A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

OS VERMELLOS APESTOSOS
Toma xa. «Amigo, non me toques os ovos. Dedícate a resolver os problemas e non a facer chanzas», espetoulle a metade masculina de Amaral ao vicepresidente do Governo de España e candidato á Presidencia do Goberno. Rubalcaba pretendera facerse o Alfredo e o simpático colocándolle a un deputado asiduo a televisións de extrema dereita do PP o famoso «Sen tí non son nada» do dúo maño. E como a cousa na rúa está que rabea, ao mozo de Amaral non lle debeu gustar nada que os seus fans puidesen identificar ao grupo con esa clase de novos apestados sociais que son os políticos de esquerdas, e de paso peloteo un pouco aos de azul que serán, os novos donos e señores dos concellos, xuntas e deputacions quen contraten os seus saraos nos próximos anos.
Non é para tanto. Precisamente porque, como o representante de Amaral advertiu, as cancións son de todos. E unha vez que se comercia con elas e canto máis populares se fan , menos adscrición ideolóxica ou partidaria pódeselle adxudicar. E os políticos, aínda que agrade dubidalo, tamén son persoas e como talles en ocasións ven influídos pola cultura popular.
“As ratas son as primeiras en abandonar o barco” dicia un lobo de mar de nome Merexildo da miña patria moza. E paraleste e outros titiriteros o “Vil dinero” que decia Quevedo é o importante, e os “bolos” do verán son os “bolos” do verán, asi que este guitarrero, que a bo seguro non coñece o que D. Manuel Machado, ese non era unha rata e foise a Coullure cos perdedores e alli morreu e segue para vergoña deste pais. Pois decia D. Manuel que a cancion, a poesia era auténtica cando o pobo cantába e se volvia anonima.
O sentimento de novos apestados que rende entre a clase política de esquerdas a causa do revolcón que pintou a maior parte da Peninsula Iberica de azul provoca unha actitude moi á defensiva, un apretarse a carteira e un peloteo aos novos donos do diñeiro para seráns e concertos, este último é un terreo que coñecen moi ben estes de Amaral.
O medo é libre, pero fai retratos. E un, que segue pensando que aos poucos se poden cambiar as cousas xura que non volve comprar outro CD de Amaral, se quero escoitalos os piratearei, é simplemente unha vinganza persoal contra o zascandilismo que nos rodea.
Otero Regal

Comentarios (14) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-06-2011 07:51
# Ligazón permanente a este artigo
MELCHOR ROEL: ASESOR DA DIPUTACION
Ou si ou tamen "Sin non e de diputado sera de outra forma pero eu vou cobrar da Diputacion"
E tal dito tal feito, meus amigos o alcalde constitucional de Viveiro exercera como tal pero cobrara da diputacion Provincial a partir da proxima seman. Esto e unha exclusiva e o demais letra trallada.

O presidente do PPdeG en Lugo, Xosé Manuel Barreiro, acusou este fai unhos meses á Deputación de Lugo de gastar "como mínimo" 600.000 euros no soldo de 17 asesores. Barreiro referiuse a un grupo de persoas, 15 en total, que cobran do ente provincial pese "a non traballar nel". "Cobran da Deputación pero non desempeñan as súas funcións nela", aclarou. "O PSOE e o BNG utilizan diñeiro público da Deputación para pagarlle a membros da dirección dos seus partidos e que non acoden a traballar a San Marcos. Cobran por exercer cargos políticos", espetou.

Barreiro asegurou que se trata de persoal de confianza que non realiza ningún labor de asesoría na Deputación, pola que, segundo destacou "nin sequera aparecen". Referiuse a unha situación "de extrema gravidade que hai que denunciar e corrixir", remarcou.

O candidato fallido á Deputación de Lugo fixo un balance da política de contratación levada a cabo por socialistas e nacionalistas na Deputación Provincial. Barreiro acusou a José Ramón Gómez Besteiro e a Antón Bao de converter a Deputación "nunha axencia de colocación de amigos". Neste sentido, referiuse á convocatoria de procesos de selección feitos "a medida" por o diputado que enton tiñas esas competencias. Melchor Roel Rivas e á consolidación de postos de traballo do seu persoal de confianza da institución provincial.

"As bases de gran parte das oposicións son feitas á carta", sentenciou o popular quen engadiu que levan "o nome e apelidos" das persoas da contorna de confianza dos dirixentes do ente provincial. Barreiro non dubidou en cualificar esta práctica de "clientelismo político".

Desde o PP denuncian a aplicación de "criterios de carácter partidista" por parte da Deputación provincial a través da colocación "a dedo" dos postos de confianza aos que, máis tarde, "fan fixos a través de procesos de selección presididos por militantes do partido e ata cargos orgánicos como Luís Edrosa", explica Barreiro.


Olvidouse de aquela o politico do PP recordar que en tempos de o seu xefe Cacharro as cousas non eran moi distinta, quizabes peores.
Pero, resumindo que e xerundio, o alcalde de Viveiro seguira cobrando do erario publico e mangoneando na Diputacion, e fara, dixo el, ademais 8 horas solares de adicacion o Concello de Viveiro.
Otero Regal
O soldo tamen o barruntamos , rondaria os 2000 euros mensuales.
Comentarios (25) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-06-2011 13:26
# Ligazón permanente a este artigo
SERRAT MERECEO MOITO MAIS
Xa saben, os que ollan os meus escritos da miña fobia a esa mania tan nosa de homenaxear sempre os mortos e ben mortos por certo, no caso do dia das letras galegas o homenaxeado ten que levar dez anos no pichoco. Eu manteño que habería que falar ben dos vivos, homenaxealos, adicarlles un día….desta forma seria como un golpe na espalda chamado tamen espaldarazo e os homes ou mulleres terian tempo de seguir a facer máis cultura, máis arte, máis música…
Pero este “paleitismo conxenito non e soio propio desta terra. Eu sigo preguntándome por que neste país se lle concéde o Premio Príncipe de Asturias a Leonard Cohen e non a Joan Manuel Serrat. Ou por que se premia antes ao primeiro que ao segundo. E a verdade é que non atopo unha explicación razoable salvo, está claro, que a cultura da hamburguesa se téña que sobrepor sempre á cultura da tortilla de patacas patria. Ou que, mira ti que casualidade, Serrat sexa catalán e faga honra diso. Sexa como for, a min paréceme que é facer o canelo pór en valor a Leonard Cohen cun premio como o Príncipe de Asturias tendo, como temos, cantautores e poetas da consistencia de Joan Manuel Serrat e outros, que como se repetiu esta semán cando lle deron o chapeu e capa de honra da Universidade Ponpeo Fabra ali o lado das suas Ramblas amadas, ten unha obra que forma parte da nosa educación sentimental.
No acto desta nova Universidade realizou Joan Manuel unha alocución que, casualmente, pódese situar en paralelo á frase de Mario Vargas Llosa que figura baixo este artigo.
«Non se pode deixar a política só en mans dos políticos, porque entón a política empezá a ir mal», dixo o Nobel peruano. «O home é protagonista do seu destino», recordou Serrat, para observar a continuación como «espectadores e vítimas, á vez, parecen esperar que os mesmos que nos levaron ata aquí resolvan os problemas» e alentar á cidadanía a recuperar os valores democráticos e morais. «E debémolo facer nós, a xente do montón, que quizais non sabemos cal é o camiño máis curto, pero si sabemos cales son os camiños que non debemos escoller nunca máis», dixo “el noi de Poble Sec.
Como cabía esperar do seu posicionamento previo, Serrat fixo unha convencida defensa do movemento 15M, ao que aludiu como un conxunto de «mulleres e homes, vellos e mozos esixindo o cambio social, a democracia real e gobernos participativos, foi un sopro de aire fresco e un berro de atención. É un dereito e unha obrigación restaurar a memoria e reclamar o noso futuro».
Que Serrat ocupouse deste movemento xusto no momento en que se reconverte e corre o risco de desaparecer ou desnaturalizarse é un reforzo de agradecer. Como o é sen dúbida que entre os que integran tal movemento haxa varias xeracións dos que aprenderon ou completado os seus valores persoais e sociais cos cursos rápidos que impartiu coa súa obra durante décadas Joan Manuel Serrat.
Otero Regal
Comentarios (11) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-06-2011 13:34
# Ligazón permanente a este artigo
AHORA ..........A TRABALLAR E NON GANDULEAR.
Precedidas de campañas e propagandas de discutible utilidade, pasaron as eleccións, o nervioso reconto dos votos e os miles de comentarios sobre os resultados. Xa pasamos a fase de pactos e compoñendas para conseguir maiorías de goberno, xa quedaron fai uns días constituídas as corporacións municipais que haberán de rexer a vida cidadá por catro anos, e dentro de nada a deputación, en cuxo momento terían que cesar as loitas e confrontacións e porse todos a traballar, desde o goberno ou desde a oposición, pois para iso foron elixidos.

Ser investidos para un cargo é asumir a obrigación de servir á totalidade dos cidadáns do municipio, provincia ou autonomía, sen distinguir entre os dun partido ou outro, os que votaron ou os que non votaron e servilos con honradez, sen favoritismos nin discriminacións, con economía e transparencia.

Todos, maioría de goberno e oposición, teñen a ineludible obrigación de tomar decisións en interese de todos e nunca en beneficio de amigos, parentes ou compañeiros de partido. Calquera iniciativa, tanto do goberno como da oposición, debe ser considerada, estudada, debatida, sen rexeitala de antemán por ser formulada polos do partido contrario.

Nunca poden esquecer que non son propietarios senón administradores do diñeiro que reciben dos contribuíntes e que han de utilizalo con economía e absoluta transparencia. Non é admisible que os elixidos para servir ao pobo, vivan a costa do mesmo por encima do nivel medio dos demais.

No control do gasto a oposición ten un papel esencial e debe ter aberto sempre o acceso a toda a documentación económica sobre contratacións e gastos. A execución do orzamento e as contas de ingresos e gastos municipais, provinciais ou autonómicos, deberían ser publicadas cada mes para xeral coñecemento.

Hai gobernantes que resultan elixidos unha e outra vez, o cal pode ser o recoñecemento da sua valía ou o apego ao cargo sostido por unha rede clientelar. Para evitar calquera sospeita destas situacións sería convinte que ninguén puidese exercer un cargo máis de dúas lexislaturas, aínda que podería volver presentarse pasadas outras dúas.

Servir aos cidadáns esixe reducir ao mínimo as normas a impor, pero unha vez determinada a súa necesidade, facelas cumprir sen excepcións.

Aínda no mellor dos mundos posibles sempre haberá descontentos e críticas dos cidadáns cara aos seus gobernantes. Están no seu dereito de facelas e os criticados deberán examinalas con atención e rectificar cando cumpra.

Creo que todo isto podese levar á práctica se hai o desexo de facer as cousas ben sen necesidade de grandes cambios legais. Se, pola contra, existe realmente unha caste política parasitaria, disposta a gozar do poder, enriquecerse e favorecer aos amigos, parentes e partidarios, sería a sociedade enteira a que tería que desaloxala de todolos ámbitos de poder e non sería fácil.

Quizais a crise que padecemos nos axude a ver as cousas máis claras. Ademais de mostrar indignación contra o sistema, hai que traballar cada día para que evitar que se afunda e nos arrastre a todos.
Otero Regal
Comentarios (15) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-06-2011 10:47
# Ligazón permanente a este artigo
UN DESPACHIÑO E UN CHOIO
O líder dos Pouco Populares (PP) en Viveiro quixo facer un xesto de vontade. Sentíase incomprendido polos seus adversarios de o PSOE e BNG.
Así a quedar composto e sin poltrona na parte norte da Praza Maior, ocurreuselle que "Como representante del principal grupo de la oposición, Aja anunció ayer que también reclamará formalmente un despacho en dependencias municipales, para «atender a los ciudadanos y a nuestros votantes».
Sin sillon de mando en praza, sin VISA para pagar as comidas en "restaurantes amigos", por certo quen pagou a "minuta" da comoda con Bernardo nese mesmo sitio?, que non sei si foi por mor do menu o do BNG que e xoven pero non tonto non saeu combencido, non. ¡Que mellor escenario, se non!.
Din que para distender o ambiente, o anfitrión contou un chiste. «Ábrese o pano e vese...»
Pois ben quere un despachito na casa consistorial, Si eses roxos naciomnalistas do BNG teñen oficinas eu tamen quero, mama eu quero unha chupeta, unha chupeta......
Por outr lado Melchor Roel queda sin cartiños mensuales e vai ter que voltar a pedir presatdo para mercar os traxes, dame lastima, moita lastima...enif, snif. Lago Lage e Ricardito cociñaron en Lugo deixalo a el a a Gato sin Diputacion.
Anuncia hoxe o moi teimado que "Ratificó que no cobrará del Concello, para el que «seguiré trabajando un mínimo de ocho horas diarias», y no desveló con qué compaginará el cargo, pues baraja «varias opciones»."
Sei que anda mendigando por Lugo un postiño, de asesor, ou cousa parecida, pode voltar a o traballo ou xubilarse como Rafael Amor.
¿E si dimite? Pois despois de coñecer a eficacia da numero dous, das suas xestions xeniais, da sua valia politica, cultural, que Dios nos colla confesados, e eso que eu son ateo, os que mandan arriba teñan algo de "Sentidiño comun" e nomeen a Cal.
De todas formas a mala baba de Roel vese moi crara Cal e Hermida foron os unicos concellais que traballaron en Viveiro nestes catro anos, e sin embargo a Hermida puxoe donde non saeu, metendo a outros donde devia ir el e a Cal despachao con duas concelleria de risa e nin siquera e portavoz.
Por sus hechos los conocereis e este carallo xa tiven o disgusto de coñecelo nos ultimos 8 anos.
Asi as cousas os dous que seria unha bendicion para Viveiro que se foran a rascala, AJA e Roel, Roel e Aja. Ahora un esta un pidindo unha silliña con mesa e o outro xa empeza outra vez a tocar o carallo.
Comentarios (15) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-06-2011 15:26
# Ligazón permanente a este artigo
CONTESTANDO QUE E XERUNDIO
Señor Otero Regal , esta ustede a ser insultado grabemente no blog de o seu amigo "Consulado Garamanta en Viveiro" por un anonimoque tenlle tirria de abondo.
Non lle de cancha a ese blog e menos para que o traten como un pelexo cada vez que comenta.
A quen firma "Un Amigo"
Pois como decia CHIN CHAN E O QUE HAI....Pero mira ti, eu creo que eses insultos e esa mala leite avinagrada de eses comentarios, sempre a mesma persoa, que en un tempo cansouse de insultandome co de "Fillo de puta" da unha idea do persoaxe en cuestion, creo que sei quen e, mellor dito teñoe entre duas persoas, e o que dice e exemplo craro de como son eses dous.
Seguirei comentando en "Consulado Garamanta en Viveiro" cando o crea necesario e xusto, ben en broma como nese caso ou en serio.
A "Consulado Garamanta en Viveiro" craro que seguirei comentando, pero a algunhos comentarios habria que poñerlles un bozal ou un anelo no fuciño para que non seguiran fozando como os porcos de cria.
A PRAZA MAIOR que dixo Todos poidemos ollar como Cesar Aja e outros candidatos visitaban a fabrica de Pigueiras en Escourido en plena campaña electoral, supoño eu que os donos son do PP e irian a pedirlle o voto a os cada vez menos empregados da firma.
Pero chegoume a orella a noticia de que o candidato do Bloque o Señor Bernardo Fraga , non temos fotografia, tamen visitou as instalacions de Regal Ceramicas en Xunqueira en#blgtk08# plena campaña e pideu o voto as traballadoas e ustede acompañaba a visita.
Supoño pois que vostede, que non e do Bloque, algo tera que ver co candidato.
Tamen pode ser que ningun outro candidato pedira visitar as suas instalacions, nada mais que o do BNG, enton ustede non ten nada que explicar.
Como ustede presume de democrata de toda a vida gustariame que aclarase este tema. gracias.

Pois amigo, foi certo Bernardo estivo en REGAL CERAMICAS, foi a falar conmigo para ver como organizara a mesa redonda encol de "Cultura e Politica" que era o dia seguente, visitou o obradoiro e saludou as traballadoras, algunhas de sobras coñecidas por ser votantes do BNG, outras non, incluso unha era candidata do PSOE en Vicedo.
E certo que eu non teria inconvente en que visitara as nosas instalacions outros candidatos, recordolle que soio IVI e BLOQUE viñeron a mesa redonda, nin Roel nin Aja asistiron, supoño que andarian sobrados eles, despois resultou que non.
Contolles algo AJA e a segunda vez que non asiste a un acto combidado por min en duas eleccions, fai 8 anos fora en torno a o trazado da Variante de Viveiro, negouse a participar....e perdeu as eleccions, precisamente por os votos que perdeu en Galdo e Magazos
Ahora voltou a facer o mesmo e perdeu todo o que tiña que perder e mais......non son bruxo...pero habelas ailas.
Melchor de aquela asistira e tiña programa ahora non asisteu nin ten programa e perdeu millar e medio de votos..........
Por certo de todos os concellais que sairon soio 5 visitaron os unicos museos oficiais que existen en Viveiro, dous do PP dous do BNG, un do IVI e ningun do PSOE.
O QUE AGUANTA VENCERA din e eu sego combidandoos a que veñan, e gratis, do pouco gratis que existe nos tempos que corren, e si queren fareilles unha visita guiada de valde.......
Otero Regal
Comentarios (32) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-06-2011 11:28
# Ligazón permanente a este artigo
REVOLTO DE PACTOS
Revolto de pactos cascados con vinagreta deconstruida parar repartición do poder.
Ingredientes: pactos duros. Quilo e medio de fariña de formigón quebradizo. Un bo feixe de deudas varias, acumuladas (o máis fácil de atopar). Douscentos gramos de avinagrados por quedar con dous palmos de narices, un bo puñado de votos destinados especialmente para deconstruir e finas herbas.
Os candidatos de Viveiro: Bernardo Fraga (BNG) e Melchor Roel (PSOE) puxéronse morados a bater os pactos. Estes alcanzaron o punto de neve cando, en cada briosa batida, intercambiábanse iso de «desnortado, dividido, enfrontado entre si, paralizado», ou «irresponsables e faltos de coherencia» e aquilo outro de «falta á verdade».
Unha vez conseguido o punto exacto de transformación, ou sexa, os pactos ben cascados, ambos os cocinillas engadíronlle a fariña de formigón mesturándoa con coidado, porque aínda que en aparencia a masa non hai quen a desligue, nos fogóns todo pode suceder.
A textura conseguida compensouse co puñado de avinagrados que lle daba o punto de tropezóns necesario para o prato en preparación. Os das contas tiñan como misión servir de guarnición exótica e os votos inservibles, estalaban en boca deixando un resaibo nostálxico pero extremadamente fino. De feito, o seu sabor non duraba nin un suspiro.
Os aprendices de chefs sentaron por fin á mesa a negociar que parte do prato comían primeiro.
Namentres, un camareiro con autoridade, extrañamente similar ao candidato dos Pouco Populares, serviu coidadosamente augardente da terra.

E trais reposar un pouco metérono no forno e de ali saeu o que saeu: En Obras, Servizos Públicos e Mar a dirixirá Fraga; Deportes, Comercio e Industria, Galdo;e Cultura, Turismo e Mocidade, Casas.
O PSOE quédase con Urbanismo, Facenda, Medio Rural, Servizos Sociais, Educación, Muller, Emigración, Policía Local- Seguridade Cidadá, Réxime Interno y Participación Cidadá. Sae gañando o BNG que excepto Servicios Sociais lévase o máis lucido do governo municipal.
Non me gusta a distribución que fixo o BNG das suas concellerias , eu non lle daria Obras e servicios públicos a Bernardo, por mor de o seu oficio e os compromisos e amizades, daríallo a Galdo, para Bernardo preferia Cultura , Deportes e Turismo e a Casas Chaves Comercio, Industria e Mocidade.
Tampouco me gusta que Servicios Sociais non teña unido a Xuventude. Pero vamos ser, por unha vez bos e xenerosos e darémoslles 100 dias antes de poñelos donde a boa e mala xestión os coloque.
Otero Regal

Comentarios (27) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-06-2011 09:05
# Ligazón permanente a este artigo
COMEZA HOXE UN NOVO MANDATO SIN MOITA ALEGRIA....

Comeza hoxe un novo mandato dos concellos. E como estamos? Pois, como estabamos fai catro anos tal día como hoxe, e fai oito e fai doce.

O sorprendente é que non aprendan, crean que non temos memoria e volvan repetirnos os mesmos discursos, cando a experiencia debese achegar xa o suficiente coñecemento como para non estar nas mesmas, que non é outra que a incerteza, por mor da indisciplina de non poucos, en moitos consistorios. Constatación de que os sitios pequenos tenden ser infernos grandes e, en consecuencia, non hai fervenza que valla.

Falta moita coherencia programática ou ideolóxica. Aquí o que está en xogo é repartición de poder. Seica as maioría das institucións locais non se soportan sobre o carisma de líderes locais, moitos dos cales atesouran unha aquilatada historia de transhumancia por distintas siglas, que condicionan entendementos en función de aversións persoais Non dicimos que os acordos asínanos os partidos pero os alcanzan as persoas E non aceptamos que os personalismos veñen marcando de xeito decisivo a vida política de Viveiro desde o principio dos tempos Entón, por que volvemos ao mesmo?

A política axústase a realidades. Resultado, esta vez, como en todas as anteriores, non hai fervenza que valla. E sábeno, por máis que digan. Ademais, volvemos recordar que nesta terriña nosa, onde hai ríos, hai fervenzas, por onde se precipita a auga das choivas, creando fermosos saltos en forma de cola de cabalo. Xa que logo, menos postas en escena e menos golpes no peito. Os pactos axustaranse aos intereses de cada esquina. É o que tocou sempre e toca agora. Así se fai aquí.

Prima o pragmatismo, como non pode ser doutro xeito na política, e por este sacrosanto principio non importa a desnaturalización. O poder ben o merece.

Que como estamos? Pois, entendendo como normal que na toma de posesión todos fixeron votos pola estabilidade.

Estabilidade, bonita palabra, tan estraña neste Viveiro donde non soe ter sorte cos que o mandan e mangonean, con todo, hoxe máis necesaria que sempre para facer fronte aos difíciles tempos que corren.

Así estamos. Sen estrañarnos que as estratexias dalgúns se sustenten en romper aos outros para valerse dos indisciplinados ou alimentando pactos contra outro, baixo o argumento dunha suposta e necesaria rexeneración. ¡Como se os actores que hai no escenario non fosen os mesmos de sempre!

Como estaremos que nos afixemos a vivir na desconfianza e virando, permanentemente, a roda da sospeita.

O mellor de hoxe? Pois para min e en un Viveiro con débedas millonarias, a crítica situación económica do Concello o pacto prevé contratar unha auditoría da xestión municipal durante os últimos 23 anos, desde 1998, tamen sairan o desastre economico de Melchor e de Aja.
E o peor de hoxe? Constar que unha vez mais cousas tan importantes como a cultura e o turismo son calificadas como unha "maria" no reparto de papeis.
Otero Regal
Comentarios (14) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-06-2011 15:07
# Ligazón permanente a este artigo
XA TEMOS PACTO EN VIVEIRO
Xa esta todo amañado, esto e unha primicia, son as 10 e 20 do Venrres e daremos todo aqui.
FUMATA BRANCA
ALCALDE Melchor Roel Rivas
PRIMEIRO TENENTE DE ALCALDE: Bernardo
O BLOQUE Tera outra tenente alcalde que sera OLALLA
E AS DELEGACIONS DE: OBRAS, CULTURA, SERVICIOS SOCIAIS, TURISMO E DEPORTES
Ou sexa mais que fai catro anos, as mesmas mais obras.
Habra duas medias dedicacions exclusivas do Bloque
(800 Euros cada un, Bernardo e Olalla)
Melchor Roel renunciara a exclusiva, pois ira a Diputacion e cobrara o soldo de ali como Vicepresidente,
Maria Loureiro seguira con a exclusiva e subiranlle o soldo.
O PSOE tera as delegacions de MEDIO RURAL, INTERIOR, FACENDA, urbanismo e pouco mais.......
Na "afoto" o pacto de fai 8 anos.
Comentarios (27) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-06-2011 10:28
# Ligazón permanente a este artigo
QUE PACTEN XA E CON LUZ E TAQUIGRAFOS
O próximo sábado celebrarase o pleno de investidura das distintas corporacións municipais de A Mariña logo das eleccións do 22 de maio. Bloque e PSOE ultiman as negociacións para chegar a pactos puntuais ou a acordos estables en 35 concellos de Galicia, incluídas as cidades. Dese total, é en preto de media ducia onde se presentan máis problemas de cara á conformación de bipartitos, aínda que tanto fontes nacionalistas como socialistas aseguran que en todos “ao final haberá un goberno de esquerdas”.
“É certo que se están a dar problemas puntuais en certos concellos, pero dende logo, o Bloque xa asegurou que apoiará as investiduras do PSdeG onde sexa forza maioritaria para impedir que goberne o PP”, explicaron a Xornal de Galicia fontes da formación frontista.
Na mesma liña se expresaron diversas voces oficiais do PSdeG. “Existe un pacto entre as direccións das dúas forzas polo que están garantidos gobernos de esquerdas. Outra cousa é que estes días estean a circular moitos rumores e moitas voces interesadas que pretenden dar a idea de que hai falta de acordo e de que o PP vai chegar ao bastón de mando dalgún deses concellos”,
En Viveiro Tanto socialistas como nacionalistas manifestan ademais que os problemas para chegar a acordos de goberno que están a producirse veñen dados por unha casuística particular.
Os problemas que se están a xerar son derivados de problemas puntuais e moi localizados, de faltas de entendemento entre as dúas comisions que negocian.
Non obstante, aínda que non se chegara a un acordo estable de goberno, a un bipartito, o pacto para apoiar a investidura da lista do PSOE si non temos un goberno estable, quen perderia seria Viveiro e os unicos culpables a quen teria que caerlles a cara de vergoña seria a os numeros uns de o PSOE e O BNG que non serian, nin siquera capaces de negociar un goberno.
A pesar dos problemas puntuais, tanto nacionalistas como socialistas apuntan a que as negociacións non finalizan o sábado coa investidura, de feito no 2007 houbo bipartitos que se formaron .
En Viveiro, socialistas e nacionalistas teñen a posibilidade de pactar. Nesta última a unión xa case estaba clara despois de coñecer os resultados electorais, pois ambos os dous partidos amosaron que se pode artellar un equipo de goberno sen fisuras e de consenso aínda que os concelleiros esteén representados por unhas ou outras siglas.
O discurso do Partido Popular continúa sendo contrario a formación de executivos bipartitos, cando menos na argumentación que os populares levan por bandeira dende hai semanas. O intento de demonizar os pactos, dos que intenta vender unha visión antidemocrática, non debe saírlle ben ao PP porque dende o momento en que PSOE e BNG suman xuntos máis votos –e polo tanto máis representatividade– están lexitimados pola cidadanía para gobernar.
A configuración das coalicións non é unha práctica antidemocrática: ten a súa lóxica que as forzas de esquerda se unan cando os votantes os apoian coa súa papeleta. Os representantes do PP deben recordar que o proceso electoral español non é presidencial, senón que a xente deposita o voto en determinadas persoas que grazas a ese apoio teñen potestade para definir o goberno que consideren máis axeitado para gobernar unha determinada administración. Pola contra, o que escapa a toda lóxica é que se unan a dereita e a esquerda para gobernar porque os seus idearios de orixe non son os mesmos, ou polo menos suponse.
Mais ainda a min sinxelo votante da esquerda, gustariame que en Viveiro o goberno fose de tres e que IVI formase parte del.
Otero Regal

Comentarios (14) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-06-2011 10:37
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal