A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O CONTO DO GATO E O CAN

Tiven eu un gato, que encontrei na rua do medio unha noite a volta do traballo, en tempos de oficiante de taberneiro, era mouro, dunha negrura cerca do azabeche, pequerrechiño, crieino con biberón e leite Larsa, no obradoiro da porta da Vila, e como tiña a mania de esconderse puxenlle un cascabel, lembraran quizais aquello de “¿Quen lle puxo o cascabel ó gato” , asi era mais doado localizalo para darlle a comida e a bebida, pasou o tempo e o “minino” o que lle puxera por nome “negrito zumbón” fixose grande, pero continuou co cascabel, fixose tan sixiloso que collia ratos con cascabel e todo.
Un día cando decidimos convertir o obradoiro en tenda, o gato escapaba e tivo algun percance donde se librou das rodas que balado abaixo circulaban, e asi as cousas decidimos trasladalo de localidade, levouno miña nai para Nois, donde tiña espacio e compañía, unha cadela pastora que rifaba día si e día tamén co gato, en un corre que te pillo interminabel, o curioso era que Lorca, que asi se chamaba a cadela rifaba e perseguía a “negrito zumbon” pero se algun outro can ou cadela lle rifaba ela ia directo a por el como decindo “ O NEGRITO ZUMBON E MEU, E SOIO EU POIDO RIFARLLE” un bo dia o gato saeu da finca en busca de mozas e un coche o esnaquizouno na curva da Parafita, enton a cadela estivo chorando e laiando a morte do seu gato perto dun mes.
A min pasame algo parecido cos políticos de esquerdas de Viveiro, rifolles a esgallo, instos a que se poñan as pilas, a que aren fondo e a o rego e ben dereito, poños a parir, si fai falla, pero como a cadela, que naide aproveite as miñas criticas despiadadas para arrimar o carro ó seu lado, sintoi, son os meus políticos, eu, si podo critícalos pero ninguen maís, como a cadela co gato.
Esto ven a que, como nos últimos tempos estou en desacordo en como se fixeron e fan as cousas por parte dos gobernantes algúns aproveitan a cousa para decir aquello de “Melchor ten tódolos fallos do seu antecesor e ningunha das súas virtudes...” pois miren vostedes, o actual alcalde ten defectos e fallos a esgallo, que tire a pedra aquel que non os teña, pero, mentras non se demostre o contrario é honrado e non vai o caixon do erario publico, nin come en restaurantes caros día si e día tamén a conta do cidadan, nin regala marisco pagado polo concello, nin admite regalos, e si chegan van directo para o asilo, e sin bombo nin platillo, non quixo aceptar sobornos de constructores, que si llos ofreceron tanto para el, como para o partido, e por enriba, cousa que non é xusta cobra un soldo mísero, por unha boa carretada de horas de traballo, esa, entre outras son a diferencias entre os meus políticos e alguns outros.
A pesar delo, eu seguirei mostrando o desacordo cos feitos puntuais cos que non este de acordo porque a un gustalle ver os meus políticos traballando polo meu pobo e non servirse del, para medrar, económica e políticamente. Ademais, como mostra un craro exemplo “. os meus políticos roubam menos que os teus” xa sei que é unha resposta manipuladora e, como sempre políticamente incorrecta pero e moi verdadeira.
Moitas veces os políticos caen na autocomplacencia e no despotismo e estes feitos producense pola pouca implicación dos ciudadans na vida pública e pola pouca presión que notan á hora de decidir temas trascendentais, algo que no e desexable en absoluto. De feito, a pesares que no noso ordenamento constitucional e xurídico establecense os cauces de participación cidadán na vida publica. Cauces que ademáis de ser pouco usados polos ciudadáns, en ocasións, son menospreciados por políticos que parecen dispostos a escoitar solamente en campaña electoral. A descentralización e delegación de competencias ten como única excusa a cercanía ó ciudadán, por eso un seguirá aquí a pe do cañón dando “caña e maís caña” a quen o mereza, políticos afins incluidos, pero, advirto todalas comparacións son odiosas, e neste senso mais ainda.
Comentarios (7) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-06-2007 12:10
# Ligazón permanente a este artigo
HOXE TODOS SOMOS GAY
Ante a celebración do “Día do Orgullo Gay” quero mostrar o meu apoio a todos os colectivos de homosexuaes, lesbians e transexuaes, que son moitos máis dos que se ven, e de paso rechazar a homofobia que por desgracia ainda existe por estas terras.
A hipocresía e doble moral da xerarquía católica, dando leccions de sexualidade a os seus seguidores, mentras intentan tapar con cartos frescos os escándalos de pederastia que existiron e existen dentro do seu seno, e vergoñenta. A homosexualidade non se pode esconder nin tapar como si fora unha mancha, e naide ten dereito a decirlle a naide con quen se ten que ir a cama.
Alguns, para disimular a sua incomodidade manifesta, opiñen que a lei de matrimonios homosexuaes e unha tontería o non era necesaria,un sintese orgulloso de que o noso pais sexa dos primeiros en ampliar os dereitos a un colectivo que fae 40 anos estaba perseguido e encarcelado como si fosen criminaes.
Comentarios (9) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-06-2007 22:17
# Ligazón permanente a este artigo
QUEN PARTE E REPARTE.....
Despois da volta o monte do unico concellal do BNG en Viveiro, donde ten o triste record de perder 1000 votos, e co disculpa de que quere facer oposicion, un non cree nadiña, pois o señor Goas demostrou estes catro anos que e un folgazan de moito carallo... Melchor Roel iniciou un novo mandato, dispuesto a afrontalo en solitario...e nunca mellor dito...dado o caracter unipersonal a que nos ten acostumados, non delega nin a titos.....eso si ten caras nuovas a o seu alrededor.....un que xa confia pouco.....despois dos ultimos catro anos sospeita que as ten como adorno.....
En teoria, e mentras non se nos demostre o contrario...nomeou a xente que ostentara as delegacions....... María Loureiro primer teniente de alcalde, esta de seguro non lle fara sombra..... tera a o seu cargo Administración, Xestión e Participación Cidadan, tamen espero que de esta volta esta fermosa idea se desenrrole e non se limite a aparecer nos papeis e si te vin non me acordo.
José Luis Docampo será el segundo teniente de alcalde, encargado de obras y Medio Ambente.....Dende logo o home....esta vez Melchor Roel e o animal que tropeza duas tres ...veces con a mesma pedra....O señor Docampo luceuse nos ultimos catro anos por a sua ineficacia...como exemplo un feito.....nin en periodo electoral foi capaz de rebachear as corredoiras das aldeas a donde se iva a pedir o voto.....En Verxeles teñen un bache, dende fai catro anos aa o que bautizaron co seu nome.....e repite.....pos moi ben.... Outra novedade na corporación, Isabel Rodríguez,a que tiña o carne do PP ata o dia da presentacion da candidatura...ahora terceira teniente de alcalde de un partido de esquerdas, terá a o seu cargo as áreas de Servicios Sociaes e Educación; mientras que Rafael Fernández Amor...que como de costume...ainda non fixo os presupostos deste ano.... seguirá como encargado de Facenda, Policía Local e Seguridade Ciudadan. Ademáis, será o carto teniente de alcalde.
A auxiliar de enfermeira Olga Méndez, Turismo y Desarrollo Local...non sabiamos que a señora en cuestion tiña idea de estas cousas.....a o que chegamos..Señor Roel....
Concepcion Toral...boa persoa pero tampouco creo que sexa a adecuada para cultura....que como sempre en Viveiro, tanto cos dereitas, esquerdas nacionalistas e falanxistas e a delegacion mais olvidada da man do Señor...Roel.....neste caso....
E o que teria que ser o home forte do futuro goberno municipal, e o sucesor dentro de catro anos no sillon da alcaldia, si reinara en vez de borbons un pouquiño de sentidiño comun queda relegado a Deportes, nin siquera estara na Comision de Goberno....dende logo asi non fara sombra a o gran Xefe.....Como poden apreciar de aqueles lodos...A Candidatura nefasta.... viran estes rssultados que a un deixano talmente desmoralizado e decepcionado....o meu voto a tomar por cu....a non ser que me equiboque e estou dispòsto a rectificar...axala sexa certo que a corporacion de Viveiro sexa tal...que cada delegacion sexa tal con as suas decisions, o seu presuposto, a sua independencia...e non como ata agora que para pedir que se cambie unha bombilla de un pau do alumado fai falla facer tropecentas colas para falar co alcalde.
Comentarios (9) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-06-2007 09:10
# Ligazón permanente a este artigo
DE PRINCIPES E ALCALDES
Onte tomaron posesión os novos alcaldes, concellais e concelleiras da bisbarra, os primeiros tomarán os seus bastóns de mando e poderán impoñer a súa sinatura nos bandos municipais, o que traducido ó “Roman Paladino” quere de cir que faran e desfaceran nos seus respectivos concellos, unhas veces para ben e outras para peor.
A pesar do éxito do PPdG nestas eleccións os rexidores locais van ser menos populares que antes, conservando o seu poder nas zonas menos poboadas da Mariña. Bloque e Socialistas repartiranse os concellos mais poboados e ricos da franxa costeira: Viveiro, Burela, Foz, Mondoñedo, A Pontenova e Ribadeo, unha excepción a regra son Riotorto en mans do Bloque.
Facendo un somero percorrido pola vida política deste norte mariñan e o seu máximo exponente, os alcaldes e concelleiros, recen estreada a sua labor e cando se esta a votar quen serán os diputados provinciales e como se reparte o pastel, a un veuselle a memoria “O Principe” obra que Maquiavelo redactóu dun sólo golpe entre agosto decembro de 1513 a partir da sua longa experiencia personal , e que ven que nin pintado para explicar o funcionamento da cousa política por aquí.
Asi Maquiavelo estudia as diferentes crases de principados, agora serian alcaldías, cómo se adqueren e se conservan. Tráis unha rápida mención dos principados hereditarios, este esta un pouco caduco, centrase no estudio do que denomina principados novos, (en donde é novo tanto o príncipe como a organización política na que sustenta o seu principado) xunto cas diferentes formas de acceso ós mesmos e os problemas xenerais que plantexa a sua conservación, como poden ver moi aplicable a os novos concellos.
Noutra parte Maquiavelo pasa a estudiar cál debe ser o comportamento do goberno dun príncipe con respecto ós seus súbditos e amigos. Aquí fala o home do renacemento que debe o que manda abandonar o fácil recurso da imaxinación, improvisación e o decir si a todo e despois esquecer a promesa no caixon do olvido, desarrolla ademais os principios dunha política rigurosamente realista, partindo do que as cousas realmente son , foron e seran pois “ a política debe basarse en que a natureza e a paixón human son inevitablemente: maldade, volubilidade, ingratitude, ambición, envexa. Un Príncipe ( Un Alcalde ) debe basarse en sí mesmo: a lei, por un lado, e a astucia e a forza por outro, disfrazado -porque o obriga a situación- as sua primeira vista inxustas, inmorais accións, porque a política para a xeneralidade e o reino das apaiencias, xa que todos ven o que pareces, pero poucos palpan o que eres. Por elo, a de ser conscente de que é inevitabel e necesario pecar as veces para conservar o goberno, pero procurando por todolos medios non incurrer no odio e no desprecio do pobo que administra e goberna, porque éstos son os males ou vicios que fan perdelo. A mellor fortaleza e non ser odiado polo pobo, porque por moitas fortalezas que teñas, si o pobo te odia, non te salvarán.
Advirte tamén ante quenes desexan disfrazar a sua incapacidade e ignorancia coa presunta omnipotencia da sorte; co fín de demostrar que a virtude e a audacia teñen un lugar moi importante no desarrollo e conclusión da loita política. Trás todo isto, a un ponselle cara de pampo ó recoñecer de forma crara no “Principe” de Maquiavelo a algun dos nosos alcalde de antes e de agora, eses que o queren acaparar todo cargo existente, que tenden a rodearse de inútiles que non lles fagan sombra, e tamén os outros os bos e xenerosos que como as meigas habelos hainos.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-06-2007 12:53
# Ligazón permanente a este artigo
O PODER DESGASTA A QUEN NON O TEN

A poucos días da constitución das novas corporacións municipais que rexiran os nosos destinos para os próximos catro anos, seguen sen crarificarnos as cousas os políticos da bisbarra. Por unha parte os mandamais da cousa seguen a negociar en Santiago, pola outra, cada día espertamonos, ben cun chiste ou cun disgusto protagonizado polas suas delegacións neste norte nordesio, e asi as cousas un non sabe de certo si chorar ou rir.
Un día destes reunironse os do Bloque mariñán, un pensaba que era para darlles a enhoraboa ós de Ribadeo, Mondoñedo, Riotorto….e para poñer a andar ou de “patiñas na rua” ós de Viveiro, Burela, Barreiros, Trabada, Xove etc etc …e , outra vez mais equivoqueime, aquí, unha semán mais, naide fai exame de conciencia e dimite, e xa van tres, o que dixeron foi que andan escagarruzados polo asunto de o “Abrazo do oso” que leva consigo os gobernos en coalición, sobre todo si non se traballa e chegase ó Concello as 11 e vaise un para a casa a 1, cobra adicación exclusiva e apaga o móvil.
Asi as cousas os do Bloque din que non pensan pactar en Viveiro, Xove e Foz, Burela, Ferreira que no resto pensarano, agardo que soio o pensen ata cando lles poñan as pilas os de Santiago, menudos son estes da UPG, non din nada de Ribadeo e Mondoñedo onde precisan os votos dos socialistas.
Fai tempo contoume un paxariño gordo e forte que con motivo da visita de Quintana a Xove, este dixolle a o alcade : “Idependentemente do camiño que colla vostede a nivel político, nosoutros pretendemos volcarnos neste concello, o alcalde, disque que lle contestou “Mire eu non son nacionalisrta pero querolle tanto a Galicia como poida quererlle vostede”, pois ben, os nacionalistas, deberían falar en singular, de Xove din que non pactan, e outra vez, como en Cervo poden darlle o goberno o PP,
¿Qué nos queda? Pois gobernos en minorias, con apoios puntuais, a este respeto recordaseme aquello de “O goberno desgasta….sobre todo a quen no no ten”…Si tendo concellalias tan lucidas e rentables e propicias para facer favores e lucirse como cultura, asuntos sociais, comercio, turismo e deportes perdemos 1000 votos, facemos a regla de tres e decimos, ¿Cantos perderemos na oposición?, esto vale igual para uns como para outros, na oposición fai moito frio, casi tanto como no Ártico.
Francisco Vázquez, dende o Vaticano volveu a propor gobernos municipais sen pactos, algúns alcaldables da dereita parece que senten as tentacións de seguilo coa teima que precisamente o levou a Roma. Non son tempos de experimentos con auga de laranxa. Xa non hai marxe para o cantonalismo, para lances indisciplinados e políticas paralelas. Débese facer como en todolos sitios e se hai pactos galegos, son tamén para aplicar na Mariña de Lugo., tanto socialistas como nacionalistas teñen que ter en conta que a nova disciplina non vai ser a de tócame Roque.. Aquí o que está en xogo é se os gobernos do cambio van facer algo serio. Porque este é o momento de valeirar as deputacións e configurar comarcas e mancomunidades mais alo dos edificios posmodernos e semellantes.
Pola outra banda os do PP co señor Feixo, ainda de “Leader”, por aquí tampouco dimite nadie despois da desfeita, segue a sementar aquelo tan manido de que eles son o partido mais votado en tropecentos sitios e polo tanto, pola lei do embudo terian que gobernar, esquecese o de Ourense que aquí non se elixen alcaldes senon concelleiros e a maioria configurana os votos dos mesmos, outra cousa que tamén me sirviu de argallada foron as declaracións do alcalde en funcións de Barreiros, decindo que o urbanismo na quelas terras esta moi ben e que lle deu a razón nesa apreciación a maioria absoluta que lle concederon os veciños, ¿Cantas veces teremos que recordarlles a estes aprendices de políticos que os votos non sacan nin dan razon algunha, os votos soio dan poder. A razón e outra cousa home.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-06-2007 19:22
# Ligazón permanente a este artigo
¿A QUEN APOIA O PP?
Rodríguez Zapatero fai e fixo, dende a sua chegada a o sillon da Moncloa unha defensa acerrima do estado de dereito.... o goberno intentou a paz, algo que enorgulleceme.
Hoxe sintome con ganas de berrar, con angustia contida , con furia por todas as mentiras que se dixeron e seguen dicindose, por o pouco que alguns fixeron por lograr a paz. ¿ pediráselles responsabilidades? Zapatero NON cedeo, Rajoy minteo, intentou confundir, o sucedido roza o esperpento.....Pois eu tamen espero que Rajoy rectifique. Mentras tanto Rajoy, que cando foi ministro murreron unhas 40 personas víctimas do terrorismo, afirma que hoxe ETA esta máis forte que nunca. hoxe vin o disscurso de Zapatero de e o de Aznar cando o fin da tregua de 1999, os dous son paralelos, casi dicen o mesmo. Pero quen non dice o mesmo e a oposición. . A oposición en 1999 atacaba a ETA e apoiaba a o gobierno, a o estado de dereito. A oposición no 2007 ataca a o goberno e a o estado de dereito, e apoia...¿¿¿a quén apoia o PP???
Comentarios (13) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-06-2007 23:33
# Ligazón permanente a este artigo
DEIXOUNOS PASMAOS
ETA deixounos pasmados unha vez mais...e xa van tropecentas...despertounos con un comunicado no que anuncia que da por roto o alto o fogo....o de baraxas en Nadal, por o visto foi unha broma...ou algo similar...asin que apretemonos os machos...dentro de nada as 12 da noite todos estamos de novo no punto de mira das suas pistolas, bombas e outras lerias.....
GOBERNO E TODOS OS PARTIDOS POLITICOS ECEPTO O pp piden unidade ante esta nova situacion e contra o terrorismo....O de Pontevedra... negase a colaborar con as institucioes democráticas e pidelles que rectifiquen......e dende Victoria, o da barba frorida non lle pide nada a ETA ....E o final...todo sigue igual....os que lles gusta a guerra, a sangue....a violencia e son enemigos da democracia estan feitos unhos peitos de lobo....Menos mal que nosoutros somos mais e mellores que eles......
Dende aqui un apoio sin condicions a o goberno nesta encricillada e a todos os partidos politicos que o apoiaron cando o intentou e seguen apoiandoe......excluio a o PP....faltaria plus.


Comentarios (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-06-2007 22:33
# Ligazón permanente a este artigo
TODO O PEIXE VENDIDO
Agora que xa todo acabou, e , como dician alá cando un tiña unha pila de anos menos, no portiño de Nois a cegada das lanchas dos Chaveas ou de Xulio dos Hermidas e xa venderan todo o peixe, Agora que xa se fixeron tódolos recontos e donde xa só queda se se pacte para gobernar ou pola contra se instala na vida politica a cultura de gobernar en minorias, con acordos puntuais, que tanto puxo de moda o señor Zapatero.
Xa ven sendo o momento de deixar a parafernalia electoral e poñerse ó carro, ben xunguidos a canga ou a molida pero todos intentando solucionar os autenticos problemas locais que preocupan os cidadans: a conservación do territorio e do ambiente, o urbanismo, a vivenda asequíbel, o tránsito, a promoción da economía e o emprego...
Cada maestriño ten o seu libriño para analizar o que sucedeu o pasado domingo, eu resaltaria que aquí e por agora a cousa da poltica é de triángulo equilátero, ou seña ten tres vértices, Socialistas, Peperos e Bloque,.lin por ahí que as tres formacións presentáronse nos 315 concellos que ten Galicia. E a cousa durara por moitos anos a pesar dos atrancos e zancadillas que se puxeron e poñerán no futuro, e isto, segundo a miña humilde opinión e bó para a administración, os administrados e, diria máis, para o sentidiño común. A razón desta postura miña vén pola banda de que non me gustan nadiña, pero nadiña as maiorías absolutas, prefiro os gobernos en minoria, donde se teña que, negociar, admitir a razón do outro e incluso, si cabe, ter que embainarsea en moitas ocasións.
Nesta bisbarra o cambio vai traer novos ventos, non sei si do sur ou nordesios pero si seran novos, si o amaño entre socialistas e nacionalistas queda pechado esta fin de seman en Santiago e tendo en conta o dito por Jonquera. quen negocia en nome do Bloque "hai orientacións programáticas para garantir e asegurar a gobernabilidade …a sociedade galega fixo un mandato claro para que o BNG e PSOE conformen goberno".
Asi as cousas tan craras como a auga da fonte de Demoroi, alá donde eu nascin, non creo que ningun Basanta se volte a atrever a repetir aquel ” afaire “ que protagonizaron unhos correligionarios seus en Cervo fai duas lexislaturas e que lle deu o goberno o PP na localidade “Per seculun seculorun”, e a eles deixounos con a mitade dos votos . Pero por si non se enteraron o propio Jonquera volta a decilo “O convenio que se está pactando debe aplicarse ós concellos, porque os resultados das negociacións locais teñen que ser consecuentes co acordo marco".
Si esto funciona asi, e si os idependentes son algo mais que “Os cabreados do PP” e queren de certo votar unha man para cambiar as cousas no seus concellos , a cadeira electoral vai ter novas pousadeiras de esquerdas en Ribadeo, A Pontenova, Riotorto, Mondoñedo, Ferreira e Burela, ademáis repetirase en Viveiro e Foz, e en Xove, como deixou dito Don Xesus el fará o posible para que o PP non goberne. Por o tanto queda en mans da dereita soio Trabada, Lourenza, Alfoz, Ourol, Cervo, Vicedo e Barreiros. Esto ten outra lectura en clave provincial donde por primeira vez , dende a chegada da democracia, gobernara a esquerda e os nacionalistas.
“O povo é quem mais ordena”, cantaba o meu tocaio Xosé Alfonso. e así foi o domingo. nese inmenso puzzle electoral, cada cidadan formiguiña levou a sua carga de decisión ó formigueiro electoral e a cousa acabou como todos ustedes saben: Milagro… gañaron todos.
Comentarios (10) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-06-2007 21:33
# Ligazón permanente a este artigo
DIA DO AMBENTE ENTEIRO
O proximo dia 6, o globo ideolóxico volverá a dedicar unha xornada para recordarnos os pecados artificiales,como se nota o da cultura xudeo-cristian, os abusos naturaes e as razons metafísicas (más alá da Física, decía Aristóteles). a blogosfera, os colectivos ecoloxistas, os movementos políticos reverdecidos, as escolas, os concellos, as igresias, as multinacionaes,… todos estaremos en comandiña a celebración festivo-reflexiva do Día Mundial del Medio Ambente.

Creo que este ano tampouco será como aqueles días roxos do Primeiro de Maio no Moscú de fae trinta anos: un desfile inmenso e desafiante para que o otro imperio no se o crea.


Solicito de cada persoa QUE LEA ESTO, que contraia a obligación de aportar O SEU propio compromiso medioambiental. TERA QUE SER un compromiso de acción respetuosa e non agresiva con o medio ambente. A ese compromiso decrarado, debería atar a bandera, si e que a ten.....
Comentarios (8) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-06-2007 22:32
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal