A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O HOME DO MALETIN...............
O HOME DO MALETIN
Nun lugar da Mariña, nome do cal non quero lembrarme, vivía un empresario do sector do ladrillo, entendase promotor e constructor, dos de cartos no banco a esgallo e edificios feitos e a facer a montons, miola antigua, aiga potentote e corredor Una ola de algo más vaca que carneiro, lantellas os venrres, algún “marisquito” de egadididura os domingos,. Frisaba a edade do noso protagonista cos 60 anos. Era de complexión recia, seco de carnes, enjuto de rostro, gran madrugador y amigo das camiñatas. Tiña un sobrenombre, que non bamos desbelar, Pero esto importa pouco para o deenrrolo do noso conto, basta que na narración dél non salga un punto da verdade.
O noso bon home, tiña problemas con algun dos edificios que estaba a medio construir, dera alturas a esgallo sin ter enconta as normas bixentes de protección do patrimonio, cos cambios na politica a nivel local e autonomico, as cousas cambiaran un pouco e como decian os da nova troba cubana “Chegou o comandante e mandou parar”, tiña o bon home que desfacer parte do que fixera o que a nivel de cartos lle estaba a causar unha boa dor de cabeza.
Nin corto nin perezoso o noso protagonista lembrou bellos tempos e seguindo a masima de “Todo home esta no mercado….o unico que cambia entre uns e outros son os cartos que pidan”, tiña el boas e amplas experencias o respeto en tempos pasados, preparau a estratexia, pideo unha entrevista co politico de turno que el pensou podia arranxarle o problema , e o dia pactado aparecu no despacho do mandamais vestido con chaqueta e cun maletin na man, fixeronlle pasar e cando entrou saludou o politico e indicoulle que queria solucionar o entorto, e de seguido fixolle senales o politico co mao e dixolle espere, sacou de debaixo da chaqueta u folio de cartulina donde en letra ben grande podia lerse : 60.000 EUROS PARA BOSTEDE E 30.000 PARA O PARTIDO, todo elo en silencio, sin despegar os labios, desta forma non podian grabarlle, non fora o demo, que o fixeran e a cousa fora a peor, o politico quedou estupefacto, acolloado e casi lle da un patatus, cando se repuxo , alporizado berrou, saia de eiqui agora mersmo, larguese ¿Pero vostede que se cre? E outras lindezas varias, o noso home gardou o letreiro colleu o maletin e saiu como si nada.
A semana seguinte pideu outra entrevista co politico para tratar outro tema, e o politico xa pensaba que ia a voltar a insistir, pois non, chegou saudou tratao o tema en question como si a pasada semana non pasara nada. O noso home entendeu de esta forma que non todolos politicos son iguales, quizabes parecidos pero non iguales e recordaba que outros que tratara e cos que negociara ao mellor lle dirian “Dobla a proposta e despois cha falaremos fulano”. De todasa formas algunha noite de so difícil tamen lle barrexaba na cabeza a pregunta de ¿E si en vez de ofrecer 75.000 euros fora o doble ou o triple? Sempre acababa as suas meditacions co de “Si este non come habra outro que xa comera”
Un dia cando iba de andaina voltou a encontrar a aquel outro empresario, quizabes o empresario mais raro da vila, que tamen era moi andarin e co que tivera algunha conversa, e preguntoulle ¿ Ti crees que todo home ten un precio?, o interlocutor, quedouse pensando e dixolle: “Quizabes un precio non, pero si todo home ten un costo”.
Otero Regal
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-09-2006 12:29
# Ligazón permanente a este artigo
¿A COPE UNHA BENDICION DE DEUS?
LINLLE a A RANDEIRA un dia de estes que un obispo, cardenal ou monaguillo... creo que de Sevilla..que marabilla.... dixera...sin cortarse nada ...nunha entrevista na television que LA COPE Es una bendición de Dios........
Manda carallo na Habana..........ahora entendo eu o por que son ateo...entre outras cousas por que non creo no DIOS ese que promociona o obispo...tampouco nos MIRAGRES nin BENDICIONS deas quen nas dea e por suposto teño crariño que a COPE e un exponente do golpismo e estrema dereita que pululan por esata pel de toro, que lle chaman AS ESPAÑAS.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-09-2006 10:42
# Ligazón permanente a este artigo
OUROL...¿QUE APOSTAMOS?
OUROL....o concello con menos habitantes do norte de Lugo...comboca unha praza de auxiliar-tesoreiro...polo baixines..para que se enteren poucos...asi de aquela maneira....disque, dicen as malas lenguas que a cousa esta xa dada...sera a primeira tenente de alcalde...quen vera asi pagados os fabores de ser testaferros en cazicadas varias do rexidor quen a ocupe....asi ademais apartarase da silla de posible alcaldesa.....para dar paso a outra mais docil......de todas formas esto xa o contei eu eiqui fai mais de un mes .......RECORDOBOLO........

Onte foi que o fiscal xefe de Lugo esta investigando as concesions do parque eolico...solicitado polo concello e logo privatizado a Luis Castro Valdivia...cuñadisimo do Diretor xeral de industria Ramon Ordas co PP..do asunto ao parecer saliron beneficiados familiares, empresarios e politicos............como casi sempre que se fala de chanchullos.........
Esta "movida" xa ten consecuencias xa que, a que era presidente ata fai catro dias da "cousa" a tenente de alcalde de Ourol Alejandra Cal Chao, que iva a ser a candidata unha vez que Salgueiro se apartaba da poltrona municipal....xa caeu en desgracia..........eso si, eiqui os favores paganse...que carallo... vanlle sacar unha oposicion a medida no Concello de Ourol donde pasara a ser funcionaria..e outra muller, taberneira e taxista de Bravos... Melita..se chama esta vella militante do PP sera a aspirante a alcaldesa............polo menos o asunto de acarrear os votos esta facil...ela taxista en Bravos.... e casi toda a familia taxistas en Viveiro.....
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-09-2006 13:03
# Ligazón permanente a este artigo
A VOLTA COA MORTE.....................................
Xavier Mariscal co que compartin poste de venta na rua ao lado da Oca en Barcelona...el vendia unhos comics feitos en multicopista e eu trapalladas varias de ceramica.....fixo fai tempo unha experencia con unhos amigos deseñadores graficos...desafiounos a que cada un deles fixera un epitafio para o seu cadaleito.

Unha delas e ben xeitosa...........O VENTO MAREIRO, O AIRE, O SOL, AS NUBES, AS TORMENTAS, OS ARBORES, AS CUXEGAS, OS HOMES, AS MULLERES, A RISA, AS BAGOAS, AS BROMAS, O BAILE, OS ABRAZOS, O AMOR, OS HOMES, AS MULLERES, OS NENOS, OS BESOS, OS AGARIMOS, OS AMIGOS, AS FESTAS, O VIÑO, O SEXO, OS VERSOS, OS HOMES, AS MULLERES ¡QUE PUTADA ESTAR MORTA!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-09-2006 11:24
# Ligazón permanente a este artigo
A MORTE ACOLLOA...................................................
Un...que tivo uns cantos accidentes de eses que casi te vas deste mundo traidor........logo voltas...e a morte acollloa, da medo..decia o Boody Allen..(Non sei si se escribe asi)que el non tiña medo á morte...o que non queria era estar eiqui cando a morte aparecera ou sucedera....algo parecido me pasa a min..o certo tamen e que segun as miñas experiencias na materia ...ninguen quere morrer...todo dios que agarra a vida ata o fin....ou casi todo dios...eu tiven unha aboa, que un dia despois de rifar coa familia dixo que ia a morrer...subeo o carto, espeuse, puxo un refaixo e ali quedou...fixo unha folga de fame e os 12 dias morreu..................por certo na iglexa de Cordido. no altar barroco esta unha santa..A Virxe peregrina que ten un pelo loiro e largo...e o pelo da miña aboa que o cortou e fixolle unha peluca a santa cando tiña 20 anos........A morte , repito acolloa, con tanta forza que pode matarte, asi que o mellor nestes casos e votarlle humor mouro a cousa.......
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-09-2006 20:33
# Ligazón permanente a este artigo
A MARIÑA......¿QUE VQUEREMOS SER DE GRANDES?
A MARIÑA: ¿QUE QUEREMOS SER DE GRANDES?
Os politicos, sobre todo en epoca de petición de voto, non se cansan de decir que o norte de Lugo e o motor da economia provincial, e si o dicen eles , ademais da realidade mesma, debe de ser verdade, pois ben , a pesares delo seguimos a ser o rabo de Gaicia no referente a infrestructuras, faltan autovias, carreteras decentes, centros de ensino adecuados, desenrrolo do trasporte maritimo, vias ferreas adecuadas, hospitales que cubran as necesidades da poboacion, sin ter que mandar os sufridos contribuentes a facer operacions e resonancias magneticas a centros privados da capital da provincia, e falta, sobre todo sentidito comun, para de unha vez por todas teñamos craro o que queremos ser cando señamos grandes, que si turismo de masas, que si turismo de elite, que si refugallo de empresas contaminantes e suprasubencionadas, que si morada de xubilados do resto das españas, segundas vivendas e similares, que si terra de especuladores urbanisticos e paraíso do mal gusto arquitectonico e urbanistico, no no temos nada claro, nin parece que queiramolo telo, que eso e o peor do asunto, mentras tanto non somos mais que unha mezcolanza de cousas, un querer e non poder, un dixome, dixome e patecairadas.
Neste norte nordesio, non temos, ainda, un parque de bombeiros funcionando, somos unhos 85.000 habitantes, casi 100 km de franxa costeira,15 concellos, volto a repitir, somos a parte mais desenvolvida da provincia de Lugo..e a mais dinamica en sectores como a ganderia, a industria trasformadora, o mar, turismo etc, ademais poseemos a maior masa forestal de galicia..eso si de eucalipto fundamentalmente, e o que temos, pero a pesares dos precios baixos de esta madeira, se manten unha rendabilidade de unhas 100.000 pts das de antes por hectaria e ano….e sin embargo non temos bombeiros.

O peor do asunto e que dende fai unhos catro anos a zoa ariental ten o edificio construido en Barreiros, pero rifirafes entre a Diputacion e a Xunta, tanto a de antes como a de agora, imposibilitan o seu funcionamento, xa imaxinades, era un parque mancomunado que o sufragaria a Xunta, os Concellos e a Diputación, e couasa de moitos..

Esta seman o conselleiro de presidencisa veu a Viveiro a firmar un convenio para poñer en funcionamento un parque para a zoa..en principio a Xunta pon o 90% dos cartos e o resto o concellos, esperemos agora que os concellos limitrofes se apunten…que pese mais o ter un servicio imprescindibel, nos tempos que corren, que as loitas politicas, caziquis e de mirada de ombligo, dende logo xa empeza mal o asunto, Burela non sabe nin contesta, non quixo pertenecer, no seu momento a sua comarca natural e agora quedou ali, no medio, como un pedreiro, e Cervo, donde os do PP son os Holligans da bisbarra dicen que eles queren un galiñeiro para eles solos, asin non vamos a ningunha parte, ou polo menos a poucas partes, mentras tanto esperemos que polo menos no “eucaliptal occidental” deixemos de cantar aquelo de ¿Donde esta a escaleira…a mangueira donde esta?
OTERO REGAL
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-09-2006 10:52
# Ligazón permanente a este artigo
TERRA DE ESPECTATIVAS.................................
Neste nordeste da peninsula Iberica que toca de lado con os dous mares que decia o poeta...todo se nos volven espectativas....espectativas de que o do prestige non era nada...espectativas que despois do prestige eiqui ivan a atar os cans con longaninzas...espectativas de que agora que un home bo e xeneroso, traballador, loitador e sabio leva o tema do lume donde os do PP meteron a apagalo a simpatizantes e afiliados....exixianlles, din as malas lenguas que pidiran o choio co carné posto na voca...e non o de identidade sinon o da gaibota.....non arderia...expectativas de que un furacan de eses que veñen de terra de mulatas e mulatos viria e levaria de unha vez por todas a caziques e xentes de mal vivir de este norte tan sufrido e nada de nada...catro polas un ventiño mareiro e casi nada mais...os caziques xa poden ficar tranquilos......tan soio unha acacia se me foi o carallo nos xardins do pazo............

Por eso e por moitas cousas mais que deixo no tinteiro...somos unha terra de espectativas....casi sempre truncadas para ben ou para mal...quizabes o tema ou o problema este nas querencias...os de esta terra queremonos pouco,....mellor dito no no queremos nada de nada..e si un non se quere a si mesmo a quen diantres vai exixir que o queira.....un que viveu en un bon monton de sitios distintos...coñeceu nacions ou nacionalidades...non vaian a cabrearse os meus lectores mais a dereita...que si se queren...querense e protexen a sua cultura, a sua economia, o que fan as suas xentes...eiqui esas querencias brrilan pola sua ausencia....................bueno...bueno estou oxe un pouco depresivo....pero e que o das espectativas xa me ten aldraxado.............aldraxado, que fermosa palabra...
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-09-2006 16:02
# Ligazón permanente a este artigo
NON E MEU PERO ESTA CARALLUDO.....................
INCENDIARIO ERES TU O DOS FREIXOS.........

Si queres chegar a presidente da JUNTA DE LA XUNTA EN RAXOI QUE DECIA RAJOI....TELO FACIL SIGUE ESTES CONSELLIÑOS DE zero vacas....

1- Envíalles unha carta aos alcaldes do teu partido para que dificulten a formación de brigadas contra o lume. A excusa: que a contratación debe ser feita a dedo, e non por un tribunal público e aberto.

2- Cando empecen os lumes, garda as motobombas nun garaxe, pecha con chave, e tira a chave ao río.

3- Pon atrancos e máis atrancos para que avións e helicópteros de extinción non poidan coller auga nos depósitos e piscinas municipais.

4- Compra uns cantos litros de gomina e faite unha foto cunha mangueira

5- Culpa á Xunta de que moitos lumes non se apagasen a tempo, pon a funcionar os teus medios de comunicación afíns, pide unha comisión de investigación, contrata cen autobuses e organiza unha manifestación.

6- Encarga 10.000 quilos de churrasco para os manifestantes.

7- Forza a dimisión do goberno, convoca eleccións e gáñaas, empregando como principal argumento que media Galicia está queimada, que as brigadas non se formaron e que había motobombas sen utilizar. Nese momento terás conseguido o teu obxectivo. Xa es un perfecto incendiario e con un pouco de sorte cartos negros e malas mañas podes chegar a SAN CAYETANO.
Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-09-2006 10:32
# Ligazón permanente a este artigo
XA ESTOU DE VOLTA DOS MADRISSSSSSSS
Pois eso...xa estou de volta, fresco coma unha lechuga das de verdade e non das de inbernadeiro......disposto a dar caña..caña e caña cada dia....veño de obras de MADRIZZ hasta o moño..de Gallardon hasta as criadillas..e de prepotencia centrista hasta a calva de arriba.....polo demais no me queixo...vendin bastante ben..fixen negocios e veño cargado de ideas e mais ideas............vamos... cargado de pilas........fun .....ver Alatriste...que e dende logo ben triste...todo son descgraciñas o que pasa no film....eso si esta moi ben feita..parece unha producion americana...e fun o estreno de SALVADOR..o que coñecin en vida ali vin a sua hirman......pero esa e outra historia pouco contada da miña vida.....a pelicula e unha pelicula..faltaria plus e o que narra e a pura realidad que un viveu dista bastante...por certo xa formo parte da historia.......con esto de Puig Antich...........esa noite.....a da sua detencion perdin unha biblioteca...non era miña..... que se pasara de estrangis polo Pirineo...so me quedou un libro......A RELIXION O ALCANCE DE TODOS.....do 28...era parte da biblioteca da CNT. pero eso......como diria Quipling e outra historia.....
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-09-2006 13:36
# Ligazón permanente a este artigo
VOUME PARA MADRIDDDDDDDDDDD................
MARTES

Din por eiqui…NON TE CASES NIN TE EMBARQUES…Pero un esta mañaciña cedo empeza o percorrido de todolos setembros e xaneiros…que me leva a estar nos MADRLIES unha seman……vou, coma moitos galegos a buscarme a vida para min e para os empregados meus..proletarios deciase antes……vou vender o que facemos por estas terras…e nunca mellor dito…terras galegas trasformadas pola man e o lume en ceramica…vamos INTERGIF..en IFEMA..ALI 2800 EXPOSITORES..mostramos os productos que se mercan nos apartados de regalo, fogar, xoieria, bisuteria, artesania….por se alguen que votar unha parrafada estou no pabellón 4, o fondo enfrente da cafeteria….non ten perda………..tampouco somos moitos os galegos…catro e a caixa…e cada vez menos os que fabricamos e non importamos …….pero esa e outra triste historia deste pais que cada vez vamos mais a parecernos a ARXENTINA…nesas e noutras cousas………nosoutros, uso o plural mayestatico….vendemos nas duas edicions de INTERGIF un 60% do que facturamos o ano ….o que non ta nada mal……..

Asi que hasta a volta dentro de algo mais de unha seman………..ah si queredes ver o que facemos www.oteroregal.com e perdon pola publicidade…….non era intencionada…
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-09-2006 19:27
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal