A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O GALIÑEIRO REVOLTO
Anda revolto o galiñeiro do PP, e non somente aqui en viveiro, donde a o parecer Leal e Aja nin se dirixen a palabra, O normal, estamos en campaña.

É curioso, non obstante, que, en lugar de centrar a súa campaña en Europa, volveron co raca raca: que se o aborto, que se Zapatero usa un avión militar, que se Garzón prevarica... Y volta a burra ao trigo, craro esta que nas galegas eses asuntoso do coche, as sillas e outras macanadas, deulles resultados, e ahora intentan repitir as trolas.

Se o PP está en contra do aborto, da pílula do día despois. Se se apoia na poderosa forza da igrexa católica para conseguir os seus fins e non é capaz de afastarse un pouquiño das palabras de Rouco, Cañizares, a mesma cousa son.

Se o PP apunta a Zapatero porque usa un avión militar para os seus desprazamentos a mitins e non é capaz de recordar o que facía Aznar (como é lóxico, por outro lado), ou o que fai o presidente dos EUA (ese país que otrora tanto admiraban) cando o presidente se volve presentar ás eleccións (ou que é que entón non vai no Air Force One).

Se ao PP lle parece estupendo que un xuíz amigo dunha institución procese outro xuíz de ideas contrarias por pretender que os avós e pais de media España deixen de estar enterrados no monte como animais e aí non ven a prevaricación e non é capaz de ter a máis mínima empatía con tantos concidadáns dese país que tanto din amar.

Entón, pola regra instaurada polo mesmo Rajoy no Congreso de "se vostede (Zapateiro) non cesa a Bermejo, convértese no propio Bermejo", se o PP, ou o seu candidato, Maior Oreja, non desacreditan, desautorizan e cálanse dunha vez con respecto a algunhas cuestións convértense automaticamente en Rouco Varela e compañía.
Comentarios (27) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-06-2009 10:28
# Ligazón permanente a este artigo
NACEU EN VIVEIRO EN 1902
NACEU EN VIVEIRO EN 1902
Naceu en Viveiro o 5 de xaneiro de 1902. Calquera paisaxe ou lugar imantaba a súa mirada inqueda: paisaxes de mar e terra, de pasteis e azuis, praias e montes. E é que como ela mesma dicía: "A infancia é transcendental para a vida dunha muller". Os mercados tan pintorescos, as romaxes tan alegres. A familia, composta por catorce irmáns, ademais dos proxenitores, estaba afeita ao cambio frecuente de residencia debido ao traballo do seu pai, que era inspector de alfándegas. É en Avilesino onde se empezou a formar como pintora.
Maruja Mallo, miúda, nerviosa, activa, universal de talante e formación, trasládase a Madrid en 1922. Alí buscará a súa oportunidade xunto a pintores, escritores e intelectuais que tamén se dan cita na capital procedentes de diferentes puntos do país e que chegarán a ser pezas clave na renovación artística da época.
No tempo en que Maruja Mallo inicia a súa carreira como pintora, o xénero feminino segue sendo marxinado. Só dúas mulleres estudan na Universidade de Madrid naquela época e vinte e unha en todo o país. Por aquel entón, a muller estaba relegada a ese papel natural de ama de casa e a ser moi feminina.
Maruja rachou con todo aquel mundo, codeose con Salvador Dalí, Buñuel, Lorca, María Zambrano, Rosa Chacel, Ortega e Gasset, Alberto Sánchez, Benxamín Palencia e Ramón Gómez de la Serna. Tivo amores con Rafael Alberti, Miguel Hernández, Neruda, viaxou a Paris, por toda America en Nova York coñece a Andy Warhol, Pinta mulleres con trigo, con peixes, con redes, caracolas, mascaras, fai ceramica, muralismo, ilustra libros, fai grabados e despois de terse que ir por mor do golpe de estado do 36 para Arxentina, volta no 1961.
Maruja Mallo pasa os últimos anos da súa vida en total soidade, só ten a Emilio, un dos seus irmáns que a visita semanalmente e morre en Madrid o 6 de febreiro de 1995 nunha residencia de anciáns. Esa muller fascinante e trasgresora que desbordou as marxes do seu tempo e que incorreu, como dicía a súa compañeira María Zambrano e recolle Ferris na biografía, nun dos erros máis destructivos e imperdoables: ser libre.
Si Maruja en vez de nacer en Viveiro nacera en un pobo de Cataluña hoxe teria rua, praza, fundación e o recoñecemento que aquí non se soupo nin quixo darselle. Unha vez mais aquela maldición de “cada pobo ten o que se merece” volta a ser ben certa.
Otero Regal
Comentarios (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-06-2009 13:16
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal