A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

CADA DIA, HORA E MINUTO É ESPECIAL.
Hoxe temos edificios mais altos e autoestradas mais anchas, pero temperamentos mais curtos e puntos de vistas mais estreitos.
Gastamos mais, pero gozamos menos.
Temos cousas mais grandes, pero familias mais pequenas.
Temos mais compromisos, pero menos tempo.
Temos mais coñecementos, pero menos criterio.
Temos mais medicina, pero menos saúde.
Multiplicamos as nosas posesións, pero reducimos os nosos valores.
Falamos moito, amamos pouco e odiamos demasiado.
Chegamos á lúa e regresamos, pero temos problemas para cruzar a rúa e coñecer o noso veciño.
Conquistamos o espazo exterior, pero non noso interior.
Temos maiores ingresos, pero menos moral.
Estes son tempos con mais liberdade, pero menos alegrías.
Con mais comida, pero menos nutrición.
Son días que chegan dous soldos á casa, pero aumentan os divorcios.
Son tempos de casas mais bonitas, pero fogares mais rotos.
Por todo isto que veño dicindo, propoño:
Non gardes nada "para unha ocasión especial", porque cada día que vivas... é unha ocasión especial.
Le mais, séntate na terraza e admira a vista que o día che regala, sen fixarte en malas herbas.
Pasa mais tempo coa túa familia e cos teus amigos.
Come a túa comida preferida, visita os sitios que ames.
A vida é unha sucesión de momentos para gozar... Non para sobrevivir.
Usa as túas copas de cristal.
Non gardes o teu mellor perfume; úsao toda vez que che dean ganas de facelo.
As frases "un destes días", "algún día", quítaas do teu vocabulario.
Escribamos aquela carta que pensabamos escribir un destes días.
Digamos hoxe aos nosos familiares e amigos canto os queremos.
Por iso, non atrases nada que agregaría risa e alegría á túa vida.
Simplemente recorda que CADA DIA, HORA Y MINUTO É ESPECIAL.
Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-07-2009 09:47
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal