A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

CATRO ANOS DE A MALIÑA DE LUGO
Para celebrar o aniversario dos catro anos deste blog, quero compartir con vostedes os froitos de tanta experiencia acumulada, tanto know how e tantas visicitudes no apaixonante mundo do community managament-manda carallo como espiquinglo ultimamente-. Por iso, para todos aqueles noveis que desexan entrar no mundo dos blogs,ou facer comentarios nos mesmos recollo os erros máis comúns:

1. Nunca dea consellos

As redes sociais naceron de forma máis ou menos espontánea e resistíronse ás instrucións. Seguramente a base do seu éxito é esta: Improvisar sobre a marcha. Por iso, xamais, en ningún caso, dígalles aos demais o que deben facer ou o que non deben facer.

2. Non utilice xerga

Cando sigo o blog e os comentarios , moléstame a profusión de neoloxismos. Se queremos avanzar en favor dunha noocracia na rede, deberemos desterrar o uso e o abuso da xerga.

3. Enlace as súas fontes

De feito, esta idea non é miña. Xa o propuxo no seu momento outra xente Nun blog cada un pode seguir os pros e contras de enlazar.

4. Depure a súa ortografía

As faltas ortográficas ou tipográficas esnaquizan a reputación de calquera blogger- eu son moi tendente a eso-. E é un vicio en aumento.

5. Non falsee a identidade dos comentarios

A frase "Eu sempre votei ao BNG pero logo do que fixeron nunca máis o volverei a facer" leva unha cartel inmenso que di "Hola. Xamais votei ao BNG e fago comentarios incendiarios para desacreditalos, sen darme conta que todo o mundo advirte que xamais votei ao BNG". Moitos bloggers noveis (e algúns non tan noveis) crean falsos nicks para darse a si mesmo a razón ou ben para autoinsultarse e crear unha falsa polémica consigo mesmo. Nunca escriban comentarios no seu propio blog.

6. Contraste os seus datos

É frecuente utilizar datos nos teus posts. De feito, está demostrado que nun 68,7% dos posts úsanse porcentaxes, nun 23,6% polinomios de segundo grao e nun 9,8% cintas de Moebius. Os datos sempre han de estar contrastados por fontes solventes como esta, esta e sobre todo esta-je je-.

7. Nunca inicie un meme

Un das frases máis enxeñosas que circulan pola blogosfera é esta: "Un meme é unha memez". Os memes desautorizan aos seus autores e aos seus seguidores. De feito, naceu unha campaña anti-memes que pretende erradicalas da rede. Se desexa unirse a ela, só ten que escribir un post coa frase "Un meme é unha memez" e propor a dez dos seus amigos que se unan á causa.

8. Ignore os seus trolls

Ata se teñen a desgraza de sufrir un troll tan indocumentado, maleducado, iletrado, absurdo, contraditorio, vendido, aposentado e ademais halitósico como o que eu teño nesta bitácora, ata nese caso, ignóreo.

9. Non se repita

Non se repita

10. Xamais escriba un decálogo

De igual xeito que a Power Balance axúdanos a identificar facilmente un bobo, os decálogos das bitácoras son un indicador da pobreza de recursos do seu autor. Para que me entendan, os decálogos son a Power Balance da blogosfera.
Queda diti e MENOS INSULTOS E MAIS INTELIXENCIA nenos.
Comentarios (20) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-06-2010 16:34
# Ligazón permanente a este artigo
DEFENDAMOS OS DEREITOS SANITARIOS DE A MARIÑA
Fai xa anos, creo que foi o entón Presidente do Goberno Felipe González, con esa graza natural que só o foi capaz de despregar con inusitada solvencia, facendo arabescos coas palabras para xustificar toda sorte de medidas que ían en sentido contrario do ideario socialista, sorprendeunos cunha frase, que provindo do campo maoista, permitíalle maquillar as primeiras privatizacións do seu Goberno, que despois serian totais con o seu sucesor Aznar.. “Dá o mesmo que o gato sexa negro ou branco, o importante é que cace ratos”. Supoño que a inconsciencia e o ímpeto da súa mocidade daqueles anos, impediulle albiscar que tan xenial “sentenza” ía ser desenvolvida na súa máxima dimensión, polos que se supón defenden unha política antagónica á que o expresidente manifestaba nos seus discursos electorais. Aquí temos un craro exemplo con o actual goberno do PP.
Trivializar o modelo de xestión dos servizos abona o campo para a perda de calidade dos mesmos, e en consecuencia para a perda de dereitos dos cidadáns e cidadás. Non é un problema de gustos ou de seguidismo partidario. É a diferenza entre defender os intereses económicos do beneficio empresarial, sobre os intereses xerais da inmensa maioría social. É en definitiva, priorizar as contas de resultados das empresas, sobre o Estado Social que garante, no caso da Sanidade Pública, o dereito universal á calidade, a equidad asistencial, e o mais importante, á saúde.

O rostro mais descarnado, e case diría violento, desa filosofía que se autodenomina liberal, represéntao ata as súas últimas consecuencias, con ese toque tan persoal, displicente, soberbio, e un tanto chulesco e autoritario, a noso meritorio lider, Rodriguez Feijóo.

Desde que fora xefe da sanidade antes de chegar a Correos e despois a Raxoi como Presidente de Galicia, foi unha continua deterioración premeditada da sanidade, non investindo nos recursos públicos e derivándoos ao sector privado. O estandarte dos novos hospitais, lonxe de mellorar a sanidade dos mariñans e mariñanas, rebaixan porcentualmente o número de camas por habitante. Tampouco melloran a calidade asistencial, porque a política de reorganización do persoal sanitario conseguiu reducir os persoais dos hospitais tradicionais, e non dotar suficientemente os novos.

Estes son uns breves apuntes que xustifican que os cidadáns e cidadás do Norte de Lugo nos movilicemos para non perder o noso dereito constitucional a unha sanidade pública, de calidade e universal.

Non é unha mobilización de desgaste político contra o PP como con gran desplegue de megafonia e deribados escrita por xente a xornal do politico de turno abundou os ultimos dias. É a necesidade de defenderse contra o desmantelamento dos dereitos sociais de todas e todos os cidadáns .
Otero Regal

Comentarios (17) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-06-2010 09:04
# Ligazón permanente a este artigo
O ANALFABETO POLITICO

"O peor analfabeto é o analfabeto político. O que non ve, non fala, non participa dos acontecementos políticos. Ou que non sabe que o custo dá vida, o prezo dos garavanzos, do peixe, dá fariña, do aluguer, do calzado ou dos medicamentos, dependen de decisións políticas.
O analfabeto político é tan burricán que se pon fachendoso e incha o peito dicindo que odia a política.
Non sabe o imbécil, que dá súa ignorancia política nace a corrupción, o menor abandonado, asaltate o peor de todos os bandidos que é o politico corrupto e lacayo dás empresas nacionais e multinacionais."
Non e meu, podia selo, dende logo, e do escritor e dramaturgo alemán Bertolt Brecht (1898 - 1955) . E traigoe aquí porque chegou a miña orella unha combersa dun mandamais mediocre, na que censuraba a outra persoa decindolle “Tu fas politica e nosoutros non queremos politica nesta sociedade”
A verdade é que a desidia polos temas dá política levounos a só aceptar o que se nos dita desde arriba, votamos a lidéres que consideramos que teñen propostas máis afins aos nosos intereses e non cunha cociencia do benestar social; e se naide se achéga ao noso gusto votamos por calquera ou non votamos e sempre tendemos a queixarnos de que os políticos non fan nada, que lle rouban ao pobo, que son corruptos (isto sen mencionar as veces que nos facemos participes desta corrupción) e cousas polo estilo.
Fernando Gonzales e mais craro e conciso cando de que temos complexo de fillos de puta, porque nos avergoñamos do noso.
No persoal non comulgo para nada cos burricáns que non saben nin queren saber de política, nin cos brutos que se jactan de que lles vale o que digan os seus representantes na camara de deputados e senado.

!Canta razón tinga Brecht na sua afirmación¡ É moito máis simple e comodo non pensar en política e as súas consecuencias que sendo crítico, decatándose un de como avanza a súa sociedade e como lle gustaría que fose, coñecendo de política teriamos un mundo mellor e seríalles moito máis difícil ser deshonestos aos politicos que hai polo mundo.
Eu tamén sempre sentín pouca querencia por quen despreza ou máis importante dous dereitos que temos: ou dereito a expresar a nosa opinión, xa sexa con o voto ou cunha palabra ou cun texto.
Todos somos políticos e de tal debemos exercer. Recordo de neno que un bó mestre me dixo citando a un filosofo italiano, que nunca deixara de pensar que todo é politica e que se nós non faciamos algo bon, sempre habria alguén que o faria para impor a súa opinion. E dende aquela sempre desprecei por ignorantes ás persoas que renegaban dá politica.
Otero Regal
Comentarios (35) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-06-2010 20:03
# Ligazón permanente a este artigo
A SARAMAGO



"O home máis sabio que coñecín en toda a miña vida non sabía ler nin escribir". É a primeira liña do discurso de José Saramago cando tivo o recoñecemento do Nobel de Literatura. Pura filosofía, de vida e de obra, consecuente e coherentemente levada ata o final dos seus días.
Rodeado de ilustrísimas personalidades, eruditos e demais compoñentes da Academia Sueca; en pleno recoñecemento mundial pola súa obra "Ensaio sobre a cegueira"; cun currículo infestado de recoñecementos en formato de premios, Doutor Honoris causa en diversas universidades ao longo e ancho do planeta e un largísimo etcétera, a cita -perdoade que insista- "o home máis sabio que coñecín en toda a miña vida non sabía ler nin escribir" é o acto máis brillante da forma de entender e vivir a vida de Saramago.

No acto máis limpo e forte dun escritor, recoñecese entre os últimos do xénero humano: os pobres. Desde aí enténdese a súa obra e o seu compromiso político.
Grazas Saramago.
Comentarios (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-06-2010 09:20
# Ligazón permanente a este artigo
QUERENNOS OBEDIENTES E CALADOS
"Non podemos seguir silentes, espectadores.... tennos distraídos, quérennos obedientes e calados, e non pode ser", dixoe Federico Maior Zaragoza, biólogo, catedrático e ex director da Unesco, no acto de presentación do manifesto a favor do pensamento crítico.
O meu amigo e compañeiro en argalladas e remexes varios Pablo Mosquera foi obxecto de unha censura fai unhos dias cando o alcalde de Viveiro Melchor Roel Rivas presionou e chantaxeou a o Presidente do Casino de Viveiro para que Mosquera non presentara un acto cultural encol do Conservatorio de musica, ameazando con irse do acto si o “medico e escritor” tomaba a palabra . O presidente tragou saliva e con unha promesa mais falsa que os billetes de 10000 euros que consiste en dar cartos do concello para construir unha piscina no casino, traicionou a o seu amigo.
O detonante desta falcatruada foron as críticas políticas que recibiu o alcalde nun coloquio celebrado con motivo do dia dos museos no centro cultural RegalXunqueira no que participamos Mosquera e mais eu, e donde con papeles e o programa que levou a Melchor Roel a alcaldia de Viveiro , afirmamos que se incumplira o 90% do prometido no eido da cultura .
Naquela ocasion, tanto Mosquera como un servidor, sinxelamente comportamonos como aprendímos a facelo na universidade e centros de ensinanza dos nosos tempos, e non podo entender que 35 anos despois se vilipendie tanto á a unhas persoas por facer algo que fixo sempre nunha sociedad libre e democratica, que é crear áreas de liberdade e de debate.

Reivindico o dereito e o deber da ciudadania en xeral de expresarnos libremente e dicir o que pensamos ante os problemas e cuestións sociais en xeral, e rexeitar a este alcalde e a xente que o protexe e ampara que pensan que governan un rebaño de obellas en ver de cidadanos libres. Tratando de fastidiar e humillar a quen non comulga con unha sociedade uniforme e gregarizada, e fronte a iso temos que ser pacíficamente críticos.
Chamame a atencion que asociacions seminarios e outros colectivos non digan nin “mu” ante semellantes falcatruadas. Nunca a esquerda intelectual estivo tan calada como agora, quizais chegou a hora de dicir 'basta".

Xente como o noso mandatario o que pretende e que no futuro teñamos cidadáns disciplinados en lugar de persoas con afán de coñecer. Quee sexa máis importancia ás formas que ao fondo,e asi haberá menos estudantes solidarios, funcionarios valentes, políticos e xentes modestas pero honestas".
Temos que reivindicar o noso dereito e obrigación de expor as nosas opinións á cidadanía, non só acerca das nosas áreas de traballo, senón tamen dos problemas sociais.
A crise non é só financeira e económica, senón tamén cultural e de civilización, por eso a necesidade de recordar a obligacion do pensamento crítico.
Otero Regal


Comentarios (70) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-06-2010 20:40
# Ligazón permanente a este artigo
O QUE NON ESTA COMIGO ESTA CONTRA MIN
O que non está comigo, está contra min (e ademais é un fascista)
Si, señores, esta frase tan antiga (creo que a cousa vén de Xesucristo), séguese aplicando hoxe en día polos cegados politicos locais de Viveiro.
"Pobre Sito creo que perdiches o norte, tes unha perrencha contra o goberno que non entendo, pareces mais de pp ou da ultradereita que é o mesmo que de centro esquerda, desde logo tiña outro concepto de tí" ou a outra perla "O Alcalde socialista reprochalle a Otero Regal falta de memoria e asegura que cambia de opinión en virtude der donde lle veñen os apoios"
E eso diceo alguen que contou con Otero Regal para chegar a alcaldia, o que decia que sin a sua axuda non seria posible eses resultados, diceo alguen que chegou a Viveiro sendo comunista logo pasou a IU e logo fai unha escision de esta, para pasarse a o PSOE, eu de ser Aja teria moito cuidado pois a o mellor pasase a o PP. A o Señor Melchor no me estraña nada que o partido lle pagara os traxes sendo como e un CHAQUETEIRO.
Sr. Roel, ustede perdeu os papeis, e poida que alguen os encontrara, neles contanse os vixes a Uruguay, con quen, para que, as dadibas que algunhos empresarios ben faborecidos deron o partido e que non aparecen na sua contabilidade e outras moitas cousas mais pero o que non lle poida perdoar e que crea que todos sompos tan idiotas vomo vostede, estou de acordo con que o Goberno da Xunta trátao a Vd. como a un IMBECIL, porque Vd. efectivamente éo; pero a rogo que non xeneralice, xa que o resto dos cidadáns deste pobo non temos a sensación de ser tratados como Vd. di, quizabes porque non señamos tal ou por o menos no no parezamos.
E como estas, moitas máis lindezas similares, que o único que demostran é que neste pobo, se un non está con ustede, resulta ser un fascista, ultradereitista ou como dicían fai unhas décadas un reaccionario.
Pero claro, que se vai a esperar de un goberno formado por ganapans (bo, algúns máis que pans), que prometen e prometen e logo, negan e negan.... ¡Que aquí non hai crise, señores, ou é que non se decataron aínda? Aqui o que temos e unha TROPA DO CARALLO administrando, e un decir, o noso presente e o noso futuru.
Por certo o que lle fixo ustede a o meu amigo e compañeiro Pablo Mosquera e unha mezquindade moi propia, por outro lado da sua persoa.
Sabemos que nos lee, de boa tinta, asi que, ahora que non pode consumir a sua caña preferida, segun os medicos, o que se pica allos come. e a rañala.
Comentarios (30) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-06-2010 19:52
# Ligazón permanente a este artigo
ALGUEN O DEBIA DICIR
Os creativos dos anuncios de Mixta deberán ser xulgados polo Tribunal da Haia polos dereitos humanos. Perdoade, pero alguén o debía dicir.
Os menús de degustación da maioría de restaurantes que imitan a Adriá deberán ter os prezos en números negativos, é dicir, deberianche pagar por comer as suas xenialidades. Perdoade, pero alguén o debía dicir.
Ao 99% dos nenos non llos fai ningunha graza os xigantes e os cabezudos. E aos pais e nais que van, tampouco. Perdoades, pero alguén o debía dicir.
Apendre a calcular unha raíz cadrada manualmente é tan útil como memorizar o prospecto dunha caixa de supositorios. Perdoade, pero alguén o debía dicir.
A Sagrada Familia de Barcelona deseñada por Gaudí nunca foi un edificio estéticamente destacable. Pero a ampliación do arquitecto Bonet é unha antoloxía do kistch equiparable a o Val dos caidos por Dios e por a Patria. Perdoade, pero alguén o debía dicir.
Se o Minotauro estivese escondido nun centro comercial e non nun labirinto, Teseo non atoparía a saída nin co fío de Ariadna. Perdoade, pero alguén o debía dicir.
O porto deportivo de Viveiro nunca funcionou nin medianamente ben, nin con Aja nin con Melchor. Perdoade, pero alguén o debía dicir.
O distintivo ese da bandeira azul non garantiza nada de nada nin a nivel sanirio, nin de comodidade e menos ainda estetico. Perdoade, pero alguén o debía dicir.
O mellor que lle podia pasar a un Viveiro con futuro co do porto deportivo e que a Xunta o privatice, e que a empresa adxudicataria, o faga rentable e o promocione como porto destacable en todo o mundo. Perdoade, pero alguén o debía dicir.
A subida de soldos a os funcionarios e persoal contratado do concello de Viveiro por parte de Melchor Roel non redundou en un maior rendemento dos mesmos e menos ainda en un mellor atencion a os administrado. Perdoade, pero alguén o debía dicir.
O que os gobernos de esquerda en Viveiro soio fixeran 4 presupostos municipais en sete anos non e porque o concelleiro de facenda non sepa facer a o cun canuto. Perdoade, pero alguén o debía dicir.
Que o alcalde, concellais afins e cronisto oficial se disfracen de CarlosV, Xoana a tola, correxidores e outras gaitas en pleno mes de Xullo non significa que se confundiran de data e pensan que estamos no antroido, pois xa pasou. Perdoade, pero alguén o debía dicir.
É mentira ou, quizabes, unha lenda urbana, que Viveiro conta cun Concelleiro de Interior, Festas rachadas, Procesións e Romarías do bó xantar. Perdoade, pero alguén o debía dicir.

Otero Regal
Comentarios (21) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-06-2010 07:40
# Ligazón permanente a este artigo
FESTAS A ESGALLO CON CARTOS DE XAN POBO

Facer festas non costa nada, nadiña de nada, sobre todo se esta festa a esgallo é con diñeiro doutros (léase diñeiro público). Esa é a sensación que reina en moitos concellos de A Mariña perante o rosario festivo que vai dende Maio ata Outono, en calquera povo e concello desta franxa costeira o mesmo tempo que o Goberno de Zapatero acaba de facer público o seu programa de recortes sen parangón. Listas: Os despilfarros dos gobernos

Recortes en investimento público, en autonomías, funcionarios, pensións, natalidade e ata ata se chegou falar de fármacos... En total, Moncloa pretende aforrar 15.000 millóns de euros entre 2010 e 2011 e levar o déficit público do 11,2 por cento ao 6 por cento do PIB.

E mentres tanto, os alcaldes,señan do cor politico que sexan "malgastan", millóns de euros en organizar PAN E CIRCO
Non me atrevo a dar cifras, pero si falarei das consecuencias destes dispendios: Temos bibliotecas que non se abren porque faltan os andeis ou os libros, un centro social acabado ao que lle non chegan as cadeiras, Asilos que levan meses sin abrirse, carretyeras cheas de buratos, listas de espera interminables... e mentres os politicos, vendo como saír na foto.
Un non ve ou non quere ver. Actos sociais e concertos grautitos que non o son, que se custean cos orzamentos dos paganos.
Os custos disparonse, todo pola política de malgasto e que en época de crise chama máis a atención.
E a cousa non e aqui soio, din os papeis que en 2008 a débeda viva das entidades locais (concellos, deputacións provinciais, cabildos e consellos insulares) en España ascendía a 32.030 millóns de euros, 566 por habitante, segundo os datos do Ministerio de Economía e Facenda. A débeda indica que a capital de España é o Concello que debe máis diñeiro, 6.680 millóns de euros sobre os máis de 26.100 millóns da parte que corresponde aos consistorios.

Comentarios (18) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-06-2010 10:13
# Ligazón permanente a este artigo
REPASANDO con humor A MARIÑA
En Educación a nosa bisbarra non ten ningún problema cultural, como proba o feito de que todo o mundo fale de calquera tema con total autoridade, aínda que fixera medio módulo de FP que non acabou porque lle pillaron fumando un peta no retrete. O problema da educación, xa que logo, é que a xente saca malas notas. Baixemos o nivel de esixencia un pouco máis, por exemplo cun dous e medio aprobado e teremos unha das xeracións academicamente máis exitosas da nosa historia.
E si falamos de CULTURA, Nestas terras do norte non temos cultura porque a xente que realmente ten un criterio intelectual está vetada porque unha vez dixeron algo contra alguen dos que manda ou esta esperando para mandar. Obviamente, merecen tal ostracismo. Afortunadamente, quédannos catro gatos e un cadelo e os suas sempre refrescantes opinións sobre calquera cousa.
No asunto da crise de valores A mocidade xa non cre en case nada. Isto é incomprensible tendo en conta o excelente labor pedagóxico da política e os medios de comunicación. Temos que conseguir que os mozos acheguen valor á nosa sociedade, para o que é fundamental que beban dentro dos bares, porque na rúa fan moito ruído e así non hai quen durma.
A ECONOMIA esta de moda tamen por aquí . Na Mariña sabemos facer o que sabemos facer: casas. Fagamos, xa que logo, casas coma se non houbese un mañá. Fabriquemos casas en todas partes, centos de miles de casas, millóns de casas, e vendámosellas aos madrileños. Outros países invisten en científicos que, póñaste como te poñas, terán que vivir en algures, non?
No tocante a Igualdade de xénero, hoxe en día, a muller ten as mesmas oportunidades que o home en todos os ámbitos salvo no laboral e no económico. Non entanto, estase avanzando moito neste campo. Agora, por exemplo, é difícil que un empresario despida a unha muller por estar embarazada; hoxe despídea porque cometeu un grave erro xusto o mesmo día en que comunicou que estaba embarazada.
Aquí, onde vivimos a relixión é tamen un poderoso mecanismo de control social, dado que castiga ós pecadores cun inferno eterno. Non en balde moitos dos pecados capitais coinciden con leis laicas (salvo o de desexar á muller do veciño, porque, se fose ilegal, non quedaría ninguén en liberdade). Unha sociedade laica condúcenos cara a un futuro onde non hai medo e, xa que logo, hai liberdade de acción para atentar, asasinar, violar, abortar e masturbarse en público. Potenciemos, xa que logo, as relixións (salvo a dos mouros, que están todos tolos).
E para acabar tamen falaremos aquí da Memoria histórica. É importante que, desde a unión e o consenso, pechemos vellas feridas. Os fascistas derrotáronnos e moitos deles, así como os seus descendentes ideolóxicos, seguen en cargos de poder municipal, autonómico e estatal, pero martirizarse non serve de nada.
Otero Regal

Comentarios (28) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-06-2010 08:27
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal