A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

CONFIDENCIAL DO NORTE DE LUGO
CONFIDENCIAL DO NORTE DE LUGO este e un blog recen saido o mercado, dende aqui recomendoe...asi empezan:
¿Qué son os confidenciaes ?
O "confidencial" é un xénero xornalístico próximo á crónica e normalmente de carácter político ou económico que se caracteriza polo feito de que o propio xornalista asume o carácter de fonte, dando cobertura grazas á súa credibilidade e prestixio, ás fontes orixinais que desexan permanecer ocultas e que se manifestan mediante "confidencias".

Aínda que o primeiro soporte dos confidenciais foi o papel, é a Rede a que contribúe a que o xénero tome carta de natureza como medio. Na actualidade, a denominación de confidenciais fai referencia maiormente a medios xornalísticos só dixitais que abordan parcelas da realidade pouco tratadas polos medios convencionais, ou ben temas de dominio público con fontes exclusivas.
Hoxe empezamos un andar novo con este CONFIDENCIAL DO NORTE DE LUGO donde iremos engadindo noticias, ruxes-ruxes, dimes e diretes dos que a prensa escrita non fala, ben por que non as sabe ou por que non quere.
Estamos pois esperando esas noticias que na actualidade so se saben por a combersa de taberna, sei que son moitas nosoutros as poñeremos aqui, sin pelos na lengua, ¡PROMETIDO!
http://www.blogoteca.com/xunqueira/index.php
Comentarios (14) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-08-2009 09:52
# Ligazón permanente a este artigo
A OPOSICION NECESARIA EN VIVEIRO
Calquer goberno que exerza sin oposición, sexa este local, comarcal provincial autonomico ou nacional e unha ameza para a democracia.
O que esta a suceder en Viveiro co exercicio da oposición por parte da mayoría dos concelleiros do PP fainos reflesionar sobre o funcionamento reral do goberno encabezado por Melchor Roel.
Este, libre de un desafio eficaz por parte da oposición embarranca continuamente na autocomplacencia, na corrupción e no autoritarismo. Para o cidadán concienciado con o presente e futuro de Viveiro unha auténtica democracia madura no gobernamento do concello e aquela onde os cidadáns contan con dous tipos de politicos, os que gobernan e a oposición que quere ser goberno.
Aquí a cousa parece que ainda esta a procura deste logro democrático, nunca dende a chegada da democracia a os concellos, sucedeo cando gobernaba UCD, nos largos anos de o PP e segue a suceder agora, como xustificación desta actitude só nos queda a desposta de que e mais comoda e tranquila para os grupos e concelleiros que non gobernan, pois exercer a oposición, controlar os feitos e as desfeitas de quen goberna e duro, desagradecido e fai falla moito tempo e vagar. Xa o decia un politico gallego zorro donde os houvera “O goberno desgasta …a quen non o ten”.
A síndrome da perpetiudade no poder, o populismo e os supostos dereitos dos que ostentan o poder están tan arraigados entre a xente que só os terremotos históricos son capaces de modificar á opinión pública.
Estou farto de escoitar por aí que a lexislación española é das máis completas que existen. Considera todos os casos e todas as circunstancias. Pero non se cumpre. Non se cumpre porque non hai quen míre polo seu cumprimento. Pedir ao PP que vixíe ao PSOE cando goberna é como pedir á Pepsi que vixíe á Coca Cola... o máis normal é que, ou ben se tiren os trastes á cabeza polos motivos máis nimios, ou ben se poñan de acordo entre eles e que, salvo en casos demasiado flagrantes, se fagan favores mutuos, que beneficien a ambos os dous (hoxe por ti, mañá por min).
Otero Regal
Comentarios (20) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-08-2009 10:58
# Ligazón permanente a este artigo
AS DUAS “PATAS” DO PP DE VIVEIRO
Contan estes tempos en Viveiro que o PP lolcal está dividido en dúas patas, unha e “o PP do Pata de Celeiro”, alcume do número dous de Leal, formado por cinco concellais, e a outra parte son os do” PP da pata negra”, formado polo concellal Celestino a senadora Gueimunde, e a executiva o completo liderada polo omnipresente Cesar Aja.
A cousa, como xa anunciamos fai meses neste “pulpito” dominical está que arde, tanto que a celebración do éxito do PP nas eleccións europeas fíxose por separado, os pata negra na sede do partido no camiño vello, os de Leal no Carlos uve, donde din que el ten parte do negocio.
A pelea dialéctica que se está a vivir a diario entre as duas “patas” do PP de Viveiro pon negro sobre branco nunha questión que se vía vir de lonxe: o pesimismo dos populares ante as próximas eleccións municipais e o cómodo que resulta deixar de facer oposición municipal a pesar de que a xestion do PSOE non ten por donde collerse, e ademais cheira que agafa e non so por o sumideiro roto que manda todo o refugallo para a praia de Covas e ria.
Fontes próximas á partido cren que a "Leal lle perdeu o respecto a Aja" e que iso non é bo para as expectativas electorais do PP: "Que Aja tivese que saír á palestra para dicir e facer cousas diferentes das que manteñen nos plenos os concellais electos e malo, e situa a Leal e os seus no papel de perdedores".
Asi as cousas, Leal négase a abandonar o cargo na Diputacion a favor do alcalde de Vicedo, ameaza con pasar el e os seus, 5 concellais a o grupo mixto no concello, asi o PP so seguiria con dous.
Nas últimas horas, ademais, o alboroto interno do Partido Popular continuou cunha sucesión de declaracións, réplicas e contrarréplicas. O último en sumarse a tan particular xogo dialéctico foron o concellal Pardo Gato quen indicou que “O PP deberia de integrar a todas as corrientes se quere aumentar as cuotas de presencia entre a poboación e acusou o comité local do PP de “ estar con dous concellais e non cos sete, “ A cinco nos teñen demonizado”
Pola súa parte o número dous de Cesar Aja e portavoz da comité local Javier Illan criticou as "declaracións desafortunadas" “dalgúns compañeiros" de partido sobre questións "que non interesan a ninguén máis ca a eles" e reinvindicou unha auténtica oposición no concello de Viveiro a un goberno que está de capa caida.
Otero Regal





Comentarios (53) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-08-2009 13:32
# Ligazón permanente a este artigo
XOGO DA OCA DE VERAN
A maioría dos nosos veciños non se desprazan en vacacións ou o fan por moi poucos días. Veraneamos maiormente na casa. E non por cuestións culturais, senón do vil diñeiro tamén chamadas económicas. A pesar diso, os papeis dia a dia publican enquisas donde nos dicen que nestes dias dispáranse as taxas de divorcio, as depresións e as síndromes. Parecería que non sabemos estar con nós mesmos e cos nosos, sen nada que facer, tumbados á bartola.
Ese baleiro, non o enche a televisión nin as tropecentas cañas ou viños que nos votamos o garete, eu hoxe propoño outro lecer: Debater de forma civilizada, e unha agradable maneira de pasar o tempo, xa sei que a nosa historia encheunos de reticencias a pensar, discutir e rascarnos os miolos, pero quizabes por iso e hora de desarnarnos e eu suxírolles algunhas reflexións.

Equivoqueime moitas veces ao longo da miña vida. En varias cousas, pero sobre todo en análises sobre o que vai pasar. Anticipeime a vaticinar a crise da construcción, e tardou en chegar, penséis que a enchente de trepas e xentes de mal vivir nas primeiras listas electorais da democracia era consecuencia da falta de experiencia e cultura, e despos de casi 40 anos seguen o mesmo estilo de politicos mangoneando a nosa vida e futuro. Tamén acertei ás veces. Pero en ambos os casos, son capaz de razoar a miña postura, e mesmo, de explicar despois os por qués da equivocación.

A política está a cambiar moito nos últimos tempos. Sobre todo, a maneira de facela. En todo o mundo. é a posmodernidad. O fin dos grandes relatos da historia, o papel da televisión, os cambios nos medios de comunicación, os propios cambios sociais, a tendencia crecente aos hiperliderazgos, a ausencia de rendición de contas (case nada dura na escena política máis duns días e esquécese) etc, son alteracións profundas que non se onde nos van a levar.

Non se, pero me parece que para pensar un intre durante as vacacións e falalo cos amigos, xa vai ben por hoxe. Eu tamén me tomarei un descanso a final de mes ou polo menos cambiarei de actividade, seguirei cada seman, mentres o corpo aguante e os xefes o permitan aquí cada domingo Até a volta, e por favor, prudencia na estrada.

Otero Regal
Comentarios (11) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-08-2009 14:48
# Ligazón permanente a este artigo
EN BUSCA DO MIRLO BRANCO PARA VIVEIRO
Como di a canción,o verán xa chegou e co os problemas que de por si xa ten o concellol multiplícanse por mil. Faltan aparcadoiros, estradas saturadas, praias mellor nin falar. O saneamento verquendo toda a merda do concello xusto a entrada do peirao de Celeiro e, por mor das mareas, enchendo ria, peirao e humedal dos cheiros e detritos flotantes de toda a bisbarra.

Claro que todo isto non vén deste ano, nin do pasado, e, mais ben o resultado da época da desidia, do abandono, do deixar facer, de unha época negra de Viveiro en que o único importante era construír e construir,sin importarlles nada se os servizos que posuía o pobo e as posibilidades reais de crecemento deste pobo ían en consonancia con ese crecemento desmedido.

Eu pregúntome,que tería sido deste pobo se en vez de crear zonas masificadas como Cantarrana se costruiran urbanizacións con ruas anchas, zoas verdes, poucas alturas e ben ventiladas , casa adosadas, chales de luxo con amplas parcelas,donde tivese vido un turismo de alto poder adquisitivo. Turismo cada vez máis escaso en Viveiro.

En moitos concelllos de caracteristicas similares a Viveiro apostouse polo turismo do golf, e iso trouxolles moita riqueza. Sabido é que o turista que vén a xogar ao golf é dos que mais gasta por día de estanza. Aquí, por o contrario construimos un xeriatrico en primeira liña de praia. É verdade que a intelixencia e bon raciocinio dos nosos politicos é un ben escaso,pero hai que recordar á xente que no seu día xestiono o noso pobo durante tanto anos que un pobo que quere estar á cabeza da modernidade sabe xestionar os seus recursos.

Non é momento de seguir lamentándose e de seguir chorando polo que poderia haber sido e non foi, pola contra é o momento de comenzar a mirar ao futuro,pero este futuro empeza polo cambio. O cambio na política e nos político que foron, son e poden ser no concello das ribeiras do Landro.

Dende a chegada da democracia os concellos, foron casi media ducia de viveireses os que nas súas mans puxemos a responsabilidade de liderarnos ,pero por acenos da democracia perdimos o carro os bois e os xugos e no nos foi nada ben no mercado da politica. Agora que quedan menos de dous anos para volver votar é o momento de empezar a traballar todos os que creemos que Viveiro merece outros gobernantes, mais honrrados, mais traballadores, menos prepotentes, mais intelixentes e sobre todo con mais sentidiño comun xuntos ao lado dese mirlo branco, si e que existe volver ao cambio, pero para iso é necesario que esas xentes decepcionadas con Tiros e Troianos empeces a crear o seu proxecto. Un proxecto cheo de ilusións, pero á vez de realidades. Un proxecto que poña a Viveirono lugar que realmente lle corresponde.
Otero Regal
Comentarios (29) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-08-2009 08:07
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal