, por un pouco máis ao mes teño O MEU PROPIO piso.
PUM! Agora é cando toca darse  de cabezazos contra a esquina máis puntaguda do mesmo berro desesperante a un tempo que mana a sangue con profusión.
Primeiro erro. Primeiro gran erro. O primeiro. Os piso non é teu, os piso será teu. Os piso é do banco ata dentro de corenta anos. Ata que pagues ata o último céntimo dos préstamos. Que si, que é moi bonito ter o teu propios piso e non vivir de aluguer, niso estamos de acordo. Que é máis chuli vivir nuns piso novo que nun que ten vinte anos e pasaron por el dez inquilinos diferentes. Pero terás uns piso propio dentro de corenta anos, cando os piso, e ti, xa sexades vellos. E da quela non o necesitaras, iras para un asilo po para o cementerio do lugar.
- Bo, pois dentro de corenta anos será meu, total é un pouco máis ao mes e podo facer as miñas reformas e pór o mobiliario que eu quiera, pintalo e… E así polo menos teño algo. Ti que? De aluguer toda a vida? E dentro de corenta anos eu terei uns piso e ti nada. Ademais, os piso sempre soben (si, isto soa raro, pero dicíao a xente ata fai un ano), e é un bo investimento (ERRO 2).
E aquí,  punto un: Con 70 anos a verdade que mola ter uns piso, pero prefiro gozar a vida agora e non ter uns piso dentro de ufff… que sabes, xa non pode pasar nada.
Punto dous: Os piso sempre subían, e se non soben. Como agora todos pòdemos apreciar, que a todos os listos que pensaron así chispum.
- Bo, se quero pódo vender e sácome unha pasta. (ERRO 3)
- Se claro, e vaste a vivir… (De aluguer? )
Otero Regal
¿CANTO DEBE O TEU POVO?
Tendo en conta que Viveiro, na mesma data tiña 16.052 habitantes darianos unha débeda  de  622,97 euros por habitante A débeda viva das entidades locais en España ao finalizar o ano 2008 ascendía a 32.030 millóns de euros, 566 euros por habitante, segundo os datos recollidos polo Ministerio de Economía e Facenda e publicados recentemente por primeira vez.
Como dato curioso o concello de Barcelona so ten un promedio de débeda  e habitante de 476,5 euros. Craro esta que témolos peores :Madrid é o concello máis endebedado cos bancos, supón 2.080 euros por habitante, séguelle o Concello de Valencia, cunha débeda de 992,9 euros por habitante.
A pesares de que os datos son soio de deuda bancaria a finais de 2008 en A Mariña temos alguns outros exemplos: Burela: 2.440.000 euros, Cervo:2.035.000 euros, Ribadeo: 2.209000 euros, Foz: 1.892.000 euros, os demais non chega, ningun deles a cifra  dun  millon: Xove: 208.000 euros, Lourenzä: 144.000 euros, Mondoñedo: 879.000eurosOurol: 485.000 euros, Trabada: 90.000 euros, Alfoz. 211.000 euros.
Volvo a recordar que os datos son do final do 2008, este ano  coa que se caeu, coa  falta de diñeiros das licencias da construcción, e co manirrotos que son a maioría dos nosos alcaldes, que gastan o que non teñen en pan e circo (festas, troleadas e cuchipandas) a bon seguro que as cifras subiron en demasia.
Non estraña pois que sucedan casos como o de Viveiro donde o Tetro Pastor Diaz está sin calefacción dende Novembro porque non existen cartos para pagar o arreglo, e os suministradores estan ate as narices do Concello que non sabe, non contesta e o peor de todo ¡Non paga¡
A contía da débeda viva de cada un dos Concellos, calculouse tendo en conta as seguintes operacións de risco: créditos financeiros, valores de renda fixa e préstamos ou créditos transferidos a terceiros. Deste xeito, a débeda viva non inclúe a débeda comercial das entidades locais, senón unicamente a bancaria.
Otero Regal