A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

ENFERMOS DE CARALLADA
Isto é un inglés, un alemán e un español que están nun bar.
Vai o inglés e di:
- Mirade, ese de aí non é Xesús, míralle coa súa barba, a súa túnica, todo, que si, que é o mesias .
Vai, achégase e dille
- Verdade que eres Xesús?
- Si pero non llo digas a ninguén.
Entón dille o inglés:
- De pequeno rompinme o xeonllo, pódesmo curar?
Vai Xesús ponlle a man e cúrao.
Logo o inglés cóntallo ao alemán e ao español. Vai o alemán e dille:
- Díxome o meu amigo o inglés que eres Xesús. Teño un ollo de cristal pódesmo curar?.
Vai Xesús, ponlle a man e cúrao. Entón Xesús creía que o español non tardaría en ir pero pasaba o tempo e non chegaba. Xesús morto de curiosidade achégase a el e dille:
- Por que non me pides que che cure algo?
E o español di :
- A min nin me toques, que estou de baixa.

Segundo unha enquisa europea feita pola Comunidade Europea, os españois son os que máis finxen enfermidades para collerse unha baixa e non ir a traballar. En concreto, o 22% dos entrevistados españois recoñeceu que na última baixa que se colleron finxiron estar enfermos. A porcentaxe é lixeiramente inferior en Irlanda e o Reino Unido (21%) e en Holanda (20%). Os que menos falsifican as súas baixas son os daneses (4%) e os noruegueses (10%). A media a nivel europeo é do 15% de baixas por incapacidade sen existir motivo.

En toda Europa pérdense en falsas enfermedades, máis de 800 millóns de días enfermos cada ano, e se se asume que o día medio do traballo ten 8 horas de longo, a práctica da enfermidade que se finxe para evitar o traballo, está custando a patróns preto de mil millóns de horas de traballo human perdidas.
Quemultiplicadas polo custo de salario medio das baixas por enfermidade para os patróns trae o custo total a un 40 mil millóns.
Esto a o parecer aumentou extraordinariamente con motivo do mundial.Espérase que o número de sickies este ano aumente con moita xente que tarda tempo de traballo para mirar o mundial.
A crise económica que nos abasalla probablemente o número de días de baixas por falsas enfermedades , o medo a perder o “chollo” parece que e a cousa principal .
Pero a todo esto ¿Quen firma tantas baixas ficticias? Os médicos,- non todos -, a o parecer, en esto tamen existen crases, uns son reticentes a fomentar o chanchullo e teñen sona de non dar baixas sin ton nin son, pero outros, por o contrario firman todo o que lles pide o pretendido paciente sin mirar nin rechistar.
¿E quen controla a eses medicos firmóns e pouco éticos? En teoria e a inspecion médica que son outros médicos, precisamente o que na practica significa que a cousa esteña como está.
Otero Regal

Comentarios (17) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-07-2010 14:12
# Ligazón permanente a este artigo
AS TERRAS E XENTES DE FOZ

Xa o dicía Baudelaire cando afirmaba que “a miña patria é a miña infancia”. Tamén Antoine de Saint-Exupery: “A infancia é a patria de todos”. E como non, Miguel Delibes: “A infancia é a patria común de todos os mortais, por iso é polo que o lector identifíquese de inmediato cun personaxe infantil sexa de onde sexa”. O gran poeta checo Rainer Maria Rilke referiuse igualmente á infancia como a verdadeira patria de todo home.
E digo isto porque o pasado martes dia 20 de Xulio, xusto o dia en que naceu a miña unica filla voltei a miña infancia con un fardelo de agasallo do que mellor sei e quero facer., e con migo, varios homes e mulleres, algúns dos cales non ver desde facía máis de vinte anos, regresaron a esa patria feliz que é a infancia.

O lugar de encontro e agarimo coas miñas terras, ruas, corredoiras, praias e mares foi un fermoso edficio o que chaman CEINMA situado perto do porto de Foz, donde o concello decideu colocar un murar meu de 15 m2 como peza emblematica que recibe os futuros visitantes.
A pesares das miñas reticencias a explicar a miña obra darei aquí unha pequena guia para que cada un cree en base a obra plastica que ali se encontra, formada por 11 persoaxes homes e mulleres, que portan nas suas mans e regazo alguns simbolos de oficios da bisbarra, peixes , fouciños, plumas de escribir, petrogrifos, trisqueles e simbolos solares….
Como xa dixen en principio trátase dunha homenaxe as terras de Foz e 9 representan as suas parroquias, Villaronte, San Martiño, Santa Cilia, SantaCis co. Foz, Fazouro, Nois, Cangas e Cordido, outro persoaxe e aqueles miles de persoas que tiveron que deixar a terra e voltar a facer raices fora, e por ultimo, a muller sentada e un homenaxe as mulleres de Foz, simbolizadas en as pescantinas e xente labrega, auntentico matriarcado en tempos de fame, suor e bágoas.

A miña patria é a historia ancorada na terra,o silencio que rende as súas letras nas rúas do vento, a infinita dehesa onde se acubilla o muíño cuberto de auga e brión
e a súa ponte labrada no eterno granito. O meu pobo son os ferros que de óxido lamen as fiestras un acio de geranios que colgan dos balcóns rotos expostos ao aire,
a lagartixa errante que rube polas encaladas tapias e a auga que mana nos xélidos regatos buscando o seu ocaso fronte ao mar.
O meu pobo é a calor da sesta, ou o frío de tempos pasados, as cartas que non se escriben pero se cantan, en tardes de baralla. O meu pobo son as súas xentes,
homes e mulleres que labraron o suco e o mar, aqueles que partiron en pos dun soño e deixaron os ventos e as flores para abrazar outras terras sin esquecer os orixes.
Otero Regal

Comentarios (16) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-07-2010 07:56
# Ligazón permanente a este artigo
CANDO SAN TELMO ERA O PATRON DOS MARIÑEIROS
“Todo pasa y todo queda, pero lo nuestro es pasar,pasar haciendo caminos, caminos sobre la mar”. Decia Machado, e eu quixera aplicalo a que calquer cousa que e moda pasa de moda, inclusive os santos e senon tomen nota.
Esta semana celébrase por toda a bisbarra festas en honor de a “Patroa dos mariñeiros”. Pero, ¿esto foi sempre asi?, pois non ata o séculoXVII o patron da igrexa católica, apostólica e romá adicado a protección dos mariñeiros era San Telmo e ainda nalgunha igrexia costeira podese encontrar algun san Telmo arrumbado, existiron na bisbarra altares e capellanias adicados a o Santo e pobos como Tuy o teñen como patron.
Pero ... de onde vén o patronazgo da Virxe do Carmen cara aos mariñeiros?. No século XVIII, cando xa era moi popular a festa da Virxe do Carmen en España, o almirante mallorquin Antonio Barceló Pont da Terra, impulsou a súa celebración entre a mariñeiría que el dirixía. Foi a partir de entón cando a mariña española e pescadores foron substituíndo o patrocinio de San Telmo polo da Virxe do Carmen.

Aínda que a Virxe sexa a patroa dos mariñeiros e pescadores, moitos deles comparten aínda o patrocino con San Telmo.

Desde fai séculos, no medio das peores tormentas no mar, os mariños invocaron a San Telmo, o seu patrón, para evitar os perigos dun naufraxio. A aparición nos mastros dun misterioso brillo azul ou violeta que ás veces tiña aparencia de chorros de lume era interpretado como un bo agoiro enviado polo santo en resposta ás súas oracións, moi probablemente porque o fenómeno adoita ocorrer facía a parte final das tormentas
O lume de San Telmo é unha descarga de efecto coroa electroluminiscente, provocada pola ionización do aire dentro do forte campo eléctrico que orixinan as tormentas eléctricas. Aínda que se chama lume, é en realidade un plasma de baixa densidade e relativamente baixa temperatura provocado por unha enorme diferenza de potencial eléctrico atmosférica que supera o valor de ruptura dieléctrica do aire, ao redor de 3MV/m. O brillo branco-azulado que acompaña o fenómeno é debido ao nitróxeno e osíxeno da atmosfera terrestre, este efecto é similar ao que fai que brillen os letreiros de neón, unicamente cambiando a cor por tratarse de gases diferentes. Nalgunhas circunstancias ten aspecto de lume, a miúdo en dobres ou triplos chorros e moi a miúdo ocorre acompañado dun sonoro zumbido.
Otero Regal
Comentarios (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-07-2010 20:43
# Ligazón permanente a este artigo
O ASUNTO DA ROXA
Segundo un estudo que publicou a revista TIEMPO, o Produto Interior Bruto (PIB) do país que conseguiu vencer o mundial de fútbol podería incrementarse nun 0,7% grazas á influencia positiva que tería a noticia, xa que elevaría a confianza da poboación e, en consecuencia, tamén o consumo.

Algúns crédulos e animosos perden o xuízo. Para empezar, o mesmo díxose respecto da Eurocopa. Creceu o PIB entón?. Evidentemente o Mundial ten maior magnitude, pero dubido moito que sexa capaz de rascar máis dun par de décimas vía turismo e algo de consumo, e iso sendo moi “animoso”. Non é casualidade que esta noticia aireárona a mesma clase de pseudoeconomísticos animosos, que cren que a economía responde fundamentalmente a estados de ánimo. E aínda que sexa verdade que hai unha correlación entre gañar o mundial e que o PIB medre , creo que aquí se pasou por alto a contorna mundial. Non estamos en tempos de expansión económica, e os brotes da “recuperación” marchitanse sen piedade.

Con estes indicadores así, como collóns se pretende ou se pode crer, que un evento deportivo poderá ter repercusión positiva na economía, máis aló dalgúns miles de guiris que visiten España. Crer que levantar a copa poderá darnos un 0,7 no PIB, é vivir noutra dimensión, noutra realidade,.

E ademais tendo en conta que o que se vía na rúa os cartos que se moveron foron para camisetas e bandeiras roxo e gualda por si non o sabiades as camisetas da ROXA patriótica e pandereteira fanse no 90% en China e as Bandeiras no 100% así que quen estarán contentos son os chinos de Xangai e quizabes alí si que se notara na súa economía, tamén os Escoceses venderon mais wisky e os mexicanos e irlandeses máis cervexa.

Dar a opinións coma se foses un oráculo é absolutamente ridículo. Ser economista non consiste nisto, señores. Iso é rebaixar a profesión que xa esta bastante desprestixiada a unha especie de quiromante -de charlatán- da economía.
Otero Regal
Comentarios (21) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-07-2010 08:46
# Ligazón permanente a este artigo
CRISIS E REBAIXAS

«Estamos ao límite. Non hai máis que ver que a maioría das tendas están totalmente baleiras. Moitos dependentes non poden facer outra cousa que mirar». Son berbas dun comerciante de Viveiro a pasada seman , por outra banda, a patronal do comercio alerta continuamente do «delicadísimo» momento que atravesa o sector a consecuencia da crise económica e a caída do consumo, debuxaron un mapa descorazonador.
A crise non afecta a todos por igual. O comercio familiar e as pequenas cadeas áchanse nunha situación preocupante, segundo as asociacións do sector e as fontes sindicais.
Un poder adquisitivo á baixa, o medo ao paro, a liberalización dos horarios, a competencia das medianas e grandes superficies comerciales poden botar o peche ao comercio tradicional.

A chamada de atención deste gremio baséase en datos como os ofrecidos no informe da oficina estatística comunitaria, Eurostat, que situou a España xunto a Luxemburgo, como o segundo país europeo onde máis baixaron as vendas do comercio comerciante polo miúdo, o 5,9%, respecto de xullo de 2007. Cunha caída do 8,5%..
As causas deste descenso son a diminución do gasto das familias e o parón do consumo ocasionado pola crise económica. O que orixina que o sector comerciante polo miúdo empezou a baixar o número de empregados.
Todo esto , podería supor a desaparición do 30% dos pequenos e medianos comercios.
Por outra banda o transvasamento de consumo que se está producindo desde o pequeno comercio ao mediano é grande atribuíble a unha situación na que ven favorecidas as empresas de franquícias.
Outra circunstancia que fai máis vulnerable ao pequeno comercio fronte ás grandes superficies son os altos alugueres dos locais que asinaron en época de bonanza económica, e que está facendo que moitos comercios, sobre todo de téxtil e complementos, estean pechando as súas portas. Asi as cousas e necesario a posta en marcha dun plan de competitividade para facer fronte á crise do comercio comerciante polo miúdo.
E para agrabar mais a situacion algunhos “xenios” dirixentes de asociacions do sector, non se lles ocurreo mellor solucion que entregarse en mas de e organizar feiras de rebaixas traen do casi medio cento de expositores de fóra, e o concello, tan listos eles cederlles os pavillons de deportes e algo mais para que viñeran axudar a esnaquizar o puxante comercio de Viveiro.
Otero Regal

Comentarios (19) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-07-2010 07:26
# Ligazón permanente a este artigo
OS COMERCIOS MINORISTAS CONTRA AS FEIRAS DE REBAIXAS E A COMPETENCIA DESLEAL
Ante a proliferación de feiras de oportunidades en distintas localidades de Galicia durante o fin de semana,unha das batallas pendentes dos comercios tradicionais é contar co respaldo legal necesario para evitar que esta actividade lles prexudíque. "Estase utilizando a palabra outlet incorrectamente.Este tipo de mercados ,que se publicitan como outlets, non o son. Son simplemente feiras de oportunidades: consiste en vender artigos rebaixados durante un dous ou tres días nun espazo que se habilita especificamente para iso, normalmente no centro das localidades ou en locais dos concellos. Cremos que estas feiras deberían estar máis controladas porque, en ocasións, supón unha competencia desleal para o comercio local", explica Seijas, quen engade que se os tendeiros ou comerciantes de cada zona participasen nesas vendas de saldos "sería ideal"."O que non pode ser é que eses comerciantes procedan doutras localidades. O que habería que facer, segundo o noso punto de vista e para evitar prexuízos,é fixar a porcentaxe de participación.Quero dicir, que un 70%,por exemplo, dos comerciantes que participan sexan da zona,e un 30% doutras. Pero non ao contrario",e si nonpoidera reunirse ese porcentaxe non se fai e xa esta. engade o portavoz de os minoristas.Sobre este asunto aínda non existe ningún punto consensuado de face á nova lei de comercio de Galicia.Para Seijas,"non se pode xogar "coa ambigüidade dos termos" A definición oficial de outlet é: venda de saldos nun lugar fixo. Segundo estas palabras, coidado con considerar un outlet como unha gran área comercial. En todo caso, sempre que se fale de artigos rebaixados hai que informar ao consumidor se se trata de saldos, taras ou pezas fóra de tempada, entre outros tipos",afirma Seijas.
Quizais por este desbaraxuste que raia no cachondeo A Xunta toma partido:
O anteproxecto da lei de comercio interior de Galicia, presentado pola Consellería de Economía e Industria o pasado mes de marzo e que deberá ser aprobada antes do 28 de decembro, recolle moitas das demandas expostas polo comercio comerciante polo miúdo e foi cualificado de "moi positivo" pola Federación Galega de Comercio, organismo que preside José María Seijas.
Así, por primeira vez en Galicia defínese o fenómeno da feiras de oportunidades, cada día máis habituais en localidades e cidades da comunidade. Era unha das principais reivindicacións do comercio tradicional galego que, ante a ausencia de regulación específica, considerábaas "competencia desleal".
A lei pretende pór fin ao caos actual, en que se celebran saldos e oportunidades nos días previos ao período oficial de rebaixas. Así se regularán as feiras de oportunidades, outlets, rebaixas, saldos e os centros comerciais abertos. Ademais aténdese ás reivindicacións do comercio local, creando as mesas locais de comercio, como organismos de colaboración entre os concellos e os comerciantes.
A Xunta plasmou, neste punto, as reclamacións dos comerciantes polo miúdo. Estas feiras, promovidas por comerciantes en núcleos urbanos habilitados polos concellos, terán unha duración máxima de tres días e só se poderán celebrar unha vez ao ano, "preferentemente en período de
rebaixas". Segundo o anteproxecto de lei, dous terzos dos comerciantes que participen na feira deberán exercer a súa actividade en devandito Concello ou comarca e ningún deles poderá ocupar máis dunha décima parte da dimensión espacial da feira, previa autorización da Mesa Local de Comercio e previa comunicación á Dirección Xeral de Comercio polo menos un mes antes.
Hai que indicar que facía máis de vinte anos que non se actualizaba a lei do comercio. A anterior era de 1988 e a nova supón a adaptación á directiva europea.
Ademais das regulación das feiras, a normativa contempla a creación do Observatorio Galego de Comercio, como un órgano asesor e de estudo que introduce maiores garantías dos dereitos básicos dos consumidores e dos comerciantes.
Inspeccións e multas
Outra novidade que inclúe a nova lei de comercio interior é que Galicia contará cun corpo especial de inspectores dedicados en exclusiva ao control da actividade comercial.
Iso si, os comerciantes verán compensado este maior control á súa actividade con fortes rebaixas na contía das multas, xa que a cantidade desembolsada polos comerciantes que cometan infraccións graves, redúcese á metade, 600.000 euros, fronte ao 1.200.000 da lexislación aínda en vigor.
Comentarios (18) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-07-2010 11:43
# Ligazón permanente a este artigo
PREGUNTAS ENCOL DO PORTO DEPORTIVO DE VIVEIRO
Trais o “AFAIRE” entre Portos e Concello de Viveiro por “un quitame alo ese porto”, e trais os dimes e diretes e as miles de palabras e letras impresas sobre tal cousa, quedarome algunhas preguntas no tinteiro. Vamos pois ao asunto:
Cando , gobernando, e un decir, Cesar Aja se lles concedeu a xestion do porto deportivo con unha serie de condicions, recordo algunha, urbanizar o entorno, construir un edificio de servicios, suministro de combustible, pantalans cerres e vixilancia,.
Como e que Aja e o concellal do asunto Señor Solla non fixeron nin puñetero caso. E so puxeron pantalans e unha caseta?
Tanto con Aja e Solla como con Melchor e o Tolino habia moita xente que non pagaba por amarre, moita, bastante, sobre todo nos meses de outono a veran, politicos alguns deles?
E certo que unhos pagaban e outros non?
E certo que non controlaban os amares en transito e que moitos tampouco pagaban?
E certo que mentres existen cartos a estallo para hencher de marisco a algunhos politicos de Madrid ou para fanfarrias, disfraces e festas, aquí non se cumpleu co prometido no caso do porto?
Quen son ou eran os vocales do consello de administración de TURVIVEIRO que tanto antes como ahora deixaron que os cartos desapareceran originando un gran furado economico?
Non terian naide con dous dedos de frente tanto Melchor como Aja para xestionar o asunto que Machote e O Tolino?
E certo de Berdeal xanon e socio do casino e segue utilizando o pantalón como si o fose?
Porque sera que en Viveiro a cousa publica sempre acaba como o rosario da aurora?
E por certo e aprobeitando que o Landro pasa por o lado ¿Por qué se parecen tanto desgobernando Cesar Aja e Melchor Roel?
Si alguen ten unha contestación “RACIONAL” pode Engadila, abteñanse politicos e aprendices de oficio de tales que entendan a politica como si de un partido de futbol se tratara.
Comentarios (26) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-07-2010 21:12
# Ligazón permanente a este artigo
A HISTORIA E ALGO SERIO PARA DEIXALA EN MANS DE CRONISTAS E POLITICOS
“A historia e algo serio para deixala en mans de cronistas e politicos” Eu son partidario do rigor histórico, creo que a Historia é algo moi serio que afecta ao home e ás sociedades moito máis alá do seu aspecto "lúdico", que tamén o ten. Por iso non está ben malbaratar con parvadas unha ciencia tan valiosa que ademais contén datos que son acenos de identidade, que pertencen a pobos enteiros se non a toda a Humanidade.
Cando se conta unha historia sobre algún personaxe que existiu realmente, o máis elemental sentido do respecto esixe que se busque ese rigor histórico, non inventarse chismes e parvadas porque nos convén que sexan cridos, ou para que quede máis "espectacular".
Esto ben a conto por os “festexos” que este fin de seman estanse a celebrar con moito bombo e platillo en Viveiro.
Alguen con pouca “cultura” e moita “cara” sacou da manga que dado que os cartos publicos en Viveiro sobran e xa non teñen “arcas para gardalos na casa do concello e bo repartirllos a algunha empresas “listas” que argallan en espectaculos de mal teatreo por España adiante, e puxeronlle nome de mercado renacentista, a pesares de que os ensertes e tenderetes son os mesmos que das festas mediavais que proliferan cxomo as moscas en Agosto por todosd os lares e laretes.
Clarifiquemos logo algunha cousiña empezando por o do Rey Carlos I (Carlos de Austria, ou Habsburgo (Gante, 24 de febreiro de 1500 ) Mosteiro de Yuste, 21 de setembro de 1558), foi Rei de España co nome de Carlos I (1516[1] -1556), o primeiro que uniu na súa persoa as coroas de Castela, Aragón e Navarra, e Emperador do Sacro Imperio Romano Germánico como Carlos V (1520-1558).
Fillo de Juana I de Castela e Felipe o Fermoso.
Asi que queda aclarado que a non sexa que Viveiro sexa Aleman por un casual aquí a o señor chamouselle CARLOS I.
O asunto do desembarco nos castelos “ Foi en Tazones, na costa de Villaviciosa” onde o, por aqueles entón, xovencísimo rei Carlos I pisou terra española procedente de Flandes por primeira vez 19 de Septiembre de 1517, feito que se conmemora cada ano durante as festas locais de San Roque, que se celebran a mediados de agosto, cunha representación do desembarco. Soio decir que Viveiro ten a sua propia historia, ben rica e fermosa, por certo sin ter que copiar queiumadas como a de Cervo, tamborradas como en Calanda, nin desembarcos de Tazones, sin contar que ali non tiña nada que ver nin estar a sua nai Xoana I.
O colmo do desproposito e o asunto da concellala de cultura disfrazada de “Rexenta da cidade”. Ademais de que na epoca Viveiro era so unha vila , Rexencia e o goberno dun país ou estado perante a minoría de idade, a incapacidade ou a ausencia do seu lexítimo príncipe ou soberano, representado por un Consello de Rexencia.

Comentarios (38) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-07-2010 07:53
# Ligazón permanente a este artigo
POLITICOS, OS NOVOS AMOS
Políticos, os novos amos é un libro de Francisco Rubiales, publicado tras o éxito de Democracia secuestrada, ambolos caeron nasa miñas m,ans remexendo en unha libreria de Santiago.

No prologo do libro o ex ministro Manuel Pimentel di: "Políticos, os novos amos afronta o problema da degradación do poder con extraordinaria valentía, claridade e profundidade".

Recomendaria dende aqui a lectura do libro sobre todo aos alcaldes, concelleiros, diputados, senadores e demais "tropa" que nos goberna ou pretende gobernar, tamen vale para militantes de partidos politicos e a calquera cidadán inquedo e preocupado pola democracia. a pesare de que eu diria que unlibro duro, libre, afastado do politicamente correcto, capaz de provocar reflexións e golpes de conciencia moi dolorosos.

Trátase dunha análise sobre os grandes poderes, especialmente sobre o poder político, cuxa principal conclusión é que ( RECOLLO AQUI ALGUNS ANACOS DO LIBRO)
"Existe un compoñente depredador e rastrero no concepto de poder que nunca abandonou o escenario ao longo dos séculos. Unhas clases dominantes suceden a outras e cada época establece os seus sistemas de dominación e as súas regras, pero o poder, aínda que disfrazado, segue sendo o mesmo: depredador, ao servizo das elites, implacable e utilizado só polos amos como instrumento para dominar e sojuzgar.
Os poderosos, distintos en cada etapa da Historia, parecen pertencer a unha estirpe de dominadores que se transmiten uns a outros non só a filosofía de sojuzgamiento, a espada, o mazo, a bayoneta ou a metralladora, senón tamén unha especie de «xene» que os impulsa a contemplar a sociedade desde arriba. Agora, ao iniciarse o terceiro milenio, están encarnados nas democracias, adaptados ás novas regras, ocupando, como sempre, as alturas , grandes ou pequenas e exercendo, desde o poder político, o sometemento. Con eses depredadores retornaron as vellas doutrinas totalitarias e oligárquicas, camufladas tamén con envoltorios democráticos.
A min pareceme que permitir que os partidos políticos transformásense en maquinarias obsesionadas polo poder foron dous erros terribles dos cidadáns libres. Ese fallo nas defensas fixo posible que moitos depredadores instálense como «novos amos» no corazón dunha democracia que previamente corromperon mediante distintas estratexias tanto de esquerdas como de dereitas.
A rebelión dos homes de ben, dos inxustamente proscritos e dos seres libres pode aínda triunfar e alumar un mundo mellor, a pesar de que os enormes recursos e poderes dos depredadores fanos parecer invencibles. Pero é necesario, primeiro, crear cidadáns en masa, lexións de seres libres, dispostos a asumir responsabilidades, a recuperar costumes e valores democráticos esquecidos, a debater, discernir e plantarlle cara aos gobernos corruptos, a desprestixiar aos dominadores ilexítimos e a substituílos, finalmente, por estruturas de poder non profesionais, deseñadas para que floreza a cidadanía e baseadas na autogestión e o autogoberno.
Os partidos son a maquinaria de dominio máis sofisticada e avanzada creada polo ser humano e
compórtanse no poder público democrático como o facían os antigos señores ungidos. Sábense poderosos e blindados polas urnas, moitos deles amparados na inviolabilidad e na inmunidade, por ser cargos electos, e exercen o poder sen complexos, sen ter en conta a eficiencia, con luxo e boato, con actitudes altivas e afastadas a esa humildade e austeridade que ennoblecen o liderado. Cren que o poder sen ostentación non é auténtico poder e xustificano afirmando que son a representación do pobo soberano.
Posúeesta tropa un extenso e astuto elenco de argumentos para xustificar cada xesto de poder, cada movemento de goberno. Móvense acompañados sempre dunha corte de lamecus, asesores, amigos, colaboradores, xornalistas, empresarios e xente influente á que sempre intentan impresionar. Esquecen que mandar é servir e actúan como pequenos emperadores da democracia, como ridículos reyezuelos inmersos en privilexios e luxos que a historia fai tempo que erradicou porque eran propios do «Antigo Réxime», sempre rodeados de aduladores e de cortesáns. Son os novos amos, os que ostentan o poder político nas modernas sociedades democráticas, moitos deles sen nin sequera crer na democracia.
Non é certa a sentenza, alimentada desde a política, que di que «Os pobos teñen os gobernos que se merecen». Non é fácil atopar un só pobo que sexa peor que o goberno que padece. A que si é cada día máis certeira é a sentenza que di que «A política é demasiado importante para deixala en mans dos políticos" .
Comentarios (14) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-07-2010 13:59
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal