A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

E EU TAMEN
A plataforma por unhas administracións públicas canarias eficaces, profesionais e que xestionen con obxectividade os intereses dos cidadáns anunciou este xoves que reclamarán que se cumpra a normativa vixente e os cargos públicos paguen aquelas indemnizacións que se deriven da súa actuación.

O presidente do sector autonómico da Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSI-CSIF), Javier Galván, explicou que a plataforma está conformada por tres sindicatos e unha asociación profesional de funcionarias e busca que os cargos políticos "paguen co seu propio patrimonio as indemnizacións millonarias e que agora se pagan con recursos dos cidadáns". "Non só os políticos, senón tamén os funcionarios que asinan eses documentos", aclarou.

Galván indicou que xa a Lei 30/1992 "establece" que no caso de indemnizacións de responsabilidade patrimonial onde incorre dolo, culpa ou neglixencia a administración de oficio inicie o trámite para pedir ao político ou ao persoal responsable as contías. "Non sabemos que se fixese nunca", dixo polo que concluíu que "se non o fan o poñeremos en man dos tribunais".

Non lles interesa aplicalo, explicou para engadir que a súa plataforma tamén se ocupará doutros asuntos que teñen que ver coa xestión dos recursos humanos da Comunidade Autónoma ou a eficacia administrativa.

Neste punto, solicitou que os altos cargos que estean por debaixo dos viceconselleiros deban ser funcionarios. Puntualizou que salvo nas excepcións legais as xefaturas de servizos se logren a través de concursos de méritos. Así mesmo formulou que a "función interventora" na administración chegue antes, é dicir, que non revise contratacións feitas, senón que fiscalice se se van facer en condicións de legalidade.
Comentarios (8) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-07-2009 19:53
# Ligazón permanente a este artigo
NO DIA DE GALICIA
Galicia, vin o mellor e o peor de ti, camiñei baixo os teus trebóns, tenteado o camiño entre a choiva preta, soportado ese sol de xustiza que algunhas veces che queima e parece querer afundirte entre a fendida terra, subín as túas montañas, nadei nas túas augas e baixei ás túas entrañas, onde o máis escuro non sempre foron as negras paredes da mina de de ferro da Silvarosa. Sentín tremer o meu corpo coas tronadas e entendín as xentes temerosas de Santa Barbara rezando para que a tormenta pasase. Vin os verdes máis incribles mesturados co fulgor dun sol que se afundía apraciblemente entre as vastas montañas ou nos horizontes mareiros, sentín a inmensidade do universo nesas deliciosas noites de verán onde a bóveda celeste celebra a súa existencia. Vivín contigo e contra ti, coa túa xente e contra ela, gocei o surrealismo de existir, en mil noites e en mil espertares. Vin os teus bosques queimarse e volver medrar, descansei á sombra de vellos castiñeiros, carballos, acebos e buxos. Gocei dos teus froitos máis fermosos e compartín a noite eterna dos teus fracasos. Soñei miles de mundos e millóns de universos, e en todos e cada un deles sempre te atopei Galicia.

Vin o profundo saber e entender das túas xentes e a súa superficial colonización, observei como se baila, se bebe, se come, se goza e se sofre en múltiples festas e romerias, comprobei como aínda hai mulleres que lavan na fonte pública, e ese mesmo día vin como tiraban unha chaqueta nova por atopar un descosido.

Sentín as gaitas, tambores e bombos, oín guitarras e violíns , dancei ao son que me tocaron e ao que me deu a gana. Vin as casas de pedra caéndose, as hortas abandoadas e as igrexas espaldadas, o souto converténdose en fértil terra e a feraz ribeira converterse en formigón. Comprobei como as areas das tuas dunas brancas e puras se manchou co diñeiro fosco e sucio de investidores capitalinos.

Cando eu morra, todos os meus recordos e vivencias desaparecerán da face da terra, cando eu morra non quero grandes demostracións, cando a vida veña a darme o último bico na boca e o meu último alento se vaia para sempre, prometédeme, que Galicia sexa o meu leito eterno e que cando a última das miñas moléculas regrese á terra, esta sexa o espazo de liberdade e igualdade co que tantos soñamos.
Otero Regal
Comentarios (15) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-07-2009 14:53
# Ligazón permanente a este artigo
AQUI TAMEN SECUNDAMOS O MANIFESTO DOS ESCRITORES GALEGOS
A Asociación de Escritores de Lingua Galega (AELG) lanzou esta tarde unha dura advertencia ao novo goberno da Xunta pola política de retroceso na promoción do idioma. Na véspera do Día da Patria, a ALEG acusou a Alberte Núñez Feixóo de liderar unha política de “redución do galego até o anecdótico” e de “asumir unha óptica de colonizados”.

Manifesto da Asociación de Escritores en Lingua Galega
Lectura pública na estatua de Rosalía de Castro na Alameda de Santiago de Compostela
24 de xullo de 2009
¡Que a man tembrosa no papel só escriba
palabras, e palabras e palabras!
Señora e nai nutricia da palabra galega, vimos aquí os que por única ofrenda temos a
palabra, para nos acoller na túa mirada xenerosa, aquela que alimenta o noso espírito e pon na nosa
voz a verba xusta: a que berra, e protesta, e rebélase, e clama, e chía, e brada, e balborda, mais sen
se laiar nin queixar, sen implorar nin pedir nin rogar porque de ti, da túa estirpe, herdamos e
aprendemos o azo de nos revirar.
Porque revirados estamos contra unha xenreira que naceu en pechos corazóns contra a
palabra de noso. Un odio que ameaza con derrubar o edificio que os séculos ergueron para
acubillármonos como pobo e como xente.
Desde a AELG insistimos na importancia que, na Galiza, tivo e ten a literatura. Porque a
nosa non é unha literatura xurdida da espontaneidade creativa, das vontades particulares de se
expresaren por escrito xentes de pluma feliz: a nosa literatura é, ante todo, unha declaración de
intencións. A nosa cultura é unha creación colectiva do pobo, unha ferramenta útil creada por
labregos e mariñeiros, por costureiras e boticarios, nas aldeas e nas vilas, unha cultura que logo foi
perseguida e condenada a ser identificada e estigmatizada, xunto á lingua que a nomea, como
exclusiva das clases desfavorecidas, coa intención de a facer desaparecer definitivamente, e canda
ela, o pobo noso e mais a identidade singular que representa.
Rosalía de Castro primeiro, e todos os escritores e as escritoras que despois dela ousaron
reivindicar esta lingua minorizada e desprezada polo poder, elixiron asumir como propia unha
identidade colectiva e ver nela a nación soñada. No noso caso, como é común nas nacións
sometidas, a escrita fixo o pobo. Non só estamos hoxe a defender a lingua dos nosos maiores e o
dereito a conservarmos a herdanza do pasado; estamos a defender a lingua para contribuírmos co
noso oficio a que no futuro Galiza sexa.
¡Odio, fillo do inferno!,
pode acaba-lo amor, mas ti n’acabas,
mamoria que recórda-las ofensas.
Si, si,¡de ti mal haia!
A palabra fainos estar no mundo como o que somos, como galegos e galegas. Nin máis nin
menos, nesa forma de fachenda que nace no peito cando un é, simplemente, o que é. E así alguén é
no mundo porque a el pertence, e o mundo perténcelle. Por nacenza e por vocación só queremos e
só podemos estar no mundo coma o que somos, coma galegos, e iso só é posíbel desde a nosa
lingua. Somos escritores galegos pola palabra galega que nos define, non por ningunha outra razón.
E os escritores e escritoras, que tamén somos pobo traballador, sabemos da importancia da
transmisión da lingua e de entendérmola como un proceso de construción partillado e consciente.
Non se pode ser galego contra o galego. Mesmo non é posíbel selo sen sentir no corazón o
orgullo do idioma. Hoxe, cando o poder gobernante tenta abrir unha fenda na sociedade, esta
conciencia debe defenderse máis do que nunca.
Cal si na infamia naceras,
torpe, de ti se avergonza,
i a nai que un fillo despresa
nai sin corasón se noma.
Escoitamos voces que, desde os propios lugares onde se agardaría que soasen as chamadas á
protección, defensa e uso da nosa lingua, bradan, no entanto, ao mundo o seu desprezo. E fan todo
canto alcanzan por borrala de nós, dos nosos fillos e fillas, furtándolles o dereito a nomear, que é o
dereito a crear, a facer posíbel a existencia do bidueiro, do ouriol, do lóstrego, do trono, do soño…
Un soño negro que tolda as nosas noites, ese soño en que os nenos e as nenas medrarán
ausentes da voz que os xerou, que os fixo fillos dunha terra, andantes dos seus camiños, soñadores
dos seus versos. Que gañan con iso máis aló de faceren vencer o odio alí onde debía reinar a
harmonía? Xente capaz de facer nacer unha guerra contra as palabras, as mesmas que teceron os
máis fermosos cantos de amor, os cantos que ligaron para sempre a palabra amor coa palabra
amigo, os dous máis poderosos antídotos para o veleno do odio e da xenreira. U-lo o gaño, u-lo o
orgullo de dicir: “o meu fillo non sabe”? Que se pode agardar daqueles que celebran a ignorancia?
O galego non se impón; restitúese. A defensa do galego atinxe, sen dúbida ningunha, as
persoas que recibiron o galego desde a primeira infancia, mais tamén, con todo o dereito, as criadas
en español ou en calquera outra lingua que asumiron un día, nun exercicio de decisión que non tiña
nada de oportunista e si moito de solidario, que era en galego como se querían construír. Para nos
solidarizarmos cos desfavorecidos, para denunciarmos un proceso histórico de dominación, para
berrarmos contra todas as opresións que teñen lugar no planeta, moitos galegos e galegas de nación
estabelecemos coa lingua un pacto de fidelidade.
Meses das tempestades,
imaxen da delor
que afrixe as mocedades
i as vidas corta en frol.
Nada hai no mundo máis novo, máis recente, máis moderno ca unha lingua viva, vivida,
falada. E nada hai no mundo máis antigo, máis decadente, máis morto e podre que o sentimento de
desprezo pola diferenza. Cada lingua do mundo é unha flor que naceu para facer máis grande e máis
largo o universo. Para enchelo co arrecendo das súas palabras únicas, porque só con elas cadaquén
expresa os sentimentos que acubilla a súa alma. Por iso cada lingua é a medida do mundo enteiro,
porque con ela vaise a todas partes e en todas partes é útil a bagaxe de sentimentos que transporta
no corazón de cada falante. Non cortar esa flor significa permitir que o mundo se pareza a un
xardín. Arrincala é axudar a medrar o deserto.Todos os falantes conscientes somos aprendices. Con
máis ou menos recursos, todos loitamos por nomear o mundo procurando limpar o noso galego de
tantas formas foráneas, por devolvermos as vellas palabras esquecidas, por mantermos as
construcións antigas que xa din só os avós, por recuperarmos os nosos apelidos, os nomes dos nosos
lugares, por ensancharmos o campo de usos do galego falándoo e escribíndoo para actividades
prestixiosas, para a investigación, a tecnoloxía e o lecer, coa mesma naturalidade con que o
coñecemos para as actividades domésticas ou para os labores agrarios. A lingua non nos veu
unicamente, logo, da familia de nacemento, nin sequera no caso dos que levan desde o nacemento
falándoa, senón que é unha relación escollida... coma a amizade..., coma o amor.
¡Como venden a carne no mercado.
vendeute o xurafás!
Apoiamos a restitución histórica do que nunca nos debera ser subtraído porque aceptamos
que moito perdemos todos os seres humanos cada vez que se relega unha forma de contar a
realidade, unha lingua, para se render á hexemonía das linguas máis poderosas e máis faladas do
planeta. Moi miserábeis seremos de deixarmos precisamente a nosa ficar muda no camiño do
progreso.
Reivindicarmos unha maior presenza do noso idioma, defendermos a súa aprendizaxe e
coñecemento, non responde a intereses particulares senón a unha intención ética de compromiso
contra toda lóxica de dominio. Por iso queremos galego para nós e para @s que veñan despois.
Mesmo queremos galego para @s outr@s. Reducirmos o galego no ensino até ficar no anecdótico,
minusvalorarmos o seu coñecemento para exercer na administración, é adoptarmos unha óptica de
colonizados dispostos a traballar canto cumpra para patrón alleo. Se o galego non asume un papel
fundamental en todos os niveis educativos, @s fill@s dos outros, dos que hoxe aceptan pregarse ao
español, ao inglés ou a calquera outro xigante, xa non terán na súa man a posibilidade de libremente
decidir, de seren mañá galegos e galegas conscientes.
Por iso, señora da nosa voz, da nosa palabra e do noso alento, estamos aquí para nos
conxurar en loita contra quen queira varrer a nosa palabra. Para mostrar a nosa fortaleza, para
asegurar que nunca faltará un home, unha muller que lle cante e fale aos fillos, aos netiños, na nosa
lingua, que o faga co agarimo de quen transmite un ben valioso e coa rabia de quen se resiste a
perecer, esa rabia da que nace a paixón e a loita. Como dixeches ti, xa vai para cento trinta anos:
Si, si, rabear ben forte,
mas ca rabia picante e aguilloeira
que é salsa apetitosa das paixoes.
Comentarios (7) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-07-2009 09:51
# Ligazón permanente a este artigo
¿CAIXA GALICIA PASARA A SER CAJA MADRID??
DE SER RADIO CORUÑA
Caixa Galicia e Caixanova gardan esta mañá mutismo despois de que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, aprazase calquera decisión sobre o seu futuro ata que se posicione o Banco de España. Sectores do PP están a aproveitar a falta de iniciativa en Galicia para promover unha absorción de Caixa Galicia por parte de Caixa Madrid.

Case un mes despois de que o Goberno aprobase o fondo de reestruturación do sistema financeiro, a Xunta de Galicia aínda non aclarou que pretende facer coas caixas galegas. Outros gobernos autonómicos si impulsaron fusións internas, nas súas propias comunidades. A última, Andalucía, coa unión de Unicaja e Caixa Sur. Sectores do Partido Popular apostan por unha absorción de Caixa Galicia por parte de Caixa Madrid. Mesmo Mariano Rajoy chegou a posicionarse en contra dunha fusión entre CaixaGalicia e Caixanova, similar ás que xa se promoven en Cataluña, Euskadi, País Vasco ou Castela León.

Estes movementos prodúcense ao abeiro do fondo de reestruturación do sistema que na práctica favorece as fusións de caixas. Fontes do sector financeiro advirten de que se non se toma a iniciativa en Galicia o fará o Banco de España. Nese caso, engaden, o critero sería unicamente os números das caixas e non os intereses da comunidade.
Comentarios (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-07-2009 10:05
# Ligazón permanente a este artigo
CARTA A O ALCALDE DE VIVEIRO

Excelentisimo Sr. Alcalde de Viveiro:
Con todos os meus respectos e máis si cabe direille que volto as as andadas, despois de un pequeño impas reivindicativo azuzado por algunhas noticias publicadas e os feito fragante de que aquí no asunto do urbanismo e ilegalidades afins pouco cambian, tanto se goberna a dereita como a esquerda.

Ben sei que a lei é común a todos, e non se pode remendar a gusto de cada quen, nin se debe de torcer según a quen conveña en cada momento porque ó final todo acaba por caer polo seu propio peso na misma balánza dos feitos e os non feitos, diga o que diga a xustíza que predomine ou dispoña. E así que discorre o tempo, todo queda marcado e lembrado.

Mais, pregolle que non deixe que Viveiro, en todo o seu conxunto i estensión, se revire en barrio de destrozo e lamento..., por donde poidan campar as cuádrigas da péste e a codícia que transportan a indignidade humana sen xeito.
Poña freno, si pode, e medios na rúa tamén, si os hai, para que o desbaraxuste urbanistico, estetico e ético non medre e acabemos todos desbordados.

Xa sei que outros diran que..., Claro, vaia desgoberno do carallo!!!. Mais penso que non o fixeron millor os de antes, e os que pretenden vir despois, aínda esán por ver. O caso é que aquí estamos todos. Os votos da cidadanía deron lugar. Por tanto, merecen inmenso respecto, guste máis a uns ou guste menos a outros. E si resulta que nada agradaba no seu momento, non sei por qué fomos a votar.

Si hai quen ten cartos e poder bastante, como para reventar por igual casas que palacios e dar en vivir á conta da miseria doutros, o que non debemos permitir é que xermolen por doquier Lodeiros, Coras Montenegros, Covas, Sirenas, Xunqueiras, Casas Rosadas e veciños... en delíto fácil e a vista de todos por calquer recuncho ata en diúrno os descalabros. Aquí, ou somos todos cidadáns que pretenden vivir en paz e saír adiante, anque sexa as trancas e as barrancas ou como se poida sen facer dano aninguén, ou acabamos sendo todos fillos de siglas políticas propias ou alléas, en contubernios valeiros de esprito i que en moitos dos casos son verdadeiras trapalladas insondables, revestidas sempre de caleados continuos e moi baratos.
Nun eterno rosario do sálvese quen poida ou quen teña con qué.
Pregolle disculpas Sr. Alcalde, si por unha desas casualidades que ten o conto iste do papel escrito ou de internét algún día lee isto, e con ista arreutuada miña, en algo dei en ofendelo.
Otero Regal
Comentarios (13) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-07-2009 10:59
# Ligazón permanente a este artigo
FEIJÓO QUEREMOS OS LIBROS DE TEXTO GRATUITOS,
Eu xa non teño picaros-as en edade escolar pero teño netos.
asi que solidarizome cos da plataforma
galega pola gratuidade dos libros de texto:

Somos un colectivo ao que une un único obxectivo:

QUE A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN MANTEÑA A GRATUIDADE POR PRÉSTAMO DOS LIBROS DE TEXTO

O PRÉSTAMO FUNCIONA E FUNCIONA MOI BEN

É SOLIDARIO

Porque implica que catro nenos compartan os mesmos libros ao longo de 4 anos consecutivos.

FOMENTA O RESPECTO AO BENS COMÚNS

Porque os nenos e as nenas debes coidar os libros para que poidan ser usados polos seus compañeiros no curso seguinte.

CONTRIBUE Á SUSTENTABILIDADE MEDIOAMBIENTAL

Porque os libros só se renovan cada catro anos.

Ademais o sistema de préstamo os recicla.

NON É GRAVOSO PARA A ADMINISTRACIÓN

Se cada libro é compartido por 4 nenos, o 100% do custo dos libros repártese en 4 orzamentos consecutivos. O que implica un gasto do 25% anual.

Se os libros se dan en propiedade e non se comparten, o custo será maior xa que haberá que renovar os libros cada ano.

A GRATUIDADE É UNIVERSAL

Co novo sistema chamada “Axuda Solidaria”, nin sequera as rendas máis baixas accederán a gratuidade total xa que se fala de 180 euros de axuda máxima.

Os libros de secundaria custan actualmente entre 240 e 250 euros.
Comentarios (14) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-07-2009 20:21
# Ligazón permanente a este artigo
ACABARONSE OS CARTOS DE EUROPA PARA GALICIA
Segun recollin de CHUZA o venres, a Comisión Europea vai decidir moi probablemente retirar a España da lista de países que reciben fondos rexionais europeos. Logo de anos e anos gastando os cartos que viñan de Europa en facer pistas polo monte,cursos de baile de salon, macrame e outras arroutadas a bicoca rematará tamén pra Galicia, que perderá unha cifra de varias ducias de millóns de euros.
Asi que puxeme a pensar e recordei algunhas das obras que se fixeron en esta bisbarra cos cartos que nos mandaron de Europa, co animo de reflexionar encol do que pasara a partir de ahora.
TODOS OS PASEOS MARITIMOS DENDE O EO A O SOR
AS CARRETERAS DE A GAÑIDOIRA, AUTOBIA, CARRETERA DA COSTA,CIRCUMBALACION DE BURELA,
TODOS OS PORTOS, DEPORTIVOS, AMPLIACIUONS DOS PESQUEIROS E BOA PARTE DAS INVERSIONS EN LONXAS E COMERCIALIZACION.
A FLOTA PESQUEIRA ACTUAL FIXOSE CON SUBENCIONS DE EUROPA EN MAIS DE UN 50%
TURISMO, HOTELES, TURISMO RURAL, CAMPINS, HOSTELERIA LEVARON MOITOS CARTOS DE eUROPA
aS FABRICAS INSTALADAS NOS ULTIMOS ANOS TAMEN SE FIXERON CON CARTOS EUROPEOS
SANEAMENTOS INTEGRALES E DOS OUTROS
MEDIO AMBIENTE
AGRICULTURA E PESCA FORON OS GRANDES NIDOS DOS CARTOS DE EUROPA.
TODO TIPO DE INFRESTRUCTURAS TANEN TRAGOU CARTOS DE EUROPA
CURSOS E CUSILLISTAS DE TODO TIPO
O MUNDO CULTURAL
NOBAS ENERXIAS
CASI MELLOR, POIS SERIA MAIS CORTO PODERIAMOS FACER A LISTA DE QUE SE FIXO AQUI SIN SUBENCIONS DA COMUNIDADE EUROPEA...POIS PODERIA CONTARSE CON OS DEDOS DE UNHA MAN.
Comentarios (12) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-07-2009 14:57
# Ligazón permanente a este artigo
DOUS HOMES NUN HOSPITAL
Dous homes, ambos os dous enfermos graves, compartían o mesmo cuarto no hospital.

A un deles permitíaselle sentarse durante unha hora na tarde, para drenar o líquido dos seus pulmóns. A súa cama estaba ao lado da única ventá do cuarto. O outro tiña que permanecer deitado de costas todo o tempo.
Conversaban incesantemente todo o día e todos os días, falaban das suas compañeiras e familias, dos seus fogares, empregos, experiencias durante os seus servizo militar, e sitios visitados durante vacacións e esencialmente da vida pasada.

Todas as tardes cando o compañeiro situado ao lado da ventá se sentaba, pasábase o tempo relatándolle ao seu compañeiro de cuarto o que vía pola ventá.

Co tempo, o compañeiro deitado de costas que non podían asomarse pola ventá, desvivíase por eses períodos dunha hora, durante a cal se deleitaba cos relatos das actividades e cores do mundo exterior. A ventá daba a un parque cun un lago, os parrulos e cisnes deslizábanse pola auga, mentres os nenos xogaban cos seus botes á beira do lago. Os namorados paseábanse da man entre as flores multicolores nunha paisaxe con árbores maxestosas e na distancia, unha bela cidade.

A medida que o señor preto da ventá describía todo isto con detalles exquisitos, o seu compañeiro pechaba os ollos e imaxinaba un cadro pintoresco.

Pasaron os días e as semanas e unha mañá a enfermeira ao entrar para o aseo matutino encontrouse co corpo sen vida do señor preto da ventá, quen expirara durante o seu sono.
Ao outro día o outro señor, con moita tristura pediu que o trasladasen preto da ventá. Á enfermeira agradoulle facer o cambio e logo de asegurarse de que estaba cómodo, o deixou só , O señor con moito esforzo e dor, baixou da cama, apoiouse nun cóbado para poder mirar ao mundo exterior por primeira vez, finalmente tería a ledicia de velo por si mesmo. Esforzouse para asomarse pola ventá e o que viu foi a parede de un edificio a medio construir, un boceto de parque desastroso, feo e esquecido e casas e casas mal amañadas e moitas sin rebozar .

Confundido e entristecido, preguntoulle á enfermeira que sería o que animou o seu defunto compañeiro a describir tantas cousas marabillosas fóra da ventá.
A enfermeira respondeulle que o señor era cego e non podía nin ver a parede do edificio a medio construir en fronte. Ela díxolle "quizais soamente desexaba animalo a vostede"...


Comentarios (11) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-07-2009 15:11
# Ligazón permanente a este artigo
GREENPEACE FALA DE VIVEIRO
O documento que elaborou Greenpeace, titulado "Destrución a toda costa", sinala a Comunidade Valenciana, Andalucía e Canarias como as tres autonomías que "máis desprezo" mostran a eses espazos.
A novena edición do seu informe anual, no que por primeira vez analizou o estado de 233 espazos litorais amparados por algunha figura de protección nacional ou internacional, repartidos nos máis de 8.000 quilómetros de costa, apunta que máis da metade, en particular 120, sofren algún tipo de ameaza por proxectos urbanísticos, de infraestruturas ou contaminación.

Lugo Viveiro
O Xulgado do contencioso-administrativo de Lugo anulaba o pasado mes
de febreiro unha licencía urbanística de decembro de 2006 para construír un
edificio de 200 vivendas en Covas. O Concello concedera a
licencía amparándose no silencio administrativo e ignorando os informes
en contra do técnico municipal e das consellerías de Cultura e Política
Territorial, ambos os dous preceptivos e vinculantes. A proposta aprobada non
contaba nin sequera co proxecto técnico ou a memoria urbanística. O caso
foi remitido á Fiscalía de Urbanismo, quen debe determinar se se han
cometido delitos contra o patrimonio, o territorio e de prevaricación. Outro
Xulgado, o de Instrución n.º 2 de Viveiro investiga outras once licenzas
urbanísticas concedidas polo mesmo procedemento. En todas elas, a
Policía Xudicial atribúe o alcalde socialista, Melchor Roel, e a súa Xunta de
Goberno a comisión dun posible delito de prevaricación.
Comentarios (14) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-07-2009 09:14
# Ligazón permanente a este artigo
VIVEIRO: OGUSTO POR O DISTRAZ
E Viveiro un pobo ledo “Santa Marta vila farta, Viveiro vila alegre” deixou dito quen mellor coñecia a Viveiro e os Viveirenses e ademais escrivia Ramon Canosa, que falaba tamén do rosario festivo,esqueceu, quizabes, da aficion incontrolable que os habitantes da ribeira do Landro teñen o disfraz, non deixan de pasar tres meses para ter a oportunidade de disfrazarse, asi o fan polo Nadal, festas de fin de ano, Papa Noel Cabalgata de reis, seguen co antroido, desfiles e enterro da sardiña, para empezar con a Seman Santa donde o disfraz e aterezo mestúrase cunhaforma suigeneris de entender a relixiosidade, en Veran, existiron varios intentos de instaurar o disfraz colectivo, O Rali do Humor, Carnavales de Veran e dende fai dous anos o “Mercado renacentista, sin esquecer o outro disfraz colectivo das festas do Naseiro.
Cumpre este proxecto de viaxe ao pasado onde mercadores, saltimbanquis, músicos, trovadores e personaxes da época, invaden o casco ghistorico de Viveiro, ofrecendo un espectáculo de participación popular e ao mesmo tempo de recreación histórica, cheo de colorido e animación .

Esta viaxe ao pasado transformá o habitual aspecto urbano de intramuros nun espazo diferente, ambientado como un grande escenario único de modo que todo aquel que cruce as súas portas se converta en parte da representación e intérprete do xogo.

Este emblemático canto da cidade, ofrece na actualidade unha inmellorable escenografía natural a través dos seus nobres edificios e pazos que xunto ás rúas estremeiras, se converten no marco perfecto para recibir a comerciantes e artesáns que chegados de afastadas terras coas súas alforxas e carretas cargadas de atractivos produtos e ricas mercadorías, desbordan o seu talento para o comercio con toda arte de sedución, enchendo de voces, música, perfumes e texturas a alma da cidade.
O Mercado Renacentista intenta por segundo ano consecutivo consagrarse como unha das máis entrañables actividades do empezo do veran viveirense, e unha magoa que a organización non parta do pobo mesmo, da organización propia e se teña que recurrir a unha empresa foranea que cobra varios millons por elo, seria bon potenciar a dimensión de participación popular por ser un dos referentes máis destacados na sociedade local do Século de Ouro e o Renacemento, nese sentido, é fundamental enriquecer o espectáculo comercial coa presenza de manifestacións artísticas como o teatro, música, viciar mais o aterezo, escudos vestuario que na mairia das veces nada ten que ver coa epoca que se intenta recrear para s que remiten ao visitante a unha época marcada polo talento e a creatividade.
Otero Regal


Comentarios (25) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-07-2009 14:08
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal