A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O VERAN E OS VERANEANTES
Como fai unhos días entrou o verán e o mundo móvese como o molinillo dunha batidora, vou falar dun tema instranscendente: Os veraneantes. O
verán é verán cando dentro e fóra de ti coinciden as estacións. Hai invernos que xean as campas e montañas e que ti recordas como os máis cálidos días da túa existencia; tamén hai veráns que no medio da canícula e a calor máis sufocante ficarón xeando o corazón.
É certo que a cor dos días pode cambiar a intensidade da nosa propia mirada, e que para un galego do norte nordesio as mañás azuis son máis evocadoras e necesarias que eses plúmbeos e escuros amenceres nos que non se albisca a luz por ningunha parte.
Unha vez recuperado o alento grazas ao tino ( ou ao medo) dos gregos intento esquecerme de Dona Crise (por que será un termo feminino) e volver aos asuntos cotiáns, á micro realidade, que é o que me gustatamen en veran. Vamos falar do que se enrola a xente en estio. Podemos Rírnos pondo exemplos dos prólogos interminables que damos por estos lares cando nos fan unha pregunta. Dinnos: fai frío? e nós remontámonos ao pleistoceno antes de chegar ao quid da cuestión: Non, non fai frío, respondemos ao fin, cincuenta miunutos despois co noso interlocutor ao bordo dun ataque de ansiedade.
Polo que contan os médicos son unha das profesións que máis sofren a incontinencia verbal, en realidade, e soio un síntoma da necesidade que temos todos de que nos escoiten.
Escoitarnos uns a outros quizais sexa un bo medicamento para estes tempos de desazón. É unha solución barata e sinxela e parece rendible. Xusto o que necesitamos: cousas baratas que sexan efectivas.
O verán ten sabor a sandía e conserva o cheiro de todas as praias nas que un xogou a nosa nenez. Chegados aquí só quédanos desexarnos sorte para que podamos vivir esta estación tan necesaria coa mesma luminosidade case interminable que xa teñen as tardes. Por máis que queiramos vivir á marxe da natureza, nós, coas nosas caídas e as nosas euforias, non somos máis que estacións de paso, veráns, outonos, primaveras e invernos que van cambiando a cor das nosas paisaxes. Hai días en que levantaste estival e outros días que necesitan a caída dalgunhas follas para poder renovar esa árbore que só aspira a manterse en pé e a seguir ofrecendo boa sombra a quen se achegue a buscala.
Otero Regal
Comentarios (7) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-06-2012 09:55
# Ligazón permanente a este artigo
PROMOCION TURISTICA EN VIVEIRO
Se hai algo tan certo como a morte e os impostos, é que o grao de satisfacción persoal obtido ao contemplar as belezas naturais é case tan variado como o número de opinantes, á marxe de discutibles valores culturais con pretensión de obxectividade. Para gustos, cores, dise frecuentemente para expresar a pluralidade e a subjetividad na percepción das cousas, e como tal non facilmente clasificable en termos de racionalidade. Por exemplo, nun restaurante hai clientes aos que lles gusta, lles priba, dise por aquí, que os camareiros volvan encher a copa de bebida logo de cada sorbo, mentres que a outras persoas, tal sobre atención, moléstalles ben porque a tachen de servilismo ou porque o camareiro interrompe a conversación, sobre todo se é íntima e á luz dunha vela. Hai xente pa to, dicía o toureiro.
Por esa subjetividad nas satisfaccións, os que saben de promoción turística non deixan de insistir en que non hai un turista tipo, senón que hai unha amplísima variedade de potenciais clientes con gustos, percepcións e intereses obxectivamente diferentes. Por iso é moi difícil facer campañas xeneralistas que gusten a todos, que por suposto hai que intentalo, pero que deben estar necesariamente complementadas con promocións dirixidas a segmentos específicos, como puidesen ser o turismo de sol e praia, o ecoturismo, o turismo rural e activo, o deportivo, o cultural, etc. Con demasiada frecuencia esquécese que a xente gasta o seu diñeiro naquelas cousas que a eles lles apetece, non forzosamente nas que a nós nos gustaría que o fixesen. «a xente actúa polos seus propios motivos, non polos nosos».
En Viveiro , algo mais de duas ducias de xentes vinculadas a industria turistica reunironse a o amparo do concello para ver, por fin, a posibilidade de crear un patronato de turismo, É toda unha lección de humildade que, en boa lóxica, obrigaría a «porse as pilas» aos responsables da promoción turística, que non debesen ser, nin só nin principalmente, as administracións públicas.
Á marxe do que os viveireses podamos sentir pola nosa propia terra, é obvio que o turista, cando compra unha viaxe, ten a esperanza de visitar un lugar idílido inesquecible, cunha serie de servizos que lle fagan a vida agradable. Non compra os nosos soños nin os nosos intereses, quere ver realizados os seus. Con frecuencia esquécese que unha viaxe turística é o único produto que, necesariamente, compra nun sitio pero que se consome noutro máis ou menos remoto. Por eso necesitamos para o futuro máis promoción e menos ombliguismo pueblerino.
Otero Regal
Comentarios (10) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-06-2012 13:50
# Ligazón permanente a este artigo
NON ESCAMPA
O rescate bancario non calma aos mercados financeiros. Onte a “Prima de risco” e o tipo de interese volveron marcar unha nova marca. O Goberno non logra liquidez a un prezo razoable. Neste momento, estamos pagando os cartos que pide prestados o estado a o rededor do 7%, moitos millons de euros o día…
Con todo, viviremos un fin de seman en tensión. O domingo son as eleccións en Grecia onde se decidirá non só a súa saída ou permanencia na moeda única senón ademais, e non e menos importante, o futuro do euro como gran baluarte do proxecto comunitario.
O conflito social grego é coñecido. Anos de protestas, manifestacións e actos violentos. Sen dúbida, o epicentro representativo da crise económica en Europa.
En calquera caso, a cita coas urnas manterá inquedo a todo o continente, ao día seguinte os mercados financeiros sentenciarán se o precipicio que nos ameaza se finiquita ou, pola contra, se recrudece.
Ao meu xuízo, Mariano Rajoy equivócase en non chamar ás cousas polo seu nome. Algunhas voces apuntan que é perder o tempo deterse en cuestións nominalistas. Con todo, o poder das palabras é primordial. Por algo os revolucionarios franceses, aqueles que entoaron liberdade, igualdade e fraternidad, non dubidaron en modificar de golpe o léxico herdado do Antigo Réxime.
Non nos enganemos. A situación é delicada, moi delicada, tanto para a Unión Europea como para este pais que esta en horas baixas, costa abaixo e sin frenos.
De feito, Italia está á espera, como tantos enfermos asinados a o Hospital da costa. E Mario Monti, o tecnócrata por excelencia respetado en Bruxelas, sabe que as noticias españolas, máis axiña que tarde poden salpicarlle as costas.
En fin, un desenlace de despedida de Grecia implicaría que España pasase a ser a primeira liña de contención dunha Europa reducida, impotente e, paradoxas do destino, frustrada por non consolidar o que outras xeracións non tan afastadas propuxéronse. Pero era outra política e tamén distintos estadistas. Todo de maior entidade. Cousas do pasado.
E por aquí as cousas siguen, Homenaxe a Cronica3, inauguración de unha escultura no Vilar Ponte, como recordo de que sin esforzo non existe paraíso nin futuro, fundación , por fin, do Patronato de Turismo de Viveiro, presentación do ultimo libro de Xoan Neira…..Un segue tratando de darlle esquinazo a puñetera realidad da “Crise”.
Otero Regal
Comentarios (13) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-06-2012 14:45
# Ligazón permanente a este artigo
PASABA POR AQUI.........

Pasaba por aquí...

É evidente e habitual no ser humano cometer erros, meter a pata ata o fondo e, se alguén o descobre, tratar de sacala sen facer moito ruído. Ás veces ata se pide perdón pola equivocación cometida e trátase de desandar o camiño percorrido na medida do posible... aínda que iso non é aquí deporte nacional. Pero claro, hai certos erros que, por aquilo do cargo e da gravidade da equivocación, resultan imposibles de entender... e máis cando un ve a reacción daquel que comete a falta.

Visto o visto, hoxe só lle faltou a Rajoy tararear a canción de Aute e dicir que pasaba casualmente pola Moncloa e que, por esas cousas que un nunca sabe como ocorren, un señor calvo dixolle que a CEE nos recatara, e que eso estaba moi ben e que el iva a ver o futbol a Polonia . Pero nada máis, oia, que polo demais un nin entende de economica, bancos nin Bankia, nin de facer a O cun canoto. Así que, xa se sabe, a repartir culpas de tacón a torto e a dereito, e procurar defender o indefendible.

Se se vise e oíse a si mesmo, Rajoy exclamaría aquilo de Trillo "manda huevos" que tan famoso fíxoo, porque un debe ser intelixente e asumir os seus erros, as súas equivocacións, as faltas que comete sen tratar de escurrir o vulto e pasar de longo. Non facer iso, é dicir, non agachar a cabeza, aguantar o bailón e recoñecer todas e cada unha das culpas, demostra o pouco persoa que e.
Otero Regal
PD: Si querem vostedes amables lectores leer todos os dias mais articulos meus ou selecionados por min do trascurrir diario deste pais, paisaxe e paisanaxe poden facelo en Facebook.. teñen que facerse amigos de Alfonso Otero Regal.
Ali os espero sin deixar de facelo aqui.
Graciñas de anteman.
Comentarios (14) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-06-2012 18:50
# Ligazón permanente a este artigo
OS MAIS FANTOCHES E INCAPACES
Eu non creo na xustiza e síntoo moito, pero é a verdade. A interpretación sempre subxectiva duns señores que se chaman xuíces, atérrame, coñecín a verdadeiros imbéciles que eran e son xuíces, imbéciles e cretinos hainos en todas as profesións pero saltan máis á vista no caso dos xuíces. E levo unha seman cabreado, moi cabreado, pois mentres o Consello do Poder judicial, recomenda cerrar dous dos xuzgados do norte de Lugo e centralizar todo en un, que como sempre son unhos enchufados, Fraga, Rouco…ira para Vilalva cerrando Mondoñedo e Viveiro, seique para aforrar persoal e cartos e mentras tanto o seu presidente Carlos Divar gasta do erario do estado, pagado cos nosos impostor nas suas “correrias” en hoteles de 5 estrelas de Masrbella.

Norbert Elias no seu estudo sobre “O proceso de civilización”. Da conta de como ao longo dos anos foise construíndo o canon de modos e xeitos que había que imitar para parecer civilizado: desde a vestimenta ata o comportamento na mesa, o xeito de andar ou de tomar café. Hoxe, a forma sen contido caracteriza ás forzas vivas da nosa sociedade: uns líderes que só aparentan ser quen din que son.

Así, o ministro Wert, un don ninguén en Sociología, pontifica a diario con gran desenvoltura sobre as necesidades educativas de España, ata o punto de ruborizar aos reitores españois. Esperanza Aguirre elévase a experta mundial no liberalismo de Adam Smith, ao que probablemente non leu na súa vida. Carlos Dívar, que debería ser o custodio da legalidade española, ampárase na xustiza de Xesucristo para desdeñar a terreal. As lumbreras que rexen TVE claman pola liberdade para informar á vez que baixan o volume da pitada ao himno nunha retransmisión onde a noticia era xusto esa. O Rodrigo Rato, que se sacou o doutoramento en Economía sendo ministro (¡ai do tribunal que o suspendese!) e ascendeu aos altares dos expertos económicos, dos que non descendeu aínda que deixe Bankia feita unha trapallada.

"Vivir por encima das nosas posibilidades" é habernos deixado gobernar polos máis fantoches e incapaces, amparados por uns medios de comunicación que se traizoaron a si mesmos e a todos nós pola súa alianza co poder. Un malgaste imperdoable que ningunha democracia pódese permitir. E mentras tanto nos quedaremonos sin xuzgados e teremos que ir en perigrinaxe a pedir justicia, de aquela maneira ata a Terra Cha.
Otero Regal
PD: Si querem vostedes amables lectores leer todos os dias mais articulos meus ou selecionados por min do trascurrir diario deste pais, paisaxe e paisanaxe poden facelo en Facebook.. teñen que facerse amigos de Alfonso Otero Regal.
Ali os espero sin deixar de facelo aqui.
Graciñas de anteman.
Comentarios (9) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-06-2012 14:52
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal