A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

QUEREMOS SABER DE QUE VIVEN, QUEN SON, E COMO CHEGARON A SER CANDIDATOS.
Coa queimazón que a cidadanía manifesta cara á clase política o camiño lévanos a un destino inopinable. E a historia repítese constantemente, estámolo vendo e vémolo cada vez que se produce unha convocatoria de comicios. Salvo honrosas excepcións que adoitan durar pouco no tempo, é o momento de mostrar as fauces, ese pistoletazo de saída para as guerrillas internas, cambadelas, trampas, bulos, maledicencias e outras repelentes e destrutivas armas observadas nas condutas dos que adoitan saír airosos levando consigo aos seus incondicionais servidores.

Desde os comezos da transición, os partidos políticos e os sindicatos, como instrumentos da democracia, foron creando unha estrutura reticular que se vai pechando ao redor de contados caciques locais ou provinciais que emulan o armazón das xerarquías superiores e a súa senectude. Os cidadáns decatámonos de como nesas contornos todo vaise volvendo rancio, non nos transmiten optimismo, seguridade, diques inamovibles, o que hoxe é doutrina de fe, mañá é un obstáculo.

O século XXI e as súas circunstancias presentounos un mostrario de políticos que se desdicen e contradinse, exercitan con sobranza o dereito a evolucionar e a prescindir da vontade popular, unha segunda Ilustración, “Todo para o pobo pero sen o pobo” e a medida que acrecentan o seu poder minguan os valores que albergan, están feitos á pelexa e padecen o secuestro dunha irrefreable ansiedade de poder, son vítimas xa da indignidade sumisa a un subidón adrenalínico irrefreable, é o que denominan “ter cintura política”, coma se fose unha calidade, con todo non se aperciben de que o que proxectan ao exterior é a sombra de “animais políticos”, conseguidores insensibles, totalmente desmemoriados e esquecidos de quen foron e en que lugar do camiño perderon aqueles nobres ideais, o seu combustible xuvenil primario e desinteresado convertido en garra que morre matando.

Se se quixese optimizar o labor político sería preciso esixir aos candidatos un curriculum persoal e profesional previo debidamente certificado, non de traballo no Partido e artificiosamente confeccionado, senón na súa vida particular, na súa capacitación profesional, na súa valía para conseguir e administrar o propio vil diñeiro, porque quen non é capaz de gañar para comer para si cos seus propios medios esperta susceptibilidades e receos á hora de encomendarlle a administración dos recursos alleos, máxime se son os diñeiros públicos e o interese de toda a sociedade.
Otero Regal

Comentarios (16) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-09-2011 12:34
# Ligazón permanente a este artigo
NIN TRAPOS NIN BANDEIRAS

BANDEIRAS
A Vexilología é o estudo das bandeiras no seu sentido máis amplo. É unha disciplina auxiliar da historia, aínda que hoxe en día enténdese tamén a súa relevancia como parte da semiótica. A palabra Vexilología vén do latín "vexillum", bandeira, e o grego "logos", coñecemento. Trátase dunha ciencia nova, desenvolvida principalmente a partir da segunda metade do Século XX.
Unha bandeira é unha peza de tea, normalmente rectangular, aínda que pode adoptar formas moi variadas, que se suxeita por un dos seus lados a unha hasta, ou se colga dunha driza. Utilízase para identificar ou representar a unha persoa, ou grupo de persoas. Tamén pode servir para transmitir sinais.

Na historia e na política españolas vimos moitos diálogos para besugos, é certo. Pero que no S. XXI, co que choveu, voltamos de novo a darnos navalladas dialéctico-vexilológicas, é o que menos esperaba, a verdade.

Os acenos de identidade da tribu deron pé a moito sangue na historia da humanidade. A lingua, a relixión, a nación, as bandeiras non valen unha pinga de sangue máis. Como moitos españois vivin nun entorno no que a democracia estaba tamén medrando, facéndose maior ó meu aredor. Aprendemos o valor da liberdade. Aprendemos o valor da igualdade, o respecto, a tolerancia, o diálogo, a resolución pacífica de conflitos, os límites da liberdade...

Os últimos anos foron descorazonadores. Eu cría que todos medraramos e que discusións de galgos ou podencos se quedaran atrais. Pero non. Uns continúan coa súa infantil guerra de bandeiras. E os outros seguen coa súa infantil guerra de bandeiras. A ver quen é máis traidor á seú pais . A ver quen o quere mais. A ver quen mexa máis alto.
Pero esto resumeo mellor o musico Marcel Duchamp cando canta: Unha bandeira non me representa, nin os heroes, nin a historia nin ningún dos símbolos que impón a patria, porque un país é só un contrato e os meus amigos son de todo o mundo. Nin lealdade nin agarimo nin orgullo, o meu sangue está chea de terra. Podo compartir saír ou entrar sen pertenecar a nada nin a ninguén porque os nomes son só palabras que aprendemos de memoria.
O meu único país é o meu corpo e non entra quen queira, eu non teño bandeiras na miña casa, porque eu non teño casa.
Otero Regal
Comentarios (14) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-09-2011 19:57
# Ligazón permanente a este artigo
EU DE POLITICA SI ENTENDO O CONSELLEIRO SEIQUE NON
O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria de Galicia , D. Xesús Vázquez, fixo unha En declaracións aos medios, na que instou ao profesorado, a dous meses das eleccións, a "diferenciar a parte sindical" da parte "propiamente educativa" nas súas reivindicacións. "Sería bo que deixásemos ao carón a educación da política, pero por parte de todos", deixou dito o xenio da educación.
Pois ben, aprobeitando aquello de que o rio pasa por donde pasa vamos falar do asunto.

“O poeta é un mentireiro que di sempre a verdade". A frase ten o seu aquel e resulta atractiva pero inmediatamente obriga a preguntarse que é iso da verdade e se esta pertence a alguén. Chegados a este punto unha das expresións que mais me repatea e a consabida frasecita de “Eu de política non entendo” coas variantes de “A política para os políticos” ou ainda a mais noxenta de “Son apolítico”. Por eso traigo hoxe aquí a definición do asunto nada mais e nada menos que do tio Aristóteles, que alo por o 1253 antes da era cristiana xa deixou claro o asunto na sua obrita encol da “ Política”

"Segundo isto é, pois, evidente, que a cidade-estado é unha cousa natural e que o home é por natureza un animal político ou social; [....] E a razón pola que o home é un animal político (zôon politikón) en maior grao que calquera abella ou calquera animal gregario é evidente. A natureza, en efecto, segundo dicimos, non fai nada sen un fin determinado; e o home é o único entre os animais que posúe o don da linguaxe. A simple voz, é verdade, pode indicar pena e pracer e, xa que logo, posúena tamén os demais animais -xa que a súa natureza desenvolveuse ata o punto de ter sensacións do que é penoso ou agradable e de poder significar isto os uns aos outros-; pero a linguaxe ten o fin de indicar o proveitoso e o nocivo e, por conseguinte, tamén o xusto e o inxusto, xa que é particular propiedade do home, que o distingue dos demais animais, o ser o único que ten a percepción do ben e do mal, do xusto e o inxusto e das demais calidades morais, e é a comunidade e participación nestas cousas o que fai unha familia e unha cidade-estado."

Hai nos cidadáns unha verdadeira alerxia tanto a definirse como a sinalar a súa propia identidade. Cando se fala cos da cuadrilla poucos se atréven a dicir abertamente a que partido político votan, se son membros dunha igrexa e aínda se son socios dun equipo de fútbol. A xente di pasar olímpicamente de todo, a non ser do cobro da nómina mensual (sen dicir nunca o monton da mesma) ou dos proxectos de viaxes, xa sexan de verán ou das distintas pontes do ano. A os cidadáns non lles importa deixar en ridículo aos filósofos clásicos cando dicían que todos somos políticos. E o caso é que ninguén deixa de ser político no sentido san e clásico da palabra

Otero Regal


Comentarios (11) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-09-2011 14:38
# Ligazón permanente a este artigo
TARDE, MAL E ARRASTRO
Con moito fandango, parafernalia e bombo e platiño o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, inaugurou, por fin, esta semana e o parque empresarial de Landrove, acompañarono na celebracion o conselleiro de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernandez, cargos e políticos do PP e PSOE, o alcalde de Viveiro Melchor Roel, e outros membros da corporación municipal.

Os parques industriais teñen a particularidade de contar cunha serie de servizos comúns, como poden ser: abastecemento de enerxía eléctrica, abastecemento de auga . Os parques industriais adoitan ter tamén outros servizos comúns, como servizo de vixilancia, portería, tratamento de augas servidas, entre outros.

Según a miña opinión esta infrestructura chega, para vergoña da crase politica, tarde, mal e arrastro, xa que si os nosos politicos, os que foron e son nestes últimos 30 anos tiveran un pouquiño de sentidito comun, cando chegou a factoria de Alumina-Aluminio, terian de ter esta infrestructura na poboacion mais industrial e comercial do norte de Lugo, si asi fora con toda posibilidade teriamos hoxe varios miles de postos de traballo xenerados baixo esa influencia.

Os alcaldes, Casariego, Aja e Roel deberían haberlle dado prioridade, xa que é fundamental para o desenvolvemento económico da localidade. Tanto é así, que o moitos empresarios interesados en montar un negocio na zoaen , tivéronse que trasladar aos polígonos industriais de localidades veciñas.

É algo tan obvio, e non e fácil de entender que os alcaldes e os seus equipos de goberno non o viron antes e tiveran 30 anos mareando a perdiz e cometendo un un erro maiúsculo perder anos e entregar a subvención e solares a promotores privados para que montasen os seus chiringuitos adianten a execución de viarias que en nada lle son fundamentais á construción do necesitado e reclamado polígono industrial.

Desde o meu punto de vista Viveiro perdeu unha oportunidade que en tempo de crise, outros rendibilizaron construíndo naves industriais en concellos de moita menor entidade e tradición industrial e comercial.
Agora en tempos de crisi anúnciase o concurso público para pór á venda as 42 parcelas que ten este parque empresarial, 30 anos tarde, mal e arrastro.
Otero Regal




Comentarios (9) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-09-2011 15:34
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal