A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

EU TAMEN SON REPUBLICANO
“Quiero dejar de ser súbdita para ser ciudadana”
PINCHA NO ROXO PARA VER O VIDEO.
“Quiero dejar de ser súbdita para ser ciudadana”
Comentarios (18) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-06-2011 20:56
# Ligazón permanente a este artigo
CONFUSIÓN E PACTOS
Estado de confusión, quenes dende o campo de xogo socialista aseguran que os pactos en Foz, Ferreira, Riotorto, Mondoñedo e Viveiro xa non teñen marcha atráis, creen que serán posibles polo bon “rollito” que se respira entre uns e outros e o odio que profesan polas filas do PP.
Pero a visión distorsionase á altura da portería do PP, desde onde onte mesmo alguen observaba o «receo» que existe entre os partidos que ahora queren pactar as devanditas alcaldías, «poucos visos de futuro» a os pactos municipais entre nacionalistas, independentes e socialistas.
É probable que me equivoque, pero a miña impresión persoal ao contemplar a uns e outros reunidos con intención de compartir o poder municipal é que estamos ante un lobo a piques de zamparse a unha ovelliña con moitas ganas de que a coman enteiriña porque ten moito frío de tanta e tanta exposición á oposición. Aínda que, tamén é certo, non descarto unha mala dixestión do contumaz lobo se saca de novo o rexo que lle permitiu deixar feito uns raposos ao seu partido sen que, ata o momento, ninguén no seu seo teña o valor de pedirlle danos e prexuízos. Todo chegará, témome.
De momento os dirixentes limítanse a abogar por un pacto que dure toda a lexislatura, sinal, permítome inferir, de que non as ten todas consigo á altura das próximas eleccións xerais.
Asi as cousas si temos pacto, a saliva dos do PP transformárase en frases tales como «son unha coalición de perdedores», «soamente únelles a repartición do botín e do poder», «as ansias por satisfacer a cobiza duns » ou aquélo de «pretenden aburrir á cidadanía con demasiados anos de desgoberno, de cambalaches e cunha política de moi baixa calidade ».
Nesta estamos, agora que os votos estan xa no galiñeiro, os pactos están no aire pero ó alcance das mans, agora todos son dialogantes, todos poden chegar a pactos, todos engaden “ sempre que o programa que cada un leva poida ser cumplido”.
Todo, polo ben dos concellos, pero tampouco polo mal dos seus servidores. Todo estará ben se se conseguen gobernos estables que fagan camiñar a os seus concellos e a os seus veciños na dirección correcta.
En fin, cousas todas demasiado sofisticadas como para que o inxenuo e plano elector poida seguir o rastro do seu voto.
Otero Regal

Comentarios (9) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-06-2011 17:06
# Ligazón permanente a este artigo
QUE DESGOBERNE O PARTIDO MAIS VOTADO?
Estes dias , por foros, blogs , prensa escrita e falada escoltase a sempiterna monserga de que ten que gobernar o partido mais votado nos concellos.
Cando non hai maioría absoluta , ceder Alcaldía como único criterio, ao partido máis votado, é unha vella reivindicación do bipartidismo. É unha OPA hostil ás minorías e se hoxe hai algo máis de pluralismo nos Concellos é precisamente- porque non conseguiron aplicar este criterio. Que,-por certo, nun sistema electoral a unha soa volta é profundamente inxusto.Mostrarei aquí as razons por o que estou en contra de esa monserga:
Na actualidade Os Concellos son os únicos en que o sistema electoral é practicamente proporcional , en 11 días hai que compor Gobernos municipais e introdúcese factores de imposible cumprimento, tanto polo tempo como pola incapacidade de resolver estes temas con acordos bilaterais.

Os acordos municipais deberían basearse nos proxectos, condicións e programas que afectan, fundamentalmente, ao seu ámbito. Con esixencias de información, transparencia , participación, loita contra a corrupción e ,por suposto, os contidos das políticas municipais.

Se do que se trata é de comprometerse coas reivindicacións propias e do movemento democracia Real xa, 15M, sería máis fácil sumarse ás Iniciativas Populares con propostas claras que garantisen a proporcionalidade así como outros elementos de participación e consulta cidadá ( listas abertas , compromisos de transparencia de partidos, modificacións para facilitar as Iniciativas Populares, refrendos ou consultas )

O máis transparente é explicar con claridade á cidadanía - en base ao programa municipal e con toda a batería de propostas, se se asumen acordos ou non e de que tipo : de goberno, de investidura ou puntuais. Todo pode ser lexítimo pero hai que explicalo e afrontar as decisións.

Non sei como finalizará este debate, pero ante situacións complicadas o mellor é ofrecer a máxima información e explicacións á cidadanía e aos votantes, saber interpretar o mellor posible a súa vontade e evitar que actuando por elevación acábese sen falar nin razoar cos veciños sobre o mellor para os seus Concellos e os seus barrios. Sobre melloras e compromisos na súa vida cotiá que é o que en definitiva trataron de decidir cos seus votos municipais e o que debería primar ante as decisións sobre a composición futura dos Concellos.
Comentarios (21) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-06-2011 09:30
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal