A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O SOLDO DOS POLITICOS

A min non me parece mal que un político esteña ben pagado, eso reduce as posibilidades de que sea sobornábel. A pesar de que nestas terras do norte sigamos a non levar na cabeza as historias da ética persoal, da cal temos algun exemplo que acabou nos xulgados e despois na cadea. Segue sendo mais doado sobornar o que cobra 1000 euros que a o que cobra 2000 . Pero creo que o patrimonio dos políticos o igual cos soldos debería de ser público e notorio. Que un sepa nada obriga a entrar a naide en política. Por elo, seria xusto, bon e necesario que se fixese anualmente un seguemento rigoroso da evolución anual do patrimonio que declare, a o igual que dos seus parentes mais cercans, xa sei que “feita a lei, feita a trampa”, e que algúns buscan testaferros a quen poñerlle o seu nome os bens adquiridos ilegalmente. Nembragantes si un ano se pasa de ter 100.000 a ter 200.000 ahí hai algo que non funciona.
Seria bó , ademáis que o politico declarase a remuneración en especie. Se o alcalde de turno ten coche oficial pagado co erario publico, teria que facerse publico os gastos do mesmo a o igual que os dos viaxes oficiaes, gastos de representación e outras menudencias.…
En relación á remuneración en especie por parte dos” lobbies” interesados , ten que ser alucinante.. recordome de unha pelicula de Eddie Murphy donde o persoaxe faise congresista ententan sobornalo por tódolos lados, nunca paga nada, nin comidas nin hoteis nin nada…
Tampouco e a chave das noces o de poñerlles soldos altos para evitar sobornos , e un pouco como outro ’soborno’ a o ‘noso favor’, pero ¿adonde cheegaria a cousa? Porque unha multinacional ou unha constructora pode sobornar moito, poño como exemplo un xuiz ó que xa lle podes pagar 30.000 € o mes, que si un narcotraficante lle ofrece 1.000.000, por deixalo ceibe, casos destes estan nas hemerotecas, ou o xuiz ten fortes valores, ou si non da igual o que lle pagues ao mes, con os políticos, 3/4 do mesmo, coa cantidá de “cartos brancos ou negros” que levantanse as constructoras e as promotoras , por moito que lles pagues van a seguir sendo sobornados , así que aforremos, e paguémoslles un soldo estándar con o que poien vivir e listo.
Sinceramente creo que o soldo dos políticos o debería decidir o pobo soberan (¿que tal un referéndum agora que están tan de moda?), ou optar por outras fórmulas, como a tan acertada de que perciban exactamente o que poidan demostrar que ingresaron o ano anterior a sua participación na politica, sin mentiras, sin engadidos de traballos extras, cando ademais cobraban a exclusiva, quizabes e a través da sua declaración de Facenda.poderian certificar eses datos. Así evitariase o posibel interés “económico” do posto… que o único que trae a vida politica local son xente de mal vivir.que nos deben ser merecentes da confianza dos viciños.
¿Cal sería, logo a cifra adecuada para os nosos politicos liberados? Pois eu barallaria a cifra de 2000 euros netos o mes, Está craro que neste país hai xente que vive mui por debaixo de estas cifras, pero si tiramos do, salario medio en España en 2006 foi de 1795 euros al mes, eso inclue soldos 600 euros e por suposto, os de os megamillonarios que hai repartidos polo país, que non son tantos pero son moitos.
Con este dato sobre o papel, non parece que un politico local da zoa vaia facerse rico cos cartos que gañe, craro que si algun deeles rouba ou se aprobeitase do cargo no seu beneficio, chantaxea ou abusa do poder, á “picota” con eles, esos non interesan a nadie que non sexa parbo.

Comentarios (15) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-07-2007 19:29
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal