A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

ESTA TERRA DEPRIMEME
Vas medrando e pensas que é normal, todo o mundo mira por se mesmo, e en todos os países cocen fabas. Un alcalde rico da noite para a maña cun BMW non é para tanto. O caso, que che vas desembarcar na vida, como unha persoa normal, de ben, e non ves o xeito de esquivar as hostias. Poñense e costa arriba as cousas, ves que non cambia, que o pandeiro está aí, que é un mal endémico, aceptado e compartido por todos. “É o que hai”. Total, todos os políticos son iguais, nada vai cambiar, se eu estivese arriba tamén o faría, e o que non pilla cacho é que porque non pode e bobo o último. Todos faríano e eu vouno a facer.

Xa pensas por ti mesmo, e dástehe conta que é mellor non pensar. Pór a tele é un suplicio, Non é que as noticias sexan malas, ou o aceptas ou pegaste un tiro, inaguantable. Normalizas o esperpéntico.. O atropelo continuo. Barbaridade por barbaridade tras barbaridade. E todos sorrín. E o tu encabronaste. E todo segue igual. E nada cambia. E mañá fútbol.

Votas cada catro anos, poste a camisa de cidadán por un día, e vas ao teu, molestando o menos posible, porque che gañaron. Porque eles están preparados e saben manexar as cousas. Iso ou loita continua, cabreo continuo, porque o teu país deprímeche. As trescentas mentiras por día consómenche. O mesmo estás tolo. O outro día enviáronxe unha carta, casi 40 anos cotizados, e só píden un esforzo máis, que arrimes o ombreiro un pouquiño, que pagues catro cafés. Só é disuasorio. O gratis total tense que acabar. Un goberno que mente non ten lexitimidade, ¿contároncho na escola?. Tampouco un que tapa as mentiras con máis mentiras, que non dá a cara, que goberna por detrás. Traballan para nós pero teñenos medo. Parece que lle estean pondo a un continuamente a proba a ver canto pode aguantar, a ver cando salta, a ver cando di: Pero de verdade non imos facer nada?. Nunca? O noso deber contra os ataques e despropósitos é reaccionar, pero esta terra deprímenos e non imos facer nada. Aínda non empezaches e xa che venceron.

O paro está collendo visos de traxedia. Rapaz os teus estudos, a túa carreira e o teu máster vaschos a comer con patacas afritadas nun McDonals. O esforzo e as ganas van ser pisoteadas por catro castrons e millóns de palmeiros pasivos que van ao son, ríndolles as grazas, tan ou máis culpables que eles, que o problema non vén só de arriba.

A prosperidade económica non foi acompañada de prosperidade social, de prosperidade mental. Había diñeiro e idiotas. Agora só quedan os idiotas. Idiotas e covardes con medo a facer nada. Preocupábannos menos as cousas porque nos ía ben. Agora co futuro manchado de negro non nos queda nada. E coa mente abotargada, aparvada, envilecida e asustada as posibilidades de reacción tenden asintóticamente a cero. Sorte co que nos queda.
Otero Regal
Comentarios (8) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-05-2012 10:42
# Ligazón permanente a este artigo
PASA O QUE PASA, DIN O QUE DIN E FAN O QUE FAN
Pasa que os mariñans parece que non somos deste mundo. pasamos a seman máis convulsa da economía, estivemos a piques da intervención, aprobamos o maior recorte da historia e nós seguimos de pontes, congresos políticos triunfalistas, de concertos con figuras enxebres e indo de churrasco e queimada a o verro ancestral de “Corre carmela que Chove”.
Pese a quen pese, da negrura da nosa pelexa coas contas correntes, aínda nos quedan cousas das que poder gozar, aínda que no recóndito inconsciente renaza o xuíz implacable e invisible que nos espolea e fainos presentes aos miles de parados que quedan fóra dos nosos exquisitos circuítos culturais.
Mentres tanto seguen a decir o que din: Para o Goberno de Rajoy, a Sanidade, a Educación e a Función Pública son os tres principais lastres do país e as causas do déficit español. Segundo a retórica oficial, os estudantes aprovéitanse dos contribuíntes,que veñen ser os seus propios pais traballadores, pois os ricos xa foron amnistiados-, coas bolsas. A Sanidade está en ruínas porque se atende a inmigrantes sen papeis e porque os anciáns abusan do sistema amoreando optalidones. E os funcionarios afundiron ao Estado porque se pasan o día tomando cafeiños e lendo o xornal.

E fan o que fan: Os partidos colocaron no poder xudicial aos seus amigos que gozan de "semanas caribeñas", isto é, traballan tres días e libran catro e cando se aburren, vanse a Marbella con cargo aos orzamentos públicos. Colocaron á fronte de Bankia a un señor que cobra millóns, contribúe ao afundimento da entidade, dimite, indemnízaselle, colócase a outro que xa cobrou -por adiantado- unha pensión de máis de 50 millóns-, e o novo experto conclúe a súa análise de profundo calado intelectual cun "rescátennos con diñeiro público".

Entón, chega o barómetro do CIS e constata que os cidadáns senten alleos aos seus representantes políticos. Non confían nin nos que gobernan, nin na oposición, e ningún ministro aproba. A continuación, saen os portavoces e achacan os datos a unha mala política de comunicación. Dino en serio, aínda que pareza unha broma: ninguén soubo comunicar ben o que a primeira ollada se ve, no mellor dos casos, como un desastre provocado por inútiles , eso si, con traxes de marca.
Otero Regal
Comentarios (8) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-05-2012 19:13
# Ligazón permanente a este artigo
...A NAI QUE OS PAREU¡

Vas pola rúa e ves á xente con caras serias, de preocupación. Imos refunfuñando, derrotados. Tanto tempo escoitando que vamos de cranio, acotío, é normal que acabe por facer madeixa. E máis cando ves que Bankia, a "prima"de risco, Grecia e mil puñetas máis xustifican tanto pesimismo.
Hai quen se deixa vencer e xa está. Pero, por fortuna, hai quen aínda ten arrestos para rirse e elevar, de paso, a moral do próximo. Por iso, o xoves tiven a sorte de recibir un enlace cunha noticia do Mundo Today, ese portal que se toma a chirigota a actualidade con moito sentido da intelixencia.
A peza di o seguinte: «Os ministros de Economía da eurozona alcanzaron o pasado venres un consenso para pór fin á crise e concienciar á poboación de que a situación económica actual non pode continuar. É imposible seguir nesta crise coa recesión que hai, dado que as arcas dos países europeos non están para dispendios. ?A crise de 2011 saíu moi cara e non está claro que poida manterse para todo 2012. Levamos anos vivindo unha crise que non podemos permitirnos, está por encima das nosas posibilidades e xa non queda diñeiro para seguir facéndoo?, explicou o ministro Luís de Guindos aos medios españois». Ou sexa, o que queira crise, que lla pague cos seus recursos, que os nosos están xa máis que afectados.
Porque vale que teñamos os petos baleiros, que as nosas contas correntes estean peladas e que os aforros gardados baixo a almofada estean en números raquíticos. Pero, unha cousa é a crise material e outra son as ganas de seguir adiante con decencia, ganas de mellorar e dar con alternativas. E neste segundo escenario pouco cabe dicir por Merkel, Rajoy, as axencias de cualificación e a nai que os pariu. Máis que nunca, a mal tempo, boa cara.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-05-2012 12:51
# Ligazón permanente a este artigo
QUE DICEN AS ASOCIACIONS VIVEIRENSES DE AHORA?
ASOCIACIONS VIVEIRENSES?
Que cantan os poetas andaluces de agora?
Que miran os poetas andaluces de agora?
Que senten os poetas andaluces de agora?
E o bo de Rafael Alberti quedou sen resposta, pois non entendía que o listón que deixaba a súa xeración era tan alto, tan infranqueable, que a alargada sombra da súa presenza escurecería, case un século despois. Eu vou extrapolar este feito a o Viveiro de hoxe en dia que esta amenazado por a sinrazón de centralizar media provincia dende Vilalva ata o norte de A Mariña en un só xuzgado, que vemos que cando faltan os cartos os primeiros en sufrilo somos nos, o craro exemplo e a via rapida San Ciprian- Viveiro parada dende casi un ano e sin noticias, que pouco a pouco o comercio minorista pasaas bravas por a competencia desleal das superficies comerciales, que a nosa promocion turistica brila por a sua ausencia… e digo eu: ¿Que Fan as asociacions viveirenses de agora?, Que miran asociacions viveirenses de agora?, ¿Que senten as asociacions viveirenses de agora?. Cando peligra sobremaneira o noso futuro, a o meu parecer adicanse a bailes de salon , a mirarse o ombligo e a facer tómbolas e similares.
Os xuzgados de primeira instancia de Viveiro foron loitados e reivindicados por a Asociaron de Comerciantes, Industriales e Autonomos de Viveiro (ACIAN), axudados por J.M. Cabarcos, que enton mandaba no goberno bipartito de Santiago, e Jose Manuel Arias Franco desviveuse por aquela e outras reinvindicacions para Viveiro e a el debeselle ese logro e outros moitos que outros filibusteros atribuinse. E na quela outras poboacions querian levar os xuzgados para si, e tiñan mais influencia e amigos que nos.
Viveiro non e un pobo reivindicativo, e certo e un pobo o que lle gusta mais suplicar, pedir e mendigar que reclamar o seu, pero o que esta a a suceder “mandalle o nabo”. Hoxe que existen asociacions e colectivos, con infraestructuras, xerentes, subencions e outras regalias non se escoita nada a favor de, por o menos manter o que temos neste concello que segue a ser a capital de unha ampla zona xeografica do norte galego, por tradición, historia e realidade, pero agora todo iso, aínda que se manteña a duras penas, parece unhas follas secassen vida.
E a cousa ven vindo como a realidade do cangrexo, a volta a o minifundismo asociativo, casco historico con pedreiros a o este e oeste, Covas…..divide e vencerás, di a realidade e aquí o resultado parece darnos a razón.
Aquí toda actividade social tende a ser encasillada nas marxes estreitas da empresa, a transacción comercial, o traballo remunerado e a subvención. Coma se fose un crime ser un veciño amateur. Ou coma se fose imprescindible dispor dun carné oficial e unha minuta legal para executar as cousas que pode facer calquera. Non sei se a culpa vén de arriba ou de abaixo. Probablemente veña de arriba e de abaixo.
Otero Regal
Comentarios (9) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-05-2012 09:38
# Ligazón permanente a este artigo
TEMPOS DE ALDRAXES
Di unha inmigrante da Mariña que agora, xa non os necesitamos porque non hai traballo, esquecémonos do que achegaron nos bos tempos, cando aceptaron os empregos que ninguén quería, “Centos de dominicanos, Peruanos, Indonesios, brasileiros Colombianos…..
E certo, agora que xa non nos fan falta, condenámolos ao limbo sanitario, que, en moitos casos, é como empuxalos á dor e á morte. Non tanto pero si parecido ocorre con moitos pacientes de nacionalidade española. oín a unha muller con aspecto de enferma que participaba nunha das manifestacións do domingo que non pode ser que a sanidade pública sexa só para os sans.
Mentres as ONG, os sindicatos, outras organizacións e moita xente non afiliada a nada contesta en voz alta a medida, mobilízase ou se alarma na intimidade, o goberno anuncia máis e máis machadazos aos nosos dereitos, e os chama reformas.
Vas no coche e escoitas na radio que os hospitais públicos terán habitacións para alugar a quen poida pagarse un médico e saltarse así a lista de espera. oín ben?...Pensas que o que escoitas é o argumento dun dos últimos capítulos de Cóntame, a serie que tamén se cargou a crise. Merche, a protagonista, opérase nunha habitación privada dun hospital público, porque o seu marido pode pagalo. Pero o capítulo sitúase a principios dos anos 80 e nós empezamos xa a segunda década do século 21.

Máis revival. En Francia, Marie Le Pen saca unha chea de votos e fai tremer á Francia da igualdade, a legalidade e a fraternidad. O que antes era unha herexía, hoxe é o normal. Non hai dereitos, non hai máis lei que o “salvese quen poida”, porque os recortes se ensañan cos débiles, cos que ata xa o eran nos tempos do benestar. Cando, polo menos sobre o papel, tiñan dereito a certas cousas...
Na rua, nas esperas do hospital ou ambulatorio escoltase xente contando as súas penas. Eu non podo facer nada, é unha pinga nun océano de calamidades. Ten 77 anos e vive na miseria. "Non me esqueza", dime e a min cáelleme a alma aos pés. Pero non hai amnistía para ela, nin para os inmigrantes irregulares, auténticos parias nesta sociedade do novo século; nin para os estudantes que terán que deixar a carreira ou para os parados que xa perderon toda esperanza. E o venres, máis reformas.
Otero Regal
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-05-2012 10:25
# Ligazón permanente a este artigo
BORRÓN E CONTA NOVA
Supoño que algunha vez ficaremos tocando fondo. Non creo que esa “pinga malaya” das catastróficas noticias económicas vaia a durar toda a vida. O venres, por exemplo, dinnos desde todas partes que foi unha das xornadas máis negras da nosa economía. A EPA anunciou unha arrepiante subida das cifras do paro á que se une a destrución de miles de postos de traballo, Standard & Poors séguenos rebaixando e os egrexios economistas que nos visitan vaticinan que non atoparemos saída por ningunha parte. Vale. Non imos deixar de recoñecer o que estamos a ver a diario nas rúas e no drama que viven moitos amigos e familiares; pero que nos digan dunha vez que xa estamos no chanzo máis baixo, case ás portas do abismo, do inferno. Se aínda podemos seguir caendo é que non chegamos ao subsolo. Para construír hai que destruír primeiro o que estaba mal asentado. Aos poucos lograremos refacer todo este barullo, pero nunca o faremos desde o medo ou seguindo nesa caída case diaria que nos ten colgados no baleiro. Cando eu fago unha escultura ou deseño unha nova peza no meu obradoiro e chegas a un punto de non retorno porque te quedas sen argumentos cribles para facer unha boa obra, o mellor é que o desfagas todo e empezes de novo outra obra que se adoita acabar parecendo pouco ao fracasado.
Aquí sucede o mesmo. Non vexo a maneira de reescribir ou corrixir o que está mal estruturado desde o principio. Non vale que che digan que corrixas un día os verbos, outro os adxectivos e máis tarde o nome dos personaxes. Borrón e conta nova, que diría un contable dos de antes, daqueles que manexaban os números sabendo que eran tanxibles e reais, e non especulacións nin entelequias parecidas a o conto da leiteira, que non teñen base nin fundamento. Iso si, esas contas non as poden seguir facendo os que nos levaron a este desastre. Non arranxarán nada porque non saben arranxalo. Recortarán por onde poidan para manterse cobrando o que cobran e vivindo onde viven e, sobre toto arapañando o que arrapañan. Urxe un novo argumento e uns novos personaxes. Xa estou farto duns tipos que están todo o día anunciando a chegada do lobo para que sigamos quietos e deixémoslles apoltronados, viaxando en primeira clase ou cazando elefantes, mentres Xan Pobo todo vestido de branco esta a caer por o barranco.
Otero Regal

Comentarios (11) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-05-2012 15:15
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal