A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

PROMESAS INCUMPLIDAS
Os nosos políticos están asediados. E confusos. Non hai resposta política ás dúas grandes forzas que están cambiando o mundo: os mercados e os cidadáns. Ambos teñen en común a súa evolución cara a un funcionamento á marxe da democracia formal e do poder do estado grazas a un novo sistema operativo público onde se desenvolven novas ferramentas económicas, sociais e tecnolóxicas. A partitocracia e os poderes públicos son cada vez menos eficaces para responder aos desafíos e demandas dos governados.

Tamen aquí, a nivel local vivimos unha crise de liderado e de eficacia da política fronte a crisi que instaura as súas propias regras e a uns cidadáns unidos por tecnoloxías e intereses concretos originando novas tribos hastiadas de non atopar na democracia a resposta ás súas demandas e ilusións, cando os cen dias de rigor estan xa a chegar, despois de que PSOE e BNG firmaran un documento de cinco folios con o rimbombante título de “O PACTO PARA A GOBERNACIÓN DE VIVEIRO” que, por certo esta cheo de obviedades a mais non poder e de verdades de Perogrullo, queremos traer aquí o que un cree que e o máis importante do documento, que, por certo esta na ultima folla do asunto e que trata do “vil diñeiro” que decia o poeta.
“Elaborarase na presente anualidade (2011) con data anterior ao 30 de outubro, unha auditoria externa e interna de estado das contas do Concello de Viveiro dende o ejercicio de 1998”.
Poisa inda non sabemos nada dos preliminares do asunto, nin convocatoria e concurso da empresa externa que fará esta auditoría nin gaitas, e queda pouco tempo para unha laboura tan difícil: Escudriñar as nefastas xestions económicas de Cesar Aja e Melchor Roel como alcaldes.
Ainda que este punto e moi importante o meu preferido e este: “Elaborarase o orzamento municipal do presente ejercicio con data de aprobación anterior ao 31 de agosto do presente ano 2011”.
Aquí xa non temos disculpa, primeiro incumplimento, e o mais grabe da actual corporación, de Roel, xa o tiñamos craro, el e o seu escudeiro Rafael Amor foron incapaces de facer mais alo de tres presupostos en 8 anos de goberno, pero as promesas señores do BNG estan para cumplilase en vez de comisions de romaxes do bó xantar, procesions e outras gargalladas ustedes estaban obrigadsos a forzar a Roel a elaborar esas contas antes do 31.
Espero pois que como malos estudiantes, eu era un deles, aproben esta sinatura pendente no mes de Setembro e tamen aquel outro apartado que di “Elaborarase un Plan de Saneamento Económico 2012-2016, que incluirá un plan de pagos a proveedores”.
Otero Regal

Comentarios (13) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-08-2011 10:21
# Ligazón permanente a este artigo
POIS..... FALEMOS DO LADRILLO
POIS FALEMOS DO LADRILLO
Cando día si e día tamen, os papeis falan do sucedido con a era do ladrillo en Barreiros, non perdamos de vista que a Lei 6/1998, de 13 de abril, sobre Réxime do Chan e Valoracións promovida polo goberno de Aznar, converteu España nun solar edificable esperarando conseguir, con iso, un drástico aumento da oferta de chan, o que, segundo asegurou o ministro e casi paisano Arias-Salgado, deberíase traducir a medio prazo nunha redución do prezo do chan e, xa que logo, da vivenda.
Velaquí o comezo da burbulla inmobiliaria, promocións disparatadas, a febre do ladrillo, agresións ambientais, a especulación e a oferta de emprego superlativa para man de obra non cualificada ou especializada en construción e accesorios. O que hoxe se traduce na maior parte dos millóns de parados.

Se á picada da burbulla engadimos a pésima administración e o malgaste dos recursos practicada sistematicamente por algúns gobernantes no que pomposamente denominan investimentos, atopámonos como agora estamos.

Aeroporto de Castelló, 151 millóns de euros, sen avións nin viaxeiros e un custo de mantemento duns 6 millóns de euros anuais, adornado cunha escultura en bronce de 24 metros e 300.000 euros de custo do ególatra Carlos Fabra.

No medio da encrucillada económica en que nos atopamos sae á luz que Renfe suprime o AVE manchego (Toledo-Albacete e Toledo-Cuenca), porque entre os dous transportan 16 (9 e 7) viaxeiros de media diaria e ten un custo de mantemento de 18.000 euros ao día.

En Castela e León, xa teñen aeroporto en Burgos, León, Salamanca e Valladolid, entre todos suman voos a 15 destinos e un total de 138.000 pasaxeiros entre xullo e agosto do pasado ano. A isto chámano desenvolvemento de infraestruturas na Comunidade Como saen as contas?
Aquí en Galicia temos tres universidades e catro campus para un poboacion de menos de tres millons de habitantes e baixando, tres aeroportos, Cidades de cultura e casas do mesmo sin xeito nin contidos…

Ningún político quere perder baza nin votos, e baixo a pretensión de lograr o mellor para os seus concidadáns ignora o interese xeral, encarga un estudo económico favorable e presiona a quen competa para saírse pola tangente con algunha macroinversión que a longo prazo resulta tomar o aspecto de malversación. É dicir, destinar fondos públicos a fins alleos á súa función, o que se atopa contemplado e penado como delito no Código Penal .

Pero volvemos de novo á capacidade de fiscalización, Quen valora se un investimento é oportuna? Tan só a decencia, a ética e o bo facer dun político-xestor íntegro e a intelixencia crítica dun cidadán informado. ?
Otero Regal
Comentarios (11) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-08-2011 10:16
# Ligazón permanente a este artigo
TAMÉN TEMOS BOAS XENTES
Se comparamos a mocidade de hoxe coa do final da dictadura e comenzo da democracia veremos grandes diferenzas. A de entón estaba afeita á escaseza, ao sacrificio, a ter poucas liberdades. A de hoxe é a da gratificación instantánea, a que só confía en si mesma, a que pensaba que o ía a ter todo , que era parte de un pais rico e a vida ía a ter fácil.

O esforzo e ilusión dos mozos daquela época do estreo da democracia de entón viuse recompensado nun aumento da súa riqueza e das súas liberdades. Pero os mozos de hoxe non terán tanta sorte. Se a recesión non acaba axiña, que salarios terán cando lles toque ser a locomotora do gasto? Non terían as oportunidades laborais que os seus maiores tiveron e así, a súa experiencia, coñecementos e produtividade será pequenexa. Despois, o rápido aínda que silencioso envellecemento da nosa poboación empeorará as cousas. Os mozos dirannos que lles deixamos un pais sen futuro, e que eles non van pagar as nosas pensións.

As manifestacións e algaradas de hoxe son unha chamada de atención máis aos culpables da situación actual na que todos os cidadans tamén temos algo de culpa, aínda que desde logo non son soio os mozos os responsables da crise.

Pero a sociedade civil debe tamén manifestarse no seu interior. Ortega escribía que «unha nación é unha masa humana organizada, estruturada por unha minoría de individuos selectos» e tamén que «nun país onde a masa é incapaz de humildade, entusiasmo e adoración ao superior danse todas as probabilidades para que os únicos escritores influentes sexan os máis vulgares; é dicir, os máis facilmente asimilables; é dicir, os máis rematadamente imbéciles». Se Ortega escribise España invertebrada hoxe, penso que a «escritores» engadiría guionistas e directores de telelixo. Así que me pregunto se non perderiamos a «humildade, entusiasmo e adoración ao superior».

Indignarse cos políticos non é suficiente. Hai que indignarse cun mesmo. Hai que buscar aos selectos e hai que encumbrarlos á política, á escola, á empresa, á cultura. Non podemos seguir tendo os peores politicos do mundo, os mais perralleiros, virachaquetas, corruptos e iñorantes de todo Europa.
Este pais ten xente honrrada, preparada, o que non quer ter un titulito firmado por o rei, os titulos non serven para nada sin a demostracion do que un sabe e por en exercicio. Eu estou convencidísimo de que o estado español, o pais galego , A Mariña, e cada un dos nosos concellos ten xente boa, xenerosa e valida por milleiros.
Otero Regal

Comentarios (11) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-08-2011 12:01
# Ligazón permanente a este artigo
XENTE DE IDEAS
Recordo ter ideas durante toda a miña vida, algunhas máis importantes e útiles que outras, pero ideas a final de contas das que vivin e vivo nestes ultimo medio siglo longo. En realidade, todo o mundo ten ideas, non é nada estraño nos membros da nosa especie. Pero de onde sae o concepto de propiedade dunha idea?

Se miramos por exemplo, o descubrimento do lume, é moi posible que fose algo paralelo en moitas tribos distintas, que non tiñan contacto entre elas. Polo tanto, en realidade, unha idea, un mesmo concepto, pode ter varios propietarios. Porque a marxe temporal non é unha escusa, é dicir, o feito de que X nacese 500 anos antes que eu non lle dá dereito a dicir que unha idea que eu tamén tiven é súa... ou quizais si? Se agora unha persoa do terceiro mundo chegase aquí coa teoría dos reflejos metalicos ou a carbonación en ceramica, o mundo pensaría que simplemente plaxiara a idea o que, en definitiva, tampouco importa porque xa alguén o “descubriu” fai anos. Pero esa persoa en realidade non o plaxiara de ningunha outra, simplemente estudando pola súa conta desenvolveu a mesma teoría cunha dimensión temporal distinta. Claro, o primeiro que chega é o que leva o pastel e non queda nada para os seguintes.

Pero seica non falamos dun mérito parecido en ambos os casos? poida que o primeiro descubridor fose o primeiro na historia en dar constancia das súas ideas, pero quizais anos atrás moitas outras persoas xa tiveran as mesmas ideas só que non as deron a coñecer. Importa máis ser o primeiro en pensar unha idea? nin se queira iso, en realidade o que importa é o primeiro que a dá a coñecer. E coidado, non salgas ao mundo cunha idea propia que se parece á doutra persoa, porque enseguida serás acusado de ladrón ou algo peor, o cal non deixa de ser curioso cando todas as persoas, todas, inspíranse noutras ideas para obter as súas.

E é que estamos teimudos nisto da propiedade dunha idea, cando realmente non a podemos posuír, porque simplemente unha idea, unha forma, como tal, non é nada. Se non aplicas esa idea, se non a contas, se non lle dás un uso practico, unha idea só é unha palabra, frase ou imaxe na túa cabeza, nada máis. Mellor aínda, de que che vale ter propiedade dunha idea á que non sacas ningún beneficio porque se morre de noxo na túa cabeza? quizais se outra persoa tivese a mesma idea sacaría moito mellor partido, pero non, como a idea é túa, iso non é tolerable.
A cuestión é que a fonte de inspiración máis grande que tivemos nunca, é sen dúbida a natureza. A natureza proporcionounos ferramentas, desde as máis básicas ás máis modernas e complexas, motivos artísticos, cores, ideas, inspiración, creatividade...

Así que, ao final, resulta que só somos capaces de moldear algo que xa existe para convertelo noutra cousa distinta, pero non podemos sacar algo da nada, ¿todo é unha copia, doutra copia, doutra copia...?
Otero Regal

Comentarios (16) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-08-2011 10:25
# Ligazón permanente a este artigo
POLTRONA POLITICA
Que terá a poltrona en politica?. o mesmo que en todos os foros de poder pero coa agravante, para os ocupantes do valor engadido da impunidade, impunidade por ter compañeiros de viaxe que se amparan nos votos, votos que á súa vez en ocasións, como lles eliximos, non nos permite ver a realidade e ademas hai que contar coa inclinación terá o regulador correspondente.

Traigo hoxe este tema aquí por os moitos politicos que dia si e dia tamén dan un noxento exemplo do que lles costa deixar o seu carguito oficial, do amarrados que se sinten a el, de cómo sufren e incluso collen depresións de cura psiquiatritica cando o perden, e non falo, como seria a moda só do señor Camps e do xeito que se estivo a aferrar ao cargo sen pensar no dano que podía facer ao seu Partido, compañeiros e sobre todo aos seus votantes e á credibilidade dos politicos españois.
Pero como este señor témolos arreo por a Mariña, ¿Cantos alcaldes viron vostedes dimitir, ¿Cantos concellais?Ex emplos témolos a montóns, Barreiros e as 3000 vivendas, urbanismo que casi nos asoballa a paisaxe e o paisanaxe dende Viñedo a Ribadeo.

Parece que empenza a ser hora de cambiar o discurso e comezar a ser coherentes, en politica como a esposa do Cesar, non só hai que ser honrado, hai que parecelo e vostedes selo serao, non serei eu quen lles niege a presunción de inocencia, pero parecelo non o parecen. Por iso botamos os curritos da pé en falta as dimisións por coherencia e hixiene democrática.

Prexuízos para meter a todos ao mesmo saco, a verdade que un remata dubidando ata de se mesmo, por iso o prexuízo se produce, porque estas situacións erosionan os alicerces básicos e nos deixan en ocasións sen capacidade de desposta.
Otero Regal



Comentarios (15) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-08-2011 08:40
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal