A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

NON TEMO AS CORRUPTELAS SENON A IGNORANCIA
O silencio enfurece a é inimigo do que toca o bombo. A lúa, sempre calada, aflíxese cando a manada diríxe os ouveos a ela. A entrada no período da reflexión, aberto o paréntesis, invita a manterse nos seus confíns. A pechadura do paréntesis significa volver ao ruído dobombo, ao verrido dos ladridos e deixar de mirar á lúa. Silencio, ruídos e silencios.

O desbordante caudal de augas porcas que arrastra o río da información contrasta coa resignación da maioría e a esquinada reacción esperta dunha minoria. Perdemos a claridade das ideas, a limpeza da conduta, o sometimiento ás regras morais, éticas e deontolóxicas. O “todo vale” é quitar as portas a calquera conduta e entrar despatarrado en accións absolutamente reprobables.

Ata a cortesía que engalanaba a nosa conduta urban, especialmente a mariñana, recortouse gravemente.

A neurosis de masa, inducida polos que estiman que o seu coeficiente intelectual é de rango superior, estase cebando na nosa poboación e o único vocábulo que parece xurdir de xeito intenpestiva en calquera conversación é “crise”

Non merece a pena calar aos ladradores ladrando máis forte, é dunha gran pobreza intelectual. O estilo dos conversadores patentando a súa expresión como a única e veraz, nos medios de comunicación, pon de manifesto a persistencia na convicción. Dá o mesmo do que se fale, verran, ládranse uns a outros ordenando silencio.

Os argumentos son curtos e adobados de grandes salivaciones e pousas varias. O enroxecimiento facial é importante tanto como colocar os membros inferiores en posicións diversas, pernas en catro, cruzadas retortas únha sobre a outra, abertas e desafiantes, insinuantes escasa ou manifiestamente.

Os gurús lánzanse a proclamar as súas propostas, a enjuiciar ao presunto, a condenalo, a esixir garantías no exercicio do Dereito. E aquí entra de cheo a frase do meu sabio amigo “non temo as corruptelas senón a ignorancia”, e é que sesenta e un anos no exercicio da vida dan para moito e o mínimo entregado é unha herdanza docta cum laude para aquel que fixo da súa vida e traballo un servizo . Outros tapanse a fetidez da corrupción con elegantes traxes feitos medida.
Otero Regal
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-06-2013 09:26
# Ligazón permanente a este artigo
ALCALDES E CONCELLEIROS EN A MARIÑA DE LUGO
"A democracia é o sistema que garante non ser gobernados mellor do que somos". A reflexión é dura pero real, a democracia xera embarazosos e difíciles problemas, de case imposible solución, cando un sistema electoral establece listas pechadas. "O sistema" permite que algúns incompetentes sallan elixidos para administrar a cousa pública, polo menos, durante catro anos. Desde o cargo no que foi posto, por fidelidade á o cacique de turno e os votos que obteña a súa formación, pode cometer erros, arbitrariedades, abusos ou perpetrar toda clase de sandeces e todo isto pódeo facer desde a lexitimidade que lle outorgan as urnas. Que facer entón?, é antidemocrático apartarlle do posto?, ou pola contra, é a elección democrática unha patente de corso?

Si a resposta, foi o resultado da elección dalgún político, cal foi a proposta á hora de elixir? Podería ser por exemplo, desexa vostede elixir a este inepto para que lle represente?, quere vostede no seu concello a un inexperto elixido democráticamente?
Esta reflexión esta especialmente dedicada a medio cento de alcaldes e concelleiros desta franxa costeira galega a que a algunos lles deu por chamar A Mariña.
Pero que se debe facer con eles? Están entrando en cargos relevantes da administración local acodes con escasa disposición, non teñen preparación nin experiencia, pero si fidelidade ao “capo” local. Os funcionarios para acceder aos entes públicos deben superar un proceso de selección de acordo co principio de mérito e capacidade. No mundo empresarial e profesional tamén, executivos, arquitectos, médicos avogados... deben responder pola súa mala xestión ou polos seus erros, por que non os políticos municipais?

Catro anos son moitos. O risco é moi elevado. Recordemos algúns fiascos de por aquí o lado, aberracions urbanisticas en Ribadeo, Barreiros, Foz, Burela, San Ciprian, Xove, Viveiro e Vicedo, paisaxes destrozados, programación cultural de susistencia, presupostos municipais sin cumplir, abandono das aldeas, corredoiras desfeitas, contratación de cocertos, orquestas e outras fanfarrias con gustos de novos ricos, desprecio de o cidadan, mal gasto dos cartos publicos, xordeira ante o problema dos veciños, non saber delegar, non saber consultar a quen si sabe, orgullo paleto, complexo de inferioridad, represalias a quen lles canta as 40 en bastos, e moito analfabetismo funcional. Si esta foi a resposta que deu "o asunto", cal era a pregunta? Por todo iso, A Mariña está dando síntomas de sufrir un fallo sistémico, as institucións cuestionadas, a educación en crise, a sanidade revolta, a xustiza alterada, os partidos políticos desacreditados. ¡Vaia situación!
Otero Regal
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-06-2013 15:38
# Ligazón permanente a este artigo
O MEU AMIGO MEDICO
O MEU AMIGO MEDICO
O meu amigo leva casi 40 anos exercendo de medico, internista medicina laboral, director de hospitais e un largo et.
Despois de idas e voltas, venganzas varias por ser el partidario da medicina publica sempre e de negarse a os consabidos chanchullos de desviar a os pacientes a hospitais e servicios sanitarios privados, tivo que cambiar de cominidade, donde gobernou con éxito outro hospital e acabou, con moito orgullo e profesionalidade de medico de cabezeira de a poboacion da sua nenez, estaba encantado, contabache a relacion cos paisanos, casi todos de idade avanzada e o que lle gustaba ir de visita por as parroquias para seguir as doencias dos seus “asegurados”.
O meu amigo que traballou en tres cominidades autonomas ou nacionalidasdes, como ustedes gusten de chamar, do estado español, puidose ter xuvilado a os 60 anos, pero a el tiralle moito a sua profesion e prefireu recuncar, cando o rilo marcou os 65, el presentou a instancia correspondente pidindo que queria seguir exencendo de medico de cabeceira, e renovarlle o asunto, ahora que faltan unhos dias para os 66 voltou a mandar os papelitos para seguir e dixeronlle que “nanai de la china” que tiña que xuvilarse, alegando que tiñan moitos medicos na lista de espera para traballar, e dixeronlle que collera xa as vacacions que lle correspondias e que recollera as suas cousas e non voltara a sua consulta.
De nada valeu que mandara outro escrito, no que lles recordaba a os mandamaises da sanidade galega, que o goberno estaba, dia si e dia tamen, dicindo que de inmediato todos os españolitos teriamos que esperar os 67 para xuvilarnos, un deses queria seguir ata os 67 e non lle deixaron.
Pois ben sin despedidas nin homenaxes nin unha miseras gracias o meu amigo recolleu as suas cousas, meteunas nunca caixiña de carton e foise para a casa.
E ahora ven o “caralludo”, pois o dia seguente o ambulatorio estaba pechado, e o seguente tamen, sanidade non mandou a un de eses tantos medicos que tixan de sobra, e aproveitando que o rio Xuncos pasaba por a parroquia, quixeron eliminar o ambulatorio, impòrtandolles un pepino a vinagreta, que os paisanos tiveran que buscarse a vida para ir a consulta a San Ciprian, organizouse a marimorena, o alcalde viaxou a Santiago, pero a cousa non tivo solución, din ahora que lles faltan médicos, o meu amigo voltoulles a decir que el seguiría, si quixeran, e ata suspendería as vacacions para atender a os seus enfermos pero a resposta foi a mesma.
En resumen estamos en un pais de pandereta, de fanfarria e de tramposos, pois ahora queren deixar a un ambulatorio de o povo de o lado con un soio medico para tratar de seguir enganando.
Otero Regal
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-06-2013 15:49
# Ligazón permanente a este artigo
ROUPA CHEA DE SANGUE
Cando xa van 1027 mortos no sinistro nunha fábrica textil de Bangladesh donde fabricaban roupa a baixisimo coste salarial para coñecidas marcos do sector de este pais en un edificio que albergaba varias fábricas textiles nos arredores de Dacca. Isto, que é profundamente indignante, enfróntase de cabeza contra esa cantidade de persoas, orgullosos e xustos defensores das boas artes, que compran estas marcas de roupa tan coñecidas porque, entre outros argumentos, é barato. Iso é parte da dualidad malévola que ten o capitalismo cando o enfrontas á sensibilidade humana.

Hai unha serie de formulacións básicas que resultan incorrectos, un deles é que o diñeiro é infinito e outro que as cousas polas que pagamos non lle custan ao que nolas vende. Tal e como están as cousas, probablemente grazas á publicidade engañosa, algúns consumidores creen que os descontos poden ser infinitos. Quizá por iso máis dun empeza a tratar de converterse nun regateador digno dun dianteiro centro dun equipo rexional.
A capacidade de empatía co contrario é unha gran carencia do mundo contemporáneo. A consideración, case imposta, en que o mundo que vivimos é o mesmo que viven os demais resulta dunha imposición extrema. Si mandas unha mensaxe esperas unha resposta inmediata porque supós, estúpidamente, que a outra parte está sentada esperando para responderche. Si tes frio presupós que elas teñen os pezons sinalando ao norte e si necesitas un abrazo enfádaste porque os demais, egoistas e mal nacidos, non o adiviñaron sen haberlles dado pistas.
Algúns viven na crenza, que o mundo vira ao seu ao redor dun xeito ególatra, soez e procaz. É agotador pensar, na maioría dos casos, que comprar roupa barata fomenta a escravitude, comprar filetes de panga axuda a que a guerra do Congo continúe, montar en Ryanair dá un argumento máis a que os soldos dos seus traballadores sexan miserias e consumir no bazar chinés da esquina mata a un comercio de toda a vida si é que aquel chinés escapou das condicións infrahumanas coas que fabricaron o teu iphone .

Algúns creen que o ideal da democracia é comer unha hamburguesa barata os sábados pola tarde antes de que che queiran de xeito eterno toda a noite baixo sabas de raso.

E hai días e noticias nos que che recordan o prezo. Pero nestes tempos en que a memoria esta moi lixeira de equipaxe e doado esquecer mentres che fan unha foto coa túa camisa nova sorrindo por a rebáixaa que lograches.
Otero Regal
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-06-2013 10:51
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal