A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O NOSO PRECIO
O NOSO PRECIO
O meu mellor amigo sempre di que todo o mundo ten un prezo. Se iso fose así, só o coñecerías verdadeiramente no momento no que pescudas cal é a cifra que levas estampada na fronte deixando sen luz á túa conciencia. É a auténtica morte da inocencia e non ese primeiro corazón roto da adolescencia.
Evidentemente todos temos un prezo posto que traballamos , en terminos xerais, por diñeiro ; e moitas veces en traballos que nos gustan pouco ou nada. E claro, tamén nos venderiamos , e seguro que a calquera prezo, se a vida de alguén importante para nós estivese en perigo. Refírome a ese prezo ao que estariamos dispostos, ou non , a chegar aínda á conta dos nosos sentimentos e valores morais; sen vidas en xogo nin nada polo estilo. Existe ese prezo? Imaxino que a primeira resposta que nos vén á cabeza, é "eu non, de ningún xeito", Seguro? Será que aínda non nolo propuxerón?
Existe un refran que di:"Cada un véndese polo que vale" Pero todos medímonos coa mesma vara de medir?. Desde o momento no que claudicas, o teu sorriso xa non é o mesmo, e cando miras aos nenos falo cunha mestura de tristura condescendente suspirando por un tempo pasado que foi mellor e o futuro implacable que lles espera nunha relativista escala de grises.

Non me gusta esta teoría, porque significa que eu tamén teño prezo, pero recoñezo que a medida que pasan os anos tórnase irremediable.
E todo un país custa 62.000 millóns de euros en cómodos prazos de 30.000 millóns que nin sequera son para nós, aínda que paguemos a factura.

Desde o venres estamos fodidos, como celebra a deputada do PP, Andrea Fabra, porque non só trátase de baleirar os zapatos dos nenos en Reis, senón de pagar coa comida da mesa o rescate dos bancos sen o consolo dalgunha medida que aperte as carteiras cheas de billetes en plena amnistía.
O venres España perdeu a inocencia e sabemos que nunca volveremos ser os mesmos. "Algo morre na alma cando a vaise incocencia". Cando es rapaz e inocente cres na maxia. Xa creo que cres. Para empezar o teu pai ten poderes, porque o pai que non lle fixo o truco do zume de limón e o lume é un mal pai; ademais sabe conducir un coche (jo, que tío) e a gasolina é unha poción máxica que fai que se mova, o diñeiro sae das paredes, os mapas son debuxos en papel e non repesentaciones xeográficas, xa que o teu pai sabe chegar a calquera parte. Pero ahora un xa caeu do burro e temolo difícil voltar a montar nel.
Otero Regal
Comentarios (14) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-07-2012 10:29
# Ligazón permanente a este artigo
RUINA XENERALIZADA?
Tras as reunións do Eurogrupo e do Ecofin, Mariano Rajoy compareceu o mércores no Congreso dos Deputados para expor medidas esperadas pero dramáticas, onte o ministro de Facenda e Administracións Públicas Cristóbal Montoro buscaba apertar as contas das Comunidades Autónomas no Consello de Política Fiscal e Financeira e, para rematar, antonte, un deses venres fatidicos celébrase Consello de Ministros que non pasou desapercibido por o batacazo que nos mete a crase media e baixa deste pais casi tropical e bananeiro.
A axenda consome todas as enerxías da Moncloa e aumenta a expectación cidadá que desexa decatarse do que sucede. Levamos tempo no que, un día si e outro tamén, apróbanse reformas que nos afectan. A actualidade non descansa e unha xornada tropézase coa outra.
A capacidade de aguante do Executivo non é infinita. Ningún ministro soporta toda unha lexislatura con esta tensión excepcional a propósito de que a sociedade está especialmente á espreita do que ocorre.
Por exemplo, difícilmente a ministra de Emprego e Seguridade Social, Fátima Báñez, culminará o mandato. Polo menos, desde esa carteira. Porque se a reforma laboral que capitaneou estalle pasando factura hai que sumarlle que motivou críticas por mor da información que presuntamente saíu das súas dependencias sobre expedientes de regulación de emprego.
Está por ver a marxe de manobra das Comunidades Autónomas que igualmente pretendían beneficiarse da flexibilización outorgada por Bruxelas sobre o déficit público e Montoso deixounos co gozo no pozo.
Polo momento, o Banco Central Europeo aplaude as decisións de Mariano Rajoy. Pero a “Prima” de risco non dá tregua. E volve aumentar para mal de todos nós.
O problema final está en lograr o impulso ao crecemento, esto con a caida de poder adquisitivo e a baixada terrorífica do consumo interno levaranos a ruina xeneralizada.
E os fondos para mellorar este obxectivo non os temos. Ou proceden da xenerosidade do resto de socios comunitarios ou, dunha vez por todas, o Banco Central Europeo asume as tarefas que se lle presume a este tipo de organismos máis aló de controlar a inflación. Pero o que mais me cabrea e que todo esta desfeita e para salvar a banca, ponme dos nervios.
Otero Regal
Comentarios (10) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-07-2012 08:51
# Ligazón permanente a este artigo
OS CONGRESO E O SENADO NON SON CLUBS DE CARRETERA (¡QUE SE FODAN!)
O CONGRESO E O SENADO NON SON CLUBS DE CARRETERA
(¡QUE SE FODAN!)
Estes días as “redes sociais” estan que arden por a actitude da deputada do Partido Popular Andrea Fabra, filla do Fabra aquel a o que lle tocaba seman si e seman tamen a lotería e que foi o “xenio” que gastou millons de euros en construir un aeroporto no que non aterrizan nin despegan avions, na comparecencia do Presidente do Goberno do pasado mércores. Segundo vese en imaxes de televisión, mentres o Presidente anunciaba as terribles mediadas, a deputada gritou “¡que se fodan!” no momento no que se explicaba a diminución de prestación para os desempregados.

A verdade é que, na miña opinión, a actitude dos nosos deputados tanto autonómicos como a nivel do estado e senadores deixa moito que desexar. Non pretendo hoxe facer crítica sobre a citada deputada, pois creo que son moitos os que teñen actitudes maleducadas e irrespetuosas.

Todos os deputados e senadores deberían reflexionar, non é lóxico que os plenos das Cámaras, atómicas, Alta e Baixa parezan un patio de colexio, no que imperan os insultos, descalificacións, despropósitos e as faltas de respecto e de educación.

Dos representantes da soberanía nacional e do voto cidadan eu espero seriedade e respecto, sobre todo nuns momentos tan difíciles como os que estamos pasando. Mentres moitos españois estano pasando moi mal coa crise, nas noticias móstrallenos a imaxe dos nosos políticos pelexándose, aplaudindo ou asubiando coma se importáselles máis facerse notar, a pelexa e a discusión que resolver a crítica situación.

Síntoo moito, pero o Congreso e o Senado non son clubs de carretyra ou “puticlubs” onde discutir e follar. Nestes momentos é necesaria, máis que nunca, a tranquilidade e o saber estar entre a nosa clase política.

E aos representantes do Partido Popular heilles de dicir que han de ser máis listos, xa que, según dicen eles “a esquerda manipúlao todo. Que á mínima utilizarano para ir contra o Goberno e facer ver aos cidadáns que os da dereita son señoritos aos que non lles importa a crise e as clases medias”, actitudes como a da Sra. Fabra non axudan, e o mellor que podian facer e escoller mellor a os seus candidatos ou si non mandalos a escola antes de tomar posesión, e mentres tanto, mandena unha temporada larga para Castellon e poñan a outro-a no sitio, haber si asi anque ustedes nos fodan ben fodidos a crase media e baixa do pais, por o menos non o digan con recochineo.
Otero Regal
Comentarios (13) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-07-2012 08:20
# Ligazón permanente a este artigo
O DOMINGO 15 EXCURSION O NACEMENTO DO RIO LANDRO
ExcursióN
Ruta do nacemento do RIO LANDRO
Dia: Domingo 15 de Xulio
Destino: Fonte do nacemento do Rio Landro na Serra do Xistral
Necesitas comida e bebida para a ROMERIA que vamos a facer na Campa de abaixo
Saida en autobús as 11 da maña dende a Fonte de Verxeles ata Vilariño de ali andando 4 kilómetros ata o nacemento do LANDRO donde poñeremos unha placa e teremos gaiteiros e musica galega, voltamos andando a Vilariño e de ali en autobús a Viveiro as 6 da tarde.
Para apuntarse
982 562589
O autobús e gratis
ESTADES TODOS INVITADOS
Colaboran:
Concelleria de deportes do Concello de Viveiro
Asociación de veciños Valdeflores de Xunqueira
RegalXunqueira
Regal Ceramica
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-07-2012 20:54
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal