A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

PAN E CIRCO
Panem et circenses (Pan e Circo) (literalmente, pan e xogos de circo), que de algo me iban a valer os meus anos de latín no Seminario de Mondoñedo, e unha locución latina peiorativa do uso actual que describe a práctica dun goberno que para manter tranquila a poboación e ocultar feitos controvertidos provee as masas de alimento e entretemento de baixa calidade e con criterios asistencialistas.
A frase data do seculo I e o seu autor foi o poeta romano Juvenal recollido na sua Sátira (10 81). No sua orixe describía a costume dos emperadores romanos de regalar trigo e entradas para os xogos circenses e carreiras de carretas e outros) como forma de manter ó pobo distraído da política.
Xa pasaron anos daquelo pero como decía o Marques de Lampedusa no seu IL GATTOPARDO, os tempos pasan pero as cousas permanecen ou cambian para non cambiar nada ou case nada. Non fai falla matarse moito nin retorcer en demasía os miolos para ver que por aquí e por ala os nosos políticos e proceres adicanse na maioría do seu tempo, ben pagado, por certo a seguir a vella máxima romana, con lixeiros cambios para “cambialo todo sin que cambie nada. A calquera político vaille sobrar para prometerlle a unha sociedade infantilizada ¨pan e circo¨... chocolatadas, festas, sardiñas, chourizos, carne o caldeiro, queimadas varias, cervexa, churrasco, tenreira galega, pan de millo, trigo e centeo, merluza, bonito, lirio , chicharro, queixos varios, festas para todolos gustos dende nenos hasta a morte do contribuinte, pensións e paguiñas para todos sen limitacións, total que mais da que se deixen debedas a destallo, paga o pagano Xoan Pobo, ¿coñeceno vostedes?
Facendo contas asi por enriba, nesta bisbarra a que lles deu por chamar A MARIÑA, dividida en tres eucaliptais , donde vivimos perto de 80.000 persoas gastanse en festas, pipiolas e demas circos..a frioleira, o certo e que un trema cando ve a cifra : perto de dez millóns de euros, asi como o escoitan, faigan contas e veran que non estou tan desatinado.
A pregunta está a volta da esquina, ¿Cantas cousas tan necesarias se podían facer con eses cartos?,, ou e que os nosos “lideres” locais pensan que xa esta todo solucionado e que vivimos no pais de “Alicia no pais das marabillas? Ou será por que como decían os romanos o asunto é disimular as carencias con pan e circo.
Para mostra un botón e un exemplo, O Concello de Viveiro, unhos 15.000 habitantes, gasta en fandangos varios unhos trescentos cincuenta mil euros ou mais, ou sexa que dos cartos dos veciños do concello gastanse en festas mais de dous centos euros,, supoño eu que estes feitos, a algúns faralles reflexionar a outros daralles igual e incluso teremos lector que nos diga que esto é unha inversión, pois ben, moi ben, moi ben e moi ben, como diría Farruco, para gustos píntanse cores, elixense políticos ou como di o outro refrán , cada pobo ten os políticos que merece, nin maís nin menos.
Pero un, contribuinte e veciño de por eiqui, segue sin estar de acordo con estes despilfarros, con esta maneira de mal administrar os cartos, e sobre todo tendo en conta as necesidades apremiantes que ten o pobo e os seus habitantes, porque non debe esquecerse que as arcas do concello, os cartos para entendernos, non estiran como os globos, e si se gastan os cartos en fandango non se poden gastar noutras cousas.

Otero Regal
Comentarios (11) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-08-2007 21:25
# Ligazón permanente a este artigo
VOLTANDO QUE E XERUNDIO
Por razons técnicas, sociais, socio economicas e demais comeduras de tarro... de todo punto alleas a o mais escondiidiño da miña voluntade, que e dura como o férro, inquebrantabel, monolítica e moitas outras cousas que non poido decirlles agora,senon ficariamos todos tan enterados como eu mesmo.ademais...quw carallo... porque non teño a man ningún o diccionario de sinónimos e antonimos, pero impotente ante casos como o que sucedeu na miña dura e despoboada testa.
Prometo, pois seguir a partir de "ajora mismo" seguir con esta paxina a que alguns de vosoutros sodes adictos e adeptos....ademais....o certo e que me parece que a xente de mal vivir e politicos en xeral estan tirandose a bartola...e filles falta algo de caña..caña e mais caña....e para mais "inrri" non me fala ningun deles...por o que teño pouco que perder.....Por o tempo que faltei a cita diaria pido a todos-as disculpas miles, eso si...cuidadin...cuidadin..me nego a satisfacerlles indemnización algunha, asín que xa están ustedes avisados.
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-08-2007 19:47
# Ligazón permanente a este artigo
BORRACHOS DE ÉXITO OU FRACASO
BORRACHOS DE ÉXITO OU FRACASO
Cando un se sinte invadido polas parsimonia estival estimulada polas sardiñadas, os gaiteiros, romerias, procesions, verbenas e noites craras do luar , a vida politico-social da bisbarra e de mais ala da Gañidoira segue igualiño igualiño. Oos soldos dos politicos xa casi, creo que queda o de Foz sin aprobar, estan postos, foi moi leido o articuliño da pasada seman, inda seique foi obxecto de mencion en algun que outro pleno, e bo e xeneroso que se teña en conta o asunto dos cargos publicos para pagar a alguns que atreveronse a decir ante un micrófono que o cargo de alcalde ten que levar consigo a disposición do mesmo as 24 horas do dia e da noite, eso en un concello de menos de 3000 habitantes , dende logo “O falar non ten cancelas”.
Por alá, empeza a campaña electoral, uns poñen precio ós nenos que nacen 2500 euros, ahora xa se pode reafirmar aquello de que os nenos e nenas cando nacen veñen con un pan, de casi medio quilo de pesetas, baixo o brazo, os outros dalle que che pego co de ETA e o, según el, indiscutibe fracaso da política antiterrorista do Presidente do Goberno, don José Luis Rodríguez Zapatero.
Traigo aquí unha parrafada que tiven un dia destes counha persoa sobre a vida e milagros do presidente, postos a zanxar a cousa, o meu interlocutor soltoume de supeto: “ben, vale, a lei de dependencia, a recuperación da memoria histórica, a extensión dos dereitos civis ós homosexuaese e outras tonterías polo estilo, pero sein duda fracasuo na loita contra ETA”. Así que puxeme a pensar e a retorcerme os miolos. Si en casi tres anos e medio de lexislatura soio houbo un atentado e tres persoas mortas –unha delas, moi discutibel, pero ben, foi recoñecida como víctima do terrorismo, así que aceptamola-. Ademais dende que ETA anunciara que da por rota a tregua, foron desmantelados, polo menos dous atentados a punto de producirse, foi desarticulado un comando operativo e o aparato de falsificacions da banda pasou a historia, todo elo trouxo consigo a detención dunha ducia de etarras en plena actividade criminal. Pois miren vostedes , non teria ningun inconvinte en que asi foran os meus fracasos.
Por Lugo esta todo listo, e despois de mais de duas decadas de goberno na Diputación de Don Francisco Cacharro , chegan os roxos, bueno, mirando ben a foto, o certo é que estan un pouco descoloridos ideoloxicamente, casi diria que parecen mais rosas que vermellos, eso si con a sua cuota de mulleres, faltaria plus, e reparto entre nacionalistas e socialdemócratas,
Por aquí perto, daria para escribir unha novela, desas gordas de mais de mil paxinas, en Viveiro, que un sepa o candidato do PP foi o meu amigo Leal, pero trais o éxito electoral, si, foi un éxito conquerir 7 concellais, despois do que caeu, os que fracasaro foron os que perderon dous e mil votos, parece que as cousas non cambian no partido da dereita, O senador Cesar Aja, que se caracteriza por non ter unha soia intervención no estrado, nos seus largos anos como diputado e senador , esta execendo e xustificando o seu soldo na politica local, non se desenchufou da perdida do asiento de concellal e amparandose en un cargo dentro do partido en Viveiro, solta leña, dia si e dia tamen nos medios, ademais , para axudarlle, unha rapaza que iba de cuarta, oficia de portavoz, repartindo estopa como si estivera ainda bailando en Bagoas da Terra, ¿Sera esta señora a futura alcaldable do PP?.
Craro que os outros “A minoria gobernante” seguen sen rumbo, sobre todo a hora das relacions cos medios e de vender o que fan, poidan facer ou desfan. Eso si, tanto Tiros como Troianos seguen a estar borrachos de éxito ou fracaso.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-08-2007 18:53
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal