A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A QUE HORA E A ACTUACIÓN NAS CATEDRAIS?
Agora que a enchente turistica está de camiño ás súas vivendas habituais, mais aló da Xesta e o Xistral, o mes de Setembro é moi diferente tanto en calidade como en cantidade, e hora de contar algunhas das curiosidades que por omision ou descoñecemento protagonizan os nosos turistas de estio.
Xa contei algunha vez o presenciado por min na praza maior, acercase un grupiño de foraneos a estatua do egrexio escritor viveires e poñense a leer a placa: Pastor diaz corbelle, e de pronto o mais “listo” do grupo dille o resto: si home si este foi o fundador do Banco Pastor. Pero os veráns que un leva tendo contacto cos veraneantes , e xa son moitos, enchen unha alforcha de disparates similares ou, si cabe peores.
A Praia das catedrais é, quizaves un dos sitios que centralizan as visitas en verán, e encol dela fanse as mais peregrinas preguntas: ¿A que hora es la actuacion de las catedrales?, ¿Las catedrales pueden visitarse de noche?, En ese playa de las catedrales se oficia misa?, ¿De que siglo son las catedrales?, ¿Para ver las catedrales tiene que cogerse un barco? Vamos a ver las catedrales, eso esta en Ribadeo, o sea en Asturias, no?.
Claro que los indigenas tambien , con nuestras comedias veraniegas ayudamos en demasia a generar la confusion, La Queimada de Cervo o cosa similar que se celebra en Viveiro y casi en cada nucleo de poblacion que se precie originan el desconcierto y las preguntas curiosas: ¿Eso de la Quemada es una obra de teatro? En la queimada danzan desnudas las meigas?¿A qué hora ponen la queimada en Viveiro? ¿Podia contratar lo de la queimada con brujas y todo para una boda?? ¿Tienen un mapa donde aparecezcan los sitios donde se hace lo de las meigas?.
O da toponimia tamén ten a sua complicación, dos turistas non habituais que chegan a Viveiro pola estrada da Gañidoira o 30% acaba chegando a aldea de Viveiro en plena serra do Xistral, alguns incluso sofren un cabreo de moito cuidado pois eles pensaban que viñan a unha vila monumental, con prais e aquello son catro casas e unha casa de comidas, pero esta equivocacion non é nova. Algun ministro e tamén a algun conselleiro pasoulles o mesmo.
Os nomes das rúas ou de lugares tamen crea barullo nas mentes estresadas dos foráneos: Chove por Xove, Estaca de Barres, Fuez, La cueva de la Virgen por a cova da doncela, San Juan de Dios por san Juan de Covas.
Y otras cosas curiosas como aquel que protestaba que habia ido al monte faro y se sentia estafado porque alli no habia faro ninguno, o el que aseguraba a sus compañeros en plena cima del monte San Roque y delante de la placa que recoge el voto al santo “San Roque nacio aquí en Viveiro, en una cueva que existe debajo de la capilla”.
Claro que as confusions tamen xeneranse por parte da administracion, asociacions e malos politicos, asi despois do festorro de disfraces que alguen bautizou como mercado renacentista, alguns visitantes creian a cegas que fora en Viveiro donde desembarcara Carlos I de España e V de Alemania xunto coa sua dona cando chegaron por primeira vez a peninsula, ou aquel outro que preguntaba, ¿Dónde esta o palacio de doñaa Urraca? o el cristo que chora sangue, que supoño eu que se trata do Santo Cristo do torrellón que tan ben retratou Garcia Doriga nun longo poema. E moitas mais cousas podiamos contar encol da iñorancia e malos entendidos dos visitantes en estio, a ultima xusto de onte, Como aquí se hace mucha ceramica, ¿Dónde estan las minas de porcelana? ¿Se podian visitar?.

Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-08-2008 11:53
# Ligazón permanente a este artigo
Os promotores piden edificar en liña de costa porque os turistas non veñen a Galiza
Os promotores piden edificar en liña de costa porque os turistas non veñen a Galiza "a comer pementos de Padrón"“ ¡¡¡¡¡Manda carallo na Habana¡¡¡¡
"Poñer portas ao ceo”. Descrición reivindicativa do sector promotor inmobiliario ante o novo Plano do Litoral, que establece como prohibición e delito a edificación nos primeiros cincocentos metros da costa. A Federación de Promotores de Galicia (Feproga) vén de remitir un comunicado aos medios no que se mostra moi contundente contra esta medida impulsada pola Consellaría de Política Territorial. Para eles, é unha medida “absurda”, e cren que a Xunta “está afundido ao país”.

O presidente deste organismo, Javier Garrido, considera que Galiza vai perder “grandes expectativas de desenvolvemento” en zonas como a Costa da Morte ou A Mariña de Lugo. Como xustificación ás súas demandas, botan man da comparativa: como a costa mediterránea está “demasiado saturada”, o noso país podería “absorber un novo mercado turístico residencial”.

"Para sermos competitivos temos que apostar polo turismo e pola oferta de vivendas de segunda residencia, porque a xente se vén a Galicia é pola súa costa non a comer pementos de Padrón", sentencian.

Mentres tanto, a Caride volveu ratificar hoxe que o Plano de Protección do Litoral entrará en vigor antes de maio de 2009, cando conclúe o prazo de vixencia da Lei de Medidas Urxentes que impide novas accións urbanísticas na franxa costeira de 500 metros.

Respecto diso, asegurou que o plan definirá metro a metro a protección da costa galega en función das características de cada zona, de modo que se definirá onde se pode baixar dos 500 metros e onde non, en función das características de cada lugar.
Comentarios (20) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-08-2008 19:50
# Ligazón permanente a este artigo
POUCAS IDEAS E MOITAS OCURRENCIAS

Manuel Azaña, decía doctoral e malévolamente que "una cosa es pensar y otra tener ocurrencias " .E, dende logo unha desas frases de intelectual que dita por un señor particular apenas provoca un leve sorriso, pero que cando son pronunciadas por próceres e eximios homes de letras transfórmanse en cultismos que trascenden as xeneracións.
Xa e moi coñecida a miña tese de que en Viveiro temos moi mala sorte cos politicos, pero o peor de todo é que os dous ultimos alcaldes mais que ideas tiveron ou teñen ocurrencias, en tempos de Cesar Aja alguhas foron moi sonadas, lembro a de crear unha lagoa artificial nas dunas de Covas para criar patos e outras aves silvestres, tampouco tivo mal a de convertir as minas da Silvarosa nunha especie de Terra mitica, supoño que con escándalos e deudade incluidas, tamén falou nos papeis de convertir a Praza de Abastos da pescaderia nun invernadoiro con negocio de hosteleria incluido, o do Parador no vello Pazo da Misericordia, dun campo de golf e Parador na Insua ou de poñer un ponte colgante coma o de Bilbao sobre a ria e outro como o de Calatrava máis arriba, todo esto esta nas hemerotecas e mais ainda moitos destasc ocurrencias teñen feito estudio anteproxecto e pagado e todo.
Fai cinco anos cambiamos de alcalde pero non de estilo, o novo rexidor tamén ten unha morea de ocurrencias que non ideas no seu haber . Novo paseo maritimo de Covas con mais dun millón de euros de presuposto, un museo en Area, disque dos restos de Estabañon, que caben nun cesto, outro de Arte Sacra , Semana Santa incluida e outro no Pazo da Misericordia, A garda civil do mar, fixoselle edificio e todo pero brila pola sua inesistencia, Bienal de Maruja Mallo, fai catro anos aprobouse a proposta nun pleno, Patronato de turismo municipal, tapar no mes de Agosto a Praza Maior e convertila nun galiñeiro mais, mercar esculturas de persoaxes de Viveiro e colocalas en xardins e prazas e a ultima da pasada semana, con motivo da visita do Ministro de Cultura que seique vaia adicar a casa dos malates a centro de interpretacion de Maruja Mallo e o seu irman Cristino, que por certo non naceu nin nunca estivo en Viveiro, ¿Saberá o señor alcalde o que é un centro de interpretacion? axudémolo, son catro fotos e reproducións en col da artista, da que por certo non se quixo adquirir ningunha obra, están ainda a tempo de mercarlle a Vazquez Cereixo unha das ultimas carpetas dos gravados de Maruja Mallo.
Falo de “cousas que se venderon como grandes ideas e hoxe por hoxe non son mais que ocurrencias, craro que o pobo ese gran sabio diceo de outra forma “Unha cousa e predicar e outra dar leite”.
Azaña diría o das ocurrencias, O que está moi craro é que os nosos municipes son expecialistas en predicar.
.
Comentarios (14) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-08-2008 19:54
# Ligazón permanente a este artigo
MORREU Teresa Villar Chao
Filla do insigne intelectual e político Ramón Villar Ponte, finou o sábado aos 85 anos de idade. Teresa viaxaba de cando en cando a Viveiro, mantiña amizade con Carlos Nuevo, asi como a landrove de donde era orixinaria a familia, a capela ali existente foi da familia, seu pai foi alcalde constitucional de Viveiro na republica.
Na tarde do sábado finou na cidade da Coruña Teresa Villar Chao, filla do insigne galeguista Ramón Villar Ponte. O domingo os seus achegados acudiron ao enterro celebrado ao mediodía no cemiterio de San Amaro.
Aínda que non militaba activamente en ningunha formación política, Teresa Villar mantívose fiel ao ideario galeguista defendido polo seu pai, incluso durante os tempos máis duros da ditadura militar.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-08-2008 13:20
# Ligazón permanente a este artigo
O DOS CURAS NON TEN REMEDIO
A Igrexa Católica: "as mulleres son as culpables das agresións sexuais"
A Igrexa Católica di en México que a culpa das agresións sexuais é das mulleres, que van provocando. Nunha reflexión con miras ao "Encontro Mundial das Familias" que se fará en México, a páxina da Arquidiócese Primada fixo unha análise da moda actual entre as mexicanas e cómo, na súa opinión, atenta contra o pudor."Xa non se precisa agardar a que chova pra ver os nocelos das rapazas: agora levan minifaldas, calzas e biquinis. Os medios mostran, como se fose a cousa máis natural, mulleres sen roupa. Xa non hai pudor?
DE CHUZA>
La Iglesia católica ha llamado a las mujeres mexicanas a dejar de lado prendas pequeñas, escotadas y ajustadas a fin de recuperar el pudor para evitar agresiones sexuales.
Para mpliar la información:
La Iglesia católica mexicana lanzó una dura critica a la moda actual y llamó a las mujeres, sobre todo a las más jóvenes, a dejar de lado prendas pequeñas, escotadas y ajustadas a fin de recuperar el pudor para evitar agresiones sexuales.

En una reflexión con miras al Encuentro Mundial de las Familias que se llevará a cabo en México en enero de 2009, la página de la Arquidiócesis Primada hizo un análisis de la moda actual entre las mexicanas y cómo, en su opinión, ha atentado contra el pudor.

Esta reflexión, firmada por el sacerdote Sergio G. Román, explica que antaño las jóvenes mexicanas llevaban faldas largas y que los varones sólo alcanzaban atisbar sus piernas cuando llovía.

"Ya no se necesita esperar a que llueva para ver los tobillos de las muchachas: ahora usan minifaldas, ombligueras, mayones (calzas) y biquinis. Las revistas y los periódicos muestran, como si fuera la cosa más natural, mujeres sin ropa, y no se diga el cine y la televisión. ¿Ya no hay pudor?", cuestionó el religioso.

Más adelante, aseguró que muchas jóvenes "educadas en el valor del pudor", se sienten incómodas con las ropas de moda y a menudo se les ve bajarse la falda o taparse el escote y evitar "ser objeto sexual para los mirones que las rodean, 'violándolas' con la imaginción".

"El pudor es reservar para el ser amado esos incentivos sensitivos y placenteros que llevan a tener hijos. (...) El pudor se aprende en el hogar. El pudor también es un valor que se debe enseñar a los niños, no sólo a las niñas", añadió la reflexión.

Por último, para evitar ser blanco de "agresiones sexuales", la Iglesia recomendó a las mujeres no usar "ropa provocativa", cuidar "miradas y gestos", no permanecer a solas con un hombre, "aunque sea conocido", no admitir "pláticas o chistes picantes", no permitir familiaridades del sexo masculino y pedir ayuda cuando se sospeche de una "mala intención".


Fuentes: Agencias/ Público
Comentarios (15) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-08-2008 09:48
# Ligazón permanente a este artigo
O MAR....,AMOR PRESENTASE EN VIVEIRO
Paco Rivas e Otero Regal Teñen o pracer de invitar a Vde. á presentacion da carpeta
O MAR……., AMOR.
POEMAS DE PACO RIVAS E AUGAFORTES DE OTERO REGAL.
Acto que terá lugar o vindeiro Venres, 15 de Agosto ás 21 horas na Caseta de actos da
FEIRA DO LIBRO DE VIVEIRO situada nos XARDINS NORIEGA VARELA
Agradecendolle de anteman a sua presencia.
O MAR…, AMOR.SON POEMAS DE PACO RIVAS E AUGAFORTES DE OTERO REGAL
Rematouse de imprimir o 12 de Agosto do 2008.
No torculo dos obradoiros de REGAL XUNQUEIRA Por
Andrea Castro Abad.
Con unha tirada de 60 exemplares
Numerados do un a o 60 e firmados polos autores.
Ademais cada unha das laminas esta numerada e firmada por Otero Regal.
O MAR…, AMOR.
Así pensei en titular cada unha destas carpetas formadas ou conformadas por unhas fermosísimas láminas de Alfonso Otero Regal e por uns cantos poemas - espero que tamén vos parezan fermosos – escritos por min.
Otero Regal e eu; eu e Otero Regal, criámonos a carón do mesmo mar de Nois, rente ao mar do xogaral da Raxoa, do areal da Borneira…, bebendo sempre da brisa que nace na Orxal. Os dous somos fillos do mesmo mar. Os dous somos, polo tanto, dalgunha maneira, irmáns… Ben, medios irmáns se queredes…
Os dous somos de Nois e os dous adormecimos máis dunha vez – máis de miles de milleiros de veces-, arrolados unhas veces polas nanas que nos cantaba a brisa, outras, polo bruar do vento e das vagas que o mar espallaba – e aínda espalla -, polo Acivro, pola Barrosa, por Candín e Monte Faro.
O Mar e o Amor están ligados, que xa os fonemas son os mesmos – tan só unha pequeniña variante na colocación dos mesmos marca a diferencia (o mar/amor)-. O son é moi parecido e os dous – esta é unha teoría miña á que non hai que facerlle moito caso- nacen das ondas, das vagas, cando, con galerna ou aruxiño de nada, o mar desfaise no areal, no xogaral ou mesmo no peloural ou nos cantís, e deitase na praia ou contra os cons... Escoitade: o marrrrr… amorrrrr… ¿Soan así ou non soan así? …¡Xa volo dicía eu!
O Mar e o Amor, tamén están moi presentes na vida, e polo tanto na Obra de Alfonso Otero Regal. Tamén na miña vida. Tamén na miña Obra… Tamén nos meus versos o Mar bebe do Amor, o Amor bebe do Mar…
Ese mar que tanto nos deu a ámbolos dous – a Alfonso e a min -, ese mar que tanto nos ten quitado a todos – e que tanto nos segue a quitar ás veces -; ese mar é capaz de facer espertar os soños na ollada do artista, na ánima do pintor, do ceramista, do poeta, e mesmo de todos e todas os/as que o saben mirar.
De aí o título destas Carpetas: "O MAR…, AMOR". De aí que estas Carpetas cheiren a salseiro, a brisa maina, a galerna, ao lene asubiar do vento e a beizos de orballada. De aí que dous homes de Nois, dous homes da Mariña, dalgunha maneira fillos do mesmo mar – do mar de Nois -, xuntemos os nosos soños para presentárvolos formando ou conformando un todo, nun carabelo de soños, nun carabelo de beixos vestidos de láminas preñadas de maresía; de poemas cunha vaga de mar na ollada…
Desde este mar de Nois, desde este mar dos nosos soños – de Alfonso Otero Regal e máis os meus -, que esta Obra, ou este conxunto de Obras, sirvan, entre outras cousas, para que ao espertar empecedes a soñar - non esquezades que dormido soña calquera -, e que sintades – coma nós-, a brisa morna das auxías dun mar calmo na vosa ollada.
Sede felices…, e aínda máis.
Desde o mar de Nois no mes de agosto do ano 2008-08-04.
Paco Rivas.



Comentarios (11) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-08-2008 07:57
# Ligazón permanente a este artigo
NAIDE E NAIDE EN AGOSTO
-Naide me recolle, di o can de palleiro na perrera de Lugo o último día da sua vida.
- Naide me quere, chora o rapaz despois de unha noite de troula e sin mollar.
- Naide me cree, recorda o político caido en desgracia antes da entrevista concertada.
- Naide me necesita, ronronea o cura aburrido mirando a praia de Covas en agosto.
- Naide me lee, comproba o escritor cando visita a feira do libro.
- Naide me comprende, pensa pintor vanguardista mentras mezcla maxenta e trementina.
- Naide me escoita, solloza o adolescente con a sua crise de adolescencia.
- Naide me visita, di por o baixiño a velliña no asilo donde perdense os recuerdos.
- Naide e naide grito eu.
Comentarios (17) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-08-2008 11:02
# Ligazón permanente a este artigo
O MINISTRO QUE TEN QUE IR A MIRAR OS OLLOS
Molina recibió diversos obsequios. La Junta de Cofradías le regaló ejemplares de varias ediciones del libro pregón de la Semana Santa y también fue obsequiado con el libro de acuarelas editado por la asociación Bágoas da Terra, con motivo del 50 aniversario de la fundación del grupo de danzas. Nada más llegar a la ciudad, el ministro manifestó su satisfacción por el crecimiento experimentado en Viveiro desde su anterior visita, hacía muchos años. Destacó «el respeto a la naturaleza de la ría y las playas» con que, subrayó, se ha desarrollado este municipio.
Sacado da Voz de hoxe...dende logo o ministro ou lle fixo mal o albariño ou ten que mellorar as diotrias pois decir «el respeto a la naturaleza de la ría y las playas» con que, subrayó, se ha desarrollado este municipio. Ten delito.
Comentarios (11) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-08-2008 10:39
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal