A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

UNHA NOVA PONTE NO LANDRO
Moito se leva falado sobre os problemas de trafico enViveiro, coas continuas retencions xa históricas, fai anos se plantexou como un problema a resolver coa construcción da via rapida San Cipriao- Ferrol, e a saida natural do Val do Landro por a Gañidoira, Un elemento sopostamente “vertebrador” que sufreu cambios, para ben, según o meu entender, na sua redacion definitiva no que concerne a o pedazo que dende Celeiro vai a Arredoada, pero que parece combertirse naquelo tan manido de “?Queres que che conte o conto de Boapipa” repitido ata a estanuacion do mais pintado.
Pero unha vez a punto de solucionarse o de unha comunicación rapida por o norte co interior, segue a non ter horizonte a cominicacion de Viveiro con o outro lado da ria, Covas e carretera a Ferrol, ainda asi un non ve a posible solucion como para ser utilizada diariamrente para cruzar a ria os do concello. Ainda confiando que se fagas algun dia todo o proxecto co conseguinte gasto publico e o notable impacto medioambiental, resultara que a gran solución ao problema do trafico interno non será tal, o evidente é que as retencións seguiran no meollo de Viveiro, para cruzar a ria de forma similar a hoxe en dia donde e testigo das mesmas a xente que a diario ten que ir de Viveiro a Covas e sufre a desesperación do tempo perdido nas continuas retencións, por non falar xa do suplicio que é cruzar a vila.
Dende fai anos se esta falando de novas solucións para este eterno problema, e curioso que sempre se busquen solucións parciais que finalmente resultan insuficientes porque estan sobrepasadas xa antes da sua concepción, e peor ainda da sua construcción.
Quizás habería que facer un plantexamento mais sinxelo pero menos localista, deixarse de mirar tanto o ombrigo e levantar a vista, a solución non é outra que construir unha nova ponte que una as duas veiras da ria, quizabes fora da estreitura das actuais, partindo de Magazos, e con un trazado novo, sin ser via rapida nin nada parecido, que solucione o trafixco local e de paso dinamice unha parte considerable do territorio do Val do Landro.
Craro que unhos politicos, falo dos de antes e dos de agora, con tan poucos miolos para formalizar un Viveiro de futuro, que nin siquera son capaces de levar a cavo o que o Pepri de Viveiro dictaminou fai casi 20 anos, unha nova via por o Chamorro e ampliar e acondicionar o aceso a Viveiro que esta igual que na ideade media, chamado camiño Real, ampliandoe e dandolle unha saida acorde o trafico actual, a solucion vese brilar por a sua ausencia.

Vai sendo hora, pois que os cidadans exixan a os seus politicos, señan da raza que sexan que se plantexen unha reivindicación conxunta para reclamar oficialmente a construcción das vias que se prometeron, e de paso unha nova ponte e viales para uso local, se habilite o Camiño Vello, se construa o vial do Chamorrto e outras cousasa mais interesantes que organizar festas e romerias. Si neutros lugares de Galicia o conseguiron, por que non vamos a reclamalo aquí. Hai que empezar axiña.
Comentarios (7) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-09-2007 09:02
# Ligazón permanente a este artigo
¿DE QUEN É A PAISAXE?
Tan convencido estou da responsabilidade dos nosos Gobernantes na degradación da paisaxe (económico, social e territorial) como de que a solución a estos problemas sóio está en mans da sociedade civil, a mesma sociedade que, a través de opinións libres e publicitadas, quizais coa mesma radicalidade pero con algo menos de vehemencia da que eu poño en alguns dias, podese obligarnos a non utilizar o térmo paisaxe en van para falar “de todo na vida” sinon para exigir o control sobre o uso irresponsable dese fondo de desinterés contra o que deberían recortarse as accións humans.
Esta craro que os problemas da paisaxe son políticos e económicos, pero as solucións sólo poden ser de natureza cultural, e esta ausencia de cultura do urbanismo non é nova, é algo endémico e moi próximo á mentalidade galega quizais moi relacionada coa propiedade da terra e o minifundio isto xa orixinou no pasado unha dispersión altísima da poboación pola terra, coa excusa da adicación da terra para uso agricola salpicouse perante décadas o chan rústico de vivendas unifamiliares e alpendres ”para aperos de labranza” sen servizos adecuados.
Pero os tempos viñeron cunha xeración de novos ricos, agora a demanda residencial derivou nunha presión inmobiliaria maior que provocou a devastación xeneralizada do territorio acentuada ata extremos non vistos, esta semana contei eu vinte gruas en Barreiros, 24 en Foz, 28 en Viveiro.
Aproveitandose de planeamentos urbanísticos desfasados e co apoio de corporacións municipais tamén desfasadas e ignorantes ou directamente corruptas, deron paso á concesión de licenzas directas en terreos cualificados ilegalmente como urbanos cando non están dotados dos servizos, e moitas veces ata afastadas dos núcleos urbanos para outorgar devandita cualificación, sendo na realidade leiras destinadas a prados e outras labores agrícolas ou seudo-agrícolas, isto unido a recalificacións alegais de vastas zonas de chan rústico, zoas inundables, terreos gañados o mar ou montes, mediante pelotazos urbanísticos deu como resultado unha forma de construción totalmente anárquica, cada quen aproveita sen limite a súa parcela, burlando a lei como pode, o resultado é que non hai alineacións de fachadas, non hai rúas, non hai veirarrúas, non hai espazos verdes habilitados, non hai aparcamientos. Só se preocuparon de facer os queixos-vivendas.
O noso entorno en particular e a costa galega en xeral está plagada destes exemplos. A maioría destas novas urbanizacións e edificacións non teñen nin solucionado algo tan básico como o alcantarillado , a solucion segue a ser o vertido directamente ás praias, rios e acantilados, tamén aquí feita a lei, feita a trampa, nos proxectos asinados por arquitectos titulados presentan a maioría solucións irrisorias a base de fosas sépticas, que non son mais que enterrar temporalmente o problema, envenenar o subsuelo e finalmente ríos e rías, mar e regos e regatos.
Asi as cousas ¿Quen vai a poñer o cascabel o gato para que non nos vexemos obrigados a deixar ás xeneracións vindeiras nada mais que desfeitas urbanisticas e arquitectonicas, cemento, alquitran e desapareza a nosa autentica riqueza, o noso orgullo e razón de ser neste mundo. A paisaxe , xa saben vostedes, queridos lectores da meu pesimismo, polo que teño que decir que as miñas previsións de parar esto non son alagüeñas nin moito menos,soio a cidadania podia poñer freno a esta desgracia, pero nun pais de minifundios, donde todo fillo de veciño ten unha leira, e moi difícil que se pare de pensar que “cada leira e unha riqueza”, ou peor ainda, “cada leira e un solar”

Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-09-2007 08:35
# Ligazón permanente a este artigo
EDUCACIÖN PARA A CIDADANIA
Estiven lendo os contidos do currículo da nova Asignatura "Educación para a Cidadanía", moitos deles, por certo, xa estaban contemplados dentro dos "temas transversaes" recollidos en a LOGSE, alegrome, como cidadan, e como abó da implantación de esta valiosísima materia que xa fai un tempoque ven impartindose na maior parte dos países europeos dende Inglaterra ata Grecia, pasando por Portugal, Francia, Italia, Irlanda, Suecia, Bélxica, República Checa, Luxemburgo, Holanda, Eslovenia, Estonia, e incluso a supercatólica Polonia, e cuios contidos ainda siguense impartindo de maneira transversal en outros países como Alemania, Dinamarca, Hungría, Chipre, Noruega o Finlandia, claro que por alí non teñen este clero tramontano herdeiro dos que paseaban a franco baixo palio fai catro dias emedio.......
Comentarios (12) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-09-2007 17:38
# Ligazón permanente a este artigo
¿LUCRO CESANTE OU INCESANTE?

Unha das excusas mais socorridas dos gobernantes municipais deste norte galego para non facer cumplir a lei unha vez recoñocida ou demostrada a ilegalidade de certas obras feitas ou en proxeto e así proceder a sua demolición ou a non concesion de licencia, é a suposta indemnización por LUCRO CESANTE.
Os nosos gobernantes, supoño que ben asesorados,anticipanse xa a abogados, fiscaes e xuices, nesto semellan ser visionarios, ainda que habería que preguntarse a que se debe esta predisposición a salvarlles as temporas a certos promotores que operan ao marxe das leis.
Pero a realidade é ben diferente á versión simplista e interesada dos nosos políticos, según eles non se poden demoler as obras ilegais xa que levaría ao concello a fortes indemnizacións, nin tampouco negarlles as licencias que non foron atendidas en tempo e forma, e logo tratase de salvar a responsabilidade cidadan atorgandolles o permiso para levantar mamotretos co excusa do silencio administrativo.
Na rumoloxia cotidian moitas veces incentivada por a oposición dise aquelo de que “tiran as plantas ilegais pero ahora o concello tera que indemnizar dos perxuicos, ou Fulano demandou o concello por non concederlle a licencia e este tera que pagarlle danos e perxuicios” pero o supremo diceo craro noutras sentencias ““, debe rechazarse la petición de que se declare la responsabilidad de La Administración, en el supuesto de confirmarse la demolición de lo construido por el apelante, acordada en la sentencia apelada, demolición que, como todas las conclusiones allí sentadas, se ratifica en esta alzada, sin que ello suponga, en modo alguno, la posibilidad de acceder a la petición de responsabilidad aludida”.
Según esta sentencia o concello ainda depois de conceder unha licencia ilegal apoiada nun informe técnico en contra da normativa urbanística, non lle implicaba unha indemnización automática como nos queren facer entender interesadamente alguns politicos.
Pero poño aquí mais exemplos xa que a lexislación nestos asuntos esta moi clara, según a Ley 6/98, de 13 de abril, sobre Régimen Jurídico del Suelo y Valoraciones, no articulo 44.2 dos sopostos casos indemnizatorios “Cuando se produzca la anulación de una licencia, demora injustificada en su otorgamiento o su denegación improcedente, los perjudicados podrán reclamar de la Administración el resarcimiento de los dados y perjuicios causados, en los casos y con la concurrencia de los requisitos establecidos en las normas que regulan con carácter general dicha responsabilidad. En ningún caso habrá lugar a indemnización si existe dolo, culpa o negligencia graves imputables al perjudicado".
Este último párrafo deixa ben claras as cousas, non haberá indemnización si existe culpa, nesto estarían incluidos os erros intencionados, ou non, na documentación do proxecto presentado no concello para a concesión da licencia, xa que estos poden facilitar ao técnico municipal as chamadas "interpretacións erroneas", sobre todo si este ten unha predisposición innata a este comportamento.
Moitas veces nas documentacions presentadas por os promotores nos concellos fanse indicacións que non corresponden coa realidade fisica ou das ordenanzas, entre elas a mais significativa e a diferencia de altura entre ruas, a indicada nos planos pode ser cerca dos dous metros maior da existente na realidade, un pequeno "truco" de proxecto para conseguir sacarlle mais plantas ao edificio supoñendo que iba quedar mais enterrado, pero sin dubida algunha este "truco" queda ao descuberto na desviacións das obras realmente ejecutadas, e de esto temos craros ejemplos e esgallo en todas as localidades de A Mariña .

Visto así as cousas non están tan en contra do concello á hora de facer cumplir a lei, pode sin dubida algunha anular licencias ilegais e proceder a demolicións, sin tantas indemnizacións como afirman xa que existen moitos elementos axenos á responsabilidade da administración. Habería que saber que outros motivos hai para non facer cumplir as leis, cando a lei contempla que si finalmente o concello é responsable e ten que pagar unha parte de indemnizacións nalgún caso, que en todo caso habería que demostrar e cuantificar nun xuicio, según a lei hai unha responsabilidade do aparellador, arquitecto , inxenieiro ou tecnico municipal na emisión de informes non axustados á normativa, según esta : “La infracción o aplicación indebida de los preceptos contenidos en la presente Ley por parte del personal al servicio de las Administraciones Públicas, cuando mediare al menos negligencia grave, constituirá falta muy grave cuya responsabilidad disciplinaria se exigirá conforme a la normativa específica en la materia”. O que debería levar tamén a sancións económicas ou penales contempladas tamén no Código Penal para estes individuos.
Queda por preguntarse, ¿a que agardan os concellos de A MARIÑA? ¿porque dende logo en moitos casos estáse a incumplir a lei con total claridade. A conclusión final é que os concellos semellan mais interesados en favorecer os lucros incesantes que en cumplir coa lei e coa sua obligación cos veciños

Comentarios (10) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-09-2007 21:18
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal