A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O CONSUMO DE DROGAS EN VIVEIRO
A peticion dos meus lectores voltamos a un dos temas clave da xuventude en Viveiro O CONSUMO DE DROGAS, que puxose de actualidade estes dias con motivo de un acidente ocurrido no casco antigo de Viveiro donde o parecer un rapaz saleu por a ventá co intencion de voar, o que deduce un pouco o estado das cousas.
Din as estadísticas que os nosos rapaces empezan a beber alcohol os 14 anos e medio, preocupa a evolución das formas de consumo, o botellón .e tamén en Viveiro e bisbarra un fenómeno de consumo masivo en espacios públicos o que alarma a os expertos en toxicomanías por duas razons fundamentaes: bebese mais xa que e maisbarato.
Un cando da un paseo o fin de seman contempla que moitos-as son alumnos-as de a miña compañeira ou sexa menores de 18 anos.
Din os entendidos, eu descoñezoe, que ahora o botellón produce un "efecto chamada" sobre o uso de outras drogas ou, dito de outro modo, xenera unha "exposición masiva" de poboación moi xoven a todo un abanico de sustancias.
Volto as estadisticas : O arededor do 50% das persoas encuestadas mentras participaban no botellon consumía tamén hachís, el 15% usaba drogas de síntesis e un porcentaxe variable que podía situarse en un 7-10%, cocaína.
Para empeorar a cousa no grupo de edade que vai de os 12 a os 18 anos o porcentaxe de mulleres que bebe abusivamente supera a dlos varons, 3,5 por cento frente a 3,3 por cento.
As cousas nesta bisbarra son igual ou peores do que nos contan as estadisticas, pero vamos a analizar a situacion no noso concello.
¿QUE ALICENTES TEN A XUVENTUDE DE VIVEIRO PARA REALIZARSE EN OUTRO AMBIENTE CULTURAL E SOCIAL DIFERENTE?.
Pois casi nada de nada, aquí non existen realmente asociacions xuvenis, por exemplo os scouts non existen na bisbarra e dende logo seria unha boa oportunidade de socializar esa xuventude e iniciala en outros divertimentos mais alo do botellon e das drogas blandas ou duras.
Desapareceu a OJE pero non se sustitueu por nada, faise deporte, e mais deporte que non esta mal, pero non e suficiente, en outras terras e outros lugares donde vivín e viaxo de cando en cando, existe unha rede de clubs de escursionismo, con unha variada programacion, os que non de eses clubs fanse dos scouts, aquí nada de nada si eso das noites donde os rapaces do San Roque fan o que poden, pero a cousa ten que partir da familia, do entor e dar oportunidades diversas e complexas.
A droga existe e pulula por a bisbarra, sinon ¿Por qué de vez en cando aparecen paquetiños nas plaias?,. Membros dos corpos e forzas de seguridade xuzgados nas Rias baixas exerceron aqui durante anos, asi que aquí tamen funcionaba o contrabando, fillos de xente ben son consumidores habituales de coca, a alguhos incluso se lles apelidan os da farlopa, pero para mercar droga fan falta cartos que ou ben proceden de eses pais despistados ou de outras cousas como a prostitucion encuberta de menores e non tanto que tamen existe por aquí.
Dende as nosas autoridades xestoras tampouco se fai nada que non sexa bombo e platillo tal como exerce a concellala trasfuga do asunto.
Ahora tocavos avosoutros, pero podia seguer.

Comentarios (36) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-07-2008 14:10
# Ligazón permanente a este artigo
O QUE SE DICE POR ESOS MUNDOS GALEGOS
Unha Galiza preocupada pola crise pero que aínda non sente directamente os seus efectos. Así debuxa a situación a enquisa 'Clima Social de Galicia' da Presidencia da Xunta, controlada polo PSdeG, presentada este martes en Santiago.
“Tese Pepe Blanco”
A investigación indica que a Xunta sálvase de ser sinalada como responsábel do problema económico, que o PSdeG sería o máis votado nunhas autonómicas e que os galegos prevén que a economía e a política irán peor dentro dun ano. Datos todos eles que, en principio, aconsellarían aos socialistas adiantar os comicios galegos ao outono, tal e como especulou esta fin de semana Pepe Blanco no 11º Congreso do PSdeG e non desbotou espresamente o presidente da Xunta o luns en rolda de prensa.
O secretario xeral de Análise e Proxección, Xosé Manuel Rivera, insiste en que os galegos non ven a crise como algo propio, malia estar preocupados por ela. Así, o 57 por cento perciben a situación económica como mala ou moi mala. Os cidadáns tampouco son optimistas para o futuro, pois unha porcentaxe similar, o 54 por cento, estima que a economía do país irá a peor dentro dun ano.
Algo parecido pódese dicir da avaliación da política, o 32 por cento pensa que a situación é mala ou moi mala. Dentro dun ano, o 33 por cento estima que as cousas irán a peor.
A culpa é do mercado e do Estado
Con todo, máis da metade dos enquisados aproba a xestión da Xunta. Unha nota superior á que recibe o Executivo que comanda Zapatero, que é aprobado polo 41 por cento. Só o 1,2 por cento dos galegos considera ó Goberno de Galicia o máximo responsable da actual situación económica. As culpas van para fóra, pois o 41 por cento dos enquisados manifesta que son os mercados internacionais os que teñen máis responsabilidades fronte ó 22,3 por cento que responsabiliza ao Goberno do Estado.
“Máis presencia” do PSdeG
Outro bo dato para os socialistas galegos é que Touriño é o líder galego máis valorado, cun 5,49 sobre 10. Quintana recibe un 5,04 e Feixóo un 4,4.
En canto á intención de voto directa, o PSdeG superaría ao PPdeG en dous puntos, 23 por cento sobre 21 por cento. O BNG andaría polo 13 por cento mentres que Esquerda Unida anda polo 1 por cento. Iso si, case un de cada catro enquisados non sabe aínda a quen votaría nas autonómicas.
Xosé Manuel Rivera explica que a intención de voto directa é “practicamente igual” a de enquisas anteriores. Con todo, indica unha intención de voto “un pouco inferior para o BNG” , “máis presencia” para o PSdeG e estabilidade no caso do PPdeG.
Preocupa o paro
“A falta de traballo” é a principal preocupación dos galegos, pois sinálana o 31 por cento dos casos. “Percíbese a crise como algo xeral pero as nosas familias síntese menos afectadas na súa situación particular”, insiste o secretario sobre os datos recollidos en xuño e xullo deste ano.

Comentarios (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-07-2008 09:24
# Ligazón permanente a este artigo
A VOLTAS CO PATRIMONIO
«O progreso non consiste en aniquilar hoxe o de onte, sinon o revés, en conservar aquela esencia do de onte que tivo a virtude de crear ese hoxe mellor». son berbas do Arxentino universal borges.
No norte de Lugo temos un valioso patrimonio cultural, casi todos os concellos posuen bens catalogados bens como monumento nacional ou para a súa conservacion.
Pero xa non se entende o monumento illado o ben a protexer. Precisamente, cos abusos que estánse cometendo compréndese mellor que o patrimonio sexa unha extensión que acolle o territorio, tanto rural como urbán, o que é natural.. Porque en todos os lugares é o o home interactuou e deixou o seu legado. Xa non ésó o monumento, sinon todo o que o rodea e o enlaza con outros monumentos próximos.

Nos últimos tempos estase a reconsiderar o que chamábamos antes centros históricos. Nas periferias creáronse no século pasado zonas industriais que hoxe quedaron obsoletas, pero que representan a arquitectura daquel momento. Si facemos un esforzo e votamos a vista atrais, comprobamos que a catedral desa época do século XX era a fábrica. Un exemplo disto témolo no complexo REGALXUNQUEIRA.
Pero hoxe en dia o modélico en restauracion e conservacion do patrimonio non e traballar sobre un ben cultural arquitectonico concreto,, sinon sobre todo un territorio, e cos vicinos, os concellos, os propietarios e a xente da cultura. Busquese o fin salvar ese patrimonio do pasado, de maneira ta que poidase entender conxuntamente todalas pezas.
Pola contra, ¿cál sería o lado negativo da balanza? Sen dúbida, a construcción masiva na periferia de cidades históricas, cunhas proporcions que debilitan as siluetas, o casco histórico e a trama do pasado. E temos casos destes en tódalas vilas e pequenas cidades da bisbarra donde o casco histórico está desaparendo, fagocitado por construccions inmensas. Xa non queda nada alí da historia, esta desaparecendo.
¿Hai que modificar a Lei para protexer o Patrimonio?
quizabes sexa paradóxico, a lexislación é sinxela e crara pero non se aplica. Temos solo suficiente na Mariña para construir, pero no hai medida nin proporción. Non se pode negar o progreso, pero teñen que medrar con mesura e cumplindo a lexislación.
Eu non sei si as nosas autoridades se parou a pensar en Viveiro, Mondoñedo ou Ribadeo sen patrimonio. Serían cidades mortas.
Manter e conservar o patrimonio histórico produce un PIB mui notable, sabemos que patrimonio e cultura aportan o 15% do PIB, que e máis que a automoción. Si esto o logran meter os nosos politicos nos seus miolos entonces a cousa ten solución, si non todo perdido.
Comentarios (23) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-07-2008 09:10
# Ligazón permanente a este artigo
HABEMOS PRESUPOSTOS EN VIVEIRO
HABEMOS PRESUPOSTOS EN VIVEIRO
Por fin despois de dous anos sin presupostos, tarde mal e arrastro o concelleiro de facenda logra por fin levalos a un pleno, Alegria , alegrote todo o meu gusto nun pote, porque tivéronse que retirar e o parecer, voltaran a un pleno extraordinario o próximo 21, contan ó parecer cos votos a favor do grupo no poder, e IU, din que se absteñerán o PP e o BNG, a pesares de que sosteñen por activa e por pasiva que non hai por onde collelos.
Un, cidadán de a pé tenta saber o que se coce nos presupostos do concello de Viveiro, vai a internet busca a páxina do concello e ali o apartado dos presupostos esta en blanco como si o labaran con Colón ou outro calquer biodegradable, por eso tereime que ateñer ó que din os papeis en col do asunto de cómo se van a ben gastar ou mal gastar os meus cartos e os dos meus viciños.
O montante global dos presupostos para este ano é de 13,4 millons de euros, no apartado de ingresos merece destacar os tres millóns de euros que aporta o estado por o número de habitantes do municipio, pouco máis de 15.500 na actuialidade os que están censados, segue sin censarse, e aí teria que facer un esforzo a corporación uns 3000 veciños que a pesares de que non aportan esa participacion do estado, fano noutros concellos cercáns o lexanos, si consumen unha boa parte dos nosos cartos, dous millóns e medio de “contribucions” e din que casi un millon de licencias de obra cando no que vai de ano soio se chegaron a uns 80.000 euros, ou os señores Roel e Amor cren que os promotores e constructores se van a poñer a facer casas que non venden a destaxo ata final de ano ou esto e unha trampa máis dos que entenden pouco de numeros e decartos públicos.
Trais 5 anos da desaparicion da era “Cesariana” aquí vóltase a endeudar mais, preven pedir 1,1 millóns de euros de credito, ¿Será por que agora están baratos os réditos?.
Chama a atención tamén os informes negativos do interventor, que non entendemos como nos se correxiron antes de ir ó pleno, outra cousa e o que suxire o funcionario do asunto para soluxcionar a falta de cartos, merece outro artigo monográfico, pois non ten desperdicio.
Asi as cousas ó parecer teremos presupostos, mais deudas, menos cartos, menos obras, peores servicios, e digo eu ¿alguén tera a culpa de todo isto?, quizabes se gastou e derrochou cartos a esportas sin contar con que estaba no horizonte a crise do ladrillo, pero quizabes descoñezan os nosos administradores do público que na actualidade existen en Viveiro 1000 pisos e vivendas en venda e que no que vai de ano só se venderon un promedio de dez o mes , a regra de tres e fácil para prever que o ano que ven teñamos que voltar a pedir créditos bancarios.
Comentarios (29) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-07-2008 13:03
# Ligazón permanente a este artigo
SIN ANóNIMOS NIN GAITAS
A figura do anónimo parece que cada día esta máis devaluada entre a sociedade, e un esta talmente dacordo, son partidario que cada cal exerza a libedade plena dos seus dereitos, que opine do opinable e do que e políticamente incorrecto, pero co seu nome e apelidos pareceme moi ben que dentro de pouco teremos que ir todos co DNI tatuado na fronte ou que os dedos antes de empezar a escribir poñan CHAMOME FULANITO E SON TAL, pero tampouco podemos caer no de que ou cando vaiamos a tomar algo a unha terraziña e comentemos unha noticia que saia na prensa teremos que dicir antes : SON FULANITO E VOU INTERPRETAR A NOTICIA.
Hoxe estáselle dando unha publicidade aos blogs locais a través da prensa que a golpe de luns nadie se esperaba, moitos estan a entrar a mirar o que se coce neles e toparánse cos típicos comentarios que se fan cando se comenta unha nova que sae en calquera medio, pero xa se sabe que hoxe por ti é maña por min.
As cousas amáñanse falando, ás veces cunha xinxela frase xa esta solucionado. Non toda a xente posúe a verdade nin incluso a xustiza é eficaz o 100% pois algún caso xa se deu que o condenado era inocente. Porque xa hai un refrán que o di “o que ten boca equivocase” e o problema non esta no que se di, senón na falta de información por parte dos concellos e demais protagonistas da nosa vida politica local ou comarcal .
Hoxe por hoxe, e que dure, vivimos nun país con liberdade de expresión e moitos dos comentarios que aquí se fixeron e fan, fixéronse o mesmo tempo en calquera tertulia, en calquera reunión,...., e por iso non deixan de ser máis que comentarios, que a uns lles pareceran ben a outros regular e o resto mal.
Despois de cinco anos de que o PP perdera as elecions en Viveiro, cando todo estaba quedando xa no olvido os seus feitos e desfeitas, o tema do LODEIRO retómase o tema e de paso faise un repaso a estes últimos anos do urbanismo no concello e aportando datos que moitos descoñecían porque non todo o mundo le as actas de comisións e plenos municipais, e os periodicos non son boletins oficias e menos mal, nos concellos cócense moitas cousas que pasan desapercebidas para a xente de a pé, porque os datos son os datos e hainos que so o sabe a xente que está dentro e moitas veces gárdanos ben gardados e si o mensaxeiro os ventea ameazan con levalo óxulgado.
Pero de tódolos xeitos “o que estea libre de pecado que tire a primeira pedra” eu si que non vou ser a primeiro en facelo, por iso seguirei opinando, seguirei animando a xente a escribir, seguirei pedindo que se denuncie aquelo que nos afecta os veciños de a pé, todo elo dentro do respeto e sen insultos, porque a nos afectamos os problemas da vida real, os problemas que sufrimos a diario: os atascos, as malas prácticas, as promesas incumpridas, as prepotencias, a necesidade de servizos básicos, as diferencias entre parroquias, ..., por iso e por máis MEUS QUERIDOS ANÓNIMOS E NON ANÓNIMOS SiGAMOS FACENDO O QUE A NOSA RAZÓN NOS DITE, SiGAMOS DENUNCIANDO, SiGAMOS DEIXANDO CONSTANCIA DAS COUSAS QUE NON ESTAN BEN, SiGAMOS OPINANDO pois é un dereito que a constitución nos garantiza, porque cando se pon unha denuncia no concello para darche a información de quen a puxo cóbranche .
.
Comentarios (27) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-07-2008 08:45
# Ligazón permanente a este artigo
PREVARICACAN DO QUE É XERUNDIO
O diccionario deixao craro Prevaricacion: Delito consistente en dictar a sabendas unha resolución inxusta a sabendas de que o é. vistas asi as cousas e relativamente fácil observar hoxe variados efectos –precisamente en nome da democracia- causados por actitudes e accóns políticas prevaricadoras nas nosas administracións públicas da bisbarra.
Quizabes unha das formas máis mediocre e que mais abunda e, sin lugar a dudas a exercida polo poder municipal que consiste no consabido “A ese ou a esa empresa non lle mercamos nada, por que ou ben non e da nosa corda, o recurrido ou con migo ou contra min, ou nos critica ou nos paree feo ou impresentable, desta forma utilí zase o diñeiro público para levar adiante venganzas e chamadas de atención contra aquel que non comulga con rodas de muiño. Desta forma o prevaricador busca de entrada provocar a malevolencia por parte de sua víctima, anque logo busque a mesma aquiescencia da víctima, xa que ésta, ademáis de padecer o abuso,ten que aceptar a lóxica necesidade de padecelo.
Craro que o exercicio da prevaricacion neste senso ten moitas variantes, unha é de “Ordeno e mando” exercicida co complicidade do funcionariado, non de todos, e que dicta resolucións a sabendas de que o son, outra mais caziquil, e que por estas terras tanto a exerce a dereita como a esquerda e a de presionar o intermediario para que non encargue nin merque suministros a unha empresa das que o “mandamais” de turno ten na lista roxa,
Poñamos por exemplo: Unha asociacion empresarial, cultural, ou de veciños organiza un evento e decide encargar algo a unha de esas empresas trachadas no eido da prevaricacion pois aparece a pseudo-politica de turno e dice “Sobre mi cadáver, si encargais algo aí sera sobre mi cadáver, os da asociacion que non lles cabe un grau por certas partes fan malabarismos para contentar a politica de turno e convirtense en cómplices de prevaricacion e da prevaricadora.
A “retórica da prevaricación” de ordinario presenta tres rasgos que poñen de manifesto esta pretensión do prevaricador por xustificar o seu abuso: 1) A prevaricación sucede na medida nba que se abusa en contra do interés da víctima; 2) O prevaricador pretende lexitimar o propio abuso ante o público, si e que o ten, ou ante a sua propia concencia; e 3) incluso –como sucede nos rexímenes dictatoriais- quere conseguir o mesmo consenso da víctima da prevaricación.
Pois ate aquí podiamos chegar, alguns non queremos ser cómplices desta forma de prevaricar que ademáis e mediocre, tanto como quen a exerce e participa nela, por eso trataremos de poñer as couas no seu sitio, chamandolle a atencion a que exerce esta inxusticia máis morar que económica despreciando ou iñorando o que siñifican palabras e feitos como DEMOCRACIA, LIBERTADE DE EXPRESIÓN, HONRADEZ E CULTURA.
Mentras que o equilibrio e a dignidade do sistema non se restableza, os cidadáns so nos quedan duas opcións: rebelarse en aras da decencia democrática ou soportar cobardemente esta insolente interpretación do sistema democrático, según a cal calquera gobernante electo , ao igual que os antigos monarcas absolutos,e atribúense o dereito a impoñer os seus caprichos e criterios a inmensa maioría da poboación.
Comentarios (17) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-07-2008 08:01
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal