A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

ÑOÑA, A MIÑA GATA?
Chámase Ñoña, ten 11 ou 12 anos e catro patas. Aínda que o dono da casa onde vive, que son eu, pensa que é a súa mascota, en realidade a situación é ben distinta. É que os gatos son máis listos do que pensamos nosoutros os humáns.

É curioso iso que se di que, os felinos, son mascotas de nós, os humáns. Iso ten moita graza.

E por que?, estaraste a preguntar; pénsao un momentito. Ñoña , e como Ñoña o resto dos gatos do globo, érguese á hora que lle dá a gana; ás veces, antes que a parella que paga a hipoteca da casa se esperte, e pónse a saltar sobre a cama, esixindo xogos, caricias e comida. E ollo con que non lle fagan caso, que entón dedicase a miañar, a envorcallarse sobre a cama e a afiarse as uñas no sofá.

Logo, tal e como me ergo, éncholle o prato da comida, o prato da auga, carantóñoa e incluso chego a bicala, recollo o seu lixo cunha ridícula paliña de plástico, vólvoa a carantoñar e rascar, Ñoña nunca se cansa delo, intento que salla a os xardins, ela asomase mira o tempo e si non a convence volta a entrar, e xa podes poñer unha vela a San Antoniño da Rigueira que ela non sae fora….e voume ao traballo. Cando volvo á casa, o primeiro que fago non é sacar o xersei ou os zapatos , que va, o primeiro é buscarme para levantala nos brazos,falarlle coma se Ñoña tivese gañado a Champions ou se chamase Nadal.

E se Ñoña se pon enferma... ohhh, entón a cousa toma tinguiduras dramáticas: lévamola correndo ao veterinario, déitase na súa cama entre os dous, pégamonos media noite sen poder pechar os ollos...

E todo isto, a cambio de que? De catro parvadas, que se roze contra as nosas pernas, ou rosmarnos cando lle resgan a barriga, parvadas que non custan nada a Ñoña.

Así que agora dime, amigo lector, quen é a mascota e quen o dono da casa? Pois iso digo eu...que algo similar sucede entre alguns humans, quizas por eso decia aquel cantor argentino “Pobrecito mi patrón, piensa que el pobre soy yo “
Otero Regal
Comentarios (16) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-09-2009 08:00
# Ligazón permanente a este artigo
¿CANTOS PARADOS TEMOS?
Preguntase Escolar: ¿Cantos parados hai realmente en España? Segundo a última Enquisa de Poboación Activa (EPA), no segundo trimestre deste ano eran 4.137.500. Segundo os últimos datos do Inem e doutros servizos públicos de emprego, os parados ao finalizar o mes de agosto eran 3.629.080. Aqui sucede o mesmo que a hora de contar as xentes que participan en unha manifestación,Pero, segundo sospeitan tanto o Goberno como os empresarios, son bastantes menos, mesmo moitos menos.

O pasado sábado, ante o Comité Federal do PSOE, Zapatero preguntábase en voz alta por que só 28.000 persoas solicitaron a axuda de 420 euros mensuais prevista para parados sen dereito a subsidio e sen outros ingresos, cando os supostos afectados pola medida eran dez veces máis.

Tres días antes, o mércores 16, no outro ladro da trincheira e do debate, o presidente dos empresarios andaluces, Santiago Ferreiro, contaba estupefacto ante a Xunta Directiva da CEOE que na provincia de Cádiz, a de maior índice de paro de España (o 28% da poboación activa non ten emprego, segundo as estatísticas oficiais), só pediron a axuda dos 420 euros uns 170 traballadores, cando os que en teoría teñen dereito a ela son uns 15.000.

Distintos estudos oficiais calcularon que, o pasado ano, 2008, o 23% do PIB español estaba mergullado: produción en negro, compravendas en negro e emprego en negro, sen pagar impostos.
a op parecer, e non só en Burela o "negro" esta de moda.
Comentarios (17) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-09-2009 19:51
# Ligazón permanente a este artigo
NADAL EN PASTOR DIAZ
Os comerciantes do centro das cidades e vilas de todo o estado, dende Madrid a Málaga e dende Cadiz a Viveiro están que trinan porque os respectivos Concellos de, dun día para outro, están a levantar rúas para a súa mellora, Coñezo casos de clientes meus que tiñeron que cerrar as tendas en veran xa que a rua donde se ubican pechou por as consabidas obras en Malaga, Madrid, Granada…. Quéixanse de que non é que non se lles consultase, senón que nin sequera se lles informara dos plans municipais.
Estas obras son inoportunas: non só porque está a facerse en tempada alta de compras, senón porque o pequeño comercio esta nunha profunda crise de ventas e aprecio por parte dos gobernantes e veciños.
En Viveiro empezou esta seman a levantarse a arteria comercial por excelencia, rua Pastor Diaz, donde venden perto de cen establecementos, e anunciase un prazo de 7 mese de obras, navidades incluidas, o que significara para moitos un descenso considerable de ventas.
Non entendo que para un caso como este non se pondera atopar unha empresa que en soio 3 meses fixera esta obra, a o fin e a o cabo consiste en levantar o pavimento, canalizacións, hormigonar e poñer pedra. Pois non, sete meses, como si a obra se fixera no espigon da praia, por certo a tan cacareada asociación de comerciantes do casco historico caladiña e a tragar.
O Plan E, a medida estrela do Goberno para combater o desemprego e a falta de investimento dos Concellos, creou en toda España preto de 400.000 empregos temporais. O Executivo de Rodríguez Zapatero repartiu un total de 8.000 millóns de euros entre todos os concellos co requisito de que gastasen en obra nova e contratasen traballadores desempregados.
O Plan esixía a os concello que presentasen os proxectos entre decembro e xaneiro de 2009. Ademais poñía un prazo máximo para a execución das obras: toda elas debían estar finalizadas antes do 31 de decembro deste ano.
Precisamente foi a necesidade de acelerar o proceso de presentación, adxudicación e licitación de cada obra, o que permitiu coar as «trampas» que se buscan en toda lei que se prece. Na maioría dos municipios toreáronse os proxectos, ou o que é o mesmo: as obras limitáronse a un máximo de 18.000 euros e con iso evitáronse ter que convocar un concurso público e puidéronse adxudicar directamente. ESPAÑA enteira -as súas cidades e pobos- éstan en obras. A lóxica indicaría que os nosos gobernantes actúan contra o sentir do común? Viviremos nun despotismo ilustrado no que os rexedores se atribúen saber mellor ca nós o que nos convén e polo tanto nolo pensan impoñer aínda que esteñamos en radical desacordo?
Otero Regal

Comentarios (15) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-09-2009 07:52
# Ligazón permanente a este artigo
VIVEIRO UN SITIO DISTINTO
Argallando por a rede...encontreime con un blog de unha adolescente, supoño, de Viveiro, supoño, que non ten desperdicio de o que opina da terra e das xentes, dende logo e un craro exemplo de como ela contempla a xuventude da Cidade do Landro ...non ten desperdicio....ela chamase NOAYA e o enderezo e :http://www.fotolog.com/noaya/27816419 e o titulo e VIveiro un lugar difernt...12/01/08 ¡...*viiveiiRenseS*...!!

*eL Viveirense nO es De Viveiro eS de ViveeeeerO!

*eL Viveirense nO es pijO,, soLo Que lOs de BureLa Son unOs mOntunOs!

*eL Viveirense nO se va De cOmpras,Se va a THC o KALOA a deJarse eL sueLdO deL mes!

*eL Viveirense nO va al SupermerCadO.. va aL HALEY!

*eL Viveirense nO es GalleGo...es de LUJO Y NO LO NIEJA!

*eL Viveirense JAMAS aBla GalleGo perO esque LLa os TENGO DICHO que los de VivEro sonTE muy finos oh!

*eL Viveirense nO se va a Dar una vueLta pOr aHi,se paSa La tarDe reCorriiendO La caLLe deL abajo a Ver Sii Hay alGuien nuevO en eL pueBlo a Quien Criticar!

*eL Viveirense nO va a tomar algO...va a soLuciiOnarLe La vida a Nestor ecHandO unos futBolOs!

*eL Viveirense nO queda cOn Los amiGos…queda cOn La panDiLLa!

*eL Viveirense nO se cansa... eStá Hasta lOs miSmisimOs hueVos!

*eL Viveirense nO cena... se va aLa pizzbur o a la sixties

*eL Viveirense nO va a merenDar...va a rObar a Paquita, a mary carmen, a lambetadas o a ketty.

*eL Viveirense nO Juega al futBoL... se va a ecHar unas pacHanGas cOn Los coLeGas

*eL Viveirense nO roBa...manGa!

*eL Viveirense nO se enroLLa cOn una tia...se La papa o se la JaLa!

*eL Viveirense nO tiene un coche viejo...tiene una pota!

*eL Viveirense nO tiene badenes...tiene Melchores!

*eL Viveirense nO come...jala!

*eL Viveirense nO se emborracha...se pilla una chea o cogorza del Qince!

*eL Viveirense nO se rie a carcajadas...se parte!

*eL Viveirense nO falta a clase... se va al parQe o al recreo de maestria!

*eL Viveirense nO suspende 5 asignaturas... le kedan 5!! o en su defecto falsifica las notas!!

*eL Viveirense nO escucha musica...escucha hardcore!

*eL Viveirense nO nace con un pan debajo del brazo...si no con un porro!!!

*eL Viveirense nO es una wena persona…es buen tio o un tio de puta madre!

*eL Viveirense nO esta enamorado…esta pillao o enconao!!

*eL Viveirense nO dice ola… sino… Q pasa tioooo/tiaaaaaa!!!! (y t choca las cinco)

*eL Viveirense nO tiene pendientes tiene TONELES!!!

*eL Viveirense nO viene ahora… viene en CERO DOS, CERO CINCO, O CERO COMA!

*eL Viveirense nO tiene ni viejos, ni puriles,… tiene PADRE y MADRE

*eL Viveirense nO está loco…está colgao!

*eL Viveirense nO le es infiel a su pareja… le pone los tochos o los tarros!!

*eL Viveirense nO va a dar una vuelta…se va a dar un voltio o un rule!

*eL Viveirense nO duerme…soba!

*eL Viveirense nO corre…se mete una pateada!

*eL Viveirense nO se libra… safa!

*eL Viveirense nO se cansa…se malla!

*eL Viveirense nO te cae guay.. es un crack!

*eL Viveirense nO se va de fiesta… sale de marcha!

*eL Viveirense nO se va de after se va pal gato!


.....ya se q no es viveirense q es vivariense pero se lo pasaron asi a mi hermana y no me apetecia cambiarlo...todos nos entendemos = ...yo me exe una s risas espero q vosotros tb...

...xuxiños a tos... VIveiro un lugar difernt...12/01/08 ¡...*viiveiiRenseS*...!!

Comentarios (14) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-09-2009 14:46
# Ligazón permanente a este artigo
DEFÉNDENSE COMO LEÓNS DA METRO
Nas nosas vilas e pequenas cidades, da Mariña, dánse todo tipo de personaxes. Hai os que se implican, que saltan á area, que dan a cara e están sempre no miollo do asunto; e os que participan pouco, escorren o bulto, queren pasar desapercibidos e están sempre na periferia. Analizar esta dinámica dos grupos con este esquema de centrais e periféricos resulta útil nalgunhas ocasións, como a presente.

En todos os lugares do norte de Lugo temos unha dinámica de poder, unhas xerarquías. En xeral, ser dos de arriba atrae moito máis ca ser dos de abaixo, pero arriba hai sitio para poucos e a maioría han de estar na base. Hai Vilas nos que a dinámica de poder é feroz, as bases séntense explotadas, queren saír do montón asfixiante e subir arriba. Para iso algúns apóianse nas costas doutros aos que afunden, trátase de trepar á cúspide da pirámide. Neses grupos o de arriba nunca está seguro e mentres máis altura alcance maior será a súa caída. Máis que exercer o poder detéñeno e osténtano ameazantes, porque se saben ameazados, deféndense dende arriba como o león de metro.

O poder, opino eu, é necesario. Dicir isto pode resultar molesto nunha época onde se fala continuamente de igualdade de dereitos, pero creo na necesidade das xerarquías e creo tamén que a maioría dos sistemas humanos funcionan mellor con estruturas xerárquicas. Aínda que considero os niveis de poder dun xeito moi distinto a esa pirámide maldita que se exerce por estas terras. A imaxe que vén á miña mente é a desas torres humana que vemos nas festas de Cataluña. Nos 'castillets' precísanse moitos na base e cada vez menos conforme subimos cara a arriba. Os de arriba saben que non estarían alí sen os que o suxeitan Solidariamente falando. O de arriba de todo adoita ser o máis lixeiro e o máis áxil, case sempre é un neno. Os que exercen o poder deberían ter as mans brancas e tamén a mirada limpa como a dos nenos. Non deberían esquecer que están aí para facer medrar a todos e que tan precisos como eles o son os máis numerosos que están alí, abaixo de todo, soportando con esforzo tamén a súa tarefa.

Pola miña banda e para tranquilidade de alguns que estan moi nerviosos últimamente teño que dicir que padezo de vertixe e que non podería, nin sabería subir ata arriba. Prefiro formar parte da base, nela estáse máis acompañado e non sofre un mal de alturas, depresións, complexo de inferioridade e soidade. Ademais creo que, como dicía Séneca, o home máis poderoso é o que é dono de si mesmo.
Otero Regal
Comentarios (15) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-09-2009 17:23
# Ligazón permanente a este artigo
A PEQUENA EMPRESA E QUEN NOS SACARA DA CRISE
O déficit seguira disparado, o Executivo non goberna e a oposición di tantas parvadas como o Goberno, que só nos queda subir máis impostos e endebedarnos e que desta situación só nos van sacar as empresas e non os politicos.
Son verbas de Leopoldo Abadía profesor xubilado da escola de negocios da Universidade de Navarra, que dende logo poñen un pouco de luz nesta noite espesa do mundo da economia.
Seguro que coñecen a famosa frase feita "ninguén se fixo rico traballando" e un tópico, e como tal unha mentira pois e ben seguro que traballando moitos millons de veciños nosos non se fixeron ricos, pero tamén é certo que algúns, e poderiamos poñer centos de exemplos si conseguiron facer unha empresa, xenerar riqueza parta eles, lóxico, para os seus asalariados e para a bisbarra ou vila donde se radican. O que si e certo que nadie coñecemos a un so individuo que folgazaneando, tirando de contratos e indose de baixa cada tres meses e recurrindo o paro nadie se fixo rico nin xenerou riqueza para o seu entorno.
Agora todos nos acordamos dos excesos do pasado. Agora todos lle botamos as culpas aos promotores, constructuroes e entidades financeiras, agora......, pero cando todo ía ben, o paro nos mínimos historicos, a xente tiña as súas vacacións, os nenos podian ir a clases particulares do que sexa, saías a comer os fins de semana, etc, nesas datas ninguén o criticaba. Dalgún xeito todos nos beneficiamos, ou que tire a primeira pedra aquel que non o fixese. Agora ben o importante é saber que cando as cousas están ben non o son para toda a vida, e que isto é ciclico.
Hai unha cousa clara do que di o economista navarro, dóialle a quen lle doia, a pequena empresa privada é a que nos sacara disto, por que é a que paga o soldo da maioría dos empregados e crea riqueza. As administracións cobran do que crea a empresa, e por moito que nos doia, un empresario ten que gañar diñeiro, máis ca ti, bastante máis ca ti, aínda que nos doia, por que se gaña diñeiro tu, como traballador tamén gañas, e se non, aplicate o conto e crea a túa propia empresa, por que coñezo pequenos empresarios, e eu son un deles , que crearon a súa empresa con moito traballo, sacrificio, tempo, saúde....., e a eses non lles fales de 8 h. ao día de traballo, pero claro o único que se ve é que gañan diñeiro, pero cando empezaron e as dificultades que pasan, iso non o ves. Pois aqueles que non o entendan, lles anima que crean a súa propia empresa, e que vexan mesmo todos os tramites burocráticos que te impoñen para dificultarte máis aínda, a creacción da mesma.
Otero Regal
Comentarios (11) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-09-2009 10:19
# Ligazón permanente a este artigo
NON LLES DEMOS UN CHEQUE EN BLANCO
Deixo aquí algunhas reflexións en torno á participación política nos concellos, administracions que, por certo, son as mais perto do cidadán fisicamente e mais lonxe na realidade de cada dia.
Neste país pasamos de súbditos (á ditadura) a clientes (na actual democracia), pero no medio deste andar non pasamos por cidadáns. A pesares delo e bon recordar que si nos cargamos a política e a democracia cargámonos aquilo que nos permite resolver os problemas colectivos e formular proxectos de forma compartida.
A os politicos de A Mariña seria bo recordarlles cada mañá cediño que a política non e só satisfacer aos clientes. A miúdo dende a responsabilidade política hai que dicir que non, e encontrar solucións de síntese entre os diferentes e lexítimos intereses.
Para elo combilla cabilar que cando facemos participación para decidir que facemos colectivamente, fai falta un actitude disposta ás renuncias e a encontrar un equilibrio, tendo en conta sempre que a participación ten que ser consultiva das decisións do político, pois a participación é un diálogo construtivo que contribúe a enriquecer as decisións dos políticos.
A pesar de todo esto nunca teño oído a un cliente da Administración local facendo as oportunas reclamacións de todo aquilo que prometeron e non cumpriron nos seus programas electorais ou nos comunicados, rodas de prensa e similares a que nos teñen sometidos os nosos politicos, e non entro no longo listado.
Non obstante, para ter cidadáns, fan falta unha formación e experiencia previas, e agora, despois de 31 anos de democracia, xa as temos ou deberiamos telas, e polo tanto, hai cidadáns. Non obstante, ténsenos que dar a oportunidade, ferramentas e instrumentos necesarios para levar a cabo a nosa participación de forma efectiva, é dicir, non só ter o dereito a ser consultado, senón tamén, a poder tomar parte nas decisións políticas, e para conseguir iso, hai que articular ferramentas efectivas de participación política cidadá.
Por outra parte os gobernos locais teñen que ter en conta os seus votantes, a vontade da colectividade, e escoitala. É o pobo, mediante as eleccións quen lles outorga a lexitimidade e, polo tanto o poder político, non é un cheque en branco...
Otero Regal

Comentarios (16) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-09-2009 10:29
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal