A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

VIVEIRO, CATRO ESQUINAS
VIVEIRO, CATRO ESQUINAS

¿Esquinas de Viveiro? Catro.
"En cada esquina hai un gato;
cada gato mira a tres,
¿cánta gatería é?"

Temos nova alcaldía,
socialista por máis señas;
ten as arcas pequenas,
e ademáis están vacias.

Melchor, que tanto monta,
montouse na Diputación;
alí ten o seu sillón,
sin dormirse, ¡que no e tonto!.

¿Qué nos queda a os paisanos?
quedanos o paisaxe,
-¡fermoso, mecagüental! -...
pa aplaudilo con as mans.

"¿Canta gatería é,
si en cada esquina hai un gato?"
Tocanos pagar o pato,.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-09-2008 11:46
# Ligazón permanente a este artigo
AQUÍ SON TODOS IGUAL
Deciame un bo amigo que últimamente os meus escritos rezuman desencanto por cada un dos seus poros e quizais no fondo teña razón .Comentemos o que comentemos, e hai moitas cousas que comentar, todo acaba envolto por unha sensación de mediocridade, de vulgaridade e pouca talla política, aquela que, sen lugar a dubidas, preside o comportamiento dos dirixentes políticos de A Mariña ante a que se está vindo encima.
En Viveiro, un Gobierno socialdemócrata e unha oposición conservadora parecen incapaces de liderar un proxecto ideolóxico, cada un ó seu, que, sin estridencias nin falsos mesías, trate de ofrecer algunha solución ante o periodo que nos toca vivir.
O pragmatismo mal entendido extendese, e, volvo a afirmar, que as medidas que se poñen enriba da mesa semellan mais froito dunha ocurrencia ca dun estudo concienzudo dos problemas.
E ¿Cal é o problema?
Son tantos...pero todos eles comparten unha cosa: o escenario. Estas crise económica,social, e política é propia do capitalismo.
Nestes momentos, como en outros intreshistóricos precedentes, constatamos, una vez mais, que o capitalismo non e un sistema perfecto, e que, dende logo, dista moito de ser o que os seus teóricos dicen del.
Naide alza a voz ante a destrucción da libre competencia, que pouco ten que ver no dia a dia co libre mercado, aqui, como ala , onte ou maña os cartos da administración repartense entre amigos, ou compañeiros de viaxe deses que usan a adulación como xabón lubricante.
Nas vilas mais importantes de A Mariña seique temos gobernos de esquerdas, pero, ¿Existen autenticas diferencias reais entre estes gobernos e os seus predecesores de dereitas? Materias tan importantes como o urbanismo, turismo, servicios sociais, xuventude, cultura, medio ambente son tratadas de igual xeito por Tiros ou Troianos.
Aquí fanse plantas enteiras ilegais, galiñeiros por doquier, mamotretos despois de tirar o digno eantiguo, igual que antes, non se fan pisos sociais e a xente traballa e non poden pagar as suas hipotecas.
¿A alguen lle cabe dubida de que o sistema é o culpable?, ¿De verdade non existe unha alternativa coherente, pacífica, que no ten por que ser revolucionaria?
¿Xa nos esquecemos do qué propugna a socialdemocracia ou é que nunca o soubemos?
Como diria Isaac “Os 40 anos baixo a dictadura seguen a marcar a nosa política seña esta de dereitas ou de esquerdas.”
Comentarios (15) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-09-2008 14:02
# Ligazón permanente a este artigo
SEGUIMOS ESPERANDO.......
A chegada da esquerda a Viveiro develle moito, moitisimo a o tema da circumbalacion de Viveiro , na ue Cesar aja, emperrouse en que cruzara o Val do Landro por o medio e medio e por dous sitios, a cousa paralizouse e chegouse a o Parlamento Europeo, con o cambio na Xunta entrou o raciocinio e planificouse o vial por o monte, pero.....xa pasaron 5 anos e de empezar as obras nadfa de nada, seguemos como fai 50 anos con atascos quilometricos, con esto so quero preguntar o seguinte:
*¿Para cando empezan asa obras tan cacareadas da circumbalacion?
*¿O concello pensa solicitar que se apuren as obras?
* ¿Había data de execución cando se anunciou esta obra? E si é así ¿porque non se executa?

* ¿Acaso o retraso esta premeditado?

* ¿Tan difícil é facer esa obra ?

A min que mo expliquen porque o da estrada de A Espiñeira A Castelo xa é de risa e a de Castelo a Viveiro ten toda a pinta de seguir polo mesmo camiño.
Comentarios (12) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-09-2008 10:43
# Ligazón permanente a este artigo
TURISMO SI; TURISMO NON?
Existen duas concepcións do turismo: entre os turismofòbicos, o turismo é a causa de todolos nosos males, e para os turismofílicos, que recoñecen os efectos positivos do turismo. Predomina, é loxico, a mirada crítica, todo fillo de veciño teoriza encol do turismo ideal, entre o que tende aportar mais ingresos a nosa economía e o que nos gusta a nosoutros que lóxicamente ten que ser o mellor.
Xa no mes de setembro xa se empeza a decir que o ritmo do turismo na Mariña non e o adecuado, cuestinase o modelo de praia, festa e farra que e o preferido dos nosos xestores políticos, polo que se pode apreciar.
O certo é que non se trata de buscar o mellor ou o peor turismo para a nosa bisbarra, si non de encontrar a complementariedade de todos os modelos : Turismo de calidade , turismo de masas e turismo de escapada o de fin de seman e pontes.
O turismo de calidade tende xenerar entornos e infraestructuras turísticas, paixasísticas e culturais que aporten un toque de distinción e ademais, polo menos en teoría, deixar mais ingresos que o turismo masivo, pero ten como inconvinte que a non ser de moita xente, deixa mais ingresos pero xenera menos postos de traballo
O turismo masivo e moi socializador porque é un tipo de turismo ó que pode aceder todo o mundo, é o que xenera mais postos de traballo é o que xenera mais cartos, pero a priorizar mais a cantidade que a calidade, é o responsable do desastre urbanístico das nosas vilas e da faciana costeira deste norte galego.
O turismo de escapada ou de fin de seman e pontes é o que funciona todo o ano polo tanto e complementario e aprobeita as infraestructuras dos dous anteriores , dura poucos dias, pero cada vez o utiliza mais xente que busca ofertas concretas tanto de calidade como masivo.
Todolos modelos de explotación turística teñen ventaxas e inconvintes polo que o interesante e potenciar ó máximo os efectos positivos de cada un deles e minimizar os impactos negativos.
Francamente, o turismo non ten moi boa reputación eso pode apreciarse tanto no discurso político, na literatura e nos medios de comunicación pero curiosamente, o turísmo segue a ser a via esencial das estratexias das vilas, cidades, rexions nacionalidades. É moi dificil encontrar un plan estratexico redactado dende a década dos 80 que non considere de forma mais ou menos directa a alternativa turística como un eixo estratexivo do territorio.
Do Guggenheim de Bilbao a os Caminños de Sepharad, do Taller do tempo de Lorca a museïzación do complexo industrial de RegalXunqueira, os lugares entran no xogo do turismo.
Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-09-2008 19:10
# Ligazón permanente a este artigo
OS PULPOS E OS POLVOS
O gusto polo Pulpo e, dende logo propio de toda a terra galega, dende o interior, onde non se celebra feira que se precie sin o cefalópodo como co-protagonista dun bó trato ata a costa, donde o “bicho” sacou a mais dun e de dous da terrible fame que as bisbarras de rente o mar sufriron ó largo dos séculos, para falar desto e de outras cousas, son boas as tabernas de tertulias, ali descubrimos fai tempo que os máis vellos dicían "polbo", (pooolbo), cunha ó longa, e si acaso "polpo", Falan os bellos escritos do oficio de "polbeiras". Quizabes ese complexo de inferioridade idiomatica que arrastramos por estes lares, nas relacións co mundo da feira, cos maragatos e arrieiros varios orixinaron que o nome quedara en "pulpo", que según Felipe Senen ven do latín, "polipus"= "polpo" = "pop" (en catalán) = "pulpo"= "polbo" ou polvo que soa a “polfo” en portugues do norte, que non é máis que o galego con un grado superlativo de querencias e sensualidades.
Cando estaba eu a escribir este articuliño con motivo do dia primeiro do Naseiro, adicado ó polvo, e non e que este feito quede postergado nin prohibido ós demais dias, pois Noriega Varela xa deixou dito aquelo, “FASTE NOVICIA EN VALDEFLORES E VACANTE NO NASEIRO” adicado as nenas en edade de merecer de Viveiro e bisbarra. lin nos papeis que os “pulpos teñen seis brazos ou raxos e duas pernas, Ata ahora creiase que todos os raxos eran o mesmo pero ahora seique, mirado ben a cousa catro son para a propulsion e outros catro para manipular obxetos, mira ti por donde, igualiño que os politicos do meu pobo.
Pero os estudiosos do asunto van mais alo, os bichiños teñen unha intelixencia de carallo, distinguen as cousas e ata manipulan obxetos pequerrechos como o cubo de Rubik, pese a sua intelixencia, pasalles como a un servidor non conqueriron resolver ese rompecabezas.
Pois ben, a pesares dos nomes do bicho, das suas duas pernas e seis brazos, que parecen unha deusa indú, da sua intelixencia, nosoutros os do Finisterre de Europa, seguemos a comer nel cunhas ganas e gusto que aquel amigo meu americano e veciño do Bush, ou seña de Texas nunca entenderan, nin falta que fai, non vaia a selo demo que lle collan gusto e suba o precio do polvo igual que o petroleo.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-09-2008 17:36
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal