A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

MALAS PERSOAS
Calificar a alguén de mala persoa é o peor que se pode dicir do próximo. Sempre me resistín a calificar a alguén como de mala persoa. Ata preferín tachalos de lerchos, pillos, bribons, rufians, pobres diaños ou calquera outro apelativo, de maior ou menor grado, en función das características e capacidade de facer dano que tivese o suxeito en cuestión. Unha mala persoa pertence a outra orde de magnitude que a do simple malicioso. Quen vive preto dunha ou varias malas persoas sabe do que son capaces porque a súa maldade impídelles ter empatía coa boa xente. Intoxican, maldín, vexan e ningunean ao próximo e non se lles move un pelo. Nin un.
Coñezo a algun espécimen desta calaña de mala persoa; alguén detestable que intimidou aos débiles no seu desespero por impoñerse sen pensar nin remotamente que o seu poder acabaría un día e que da súa persoa só quedarían os rastroxos dun ser humano depreciable. Nese ser humano descubrín o perfil dunha mala persoa en esencia; alguén que non só fai dano en beneficio propio, senón que fai dano polo propio pracer de facelo.

Ante a verdade, unha mala persoa é aquela que non ten reparo en mentir para lograr o que pretende; aquela que non ten apego algún pola verdade, sexa esta a que sexa. É alguén que só cre no dano ao próximo e non na verdade das cousas. Non ten suficiente con mentir, necesita declararse e proclamarse como sincero. Un lobo con pel de cordeiro.

Ante a vida unha mala persoa é aquela que si considera conveniente dispón das condicións que lle permite a debilidade doutro, ou de miles doutros, non se retrae en dispoñer de vidas alleas e morder con rabia. Ante a xustiza, é unha complicación innecesaria que lle sobra e moléstalle e que, en todo caso, utilízaa si benefícialle, pero ignóraa si lle importuna. Ante a liberdade unha mala persoa sufócaa e afoga. É aquela que, confundindo a liberdade cos seus desexos e proxectos, proclámaa pola mañá e restrínxea tarde e noite. Pregoaa nun lugar e négaa noutro, esíxea para uns e négaa para outros. Unha mala persoa non cre na bondade, nin sente respecto algún polo ben dos demais; só pensa no seu. É aquela que non sabendo facer outra cousa inflúe na súa contorna naqueles sobre quen ten ascendencia, alentándolles para que desenvolvan unha estrutura de maldade, e imiten e multipliquen a súa perversidad. É aquela persoa que destrúe, aquela que disgrega e separa por mor de dividir e desunir, aquela que revive resentimentos pasados, e converte calquera creación en putrefacción. Aquela que colabora directa ou remotamente en pervertir a educación con aberraciones ideolóxicas ou de calquera outro tipo, sufocando toda oportunidade dun recto crecemento da persoa. A que proclama a paz pero que busca a guerra; a que no canto de sumar, resta.

Unha mala persoa pode ser aquela que, refuxiándose tras unha mirada de aparente transparencia, esconde o rancor e o odio no sen fondo das súas falsas intencións de lobo estepario. A que, tras unha faciana amable, pode esconder unha retorta hipocresía que só busca o mal. Aquela que os seus aparentes boas formas quédanse só niso, en aparencia e en formas, sen contido de ben
A bó entendedor…………
OTERO REGAL.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-08-2013 15:21
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal