A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

UN PEIXE TRABA A UNHA BAÑISTA.................
ntes deciase aquelo de que a noticia era" Que un home trabara a un can, non que un can trabara a un home"...Pois sera cousa da sequia ou do calentamento da terra que fai unhos dias unha bañista que exercia de tal na praia de LLas no concello de Foz saieu da auga decindo que un peixe negro...¿Seria un crego dos de Cañizares?...a trabara nun pe, sangraba abundosamente por unha ferida de 5 cm....foi levada ao hospital da costa en Burela, donde lle deron unhos puntos para amañar a cousa....nestes nortes o hospital de Burela igual esta pa un roto que pa un descosido.....hasta eiqui a noticia, que por certo apareceu en portada dos papeles...donde se engade que o que sucedeu foi que se cortou con un cristal posiblenete........a un dalle que pensar a cousa...¿no seria que o alcalde PEPITO RIVERA...queira promocinar mais Foz e importaria especies foraneas para que traben as turistas?...seran CANCODRILOS...Pirañas do Amazoas?...Tiburons?.....o que dende logo para os papeles foi eso que chaman "SERPENTE DE VRAO"
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-08-2006 10:54
# Ligazón permanente a este artigo
ANDA REVOLTO OUROL.........................................
Onte foi que o fiscal xefe de Lugo esta investigando as concesions do parque eolico...solicitado polo concello e logo privatizado a Luis Castro Valdivia...cuñadisimo do Diretor xeral de industria Ramon Ordas co PP..do asunto ao parecer saliron beneficiados familiares, empresarios e politicos............como casi sempre que se fala de chanchullos.........

Esta "movida" xa ten consecuencias xa que, a que era presidente ata fai catro dias da "cousa" a tenente de alcalde de Ourol Alejandra Cal Chao, que iva a ser a candidata unha vez que Salgueiro se apartaba da poltrona municipal....xa caeu en desgracia..........eso si, eiqui os favores paganse...que carallo... vanlle sacar unha oposicion a medida no Concello de Ourol donde pasara a ser funcionaria..e outra muller, taberneira e taxista de Bravos... Melita..se chama esta vella militante do PP sera a aspirante a alcaldesa............polo menos o asunto de acarrear os votos esta facil...ela taxista en Bravos.... e casi toda a familia taxistas en Viveiro.....
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-08-2006 19:43
# Ligazón permanente a este artigo
O VERAN XA VAI SUBINDO A GAÑIDOIRA............
Triste e soio quedase Viveiro....oxe fica en vora o Naseiro...os veraneantes xa van camiño dos seus fogares....as festas e demais parafernalia tamen rematou...hasta os papeis o notan...oxe ven na MARIÑA do Progreso que unha pila de pillos adicados a politica local do veciño concello de OUROL..anduberon facendo falcatruadas cos concesions de molinillos..o parecer a "cazicada" podese cuantificar en euros....18 millons de euros vale o que renunciou o concello de OUROL en veneficio de unha empresa privada...si temos en conta como funcionan estas cousas, donde amiguiños si pero a vaca polo que vale...imaxinemonos soio unha comision do 10% Seria 1800.000 euros po que puxo o cazo...e si fora do 20%?...bueno o asunto e que o fiscal esta a investigar a tres "personaxes" do afaire entre os que esta un lider da patronal galega un alcalde e un intermediario.........maña mais......
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-08-2006 17:38
# Ligazón permanente a este artigo
NUNCA ME APRESENTEI A UNHAS ELECCIONS.......
Considero que “TODO E POLITICA”, calquer obcion ou opinion que vertas encol do teu entorno, social, economico, ecoloxico… e unha OPINION POLITICA…XA QUE, PARAFRASEANDO O OURIXE DA PALABRA DO GREGO..SERIA ” O ARTE DO BON GOBERNO DA CIDADE”…….O CERTO E QUE NUNCA FUN NUNHA LISTA DE ASPIRANTE A POLITICO PROFESIONAL OU CASI………..QUIZABES POR COBARDIA..OU PORQUE UN DIA LIN UNHA OPINION DUN POLITICO PROFESIONAL QUE DECIA “en politica, a unica posibilidade de ser honesto e sendo aficionado”
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-08-2006 10:38
# Ligazón permanente a este artigo
CAÑIZARES VOLTA O MONTE.......
O Arzobispo de Toledo que ademais e o primado da igrexa catolica nas Españas, pideo unha de estas semans de Agosto, que os cruicifixos volten a colgarse dos edificios publicos.....vamos, coma na nosa nenez...supoño que pedira o mesmo para os demais paises do mundo mundial...xa veran o que lle van a contestar..porque alen do Atlantico e do Pirineos saben moi ben o que e un estado laico...eiqui ainda andamos con trapalladas,como a aconfesionalidade, sin sentido..por certo non sei eu si o monseñor Cañizares pideu tamen que volten os edificios publicos os retratos de Franco e Primo de Rivera fillo...o cara a sol...ou montañas nevadas.............menos mal que un e ateo e non ten que ter de correlixionarios a semellante tropa do carallo...............
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-08-2006 13:18
# Ligazón permanente a este artigo
O ABAIXO ESCRITO E UN ARTICULO QUE FIXEN CO MOTIVO DE UNHAS XUNTANZAS ENCOL DO URBANISMO::::FALTA DE ESPACIO E OUTRAS ARGALLADAS IMPIDIRON A SUA PUBLICACIO:::SALEU UN REMENDO:::::DO QUE E MELLOR NON OPINAR::AGORA O DEIXO EIQUI COMPLETO::::::

ARQUITECTOS E URBANISMO DE POR AQUÍ.
Mentras en Ribadeo os “popes” da cultura arquitectónica despotrican contra a realidade urbanística desta franxa costeira á que algunhos lles deu por chamar a Mariña, non confundir con A Maliña, parecense..pero son diferentes os conceptos, sen que se lles caia a cara de vergoña porque son precisamente arquitectos, pertencentes a colexios de arquitectos, moitos deles alumnos deses mesmos profesores que agora pontifican nas veiras do Eo, quenes firman semellantes bodrios urbanísticos e arquitectónicos, señores del Llano e compañía, se non houbera compañeiros e alumnos seus que firman eses desvaríos estéticos e funcionais, estes non se producirian.
Non estaría de maís que vostedes mesmos fixeran unhas normas éticas e morais para os seus colexios profesionais, ahí está a cuestión, os políticos, a sociedade, a incultura estética, visual, pero vostedes son os que firman e tachan como Manuel Carracha.
Dase a casualidade de que a Xefa do asunto da vivenda, que mostra as mellores intencións para mellorar o asunto, era hasta fai catro dias a presidenta do Colexio de Arquitectos, ou sexa a representante de todos eses indocumentados que firmaron e cobraron os plans de todos eses bodrios que nos asulagan mariña adiante dende Vicedo hasta Ribadeo.
Tamén é certo que existen, a imensa MINORIA de bos arquitectos, profesionais honrados e creativos, pero siguen sendo os menos.
Teño oido de boca dun prestixioso arquitecto catalán que estivo por estos andurriales, un consello adicado a un xoven arquitecto galego "Espero que os novos arquitectos non acaben facendo mala arquitectura para facer bos negocios", o consello debía quedar para a posteridade grabado a fogo nos dinteles das escolas de arquitectura.
Tamén traio eiqui o dito por outro profesional “Dende a miña época de estudiante manteño a crítica ós profesores que en vez de adicarse con amplitude ós seus alumnos están na clase mirando de reollo o reloxo para irse correndo á sua oficina.
Sólo lembramos o evidente, verdades de Perogrullo, tan sinxelas como no outro extremo o plano inclinado do fácil autoengaño que conduce ó parasitismo social.
Para solucionar estes desvaríos que afectan, de formma irremediabel a este PURO NORTE GALEGO, tamén pedimos á Administración Pública que se poñan ó servicio dos ciudadáns. Que seña respetuosa e honrada, respetable, pero que se poña tamén ó nivel dos tempos, astucia, ambición., axilidade, eficacia. Sen esquecer que o seu é procurar que a vila, pobo ou cidade seña alegre, limpa, fermosa, feliz, non porque deba competir no circuito dos pobos-mercancia senon polos nenos. E, sobre todo que mostren esa coraxe necesaria para promover as condicións para que xurdan as iniciativas, proliferen grupos, comunidades, empresas, artistas, de favorecer no seo da sociedade unha capacidade técnica e organizativa autónoma.
Sólo pedimos que a Administración, arquitectos e a todo aquel que esteña vinculado ó urbanismo na Mariña, se aplique a sí mesmo, esixencia, vixilancia crítica, estimule a creatividade dos funcionarios, que asuman, asignen e reclamen responsabilidades: que se neutralicen os chorizos. Non estaría de maís lembrar que “ O autismo é a enfermidade senil da burocracia, que a máis tempo de tramitación, máis ineficacia máis corrupción e que todo remata sabéndose, os que ocultan e miten son os únicos engañados.
OTERO REGAL
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-08-2006 11:22
# Ligazón permanente a este artigo
VIVEIRO: UNHAS BOAS FESTAS
Cando estamos xa a finar Agosto, mes da sega das nosas neneces, cando os meandros do Landro, no lugar do Naseiro se enchen de barracas e un mar de plástico para dar razón ó vello poeta da montaña que decia “ faste novicia en Valdeflores e vacante no Naseiro, empeza o fin do “Rosario festivo” que tan ben glosaba Ramón Canosa, que empeza no Nadal, pasa ó Antroido, Seman Santa, e empeza o veran coa Santa Cruz de Chavin e acaba co San Miguel en Galdo, para voltar a empezar co Nadal.
Este ano, como nos últimos 12, foi o concello quen organizou as festas de Viveiro, tanto no aspecto de programación como na ingrata laboura de andar negocio por negocio pidindo a esmola para facelas, por certo soio vin a xente do PSOE, co concellal de facenda ó frente Rafael Amor pidindo, ¿Cómo é que o bipartito non funciona a hora de facer as labouras mais ingratas? ¿Non debia ser a concellalia de Cultura quen apancara coa problemática?, quizais axudada polas de deportes, comercio e turismo, todas elas do Bloque, por certo.
Ainda que é sabido que un, quizais escaldado con vellas experencias non é partidario de gastar tantos cartos en “feiras, festas e mercados” ten que recoñecer públicamente, que foron un rotundo éxito, utilizo a palabra «éxito» para referirse ás festas de veran deste ano tendo en conta a altísima participación cidadan e a numerosa asistencia de xente de fora do concello. Sin chegar ó chauvinismo de comparar as nosas festas cos San Fermins de Pamplona ou cas fiestas do San Froilan.
As festas sempre foron un remedio do “Pan e circo” romano, pero si se fan para disfrute da maior cantidade de xente, estas, dende logo foron un acerto.
Para gustos pintas cores e fanse festas, nesta bisbarra e noutros lugares, sei que dende logo, a pesares das variadas actuacións, verbenas, espectáculos, folklore e música, habera detractores que sempre buscaran algunha pega, tendo en conta que para alguns unhas boas festas son nas que non se durme, ou nas que se bebe mais alcohol que auga, na que os servicios de Urxencias sanitarios colapsanse, esto parecese mais ó Naseiro que se esta a celebrar nestas datas.
Para min, as festas foron boas en xeral, e ademais o tempo acompañou, polo tanto deduzo que foron un éxito.
Este ano a novidade do Naseiro é que tamen o Concello é quen acomete a organización do mesmo, a pesares delo o ROMAXE DO BO XANTAR vai costa abaixo e sin freos.
O certo é que esta festa, que dura de Venrres a Martes inclusive e ben recente, non ten ningun orixe mitico nin relixioso, faise dende os anos 30, e quen a fundou foi un empresario chamado don RAMON BARROS que cando a REPUBLICA dictaminara que os obreiros, el tiña unhos 120, tiñan dereito a disfrutar de 30 dias de vacacións pagadas….. el entonces discurre trampear un pouco o asunto e organiza unha comida campestre para os mesmos nos meandros do Landro, na zoa que se chamaba OS NASEIROS, unha comida de irmandade entre traballadores e amo, el pagaba comida, bebiida con gaiteiros e festa rachada…en contrapartida o luns seguente a o penultimo domingo de agosto os obreiros volvian ó traballo, reducindo drasticamente os dias de vacacións que promulgara a republica….ese é o orixe da festa declarada de interese turístico e todo……..un que ten retratos feitos no NASEIRO de cando tiña 5 anos ou sexa fai 50, comendo de mantel ali naquel paraxe…. recorda que o que hoxe se celebra non ten nada que ver con aquello, hoxe O NASEIRO mais parece un campamento de refuxiados que outra cousa, centos de cabanotes recubertos de prastico negro albergan a pandillas que beben, cantan, voltan a beber, bailan, voltan a beber, comen….e asi perante 5 dias de fin de Agosto.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-08-2006 13:30
# Ligazón permanente a este artigo
HISTORIAS DO NASEIRO
nenos chegando o NASEIROXa esta ficando en bora o bran por estas latitudes……cada vez vese mais xente de eiqui e menos dacola…o final do mes de Agosto e en Viveiro O NASEIRO que apelidan como ROMAXE DO BO XANTAR…o certo e que esta festa, que dura de Venrres a Martes inclusive e ben recente, non ten ningun orixe mitico nin relixioso, faise dende os anos 30, e quen na fundou foi un empresario chamado don RAMON BARROS que cando a REPUBLICA ditamina que os obreiros, el tiña unhos 120, tiñan dereito a disfrutar de 30 dias de vacacions pagadas….. el entonces discurre trampear un pouco o asunto e organiza unha comida campestre para os mesmos nos meandros do Landro, na zoa que se chamaba OS NASEIROS, unha comida de hermandade entre traballadores e amo, el pagaba comida, vevida con gaiteiros e festa rachada…en contrapartida o luns seguente a o penultimo domingo de agosto os obreiros volvian o traballo, reducindo drasticamente os dias de vacacion que promulgara a republica….ese e o orixe da festa declarada de interes turistico e todo……..un que ten retratos feitos no NASEIRO de cando tiñña 5 anos ou sexa fai 50, comendo de mantel ali naquel paisaxe…. recorda que o que oxe se celebra non ten nada que ver con aquelo oxe O NASEIRO mais parece un campamento de refuxiados que outra cousa, centos de cabanotes recubertos de prastico negro albergan a pandillas que veven, cantan, voltan a vever, bailan, voltan a vever, comen….e asi perante 5 dias de fin de Agosto…………………..O poeta da montaña que morreu en Viveiro ANTONIO NORIEGA VARELA decia falando das mozas de Viveiro. …….FASTE NOVICIA EN VALDEFLORES E VACANTE NO NASEIRO……..tamen e de sobra coñecido que en Viveiro son moitos os que naceron os 9 meses de esta romeria…………….e outros din A IMITACION DO NASEIRO FIXO DEUS O PARAISO….ou o de CAXETE……….VIVEIRO……….DONDE A GAITA SONA E RESONA O PANDEIRO NO VAL DO NASEIRO…………………..
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-08-2006 16:17
# Ligazón permanente a este artigo
QUE NOS FAGA A TODOS FUNCIONARIOS SEÑOR DIPUTADO
XA O PERCIBIA NA COTINADEIDADE……a ilusión da maioría dos Xóvenes e ser funcionario. Unha enquisa chega a conclusión de que o 65% dos xóvenes hasta 30 anos preferen, con o mesmo soldo e estabilidade, traballar na Administración en ved de nunha empresa privada. Soo ol 21% dos enquisados antepoñen ir a unha compañía privada………

Manda carallo na Habana e tamen en Terra de Montes, A Terra Cha, Bergantiños e Betanzos…non cambiamos nada ou moi pouco…contan os bellos do lugar que ala polos 20 de este seculo pasado……mandou o partido conservador a un cunero a presentarse por unha xurisdicion da provincia de ourense….e veu aquel señor da capital aspirante a deputado en cortes a visitar a bisbarra e incluso se dispuxo a dar unha pratica, agora se diria mitin, as xentes do lugar, armaronlle un palco, moi adornado con palmeiras e frores, igual que si fora pa festa da patrona, e ali se subeo o bon señor vestido de levita con un sombreiro de copa cadea deouro pa o reloxo e un puro habano na man…empezou a falar do felices que serian os do lugar si o votaran a el..dos adelantos e modernidade que traeria si salia deputado e xa como traca final soltou a espantada….”Mas aun, puedo prometer y prometo que si ustedes me votan masivamente y salgo diputado yo les concedo lo que me pidad para el pueblo y para cada uno de ustedes….pois ven foi a votacion e o “cunero” saieu diputado…………e pasando perto de un ano ala polo mes de Agosto acercouse a ver a sua xurisdicion e de paso comer e vever abondosamente…………..pero ven ai que QUE NOS FAGA A TODOS FUNCIONARIOS SEÑOR DIPUTADOos do lugar reunironse e decidiron recordarlle a promesa a Don Fulgencio, que asi se chamaba o deputado…este improvisou e dixo ..claro, claro.. xa o teño todo disposto..queren ustedes tres fontes publicas con labadeiro ou preferen duas pontes de ferro e cemento e un novo concello…non señor, contestaron os do lugar, eso si ustede nos concede o que queremos non nos vai facer falla…sorprendenme ustedes…pero diganme ¿que e o que decidiron pedirme?…….e todos coro como si foran os de Fuenteovejuna, dixeron….QUE NOS FAGA A TODOS FUNCIONARIOS. QUE NOS FAGA A TODOS FUNCIONARIOS SEÑOR DIPUTADO
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-08-2006 15:33
# Ligazón permanente a este artigo
O LADRILLO ATACA CON MALAS MAÑAS
VIVEIRO e todo un mundo por descubrir..un "popular" constructor e promotor,con algun socio familiar do antigo alcalde do PP "CHECHAJA" e unha familia descendente de un ministro franquista, con intereses inmobiliarios, omegas incluidos, organizaron unha reunion co fin de recabar axudas para iniciar una campaña de desprestixio na prensa do alcalde de Viveiro, en concreto e do bipartito en xeral........o malo foi que outro constructor, tamen mui importante do ramo masculino das pombas, cuando lle propuxeron a iniciativa, lebantouse da mesa deixounos plantados e sin noiva......a campaña ao parecer pretendia incluir infamias, mentiras y outras "finas herbas"..........¡Como esta o pastel da mafia do ladrillo¡
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-08-2006 18:01
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal