A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

QUE PASA EN VIVEIRO?
QUE PASA EN VIVEIRO?
TRAGANDO SAPOS?
En nove anos de alcalde Melchor Roel Rivas, alcalde constitucional de Viveiro soio foi capaz de aprobar tres presupostos municipais, todo un record na administración local galega, co agravante de que nin siquera foi capaz de facelos, esto ademais de unha fragante ilegalidade e tamén un engano e unha tomadura de pelo a os habitantes e administrados do Concello de Viveiro.
Ahora, con unha saida de banqueto de tres pes, das que nos ten acostumados chimpa do goberno municipal de Viveiro a os socios de coalición, os tres concelleiros do BNG dos que recoñece, en roda de prensa, que estaban a facer ben as suas competencias, pero para el e mais importante o seu “ego” persoal e di que o fai por que os do BNG pidenlle que de unha vez por todas cumpla o “trato” de cando pactaron, facer os presupostos antes de que chegue o 30 de Novembro, co engadido de “Si non o fai, volvera a mentir a os cidadans de Viveiro mirandos
a cara”.
O alcalde mostrase moi alporizado por chamarlle mentiroso, faltaría máis, el que, como bo domador de serpes e hábil prestixitador da palabra leva incumplindo promesas e leises dende que chegou a poltrona municipal.
E ahora que pode pasar? En primeiro lugar repartirá as competencias que tiñan os nacionalistas entre as suas “huestes” Cal voltara a levar Obras e quizais deportes tamén, cultura a delegación que ten a maldición do xitano neste concello, voltara a darlla a algunha das suas “eficaces” concelleiras, e unha vez maís, ahora xa ten disculpas, non fara os presupostos para 2013, xa que non ten os votos necesarios para aprobalos.
E quen perde con esta comedia? Pois, como sempre o pobo de Viveiro, que voltara a ver a folgazaneria, improvisación e ineficacia do seu concello, sin contas, presupostos e mala xestión dos escasos cartos de que dispón.
Pode haber sorpresas? Pois, un non o descartaría, Cesar Aja Mariño tenlle moitas gañas a Melchor e a bó seguro que vendería a sua alma a o demo por chimpalo fora do concello, asi que a xogada de xedrez pode ser esta, o BNG pide unha moción de confianza, ou propón unha moción de censura e de supeto Aja vota a Bernardo para Alcalde, e Roel a rua, ou tamén pode ser esta outra: Moción de censura a Bernardo votano os Independentes por Viveiro e Aja abtense e Melchor para a Praza Maior.
Pero tamen poderia ser que as cousas sigan como estan Melchor goberne, é un decir, en pírrica minoría, 6 concelleiros de 17, vaia trampeando, sin presupostos nin votacións que lle compliquen a vida e de paso paralizando o concello, endebedandose mais e convertindoe en unha nave sin rumbo.
A Política e o arte de tragar sapos... y colebras, eso e o que nesta ocasión lle faltou a Melchor Roel. E en política sabese que e parte importante da tarea que un debe asumir a hora de decidir entrar neste mundo e peor ainda, cando un ocupa cargos importantes como e ser alcalde de Viveiro e ter que gobernar en minoría.
Otero Regal
Comentarios (10) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-09-2012 11:48
# Ligazón permanente a este artigo
O CONTO DO BÓ LADRON
Recodarán os entendidos no novo testamento catolico aquel “Bo Ladrón” que se atopaba á dereita de Xesús nazareno, cando foi crucificado no Gólgota. Había tres persoas que padecían aquel castigo. Un deles, o do medio, non parece que fose un delincuente, como así recoñeceu o seu colega de suplicio. Non era un bandido, nin un criminal, nin fixera nada para merecer a tortura á que lle someterón nin aquela terrible morte que lle esperaba. Entón, o “Redentor da humanidade” agradeceu o seu apoio, asegurándolle que aquel mesmo día estaría con el no Paraíso.

Pois amigos lectores, aquí mesmo en Galicia temos unhos bos ladróns, unhos convictos, condenados e encarcerados, que non saen dunha para meterse noutra, a quen os xuíces e esta imprevisible Xustiza que temos, tomaron como chiba expiatorio de todas as irregularidades que cometen, ou cometeron, outros colegas seus na Afortunada Galicia que habitamos. Os demais poden seguir cometendo iniquidades, pero ese Bo Ladrón non, porque é o que paga por todos eles.

As noticias din que dous alcaldes, de Boqueixon e Ourense e un ex concelleiro de Lugo pasaron a noite calabozo por mor de un presunto delito de choriceo no amplo sentido do termo, Pero, hete aquí, que estes bos homes saen do ostracismo en cheiro de multitudes afins. Vitoreados, aplaudidos, xaleado polos seus adictos, correlixionarios e beneficiados, aínda que non partisen do seu propio peto os xestos xenerosos e caritativos que realizaran na súa época de xestores do erario público, consideran esta xente que o seu heroe é inocente e que debería andar libremente polas rúas. A Curro Jiménez, a Robin Hood, o pobo considerábanlles tamén benefactores porque roubaban aos ricos para repartir os botíns entre os máis necesitados.

O que sucede é que algúns dos nosos ladronzuelos, que non son moi bos que digamos, cometen os seus fechorías con bastante impunidade e líbranse unha e outra vez de dar contas á Xustiza, ben porque esta, ás veces, non existe, ou porque atopan algún amigo togado e comprensivo, que lles libra do castigo ou porque os seus delitos prescriben, ou os xuíces están tan embebidos en cuestións menores, que se pasan anos e anos sen celebrar xuízo algún ata que se arquivan, de forma descarada. Ou sexa, que os peixes gordos escápanse da rede e non hai quen os pesque.

E eses habilidosos cabaleiros e donas que utilizan a política para medrar, enriquecerse, prevaricar, enganar, dilapidar, e tomar o mando como sexa, preséntanse despois aos próximos comicios, empuxados por ese rabaño de aduladores e beneficiados que lles reelixen para que non rompa a cadea de ilegalidades, o nepotismo, o enriquecemento ilícito, o tráfico de influencias ou o abuso de poder. Considérase nesta seudo democracia na que vivimos que a corrupción é inherente, consuetudinario á política. Dá igual que ese político pouco e ético sexa elevado aos altares polos votantes, atópese nun humilde concello, ou en deputacións, parlamentos, senado ou no propio goberno do estado.
Otero Regal
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-09-2012 19:32
# Ligazón permanente a este artigo
UN PAIS CUTRE

Estudiantes que maña comenzades as crases, a vella disputa entre ciencias ou letras acabará pronto. En un chisco de tempo, boa parte dos mozos quererá dedicarse ás que se perfilan como as carreiras con futuro en España: a prostitución, o xogo e a pendencia en xeral. Este xacemento de traballo é obra dos proxectos que encandean á nosa clase política: o Eurovegas de Madrid e o macro parque temático catalán dedicado ao botellón de luxo. Non pasará moito tempo antes de que algún iluminado en Galicia véndanos a necesidade de incorporarnos ás novas tendencias do cutrerío nacional montando un neo-bordel en cada bisbarra.

A moi católica, apostolica e roman, Esperanza Aguirre non dubidou en encartarse ante o "magnate" Sheldon Adelson para que Madrid sexa o paraíso ludópata. E, para non perder corda co novo estilo, Cataluña pretende construír media ducia de parques temáticos cos que esquecer os recortes en Sanidade e Educación, o tallo nos dereitos laborais ou a expulsión de inmigrantes.

Manuel Rivas preguntábase o sábado "Que país é este?" na súa columna do País, e respondíase que imos cara a "un país de merda". Un país, engado, no que as consecuencias dos desmáns financeiros e especuladores dunha minoría invulnerable están arrasando coa economía, a democracia e os seus valores anexos.

Sen dúbida, os meritócratas estarán de parabén. Que mellor para demostrar un o seu valía que saír adiante con éxito nun Estado do 'medioestar' que fomenta o xogo e a prostitución. Claro que, quizá, o que marque a diferenza non sexan o esforzo e a intelixencia, senón un bo contoneo de cu ou un paquete ben marcado.

Confirmase pois aquela lenda negra de que España é un país cutre, chabacano, terceiromundista, inculto, salvaxe e paleto. Os ingleses achegaron á historia a Carta Magna, o empirismo baconiano, o habeas corpus e a Gloriosa Revolución de 1688. Os franceses achegaron o racionalismo cartesiano, os filósofos da Ilustración e a Revolución Francesa. España achegou a Inquisición, a novela picaresca e guerras civís cainitas. En España non hai sociedade civil senón populacho envilecido e analfabeto. Que se pode esperar dun país cuxa poboación grita "Vivan as caenas" e "Que inventen outros"? España só é un país apto para vir de esmorga e emborracharse, pero do cal un debe escapar se ten outras expectativas.
Otero Regal
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-09-2012 19:52
# Ligazón permanente a este artigo
VAMONOS PARA PARIS...papa
Regal Cerámica
Participa esta semana en Maison & Object. Do 7 ao 11 de Setembro
París (Francia)

REGAL CERAMICA
Participa en esta ocasión cun stand Baixo o paraguas de
A marca Artesanía de Galicia xunto con outros tres obradoiros artesans do ramo da xoeiria, cesteria e a marroquineria.
Dentro do apartado de invitados de lês Ateliers d¨Arte de France

A participación de Regalceramica, por setimo ano consecutivo e tras a boa acollida dos anos pasados, vai dirixida a tendas e galerias especializadas en “Obxetos de arte” e por eso expoñemos Cerámica artística en gres de alta temperatura., pezas de mediano e gran tamaño, destinadas a tendas de obxetos de arte, decoración de interiores e mobiliario entre as que cabe destacar unha colección de “Pezas únicas” Esculturas numeradas e firmadas con color e diseños vanguardistas.
Como novedades presentase um apartado de “Obra de Autor” e complementos de cerámica e plata, diseñado por Otero Regal.

E tamen aproveitamos para presentar a coleción de pratos deseñados por Manolo Gómez creador de entre outros films “O bosque animado” e “Noite de San Xoan”, tratanse de 5 pratos numerados dos que soio se fai unha edición de 100 exemplares.
Cave destacar que O BOSQUE ANIMADO em francês foi um gran êxito em Francia, obtuvo o premio de cine infantil de Cans e foi adquirida por o estado francês para proietala nos colexios públicos de francia

Na feira parisina estará Otero Regal en persoa atendendo a os visitantes e compradores, contara ademais cunha traductora e folletos feitos ex profeso para a ocasión en Frances e ingles.
Maison and Object é o mellor reflexo do dinamismo e do carácter emprendedor cun enorme potencial comercial. A aposta polos conceptos de diseño, calidade, creatividade e presentación, así como o creciente avance da cultura da moda para o fogar, protagonizan a oferta deste salón orientado ó comprador mai selectivo e esixente.
O contido de Maison and Object articulase en torno a oito sectores que comprenden desde a mais ampla variedade de complementos indispensables para o equipamiento e a decoración integral do fogar, hasta as novas propostas en textil, menaxe, artesanía, artículos de viaxe e todo un completo repertorio de orixinais ideas en regalos informales, de fantasía, infantis, ye obxetos útiles adaptados ós novos hábitos do consumidor.
Alfonso Otero Regal
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-09-2012 19:17
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal