A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

APRENDENDO A DECIR NON
Tiña pendente este articulito domingueiro dende fai tanto tempo¡ A cousa xurdeu, como casi sempre de unha conversa, donde saquei a conclusión de que un dos problemas que levo arrastrando dende fai 60 anos, menos un e o don da asertividad pero cunha carencia: non saber dicir que NON. É algo que teño asumido? ¡pero que quero cambiar! Hai días nos que é desesperante mirar o rededor. Moitas peticións de axuda, que estarías encantado de resolver, pero que requiren o seu tempo, un ben que escasea precisamente polo círculo vicioso no que me vexo inmerso. É certo que nos últimos anos fun mellorando e algunhas veces, medio de broma, ás veces medio en serio, matinei que tiña que facer un taller terapéutico en RegalXunqueira sobre isto “Aprendendo a decir non”a o que teria que acudir o 99% dos políticos da bisbarra, e si me apuran da provincia.

Puidese parecer que dicir que si a todo e a todos é positivo porque estamos contentando ás persoas coas que nos relacionamos. Pero igual obtemos o efecto contrario: frustración por acabar facendo algo que realmente non queriamos facer; non chegar a todo o comprometido, sumando xa que logo máis frustración e ofrecendo unha pésima imaxe .

As razóns desa parálise á hora de dicir que NON poden ser varias e hainas de todas as cores:

A culpabilidade, ese sentimento traizoeiro que che golpea onde máis doe: a conciencia. Simplemente queres axudar, pero non consideras que igual che estás facendo a ti un fraco favor. E isto acentúase aínda máis,por esa herdanza cultural de debernos aos demáis.
A incerteza de que se non aceptamos algo, non se nos presentarán futuras opcións (xa non nos volverán a chamar ou ofrecer algo).
Querer agradar e o medo a parecer un borde. Moitas veces comentei aquí que a nosa sociedade está infestada dun “borollismo” que en ocasións é ata afogante. Dámonos xabón ata límites insospeitados. Ninguén quere asumir o rol do “vinagre”. E máis cando as palabras quedan frías e as susceptibilidades están a flor de pel.
Que todo nos pareza atractivo. Entón temos un grave problema de xestión de prioridades e unha limitación inherente ao ser humano: os nosos días, como os dos demais, teñen 24 horas (nin un minuto máis, nin un minuto menos).

Se vos sentides identificados con algún dos puntos anteriormente expostos, vós tamén sodes da “Cofradía do SI”. Así que fagamos xuntos a terapia. Repetide comigo:
Gustaríame poder axudarche, pero resúltame imposible.
Non son a persoa máis apropiada para isto. Se queres, pódoche dar o nome de….
Agora mesmo non conto co tempo suficiente para levar a cabo iso e a min gústame comprometerme ao 100%?.
E sen dúbida, a miña favorita, “Encantaríame, pero non me apetece”.

Tras reler esto unhas cantas veces, deime conta que usei unha chea de veces a palabra NON. Será que xa estou aprendendo?.
Otero Regal
Comentarios (7) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-07-2011 10:57
# Ligazón permanente a este artigo
UN CONSELLO PARA OS NOVOS E VELLOS ALCALDES DE A MARIÑA
Agora que ainda estamos neses tan cacareados 100 dias dos novos e vellos gobernos municipais de A Mariña, está craro que nalgúns lugares a cortesía politica non existe ou teñena moi ben escondida entre as pernas, como sucede en Viveiro con o PP, e bó recordar algo que fai tempo escoitei da boca dun politólogo que resume perfectamente o estado da questión respecto da participación dos cidadáns nas tarefas de goberno. A frase é clara e definitoria: Non hai bo goberno sen bos cidadáns.

Pois ben, seguindo o ronsel d a frasecita encontrei un estudo Alberto ,encontrei un estudo, serio e ben fundamentado, no que analizaron as percepcións dos habitantes de 3 concellos sobre os seus gobernos e a conclusión é realmente interesante: Canto máis aberto é un goberno municipal, máis felices son os seus cidadáns e máis se implican na tarefa de goberno.

Esta terrible frase de Rousseau: Os ingleses crense libres, pero equivocanse , porque só o son durante as eleccións dos membros do Parlamento; desde que estas terminan volven ser escravos, non son ninguén. E no curto tempo da súa liberdade o uso que dela fan ben merece que a perdan?.
Precisamente no momento en que a democracia triunfou como o menos malo dos sistemas existentes e, xa que logo, como o único aceptable, os habitantes da maior parte das democracias actuais sentimos algo desta desazón roussoniana. Enrique Dans escribe que todos os partidos emiten unha mesma mensaxe electoral: “Unha vez que teño o teu voto, xa teño todo o que quería de ti. Agora, cálate e non molestes cabestro”.

Vendéusenos a democracia liberal como a única forma de democracia, pero estáse atopando con moi serios problemas de lexitimación, os cales non proceden tanto da súa incapacidade de producir desenvolvemento canto da inadecuación das súas institucións e prácticas aos anhelos e valores de gran parte da cidadanía do noso tempo.


A democracia liberal propón un goberno representativo que se lexitima pola súa capacidade para xerar dereitos civís, económicos e sociais dirixidos ao pobo, pero sen o pobo. Os cidadáns tomamos o rol de consumidores de servizos públicos, o que nos garante certo benestar e un grao de liberdade consistente en non sufrir as interferencias dos outros. O concepto de liberdade é, pois, puramente negativo e consiste en evitar trabas. Por outra banda, preténdese manter separadas as esferas do privado, onde os individuos exercen a súa liberdade, e do público, que se deixa en mans dos representantes políticos.

Neste réxime dáse por feito que un certo grao de corrupción é inherente á xestión dos bens públicos, pero que a renovación dos equipos de goberno pola vía electoral provoca algo así como unha periódica limpeza xeral. Os mellores dos políticos orientan a súa función a prover aos cidadáns-consumidores dos servizos que demandan, baixo o lema "give people what they want", e sorpréndense cando descobren que, a pesar de facer o que a xente quere, a lexitimidade decae. A democracia liberal fomenta unha cidadanía irresponsable e insatisfeita.

Un na sua infinita inocencia recomendaria a estes politicos de A Mariña unha alternativa a esta forma de funcionar que chamaria republicanismo cívico,unha alternativa democrática ao actual paradigma dominante. En esencia, consiste en fiar as liberdades e os dereitos dos cidadáns, non á actuación dos profesionais da política, senón á virtude cívica dos propios cidadáns, que se comportan como axentes políticos activos.

Os republicanos son portadores dun patriotismo cívico distinto ao patriotismo constitucional dos liberais. Este patriotismo cívico non se conforma co respecto á legalidade, esixe sobre todo amor á polis e a súa demostración mediante a práctica das virtudes públicas que só pode facerse na política. A separación entre o público e o privado deixa de ser estanca e considérase que unha vida privada non pode ser digna sen exercer unha vida pública digna.

O republicanismo cívico (non confundir co partido republicano estadounidense). A política constrúese como un saber práctico que emerxe da interacción e as pequenas contribucións de moitas persoas, sen pretensións de verdade absoluta, cun espírito experimentalista e adaptativo, onde tan importante como os resultados é a aprendizaxe que se produce polo camiño.

Moitos consideran unha utopía calquera formulación deste tipo porque desconfían da sociedade na que viven. Algúns dirán que se trata de boas ideas para aplicar en Suíza ou en Dinamarca, pero que nunca comarca latina a picaresca vai incorporada no código xenético. Os que así opinan non coñeceron, ou esqueceron, outra realidade. Quen recordamos como era a vida nalgúns pobos de aquí mesmo, non fai tantos anos, sabemos que os pais ou os avós destes pesimistas coñeceron formas de organización social moito máis integradas e máis responsables. Esas formas perduraron durante séculos, mentres que o actual sistema urbano, liberal e irresponsabilizado, apenas leva dúas xeracións de dominio.

É boa verdade que non existirá un bo goberno sen uns bos cidadáns, como que non existirán bos cidadáns sen un bo goberno. Apréndese a exercer a cidadanía cando se adquiren responsabilidades na toma de decisións, e vaise lexitimando o goberno a medida que a toma de decisións déixase en mans de quen ven afectados por elas. É un círculo virtuoso no que nos temonos que meter. Sen comportamentos cívicos, non hai boa Administración que resista. A construción dunha ética cívica de inspiración republicana e dunha ética política e funcionarial que beba nas mesmas fontes constitúe unha tarefa intelectual e política sen dúbida estimulante.

Eu sigo pensando que a lista de valores que propuxen no seu día pode ser adecuada para ir configurando esa ética cívica, das Administracións, dos servidores públicos e dos cidadáns. Non porque sexa a lista perfecta, senón porque a considero o bastante retadora como para que poida provocar un debate quente. Teño tamén algunhas esperanzas de que avancemos na dirección correcta. Tal vez non haxa que esperar a que nos xubilemos e substitúanos unha nova xeración máis evolucionada.
Otero Regal


Comentarios (18) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-07-2011 14:49
# Ligazón permanente a este artigo
OS TEMPOS PASADOS NON FORON MELLORES
A pesar do coñecido verso de “Jorge Manrique” "Como, ao noso parecer, calquera tempo pasado foi mellor", non sempre é certo. En ocasións idealizamos o pasado e o recordamos como perfecto en contraposición a un presente con dificultades e problemas. Iso é porque a mente conserva o bo e agradable e esquece o malo.

Existe en cada tempo e en cada sociedade certos trazos ou clichés comunmente aceptados pola gran maioría que podemos tomar como referencia.
Esto ben a que fai unhas semans acudib por primeira vez a unha xuntanza que antigos compañeiros de promoción do Seminario de Mondoñedo fan cada dous anos, e ali percateime que todos eles, acudimos un 25% dos que fomos compañeiros, falaban con agarimo e ledicia de aqueles recordos que incluian certa represión, e incluso violencia fisica propia daquelas décadas, tamén cantaron aquelas odiosas cancións rampleiras de Fórmula V e similares, ademais das populares galegadas as que me sumei, fixose un repaso a quen e cada un de nos 45 anos despois, algunos tiveron éxito, outros cartos, e outros nin flu nin fla, mais da mitade estan retirados, que si por prexubilacions de empresas, bancos e similares ou por que son militares ou membros das forzas e corpos de seguridade do estado, temos persoaxes de sona, na política, un de nos foi diretor da TVG, e hoxe e o das suvencións a medios, dous son os directores para España de dous bancos de sona en Alemania e Arabia outro viaxa en avión particular dende USA donde ten negocios, outro segue co música e ten un grupo de Jazz e espera a xuvilacion da Caixa galega, funcionarios de policia, un deles con dominio do ruso, mestres, profesores de instituto,inspectores de facenda, un tenente coronel, un mercader de gando , un hosteleiro, profesores da universidade, medicos, varios empresarios de sona, e eu que sego sendo un “raro” nesta gran famila de exitos e fracasos. ¿E os profesores? alguns mortos, casi todos colgaron a sotana e están casados e con fillos. Tamén recordouse a os que xa non están, cancro, suicidio, e un morto nun atentado de ETA en Euskadi.
Guistoume a reunión e pensei que si fai mais de 40 anos nos puxeran un espello do que somos hoxe nin o creriamos, ademais estamos vellos de carallo, pero tamén me fixo esclamar aquello de que “CALQUER TEMPO PASADO NON FOI MELLOR”
Pois ben, por moi máxicos e maravillosos que resulten eses momentos non podemos utilizalos en ningunha comparación obxectiva. Falemos dos recordos entón. Aferrarse aos recordos dunha etapa anterior dificulta de xeito evidente a adaptación e a aprendizaxe nas novas etapas e os novos retos que a vida bríndanos, Ademais a nostalxia pode facer que o pasado se distorsione, amplificando os efectos de ancoraxe. Por esa percepción (non errónea senón subxectiva), amplificamos demasiado o acontecido no pasado (entre outras cousas debido á nostalxia), impedíndonos gozar de xeito adecuado as cousas e vivencias que temos no presente.
Otero Regal




Comentarios (14) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-07-2011 10:55
# Ligazón permanente a este artigo
NOTICIAS PORCAS
Hai noticias que non deberían darse nunca, non porque non sexan importantes senón porque producen naúseas, estupor, malestar e rabia. Estes síntomas sufrinos en propia carne ao oír: O BBVA aumentou o seu beneficio nun 9,4% durante o 2.010 con respecto ao 2.009, é dicir uns 4.606 millóns de euros limpos de polvo e palla. Que?, Como se vos queda o corpo? E se vos digo que o Banco de Santander duplica esta cifra. Imos... E contanos esta noticia coma se fose a gran boa nova do ano. Igual que cando comunicaron a vitoria no mundial.

Señores, o sistema de pensións modificado á baixa, redúcense as prestacións, a reforma laboral só é un simulacro de conato de intento, a economía nacional segue en recesión, a corrupción campa ás súas anchas, os investimentos públicos redúcense e a costa de xaneiro, febreiro, marzo, avril, maio e xuño foi unha parede. Como se asume esta noticia senón é como un gancho ao figado.
Onde están os millóns achegados aos bancos caixas e outras empresas de mal vivir, polo estado para en teoría proporcionar fontes de financiamento. Onde están os intereses deses diñeiros públicos. Señores nese beneficio. Canto medo hai neste goberno á Banca. Esprémennos con comisións, intereses, gastos de mantemento e aínda encima deixámoslles diñeiro para tapar os seus rotos económicos. Así funciona calquera empresa. Iníciase un proxecto por arriscado que sexa e se sae mal, non pasa nada o Estado asume a perda, pero nunca as ganancias de estes pillos.

Diñeiriño fresco para os accionistas que é o que conta. Aos españolitos do montón que os folle un peixe. Non pidas que non che van a dar un euro a non ser que presentes de avalista a un fondo de Dubai. Iso si non che afastes que se lle faltan perricas para contentar aos seus accionistas pediranchas.

Nunha situación como a actual e con ese volume de beneficio deberían ter a vergoña de dispor de parte en favor do ben común e non me refiro ao mero labor social de caridade. Por case o mesmo o Goberno privatizou o 30% de Loterías e apostas do Estado. Servizos públicos andan co justito para funcionar, sanidade, educación, xustiza e sobre todo as prestacións da Seguridade Social e Desemprego.

Quitámoslles os seus buracos e agora témolos todos, o Estado, as autonomías, Concellos. Claro que se o goberno pídelles, daranllo pero con intereses. Miúdos son. Como digo como non teñen vergoña non veremos un xesto de filantropía cara ás necesidades públicas. Aínda que non fose senón utilizar parte deses beneficios en préstamos con intereses simbólicos. Nada, ademais seguro que había gabelas de politiquillos que os acapararían.

En definitiva, que a maior crise máis beneficios financeiros, máis apertar porcas, máis espremernos e non vemos a saída do túnel, nin un mísero brote verde.

Este goberno déixase mangonear por banqueiros e empéñase en producir cada vez máis miseria, agrandar os buracos económicos e fornecer a bancos e caixas de aforro á conta de reducir o noso benestar social, subir impostos e desprenderse do patrimonio público. E os outros xa son os mesmos comen e cagan con os grandes capitalistas e por tanto faran o que eles lles digan, por afinidade e por combencemento En resumen: Estánnola cravando ben. Que Deus cóllanos aviados.
Comentarios (16) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-07-2011 08:35
# Ligazón permanente a este artigo
CHANCHULLOS, SUBENCIONS E XENTES DE MAL VIVIR
¡Xa estamos coa corrupción a voltas outra vez! Logo virannos os políticos profesionais a contarnos as marabillas e os milagres que farán, do malos que son os outros e o honrados que son eles. E que pasa con o tema das SUBENCIONS, por estes lares
¡E agora vén o ministerio de facenda e solta aos seus inspectores para loitar contra a fraude na rúa! ¡Moi ben, home, moi ben! Que é o que esperan atopar? É dicir, os corruptos son os políticos e, como o xerife de Nottingham, vai esquilmar aos pobres para darllo aos ricos, porque todos sabemos que aos chorizos millonarios non se lles vai a facer nin unha mínima inspección e cando, como no caso de Lugo e tarde mal e arrastro e calquer “perroflauta” de esta provincia sabia que aquel milagro economico era un fraude, unha cazicada, e unha carallada.

Os responsables de facenda do Estado e de Galicia adícanse a oprimir ao pobo. Si, adícanse a oprimir, porque sobe os impostos para non reducir os gastos do goberno nin dos seus amigos que son os que reciben os montóns de euros en subencións. Reduce as pensións aos pobres pero non toca as partidas de subencións e axudas sin control. Reduce as prestacións de todo tipo, pero non reduce as subvencións aos amigos do poder. ¡Típico dos réximes bananeiros! Nesto, este pais deu un paso de xigante cara atrás. Deica pouco tempo, volverá estar nas cavernas porque agora resulta que o veciño do sur: Marrocos, coa corrupción que ten, resulta que é máis produtivo e rendible que España. ¡Todo un logro!

Mentres unha boa parte do país agoniza económicamente falando, outros reciben do estado substanciosas subvencións. Lendo O publicado encol da Trama galega das subencións en Lugo por parte do IGAPE , pódese observar como a propia Axencia Tributaria destaca infinidade de irregularidades na xustificación destas subvencións. Non é pouco diñeiro o que se vai dese xeito e non está moi claro que haxa actividades que teñan que ser subvencionadas per se.
E para mostra o exemplo máis absurdo, temos abundantes mostras dunha empresa sobre subvencionada e construida en Lago a veira de Alcoa con a pretensions de trasformar os lodos roxos en ladrillo refractrario, deceas de millóns de euros en subencions e estivo funcionando pouco mais 15 dias, e aquí non pasou nada, nadie preguntou por o sucedido e alguns “chourizos” con os cartos na “buchaca”. E só un exemplo temos por aquí deceas e foron beneficiados por Tiros e Troianos.
Otero Regal

Comentarios (16) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-07-2011 10:48
# Ligazón permanente a este artigo
PAPA ESTADO XA NON FARIA ALUMINA-ALUMINIO HOXE
Os Politólogos sosteñen que moitos falan de fútbol porque non saben falar de política. Nestas terras do norte Ibérico, é moi certo e a pouco que se amplíe o concepto, o argumento pode aplicarse a todo Occidente, onde unha parte importante da sociedade inxere gustosa o narcótico estético dunha vida pública que se quere reducir aos pormenores dunha vida real, ou ao concerto que a administración pública ofrece a prezo de saldo á conta de restarlle a outras partidas.

Agora sabemos que gregos, irlandeses, portugueses e islandeses miraron para outro lado mentres os seus governos malgastaban cunha man e privatizaban os servizos esenciais ou recortaban prestacións sociais coa outra. Fieis á nosa tradición, copiamos os mesmos vicios. Segundo o BCE, España gastou 50.000 millóns de euros máis do que tiña entre 1999 e 2009, coincidindo coa época na que se nos aseguraba que unha cidade, vila ou barrio non era europea de verdade se non tiña un auditorio, unha orquestra sinfónica e un gran museo. O prezo consistiu en desmantelar a educación, a sanidade, a xustiza e a convivencia co aplauso dunha maioría que espetaba aos escasos opositores: «É o progreso, idiota».
Pedimos todos como en Fuenteovejuna, que Zapatero nos dea traballo, nos pague a hipoteca e demais tralalas, pero deixamos e aplaudimos que o governo do estado vendera ou regalara empresas, bancos, e todo aquelo que alguen pagaria por elo, e como sempre como bos e xenerosos “paletos” sendo mais papistas que o papa, pois nin Alemania, nin Francia e menos Italia deixaron a sua participación estatal nas grandes empresas. Pero. ¿Cómo vai dar traballo o goberno das Españas?
Como resume pense ¿Cree ustede, mariñan de a pe, que agora se construiría o complexo industrial de alumina-aluminio en San Cibrao -Xove por parte de Alcoa? A resposta todos as sabemos fariano en África en donde teñen a materia prima e soldos de miseria, foi “Papa estado” quen con os nosos impostos construeu esa factoria, hoxe non se fai nada similar, e Alcoa, o dia que eso caduque ou non sexa rentable pechará e tirará as chaves a o mar dos Farellóns, ¡total casi lla regalaron¡

En dramático contraste, miles de persoas en Siria, Tunisia, Exipto e Libia, saen á rúa a pesar da ameaza certa de morrer por unha bala do seu propio governo. Aspiran a unha democracia e, polo que se ve, os modelos europeos en vigor non lles valen. Tal vez sexan eles, quen nolo ía a dicir, os que veñan amosarnos que a vella Europa, berce do dereito e a política, é hoxe pouco máis que un parque de atraccións.
Otero Regal

Comentarios (15) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-07-2011 10:55
# Ligazón permanente a este artigo
A BÓ ENTENDEDOR…
DISFRAZ: Artificio que se usa para desfigurar algo co fin de que non sexa coñecido. Vestido de máscara que serve para as festas e seráns, especialmente en entroido. Simulación para dar a entender algo distinto do que sente.
O RENACEMENTO: En España, o Renacimiento abarca o século XVI aproximadamente. Dous reinados repártense o século: o de Carlos I e o de Felipe II. España constrúe un imperio e exerce a hexemonía mundial. Durante o reinado do primeiro, lóitase contra Francia e o protestantismo; a sociedade está en expansión e é o momento de máxima apertura ás correntes europeas. Durante o reinado de Felipe II, en cambio, tómanse posturas máis tradicionais, crecen as dificultades económicas e as miserias sociais. España péchase ás influencias do exterior. No Renacemento dáse paso da mentalidade teocéntrica medieval (Dios era o centro da vida e da cultura) á mentalidade antropocéntrica (o home é o que ocupa agora o lugar central) e desenvólvese o humanismo.
O REI CARLOS: (Carlos I de España e V de Alemaña; Gante, Flandes, 1500 - Yuste, Estremadura, 1558) Rei de España e emperador de Alemaña. Con el implantouse en España a Casa de Habsburgo. Era fillo de Xoana a Tola e de Felipe o Fermoso de Castela. Foi educado nos Países Baixos por Adriano de Utrecht e Guillermo de Croy, recibindo a influencia dos humanistas do Renacemento (como Erasmo de Róterdan). A súa política pouco respectuosa da autonomía municipal, á vez que a perspectiva dun rei ausente durante longos períodos de tempo e esquilmando ao reino con impostos para financiar as súas empresas europeas, determinaron as insurreccións urbanas das Comunidades de Castela (1520-21) e das Germanías de Valencia e Mallorca (1519-24), que houbo de esmagar militarmente.
CASTELO DO PONTE: “Escasean en Galicia os edificios renacentistas non religiosos declarados monumentos e e único no seu xénero a porta da entiga muralla de Viveiro, chamada castelo do Ponte. Esta importante construcción, conmemorativa do rei Carlos I foi encargada polo concello de Viveiro en 1554 a o mestre Pedro Popderoso. O Consello de ministros aprobou o decreto declarando o castelo do ponte de Viveiro monumento Historico Artistico o 19 de Febreiro de 1942.
O VESTUARIO NO RENACEMENTO: Os homes e mulleres da clase media utilizaban pezas con mangas desmontables ou con dobre manga, unha estreita suxeita á peza interior, e outra mais ampla suxeita ao corpo do vestido, permitindo deste xeito cambiar o aspecto dunha peza. Outra característica importante do traxe renacentista eran as agujetas, usábanse para suxeitar as calzas á cintura do jubón, ou as mangas desmontables á sisa dun jubón ou un corpo. As agujetas xeraban suntuosidade no vestido.
Otero Regal

Comentarios (13) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-07-2011 15:00
# Ligazón permanente a este artigo
MORTOS NO PONTE DE O BARQUEIRO
En toda guerra hai mortes. É unha das razóns que as fan inxustificables. Quizá a razón principal.

A lóxica da guerra é a morte. Eu impóñome a ti porque te mato, e, morto, discutes menos. Non vou entrar agora en quen é culpable do desencadenamento da guerra, que é outro capítulo do que teño unha opinión. Pero "a nosa guerra", a guerra civil do 36-39, produciu moita morte e moito dor. Non só no campo de batalla, onde unha guerra, inevitablemente, produce morte, senón tamén en retagarda, a sangue frío, nos patios das prisións, xunto a unha cuneta,na ponte do Barqueiro, nun monte, xunto ao río, con ou sen pantomima de proceso xudicial, con frecuencia coa presenza e asistencia dun confesor, non sempre solicitado.

Houbo moitas mortes "civís" na nosa guerra do odio. Moitas en ambos os bandos. Un dos bandos, o vencedor, estendeu esa lóxica logo da guerra, ata décadas despois. Ser sospeitoso ou ata ser simplemente acusado de "auxilio á rebelión", o eufemismo polo cal referíanse as autoridades franquistas a quen permaneceron fieis ao lexítimo réxime republicano, foi motivo de prisión ou de execución. No referente ao número de mortes de civís durante a guerra civil e o franquismo está perfilándose un consenso case xeral na historiografía profesional (a non profesional pode dicir e di o que lle vén en gana, pero a verdade non está entre os seus obxectivos) e as cifras móvense nun contorno bastante acoutada: 40.000 na zona republicana e 130.000 na nacional Houbo violencia descontrolada en ambos os bandos, aínda que de natureza distinta. Libros como A xustiza de Queipo, de Francisco Espiñenta Mestre ou Franco, Caudillo de España, de Paul Preston, dannos boa idea da represión franquista en particular.

Durante a guerra caeron entre 90.000 e 140.000 españois ante a represión dos "nacionais", segundo as contas que ofrecen os historiadores, pero a tarefa quedou inacabada e, logo da guerra, caeron outros entre 40.000 e 60.000 ). O derramamiento frío deste sangue é aínda máis indignante, unha vez derrotada a república.

Na España rural ou de pequenasvilas como a nosa en particular os mortos a mans da represión republicana ou os mortos "nacionais" no campo de batalla gozaron de placas conmemorativas e cerimonias de desagravio e recordo honroso xa na década dos corenta. Esas placas seguen aí,no cementerio de Viveiro, en o nome do barrio de PENXAMO ou en as ruas do mesmo, tamen en alguhas igrexas dos nosos pobos.
Na España rural en particular os mortos a mans da represión franquista ou os mortos "vermellos" no campo de batalla foron motivo de vergoña e escarnio público dos seus familiares e amigos. Os fillos, as nais, as fillas, os pais, os netos e netas, amigos, primos, sobriños, houberon de ocultar o seu parentesco, obviar a súa relación, minimizar a súa amizade, disimular ou truncar a expresión pública da dor. Os seus mortos seguen na cuneta, xunto ao río, baixo unha estrada, nunha fosa común. E non teñen placas.

A Lei de Memoria Histórica e iniciativas semellantes xa foron motivo de absurdos debates ao longo da lexislatura pasada. Eu non o podo entender. O xuíz Garzón case esta a punto de deixar a xufdicatura por que quixo facer unha listaxe de mortos e/ou represaliados polo franquismo, unha listaxe que gozaría de respaldo xudicial, do respaldo dunha das tres patas do estado de dereito, e que suporía un recoñecemento tardío pero xusto a vítimas inocentes dun réxime tiránico e sen garantías. O neto, o pai, podería descansar para sempre. A súa memoria, a súa familia atoparían outro descanso.

Dicir, como Rajoy, que "abrir feridas do pasado non conduce a nada" mostra que, o PP, digan o que digan, segue sentíndose na necesidade de dar voz ao franquismo latente. O PP é o avogado defensor dos desmáns da represión franquista. E o é porque cre que así gaña votos. É un dos puntos máis negros da España negra. Defender ao franquismo dáche votos. Mellor devandito, minimizar crimes contra a humanidade dáche votos.
Imasxinadevos a canciller alemá facendo o mesmo? Esa e a diferencia da dereita europea e esta tropa que temos aqui.

"Pelillos á mar". Esquezamos esas deceas de miles de vidas truncadas. É mellor esquecer e que o avó siga na cuneta. E se o neto pódese reunir con el, case mellor. Mentres, podemos seguir canonizando mártires en Roma, ondeando a bandeira. Hai que defender a España.
Comentarios (17) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-07-2011 18:08
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal