A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

TODO UN CABALEIRO DE PERO PARDO DE CELA
A o mediodia do sábado, ala por as terras do Valadouro, unha cofradía de amigos da historia, do paisaxe e do paisanaxe impoñeme os atributos de “Cabaleiro de D. Pero Pardo de Cela”.
Craro que teño antecedentes nesto de nomeamentos, fai duas decadas a “Cofradia da Alquitara de Portomarin” nomeome mebro da mesma ala nun domingo de pascua cheo de procesions, discursos , bo xantar e degustación de augardentes da ribeiras do Miño. Faciame dito honor por ter deseñado unha peciña de ceramica en homenaxe a unha fraseciña de outro Otero, esta vez co segundo de Pedrallo dentro de unha obra de teatro que facialle falar a alquitara…”eu son un cacharro de outro tempo….
Pero vamos o de hoxe, con migo seique van nomear a un conde de Fontao, veciño, teño algunha leira testando co condado e xuntos pero non revoltos loitamos para que os politicos non levaran a merda de Foz para os Montes da Aguieira de san Xulian, e vencimos.
Tamén nomean a unha escritora con fundación encol do mundo do mar e a o Rei das tartas junior….pero ¿A que devo eu esta honrra? Pois os “mandamais do asunto son un ex profesor meu Puchades e un bo amigo Suso do Bahia, cronista oficial de Foz e émbolos dous boa xente e mellares persoas, supoño eu que eso de algo valeu. E que mais? Pois poderia ser por os meus ancestros que proceden das terras de Oiran e Lagoa e o meu tatarabó era o cura da igrsiña romanica que esta o pe do castelo que as lendas mais que a historia nomearono como propio do Mariscal. Sorprendidos? A miña tataraboa era a criada do señor cura e por mor dos pecados da carne, supoño quedou preñada, o bispo de Mondoñedo, non veu ven tal asunto carnal e buscaron unha solucion casar a miña tataraboa con un viudo de Fazouro, alí criou e viveu casi cen anos a miña visaboa Rosa do Pero.
Algunha outra razón para tal nomeamento? Pois un que naceu en casa allea e mais pobre que unha araña, a o largo dos anos chegou a ter un Pazo, o da Trave en Galdo, que perteneceu como o coto a os Vivero, Enrique terceiro mercou o Coto de Galdo o bispo de Mondoñedo para o seu contador e notario Juan Perez de Vivero, este morto por as malas mañas do Condestable de Castela Alvaro de Luna, deixaou en descendencia a o seu fillo e primeiro Vizconde de Altamira cuia descendencia manteno ata a sua desaparición a primeiros do seculo IXX. Pero Pardo de Cela que tivo propiedades, ainda existentes no lugar de Carballo de Galdo foi Merino dos Vivero en galdo e a bo seguro estivo na torre defensiva da Trave que despois foi Pazo, asi que as nosas pasadas coincidirón en lugar pero non no tempo.
Quizabes tamen se tivo en conta o meu nacemento en Nois, Sion ao revés, pero esta e outra historia, pois como administrados de os bens do obispado Pero Pardo de Cela foi merino deste coto que se estendia por Cordido, Moucide, Cangas, Burela e Fazouro.
Tamen existe outro vinculo moi curioso entre a miña humilde persoa e D. Pero Pardo de Cela. No resto do archivo do Convento Dominico de Viveiro existe un documento no que exerce como testigo o propio padre de Pero Pardo: Xoán Nunes Pardo , que o parecer era da zoa das Mariñas de Betanzos, e en outro fala do enterro do mismo no citado combento dominico.
Cando a Desamortización de Mendizábal en Viveiro tirouse o Convento dos Donincos, sendo alcalde Garcia Doriga que era o propietario da Curtiduría de Xunqueira, este aproveitou as pedras do claustro para facer a ampliación da curtiduría e recheou a zoa central, hoxe xardins con restos do interior da igrexa donica donde enterraban as xentes ricas da bisbarra, esa curtiduría e hoxe, unha vez restaurada, RegalXunqueira, e cando fixemos as obras e tivemos que escabar nos xardins apareceron centos de osos humans, a o primeiro creimos que era un enterramiento clandestino e ligado a un crime pero logo decatamonos de que eran os osos dos ricos que poblaron o alfoz de Viveiro e ali seguen, asi que con un pouco de suerte os restos dos osos de o pai do Mariscal estan no meu xardin , hoxe bautizado como o Souto da escultura en Regal Xunqueira.
E Pero Pardo de Cela home controvertido na historia, unhos poñeno como heroe outros como villano eu vou apostar por o primeiro, xa que ahora son un dos seus cabaleiros.
De min a trista Frouseira
Que por treizon soi vendida
Derribada na riveira
Ca xamais se veu vencida.

Por treizon tamen venderon
Xesus noso redentor
E por aquestes tredores
Pedro Pardo meu señor

Foi Pero Pardo de Cela Rodríguez de Aguiar e Ribadeneyra defensor de Galicia ante a chegada dos reises tramposos que usurparón o poder lexitimo da filla do rei, Pero Pardo xunto coa nobleza galega foi partidario da lexitima chamada A Beltranexa, loitador en contra do que aqueles reises denominaron “Doma e castración de Galicia”, que entre outras moitas cousas trouxo consigo que as capas mais sobresaentes do crero tuveran que ser casatelans, proiveuse o idioma galego nas escrituras e os funcionarios e cargos politicos foron castelans, arrancaronse os olivos das riveiras do Sil, deixouse a Galicia sin representación nas Cortes de Castela entre outros “favores que os galegos devemos a aqueles reises usurpadores que pasaron a hisrtoria como catolicos. E contra esto din algunhos que etivo Pero Pardo, e como sempre “A livertade pagase senpre moi cara” e el pagouna con a cabeza separada do corpo baixando a tumbos por as lastras de Mondoñedo.
Os galegos daquela época viron a chegada de fortes impostos para os gastos da monarquía e a irmandade .
Na miña opinión é importante a figura do mariscal na historia de Galicia porque simboliza o fin da idade media galega. Xa se que hai moito de mito na chamada polos cronistas reais “doma e castración do reino de Galicia”, pero é que esta frase non foi inventada e dixérona desde fóra de Galicia e Fernando o católico definía aos galegos como “xentes rudas e feroces.
Por ultimo Fun o diccionario e busqueira o de CABALEIRO e saeume: Que cabalga ou anda da cabalo, enton eu non son merecerte de tal titulo, pois non ando en cuadrupedo ninguen nin teño carnet de tal condución, sego lendo e di: Que se comporta nobre e cortésmente: Bueno algo sae ben, un por o menos intentao.
Persoa notable: bueno eu preferia un sobresaente, pero con tempos que corren, tampouco vamos pedir moito.
Pertenecente é un club social moi elitista onde só admiten cabaleiros., home eu tamen quixera que ouvera mulleres no asunto, non teño nada en contra dos homes soios pero mezclados con mulleres a cousa funciona mas deshaogadamente.
Cabaleiro andante Nos libros de cabalerías, personaxe que busca aventuras para demostrar a súa heroísmo e conquistar á súa dama:
a maior aspiración de don Quixote era emular aos cabaleiros andantes.
O que loita en favor de causas nobres: ou en defensa dos dereitos humans converteno nun cabaleiro andante. Esta ultima pareceme ben a o fin e o cabo un sempre foi por a vida de Quixote e topeime con mais de unha pala de muiño de vento que me esnaquizou o fuciño moral e fisicamente, pero aquí sego, dando guerra e ahora co titulo de cabaleiro o lombo.
Otero Regal

Comentarios (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-08-2012 21:00
# Ligazón permanente a este artigo
PERMITAME...CON DIGNIDADE
Pódente ferir onde máis doen as feridas, pódente traizoar aqueles por os que fai tempo deses a vida, pódente facer tambalear cun par de golpes inesperados; pero ninguén logrará vencerte se no máis fondo do teu ser estás a salvo e orgulloso da túa honradez e de cada un dos teus pasos. Realmente non vén á vida a gañar ou a perder, pero convén que os que malvenden a dignidade ou recorren ao dano saiban que xamais gañarán ningunha batalla. Mentres poidate seguir mirando no espello cada mañá estarás a salvo. Dá o mesmo que o día estea nubrado ou que non vexas saídas por ningunha parte. A túa propia bondade irá abrindo carreiros onde menos os imaxinas.
Permítame, pois, alzar a voz. Permítame saír á rúa. Permítame protestar polo que considero inxusto e reivindicar o que creo que me pertence. Permítame defender aos que peor o están pasando, e non aos que se están beneficiando. Permítame crer que neste momento non teño outra forma de protesta máis útil que a loita pacífica e que quedarme en casa non só non serve de nada, senón que ademais faime sentirme inmóbil, pouco involucrado, e ata insolidario. Permítame pensar que non teño que pagar unha crise que crearon ELES, e que as medidas que se adoptan non deben ir na súa maioría contra os que peor están. Permítame dicirlles que co meu diñeiro non rescatarán bancos que xogaron moi cocho, e que non contribuirei a pagar as indemnizacións millonarias dos seus directivos. Permítame pensar que o Senado é inútil, e os seus gastos insostibles. Permítame dicirlles que aquí sobran políticos, e que é de aí de onde hai que recortar, nin de sanidade, nin de educación. Permítame recordarlles que a miña familia traballou duro toda a súa vida para que agora, pola súa corrupta xestión, perigen ata as súas pensións ou non lles cheguen nin para o máis básico. Permítame dicirlles que outra España é posible, que se a Pantoja vai ao banco, Cristina de Borbón tamén é cidadá dun país no que se supón que a xustiza é igual para todos. Permítame sentir que con unidade todo conséguese, porque me remito aos feitos, á historia. Permítame crer que se me quedo en casa non contribuirei a nada, e non farei máis que aceptar todo o que nos impoñan e admitir que os máis débiles caerán porque no futuro temos que saír de todo isto aínda que lles deixemos no camiño. Permítame defenderme da agresión, porque se non mo permite, defendereime de igual forma.
Otero Regal
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-08-2012 10:06
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal