A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O BÓ GOBERNO MUNICIPAL
O goberno de aquel pequeño concello costeiro tiña un depósito de chatarra domestica, labadoras, ordenadores, bicicletas vellas, no medio de un campo separado das vivendas unhos 6 kilometros.
En un pleno ordinario da corporación un concelleiro, no apartado de rogos e preguntas dixo: "Alguén pode entrar a roubar perante a noite no deposito de lixo".
Entón esa misma seman o alcalde firmou un decreto creando o posto de guardia nocturno da chatarra e contraranron unha persoa para o traballo.
En outro pleno alguen dixo: ¿Como pode facer o garda da chatarra o seu traballo sen capacitación?.
Entón crearon unha área do sector de vixilancia da chatarra e contrataron dúas persoas, unha para escribir as instrucións e outra para realizar estudos de tempo.
Entón outro concellal preguntou en outro pleno: ¿Como imos saber que o guardian da chatarra de noite está a realizar as súas tarefas correctamente, e non vai de baranda ou a dormir con a muller a casa de noite?.
Entón decidirán crear o Departamento de Control de Calidade e contrataron dúas persoas: unha para realizar os estudos e outra para escribir os informes.
Cando se tratou o tema dos presupostos e dos soldos do persoal funcionario e contratado voltouse no pleno a falar do asunto e alguen dixo: ¿Como vai cobrar o seu soldo toda esta xente? .
Entón, por unanimidade acordaron crear os postos de : Controlador de horarios e Pagador de soldos. E contrataron dúas persoas. Pero deronse conta de que tiñan outro problema: ¿Quen vai levar a administración contable de toda esta xente? ".
Entón crearon unha área administrativa, e contrataron tres persoas: un contable, un asistente e unha secretaria.
Entón en unha das aconstumbradas remodelación das contas deronse conta que: "Temos este depósito de chatarra en funcionamento dende hai un ano e estamos 18.000 euros por enriba do presuposto. Debemos recortar gastos".
Entón, por unanimidade acordaron botar a o vixilante da Chatarra domestica.
Pareceralles un conto pero asegurolles que ten mais de certo que de trola e si non repasen os contratos e funcionamento dos seus concellos e a bon seguro que superan en surrealimo a o meu conto.
Otero Regal
Comentarios (14) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-06-2009 09:12
# Ligazón permanente a este artigo
OS DIAS MUNDIAIS DE CALQUERA COUSA
non me gustan nadiña estas estúpidas celebracións modernas. Os días mundiais. A súa orixe é incerta e pouco interesante de indagar. Así que o mellor será teorizar. Na miña opinión é unha invención da clase dominante, que, tras decatarse (agás os que eran festa) da perda de interese da plebe polos santos do día, decidiu crear os días mundiais. Sen dúbida co obxecto de distraer doutros temas máis espiñentos os cidadáns.

A cousa empezou tranquila, e ata entendible, o día do traballo, o da muller traballadora, o da auga, o día mundial sen tabaco... pero máis tarde se remataron as causas benéficas, altruístas, históricas, ecolóxicas e culturais e comezaron a xurdir días mundiais como cogomelos. O día internacional da lingua materna, o día europeo sen coches, o día mundial do aforro e outros moitos aos que non se lles vía moi ben o sentido. Porque eu coñezo algúns que o celebran todos os días. E no día mundial do aforro?. Gorroneas todo o día?.
E así, ante esta falta de criterio xeneralizada para nomear os días mundiais, os raros, que se apuntan a unha rolda de aspirinas, viron vía libre e se lanzaron de cheo á invención de días que representasen e significasen a súa idiosincrasia particular. Así xurdiron surrealistas efemérides como o día europeo da saúde sexual, o do pensamento scout, o día do orgullo zombie e claro, o día do orgullo friki, que stricto sensu, debería aglutinalos a todos. Pregúntome se seguirá aumentando en absurdidade. Espero que non cheguemos a ver días mundiais da oliva rechea de anchoa, da halitose ou o do marujeo.

Aínda que auguro que o seu futuro será bastante negro. Primeiro porque a este paso se lles van rematar os días do calendario. Segundo porque cando se lles rematen empezarán a coincidir causas no mesmo día e quen sabe se non poderá rematar en enfrontamentos entre distintas faccións celebrantes. Terceiro e o máis importante de todos, que haberá un momento en que haxa tantos días mundiais que acabaremos, como coa publicidade, por non lles poñer atención nin lles dar importancia aos que realmente a tiveron algún día.
Comentarios (11) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-06-2009 09:41
# Ligazón permanente a este artigo
¿DONDE DORME O O PLAN XERAL DE VIVEIRO?
Moitos veciños de Viveiro fanme a menudo a mesma pregunta¿por qué non temos PXOM?, ¿por qué despois de tanto fixar datas o PXOM non ven nin aparece?.

Parece increíble pero levamos dende perto de dez anos elaborando un novo Plan Xeral para o municipio é despois de varios intentos non hai maneira de dispoñer dunha ferramenta de ordenación urbana que sustitua dunha vez a unhas Normas Subsidiarias e ahora esa especie de norma tipo que nos impuxo a Xunta fai unhos anos pero que non e mais que un remendo malo, que calquer dia de estes o novo Director Xeral da vivenda e solo, tamen de Viveiro donde coñecemos ben as suas andanzas urbanísticas, volve a deixar construir donde e como lle pete os constructores amigos.

Evidentemente o desproposito é monumental, pero que sucede para que goberno tras goberno no sexan quen de levar a bo porto algo que non debería levar mais de tres o catro anos no peor dos casos dende a data de inicio, e mais, cando un PXOM debería ter unha vida útil de non mais de 10 anos.

A resposta é doada, e creo que ainda que non sexa un clamor popular a realidade do día a día en todo o estado da moitas pistas, o urbanismo é un gran negocio para moitos “listos” e a redacción dun novo PXOM é a via mais doada para subirse ao carro do pelotazo.

Este criterio dende logo foi o que amparou dende un principio a concepción do PXOM na nosa vila, a primeira xeira con Cesar Aja como alcalde se xestou o primeiro borrador, popularmente contestado, por mor do trazado da circunvalación e tamen porque deixaba as mans abertas a ambiciosa versión de recalificación masiva de terreos. Aja olvidouse de contestar as elegacions e por medo as eleccions caducou o proiecto, e de todas formas, por o mesmo tema perdeu as elecions.. Non hai que ser un lince para deducir que información privilexida correu a esgallo entre certos aventaxados que urxentemente compraron terreos rústicos para construir vivendas antes de aprobar o PXOM.

Pero despois deste primer fracaso, do que ainda agora estamos a sufrir os coletazos, e eso que non empezaron os derribos, comezou a nova xeira, esta vez co beneplacito da suposta eficacia do partido dos salvadores da patria no goberno local, a primeira pedra de toque foi convocar unha plaza de arquitecto municipal, anunciouse unha ducia de veces o comenzo da redacion do segundo PXOM, pero a cousa non acaba de empezar
Viveiro necesita urgentemente un documento incorruptible por asi decilo unha nova versión das tablas dos dez mandamentos, curador de todolos males, coa premisa que non abera pelotazo para todos, non queremos queun grupiño de listiños a porta pechada se repartiran unha docea de rotuladores de cores e se puxeron a pintar nun plano do municipio, repartindo cada quen a parte que mais lle conviña, que conteña zoas verdes, ruas amplas e soleadas, zoas rurales, que os montes sexan montes e non posibles urbanizacions e que ademais non se consinta que en Santiago o señor Bonet atranque o decidido en Viveiro por mor de faborecer a algun desprotexido constructor metido en varias a ordes de derribos por ilegalidades.
Otero Regal
Comentarios (21) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-06-2009 14:50
# Ligazón permanente a este artigo
A POLITICA E AS VACAS
Eu sabia o conto....situavase nas primeiras elecions da democracia en unha aldea galega...Xose e Manuel falaban de quen irian a votar...Xose dixo todo decidido que el votaria a Carrilo, os comunistas que eran os mellores...manuel que tempo despois chegaria a concelleiro dixolle ..¿Cantas vacas tes? 4 respostou Xose, pois vas dado si gañan os comunistas veñen sacanche 3 e repartenas entre quen non ten ninguha e a ti quedache soio unha...enton vou votar por Felipe Gonzalez os socialistas....eses das catro levanche duas,...pois xa desenganado Xose dixo votarei por Fraga que ademais e de aqui o lado....moito peor..dixo Manuel, eses non che levan ningunha vaca...ajá dixo Xose eses son os meus.....non che levan as vacas deixanchas na corte para que as cuides, as limpes, lles des de comer, as muxas e despois eles levanche o leite......

Ahora en tempos de Internet a cousa cambiou e e asi:
Socialismo:
Ti tes 2 vacas.
O estado obrígate a darlle 1 ao teu veciño.

Comunismo:
Ti tes 2 vacas.
O estado quítachas e dáche algo de leite.

Fascismo:
Ti tes 2 vacas.
O estado quítachas e véndeche algo de leite.

Nazismo:
Ti tes 2 vacas.
O estado quítachas e dispárache na cabeza.

Burocratismo:
Ti tes 2 vacas.
O estado pérdeche unha, moxe a outra e logo tira o leite ao chan.

Capitalismo tradicional
Ti tes 2 vacas.
Vendes unha e compras un touro.
Fas máis vacas.
Vendes as vacas e gañas diñeiro.

Capitalismo moderno:
Ti tes 2 vacas.
Vendes 3 das túas vacas á túa empresa que cotiza en bolsa mediante letras de crédito abertas polo teu cuñado no banco.
Logo executas un intercambio de participación de débeda cunha oferta xeral asociada co que xa tes as 4 vacas de volta, con exención de impostos por 5 vacas.
O leite que fan as túas 6 vacas é transferido mediante intermediario a unha empresa con sede nas Illas Cayman que volve vender os dereitos das 7 vacas á túa compañía.
O informe anual afirma que ti tes 8 vacas con opción a unha máis.
Colles as túas 9 vacas e as curtas en anaquiños. Logo vendes á xente as túas 10 vacas toradas.
Curiosamente durante todo o proceso ninguén parece decatarse que, en realidade, ti só tes 2 vacas.

Economía xaponesa:
Ti tes 2 vacas.
Redeseñar as a escala 1:10 e que che produzan o dobre de leite.
Pero non te fas rico.
Logo rodas todo o proceso en debuxos animados. Os chamas "Vakamon" e incomprensiblemente, faste
millonario.

Economía alemá:
Ti tes 2 vacas.
Mediante un proceso de reenxeñería consegues que vivan 100 anos, coman unha vez ao mes e se muxan soas.
Ninguén cre que teña ningún mérito.

Economía rusa:
Ti tes 2 vacas.
Contas e tes 5 vacas.
Volves contar e sáenche 257 vacas.
Volves contar e sáenche 3 vacas.
Deixas de contar vacas e abres outra botella de vodka.

Economía chinesa:
Ti tes 2 vacas.
Tes 300 tíos muxíndoas.
Explicas ao mundo o teu incrible ratio de produtividade leiteira.
Disparas a un xornalista que se dispón a contar a verdade.

Economía suíza:
Hai 5.000.000.000 de vacas.
É obvio que teñen dono pero ninguén parece saber quen é.

Economía francesa:
Ti tes 2 vacas.
Entón decláraste en folga, organizas unha revolta violenta, queimas os coches e cortas todas as estradas do país, porque ti o que queres son 3 vacas.

Economía española:
Ti tes 2 vacas, pero non tes nin idea de onde están.
Pero como xa é venres, te baixas a almorzar ao bar que teñen o xornal gratis.
Se acaso, xa te poñerás a buscalas o mércores despois da ponte.
Comentarios (17) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-06-2009 21:18
# Ligazón permanente a este artigo
O PP BUSCA UN "MANSO" PARA DIRIXIR O CGAC
Hoxe, 16 de xuño de 2009, veñen de publicarse no DOG as bases do concurso internacional para a selección do vindeiro titular da dirección do Centro Galego de Arte Contemporánea (Resolución do 10 de xuño de 2009, da Secretaría Xeral da Consellería de Cultura e Turismo, pola que se lles dá publicidade ás bases para a convocatoria do concurso internacional para a provisión do posto de director do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC).

As bases son unha inmellorable pedra de toque para apreciar as mentiras de Feijoo e do seu conselleiro en materia de cultura, dada a insistencia coa que Roberto Varela, na súa comparecencia parlamentar da pasada semana, recordou a importancia de “abrir” a cultura galega ao ámbito internacional (nas súas primeiras declaracións, o Conselleiro afirmou, nun rapto freudiano de auto-odio, que “a cultura galega limita”).

Con tristeza e preocupación, comprobamos que Feijoo nos ofrece, como políticas culturais, a da politización desgaleguizadora, o auto-odio e a aposta por entregar o control das institucións culturais galegas aos axentes culturais transnacionais:

* Ao deseñar os “requisitos e méritos” dos candidatos –sen distinguir suficientemente, por certo, conceptos de natureza xurídica tan distinta–, as bases establecen o “Coñecemento falado e escrito das linguas cooficiais da Comunidade Autónoma de Galicia. No caso de non acreditar o coñecemento dos idiomas cooficiais en Galicia, será necesario asegurar a súa aprendizaxe no prazo dun ano, e este requisito quedará recollido no contrato”. Ou sexa, que coñecer a lingua galega non é un requisito, e quizá nin sexa un mérito, senón un atranco que hai que evitar...
* Isto contrasta abertamente co coñecemento do inglés, pois este si aparece claramente como un requisito: “Dominio do inglés. Valorarase como mérito o coñecemento de calquera outro idioma”.
* Non remata aí o pasmo, pois como requisito-mérito hai que “Acreditar coñecemento dos axentes económicos susceptibles de achegar recursos financeiros e culturais ao CGAC”. Será que os candidatos teñen que levar unha lista de empresarios dispostos a colocar cartos?
* As bases conculcan abertamente os criterios reflectidos no “Documento de boas práticas en museos e centros de arte contemporánea”, pois o xuri que vai valorar as candidaturas non é nomeado polo Padroado do CGAC, senón polo propio Conselleiro de Cultura, isto é, polo poder político. Os seis vogais serán “elixidos pola Consellería de Cultura e Turismo entre directores de museos, centros e feiras de arte contemporánea, críticos de arte, profesores de universidade e artistas, todos eles profesionais de recoñecido prestixio a nivel internacional”. Non hai ningunha garantía, polo tanto, de que os profesionais galegos do sector teñan presenza na comisión xulgadora. Moito menos aínda que poidan optar á praza de Director(a).
* Mais o pior de todo ainda está por vir, pois nunha cláusula manifestamente ilegal, afírmase que “Garantirase a confidencialidade da participación dos/as candidatos/as no proceso de selección, así como calquera dos seus datos persoais o profesionais, e farase público exclusivamente o nome do candidato gañador”. Prohibida a transparencia! Pois se non sabemos quen se presentou, tampouco poderemos contrastar se a persoa gañadora é realmente a mellor para dirixir o CGAC.

Ao señor Feijoo, polo que parece, o único que lle preocupa é que o CGAC sexa moi internacional: ou sexa, que non sexa galego. Mais o CGAC non debe ser un portaavións cultural no que aterricen grandes vendedores do MacDonald's da globalización cultural; o CGAC debe ser, por moitas razóns, un centro artístico galego –como, por certo, o seu propio nome indica– que estimule a creación, a exhibición e a difusión da arte contemporánea galega realizada polos artistas galegos máis inquedos, que os hai e moi bos. O CGAC non é un centro de arte internacional, porque ese papel xa o vai desenvolver o Centro de Arte Internacional que se constrúe, por se non o sabe aínda o señor Feijoo, na Cidade da Cultura.

Só por cumprir a súa cruzada ideolóxica contra todo o que cheire a cultura propia do país, o Sr. Feijoo vai propiciar que os galegos e galegas teñamos dous Centros de Arte Internacional a menos de dous quilómetros de distancia e en plena época de crise económica. Se o anterior é un notable exemplo da falsaria austeridade do Goberno de Feijoo, aínda é mellor exemplo de utilización politizada das nosas institucións para darlle sulfato á nosa creación cultural propia.
Collido de http://feijoomente.blogaliza.org/?p=166
Comentarios (12) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-06-2009 12:21
# Ligazón permanente a este artigo
CORRUPTOS A ESGALLO
O segredo mellor gardado polos sociólogos é o comportamento de certo electorado, aparentemente impasible ante os casos de corrupción que salpican o partido político das súas cores. Como dixo o multiimputado Carlos Fabra onte, "ao electorado non lle preocupa se Camps ou eu somos culpables".

É a vella historia de "este fillo meu é idiota, pero é o meu idiota", ou a fidelidade contrastada dos seguidores do equipo do PP tamén triunfa a máxima de "é un corrupto, pero é o meu corrupto".
E aquí neste norte de Lugo , apodado A MARIÑA, tivemos todo un ejemplo con o Señor Villapol, alcalde de Vicedo dende Franco ata que os xueces o meteron na cadea por chourizo, sempre tivo o 80% dos votos dos Vicedenses.
O punto que máis mosqueados ten aos estudosos do fenómeno e que canta máis presunta corrupción, máis cariño envorcan nos seus candidatos, como aconteceu en Valencia e en Madrid, coma se quixesen protexer un fillo desvalido. Coma se desculpasen a corrupción como unha enfermidade incurable de nacemento. Coma se ser de dereitas fose xa de por si unha malformación xenética inevitable.
E como eles son contrarios ao aborto, pois confórmanse e encaríñanse por disciplina con todo o que deus lles envíe como castigo..Se a metade do que se está a descubrir sobre o PP lle tivese acontecido ao PSOE, estarían a botar fume. Os medios non falarían doutra cousa, e pediríase a dimisión do goberno en pleno. E pareceríame ben.
Pero cando a dereita rouba, non sei que pasa, que a todos nos entra a abulia. 30 anos de democracia, e seguimos co chip da obediencia e a submisión máis rastreira cara aos ricos e os poderosos.
Cando a dereita rouba, quitamos a boina coas mans calosas de traballadores honrados, agachamos a cabeza, e dicimos, "si señorito". Cando a dereita rouba, eses mesmos que nos indignamos coa corrupción do último goberno de González, aceptamos que é natural que a dereita roube.
Aceptamos que gasten nos seus luxos mentres eliminan a educación e a sanidade públicas, coa mesma naturalidade que aguantamos a chuvia, a neve ou a seca.
Aceptamos que esta terra é o casal da dereita, e que nos toca o papel de xornaleiros, e como na película os Santos Inocentes lles dicimos con voz submisa: "a mandar, que para iso estamos,"
Otero Regal

Comentarios (32) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-06-2009 13:32
# Ligazón permanente a este artigo
MANIFESTO ante a AFRENTA ao POVO GALEGO por parte da JUNTA DE GALIZA
O FACHO:
MANIFESTO ante a AFRENTA ao POVO GALEGO por parte da JUNTA DE GALIZA
O FACHO: MANIFESTO ante a AFRENTA ao POVO GALEGO por parte da JUNTA DE GALIZA
13-06-2009

Agrupaçom Cultural O Facho
Rua: Frederico Tapia 12-1º
15005 A Corunha

A Agrupaçom Cultural O Facho chama aos bons e generosos a fazer valer os seus direitos cidadáns frente às agressons contra a Língua Galega que está a levar a cabo o P.P. e a actual Junta de Galiza conformada na sua maioria por membros do OPUS e outras seitas semelhantes.

Ante esta afrenta ao povo galego, O Facho manifesta:

1) O nosso posicionamento de jeito beligerante e irrenunciável na defessa da Língua Galega
.
2) A Língua constituí um elemento básico de identidade cultural e representa um valor fundamental de coesom. A supressom do actual Decreto 124/2007, polo que se regula o uso e a promoçom do galego no sistema educativo, retrotrai-nos ao mais râncio franquismo do que o actual Governo da Junta tem múltiplos canles manifestos e soterrados de comunicaçom.

3) A eliminaçom deste Decreto supom um passo adiante na política de repressom, empobrecimento e marginaçom que os responsáveis políticos da Junta de Galiza estám a realizar contra a Língua e a Cultura dos galegos e galegas.

4) O Estatuto de Autonomia de Galiza, no seu artigo 5, define o galego como Língua própria de Galiza, declara que os idiomas galego e castelám som oficiais em Galiza e que todos tenhem o direito de conhece-los e usa-los. Assim mesmo, estabelece que os poderes públicos da Galiza potenciarám o emprego do galego em todos os planos da vida pública, cultural e informativa, e como a dotaçom dos recursos necessários para facilitar o seu conhecimento. Certamente, com a supressom do Decreto 124/2007 violenta-se o próprio Estatuto de Autonomia.

5) Depois de séculos de persecuçom e de escárnio dos falantes galegos à vez que geravam políticas de extirpaçom da Língua Galega, tanto por parte do Estado, da Eireja, e outras Instituçons. O Decreto 124/2007 desenvolve a Lei 3/1983, de Normalizaçom Lingüística que garante a igualdade do galego e do castelám como Línguas oficiais da Galiza e assegura a normalizaçom do galego em todos os eidos da sociedade.

Demandamos que cesse a persecuçom da Língua Galega por parte da actual Junta de Galiza e que o Decreto 124/2007 mantenha a sua vigência.

Na cidade d’A Corunha a 10 de Junho 2009
Comentarios (11) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-06-2009 17:08
# Ligazón permanente a este artigo
HISTORIAS DA CRISE
É Primavera en unha pequena vila de costa desas que da noite á mañá encheuse de constructores e promotores mercando leiras, prados, montes e moreas para facer edificios moi grandes que seique ían a mercar os madrileños para pasar 20 dias de vacacions ó ano, logo veu a crise, a desaceleracion e a maior parte dos edificios están a medio construir, como esqueletes dunha pretendida opulencia..., en plena primavera; cae unha chuvia torrencial hai varios días, a vila que antes vivia da agricultura, semilla deserta.
Os verciños, que seguiran a filosofia do “conto da leiteira” e que montaran todo tipo de negocios para os veraneantes que ían a vir e non viñero todos teñen débedas e viven a base de créditos.
Pola estrada xeran divisase un “Mercedes” dos mais caros da marca, que para diante do hotel con encanto “A fortuna”, que antes fora “Pension Carballo” vaixa un home alto loiro e cheo de cadeas, aneis e pulseras de ouro, entra na recepcion, valeira como o hotel e pide un cuarto en un castelan con acento de novo rico ruso.
Pon un billete de 100 € na mesa do recepcionista e vaise ver os cuartos.
O xefe do hotel, que levaba moitos dias sin clientes agarra, saca da caixa forte os cartos gardados ata que pasara a crise e sae correndo a pagar as súas débedas co carniceiro.
O carniceiro colle o billetes e corre a pagar a súa débeda co criador de porcos.
Este bólese a pagar o que lle debe ao provedor de penso para animais.
O do penso colle o billete ao voo e corre a liquidar a súa débeda coa prostituta á que hai tempo que non paga. En tempos de crise, ata ela ofrece servizos a crédito.
A prostituta colle o billete e sae para o pequeno hotel onde trouxera aos seus clientes as últimas veces e que aínda non pagara.
Neste preciso momento do conto baixa o ruso, que acaba de botar unha ollada aos cuartos, di que non o convence ningun, colle o billete de 100 € , monta no cochazo e enfila a carretra xeral cara a siguente vila costeira .
Ninguén gañou un euro, pero agora toda a cidade vive sen débedas e mira o futuro con confianza!
E como calquer conto que se precie ten a sua MORALEXA: SE O DIÑEIRO CIRCULA REMÁTASE A CRISE, CABRÓNS! Ou sexa, o diñeiro pasa de man en man facendo crer que a economía funciona..pero remata sempre volvendo a estes?, dende logo e moito máis real que a falacia coa que intentaron convencernos de que todos podiamos facernos ricos, a pesar do conto, algúns insisten na idea. E outros insisten en crelo.
Comentarios (16) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-06-2009 13:47
# Ligazón permanente a este artigo
GAÑOU RAJOY
A grande incógnita desta campaña está xa resolta: Mariano Rajoy será o candidato do PP nas próximas xerais. A vitoria nas europeas -a súa terceira reválida despois do congreso de Valencia e das eleccións galegas- consolídao á fronte do PP. Rajoy logra á fin o seu primeiro gran éxito electoral dende que preside o PP; é tamén a primeira gran derrota do PSOE de Zapatero. Supón este resultado electoral un cambio de ciclo, do mesmo modo en que o foron as europeas do ano 1994, as primeiras que gañou o PP de Aznar? Non tan á présa.
O resultado de onte é abondo amplo como para que Rajoy durma tranquilo pero non tan contundente como para tombar a Zapatero. No peor momento da peor crise económica en décadas, con catro millóns de parados, unha participación baixa e unha campaña marrulleira, o PP só foi capaz de gañar por tres puntos e medio; non é como para tirar foguetes. Maior Oreja non obtén máis apoios dos que conseguiu no 2004; é o PSOE o que perde máis de 700.000 votos nun momento onde o seu electorado se xoga pouco. Se tivesen sido unhas xerais, vistos os datos, é probable que Zapatero tivese volto gañar.

Pero os socialistas farían mal en consolarse sen asumir nin analizar a derrota. Que o PP non arrase en condicións tan vantaxosas significa que a tendencia non poida ir a máis. A derrota doce nestes casos é a máis perigosa: como non amarga, é doado ignorala.
Outros datos que me interesan:
- Esquerda Unida mantén os seus dous escanos en Europa, o que tampouco é como para brindar con champaña.
- Se as urnas lavan os pecados da Gürtel, Camps e Esperanza están hoxe absolvidos: Valencia e Madrid conseguen os mellores resultados para o PP.Pero que recorden estes e outros "LEADERS" os votos dan poder pero non a razon, e o que e un chourizo que lle regalan os calzoncillos, anque se encgha de votos segue a ser un chourizo con calzoncillos regalados.
- Onde máis retroceden os socialistas é en Catalunya: o atraso no acordo de financiamento, entre outras cousas, pasa factura.
-O grupo do BLOQUE consegue un escano
- En galicia, a pesares das diarias meteduras de pata do FEIJÓO arrasou o PP.
Comentarios (29) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-06-2009 09:50
# Ligazón permanente a este artigo
FAITE CURA........
Ás veces recibo emilios que non son unha puta lixo. Moi raras veces cousas tan simpaticas como esta, por eso a poño.
Por certo absteñanse as xentes que carezan de sentido do humor.

Estás no paro?
Canso de enviar currículos e non conseguir resposta?
Desesperado porque o teu negocio non consegue créditos?
Veste incapaz de afrontar a puta crise?

Temos a solución:

FAITE CURA!

Conseguirás:

* Traballar nunha empresa con 2.000 anos de recoñecida solvencia.
* Estar ás ordes do putísimo amo.
* Abundantes oportunidades de promoción.
* Lexislación propia, independentemente do país en que te encontres.
* Posibilidades de ter dous ou máis "sobriños/ás" no teu piso de solteiro aínda que carezas de irmáns.
* Asistencia legal e cobertura ilimitada por responsabilidade civil ou penal.
* Contrato indefinido e mesmo eterno.
* Convites a eventos sociais, vodas, bautizos e comunións.
* Ingresos fixos máis plus en negro.

Non o dubides, únete a nós e vivirás como Deus!

Igrexa Católica Romana, 2.000 anos vivindo do puto conto.
(E o que che roldarei, morena...)
Comentarios (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-06-2009 10:56
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal