A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

PACTOS A ESTRIBOR
O PP baixa 1 concelleiro , o BNG sube 2, IVI gaña 2 e o PSOE baixa 2 concelleiros en Viveiro. Estes datos a uns partidos normais faríalles reflexionar e bastante. Tanto o PSOE que con 1400 votos menos, perdeu unha barbaridade, como o PP que non alcanzou nin os resultados que a sua propia enquisa lle daba, deberían de facer unha autocrítica dos seus resultados e non falar aos medios de éxito e demais. Fai falta un mea culpa, e de cara a governar o concello fai falta unha unión dos partidos de esquerda, que visto o visto non lles queda outra para loitar contra a dereita. Menos división, menos políticas liberais, festas e procesións (isto vai polo PSOE), menos botar balóns fóra, máis autocrítica e sobre todo máis unión.

Parece que falar de pactos, avergoña en aparencia porque a realidade é que as reunións, as chamadas e as mensaxes enchen é espazo nestes días na cidade do Landro.
E que a poñetera realidade e terca e naide que faiga o esforzo de ir a votar o fai para que o partido a quen da a súa confianza non governe, e por moito que o neguen, por moito que a os partidos e partidiños empéñese en recordarnos unha e outra vez que menten os que falan de pactos, voulles a dar varias pinceladas que, polo menos, corrobórano e se non é así lle están amolando a campaña nos últimos días, na recta final.
Xente con moitas ínfulas vai dicindo a quen o escoite que a Concellería deCultura sera deles, xa que Melchor non ten nadie a quen encomendar dito recado despois do fracaso estrepitoso da anterior lexislatura
Sucede o mesmo coa Concelleria de Facenda unha vez “chimpado o Amor.
Tamén inténtase conseguirlle un choiño a algunha , xa que si pactan non haberá máis ca dous liberados e ela tera que renuncir.
E así podería seguir contando!, como a alguén da lle prometeron ou insinuaron a concelleria de deportes e a outros a de servicios sociais e incluso a de “Chanchullos varios e rentables, quero decir urbanismo.
Podería seguir narrando todas as mensaxes que van chegando .Todo isto e moito máis, chégannos desde as súas filas e aínda que o poñemos en corentena, o futuro próximo dará e quitará razóns.

Otero Regal


Comentarios (34) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-05-2011 09:23
# Ligazón permanente a este artigo
UNHA RECETA PARA ARRANXAR A CRISI....
Os que aínda temos algún virus anarco correndo polas nosas veas non podemos deixar de simpatizar coa movida do maio do 2011, pero como os anos non pasan o balde, un tamén é gato escaldado, e sabe que espontáneo non é nin o bico dun churumbel, un ten que facerse a típica pregunta policiaca a quen beneficia ésto? Eu, sinceramente, non o sei. O que si sei é a quen non vai prexudicar: ao dinosauro institucional ao que teoricamente vai dirixida, e é que o mastodonte ten un aparello dixestivo que asimila calquera cousa que lle botes. Non teño moi clara a alternativa que propón os seguidores desta ocorrencia, pero eu achégolles unha idea: confiemos a dirección das Institucións a un administrador de leiras: poida que tómenos igual o pelo, pero polo menos non nos tocará os xemelgos do sur con campañas electorais nin pretendendo ter unha altura moral ligada á súa ideoloxía.
Poño pois aqui algunhas das ideas desta xente que enche prazas e ruas e as que "Os mozos de escuadra e os outros" mallan a garrotazos

España debe baixar o seu déficit en 9,4 puntos porcentuais na próxima década, unha das reducións máis drásticas do mundo, segundo o Fondo Monetario Internacional que ademais pide un recorte nas prestacións sanitarias do noso país para reducir a débeda.
chegou o momento de coller o touro polos cornos e recortar primeiro:
ELIMINAR O SENADO, É UNHA CÁMARA INÚTIL, DITO POLOS MESMOS SENADORES, NORUEGA, SUECIA, DINAMARCA, NON TEÑEN SENADO, ALEMAÑA SÓ 100 SENADORES, EE.UU. UN SENADOR POR CADA ESTADO. Os GRANDES TEÓRICOS DO DEREITO INTERNACIONAL E CONSTITUCIONAL (DUVERGER, JELLINEC, Etc.) OPINAN QUE É UNHA CÁMARA INNECESARIA, PRESCINDIBLE E QUE ESTÁ EN EXTINCIÓN. ESPAÑOIS: POR QUE TEMOS QUE MANTER A 260 GANSOS, INÚTILES, UNHA CÁMARA ESTÉRIL, BALEIRA DE CONTIDO, XA PASADA DE MODA.

¡¡ FÓRA O SENADO, XA !! ELIMINÁNDOO AFORRARÉMONOS 3.500 MILLÓNS ¤ CADA ANO.

ELIMINAR A PENSIÓN VITALICIA DE TODOS Os DEPUTADOS, SENADORES E DEMAIS "PAIS DA PATRIA".

REVISAR Os SOLDOS DOS ALCALDES QUE SE PON Os SOLDOS QUE LLES DÁ A GANA. Se queren pisos de luxo que llos paguen eles.

CAMBIAR As LEIS E, ADEMAIS DE CÁRCERE PARA Os LADRÓNS, OBRIGAR A Los POLÍTICOS QUE ROUBARON E DEMAIS "ADXUNTOS", A Que DEVOLVAN O DIÑEIRO A Las ARCAS DAS COMUNIDADES DE ONDE FOI ROUBADO.
SÓ ENTÓN FACILITARÁSELLES DATA DE XUÍZO E NUNCA ANTES.

Eliminar TODOS os coches oficiais (cousa que se fixo fai 40 anos nos Pactos da Moncloa e funcionou, "non é posible que teñamos máis coches oficiais que USA").


Anular TODOS os cartóns VISA oficiais (que cada un baile co seu pano) e pór na rúa a TODOS os "cargos de confianza" (temos funcionarios dabondo para encargarse deses labores).

TODOS os diplomáticos excepto un embaixador e un cónsul en cada país. ("Non é posible que malgastemos nisto máis que Alemaña e O Reino Unido").

Con iso, e con rebaixar un 30% as partidas 4, 6 e 7 dos ORZAMENTOS XERAIS DO ESTADO (adeus "transferencias a sindicatos, partidos políticos, OCEOE, fundacións opacas e chupópteros varios") aforraríanse mais de 45.000 millóns de Euros, non faría falta tocar as pensións e os soldos dos funcionarios. Tampouco faría falta recortar 6.000 millóns de Euros en investimento público.


Conxelar as pensións é inxusto, é descoñecer uns dereitos adquiridos, condenar ao fame a moitos daqueles que merecen o noso respecto.

Reducir o soldo dos funcionarios é inxusto, é descoñecer uns dereitos adquiridos de traballadores moitos dos cales tamén merecen o noso respecto.


¡¡¡COA METADE DO DIÑEIRO QUE SE RECADARÍA CON ESTAS MEDIDAS, ACABÁBASE A CRISE DE RAÍZ !!!!


Comentarios (23) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-05-2011 10:00
# Ligazón permanente a este artigo
TONTERIAS AS XUSTAS
TONTERIAS AS XUSTAS
Dende logo Cesar Aja Mariño ten o record de decir máis tonterías xuntas antes e tralas eleccións, onde retrocedeu 24 anos nos resultados do PP en Viveiro, trala desfeita do partido, ninguneando a Leal e concelleiros elegidos polo PP, esto si os “mandamáis” do PP tiveran dous dedos de frente xa seria suficiente para chimpalo a o baúl do olvido, pero non, él emperrouse en voltar a ser alcalde, dar polas temporas a quen lle axudou nesta travesía, facer unha lista de merda, perder un concellal, facer o ridículo con un mitin onde nin encheu e agora quere seguir de machito e hoxe solta estas lindezas: “César Aja se dice dispuesto a no tomar posesión si el socialista Melchor Roel, actual alcalde, también renuncia. Ante la «crítica situación económica y judicial» del Concello, Aja opina que en Viveiro «convendría un gobierno de concentración». Como IVi surgió de una escisión del PP y el BNG, «el único con el que podríamos negociar, ya dijo no» a la posibilidad de respaldar a una ejecutivo popular, Aja cree que una alternativa para dotar a Viveiro de un «gobierno serio» pasaría por una alianza PP-PSOE.”
Eso sucedeu fai 28 anos rapaz, enton Paco Luis do BNG non quixo votar para alcalde a PEPÉ, deso poderiamos falar e moito, e no Pacto do Orfeo o Señor Melchor e o PSOE e o BNG apoiaron aquel goberno de concentración, despois a os catro dias chimpou a o Bloque e mais tarde a Melchor e Orlando, nas siguentes, ganou por mayoría absoluta e segueu asi ata fai 8 anos, a prepotencia, venganza, os chanchullos, os plans especiais feitos a medida de Pombos, Regos e Salgueiros, o non escoitar aos veciños e as suas reclamacións chimparono da Praza Maior.
¿Pero a quen quere enganar vostede señor Aja?
Non faga mais o ridiculo, polo seu ben, pero el segue “Al valorar los resultados, César Aja incide en que PP e IVI «juntos» superan en votos a PSOE y BNG juntos. A pesar de la candidatura formada por expopulares, «aguantamos el tirón», aunque reconoce que les «gustaría» la mayoría absoluta, única opción para gobernar.
Manda carallo queren facer seus os votos de Leal, ten mais cara que espalda este Aja sesenton, e ponse a tiro de Leal que lle da nos morros e di: “que cuando él encabezó la lista del PP, en el 2007, «conseguimos 470 votos máis que ese partido agora, e iso que entón era cando peor estaba o PP e máis arriba o PSOE».”

“Os datos oficiais confirman que o PP, con 3.466 votos, foi antonte a lista máis votada en Viveiro, pero é o seu peor resultado, porcentual e en sufraxios, desde 1987.” Outro que tamén lle medra o fuciño, como Pinocho e o Melchor Roel Rivas, que saeu decindo que perderan trescentos e pico votos, non sabemos de números, por eso non facemos presupostos e asi nos vai , os socialistas obtiveron antonte 1.372 votos menos que catro anos atrás. Pois tivo que devolver os 900 votos prestados a o BNG fai catro anos cando algun xenio de Aladino puxo a o Mitas de cabeza de lista. Agora o “Rapaz de Celeiro” recuperounos e algún mais tamén, dos que perdeu vostede señor Roel.

Eu dirialles a os presuntos lideres viveirenses que “TONTERIAS AS XUSTAS” e que se poñan a traballar de cotio, que pacten o que teñan que pactar xa, que o fagan con luz e taquígrafos e que lle poñan unha corda ben atada a os morros o futuro alcalde para que non os ningunee e menosprecie e ao toro, coño, que alguns estamos ata as temporas de manganteria e xente de mal vivir e peor traballar.
Otero Regal.
Nota: Os entrecomillados son de “LaVoz de Galicia”.



Comentarios (43) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-05-2011 16:55
# Ligazón permanente a este artigo
XA ESTA O COCIDO SERVIDO...
Viveiro
Datos de las 22:21
del 22 de Mayo de 2011
Escrutado 100%
Concejales a elegir en 2011: 17
Concejales elegidos en 2007: 17
2011
Total votantes 9.792 75,54%
Abstención 3.170 24,46%
Votos nulos 147 1,50%
Votos en blanco 162 1,68%
Distribución de concejales
Concejales a elegir: 17
Candidaturas Votos Concejales
Color P.P. P.P. 3.466 35,94% 6
Color PSdeG-PSOE 3.028 31,39% 6
Color B.N.G. B.N.G. 1.616 16,75% 3
Color iVi iVi 1.373 14,24% 2

© Ministerio del Interior - Subsecretaría Dirección General de Política Interior - 2011

MAÑA EN REGAL XUNQUEIRA DEBATE PARA ANALIZAR OS RESULTADOS, FORO LIBRE AS 20,30 Horas
ANALISE URXENTE
Batacazo de Aja, peores resultados que fai catro anos, por manipulador, levar unha candidatura de merda e por que esta mais visto que Pastor Diaz
Batacazo de Melchor, por folgazan, por levar unha tropa do carallo e por ser rencoroso e vengativo.
Ambolos dous non tiveron huevos a devatir o pasado martes encol da politica e cultura nin nada, ambolos dous son yoyos e non saben delegar nin gobernar.
Exito de Bernardo, lastima de un esforciño mais e sacar 4
E Exito de Leal e os seus dous concellais non esta nada mal.
Pronostico Obxetivo: Si o BNG non quere entrar no goberno, como dicen alguns cantos de sirena, para min equivocanse, teñen que entrar pero atar ben corto a Melchor e non como fixo Paco Luis.
Melchor gobernara con Leal: 6+2=8 goberno en minoria, con apoios puntuais.
Exito do BNG que traballa..... en Ribadeo, casi maioria absoluta.
Na bisbarra gana o PP en todos os concellos por maioria absoluta excepto en Ferreira, Foz, Ferreira, Mondoñedo, Ribadeo e A Pontenova donde ten maioria absoluta o PSOE

DESPOIS DE OS ULTIMOS RESULTADOS O BNG E O PSOE MANTEÑEN A DIPUTACIÓN DE LUGO, A UNICA DE ESQUERDAS DE GALICIA.
E maña mais...prometido.....
Comentarios (18) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-05-2011 22:42
# Ligazón permanente a este artigo
HOXE A VOTAR
Chegouse a xornada de reflexión, día de eleccións e toca, suponse, aparcar a campaña. Claro que o lexislador non se propuxo mandar aos partidos que quiten os carteis, pancartas e bandeirolas publicitarias, como tampouco que os medios retiran da web o dito polos candidatos nestes quince días precedentes. Entón, que garantía real hai de que estes días de non campaña sexan de verdade?

Máis aínda: alguén garante que hoxe domingo, día da votación, un elector non poida acceder á información dos partidos? É tan sinxelo como que, entre nun buscador en Internet, teclee o nome deste ou aquel partido e se descargue o programa electoral ou o vídeo promocional dos seus candidatos.

Son estas algunhas das contradicións dunha normativa electoral que naceu nos tempos analóxicos, e que agora, no mundo 'virtual' no que nos movemos á velocidade dun clic, resulta en grao sumo obsoleta. Fai falta, xa que logo, unha lexislación 2.0. A ver se hai sorte para 2012

Sei que están tan fartos coma min. E non só dos políticos. Tamén de que as súas mensaxes ocupen moito máis espazo do que merecen nos medios de comunicación. E ata de tantas críticas a eses mesmos políticos, como a de quen subscribe. Pero fagan un último esforzo e aproveiten estas últimas horas antes de votar. Temos a tixola collida polo mango ata as 20 horas de hoxe domingo.

Saquen proveito do espellismo que se presenta cada catro anos e que converte ao cidadán máis humilde en persoa-obxecto de cobiza do aspirante ao poder. Sallan a pasear coas súas familias, sabedores de que as súas horas fugaces de protagonismo como cidadáns con dereito a facerse oír están a piques de reducirse á mínima expresión: desde o mesmo momento en que solten a papeleta na urna, no mellor do casos.

Dense un paseo pola avenida, o parque máis concorrido. Seguro que alí se atoparán co amplo sorriso de quen suspira polo seu apoio. E cando chegue ese momento, non se corten, porque posiblemente non volvan telos tan cerca como agora. E recórdenlles que pase o que pase, tanto se collen o bastón de mando, coma se quedan na oposición, quererán velos como nestes quince días de campaña, paseando ao seu lado pola rúa.
Otero Regal
Comentarios (12) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-05-2011 11:12
# Ligazón permanente a este artigo
ESTO, SERVE PARA ALGO?
Pregúntome eu se as campañas electorais serven para algo. Para algo útil, digo, aparte de para gastar diñeiro sen orde nin concerto e demostrar, novamente, que os políticos non teñen medo ao ridículo. A escasa fotoxenia dos candidatos, evidente en todos e cada un dos carteis que decoran a nosa xeografía por estas datas, faise aínda máis patente cando os bustos en cuestión poñense en movemento. Non hai naturalidade nin trazas de verdade nin nos seus xestos nin nas súas palabras. A carreira polo poder está en marcha e todo vale.
En realidade, sei que estamos en campaña polas moitas páxinas (de papel e dixitais) que dedicamos ao tema, polos moitos minutos que come a información política nos informativos (de radio e televisión). Pero pouco máis. Perdo o meu tempo en saber en profundidade cal é o discurso dun ou outro. Chéganme só retales do que din e fan os que aspiran a governar. E o que me chega, francamente, despístame. Ata me parece unha tomadura de pelo, coma se o político tivese claro só unha cousa: que os cidadáns somos bobos. Pero non, nin de lonxe somos bobos. Ou iso espero que demostren os votantes o próximo 22 de maio.
Mentres, escoito dicir a un señor cuxa catadura moral está en cuestión e que está envolvido nun dos casos de corrupción política máis graves da historia democrática, que a Zapatero o seu avó non debeu darlle agarimo, por iso é polo que sexa como é o presidente do Governo de España. Esquécese Camps, como se esquecen moitos, que non estamos en campaña electoral para elixir un novo Executivo nacional, e que Zapatero non é candidato, e que o avó en cuestión foi asasinado no 36 polos franquistas. Ata se esquece que a rexión que governa é puro 'Gürtel', 'pelotazo' urbanístico e diñeiro fácil.
Cousas que pasan. O malo desta situación é que os cambios en política son necesarios e é bo para calquera pobo, non só o noso. Ciclos cambiantes con xente nova, independentemente das súas ideoloxías, revitalizan a democracia, a economía e a vida política dun país. O malo desta terra diferente, é que o que vén, é máis do o xa coñecido; políticos imputados, políticos sinalados, políticos da ultradereita dando mensaxes de centrismo políticos que queren gañar a calquera prezo.. O certo é que a crispación segue estando nun nivel moi alto e é que a oposición, desta oposición que non dixo que vai facer para saír da crise mundial (é un segredo como o de Cocacola) por onde pasa, nin ensucia, nin limpa. Menos mal que, como todo, as campañas electorais pasan.
Por certo como sera o resultado en Viveiro:
PP. 6
PSOE. 6
BNG. 3
IVI. 2
Otero Regal

Comentarios (14) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-05-2011 09:28
# Ligazón permanente a este artigo
MESA REDONDA ENCOL DA CULTURA E POLITICA
Como isto se xoga cada catro anos, nótanse máis as alteracións do clima producidas polos fenómenos electorais. Cando se aproxima a cita nas urnas prodúcese unha esfervescencia pública de intensa actividade rueira, que leva aos candidatos en todas as súas versións a ocupar a maioría de espazos posibles, convencidos como están de que a súa soa presenza xera entusiasmo colectivo.

Así se desprega intensa cartelería nas farolas, acódese a todos os faladoiros de radio,prensa e si non existen exclusions dos independentes ata na TV, enchense paxinas de papel donde ademais de burdas mentiras chegan a insultar a intelixencia do sufrido lector, nesto Aja e un maestro. E particípase nos anuncios de radio como vulgares vendedores de colonia.

O candidato, na súa condición de animal político, visita aos veciños no seu medio natural, e aínda que lle custe recoñecelo, prefire tropezar con aqueles que peor o están pasando, porque son os que mellor se adaptan ás promesas. Para sacar á xente da miseria hai que estar nela algunha vez, aínda que sexa un domingo pola mañá.

Fai algúns anos, cando a democracia empezaba a camiñar, esforzábanse as organizacións por elaborar programas nos que se recollían as iniciativas a desenvolver se chegado o caso, a veciñanza concedía o permiso para gobernar. Hoxe os programas son espazos reservados á fotogenia persoal, e os partidos encárganse deles só logo de ter confeccionadas as listas e contratado o servizo de catering, comidas e papiolas.

O programa é unha sesión de maquillaxe, e o debate interno limítase á lista da compra para manter fornecida a despensa. Nestes tempos de incerteza, o máis rechamante dos programas é que todos ofrecen as mesmas gretas. Serán máis sinxelos os pactos, e máis difícil contarlle á xente a verdade.
Nosoutros en REGALXUNQUEIRA que estamos de SEMAN DOS MUSEOS celebramos o mercores 18 as 20,30 unha mesa redonda encol DA POLITICA E CULTURA, modera un servidor, Otero Regal, e estan combidados os representantes de os catro partidos pòliticos que queren gobernar en Viveiro. Ata o momento de garabatear este post confirmaron a asistencia o BNG e IVI, PP e PSOE ou non saben leer a cartiña que lles mandamos ou, como sempre non saben, non contestan, por o menos poderian ser un pouquiño educados e decir que non beñen por esto ou por aquelo, de non ser asi creemos que nos teñen medo, pero de esta non se libran e saliran mal parados, pois falaremos igual deles e por non estar perderan a oportunidad de defenderse.
Por certo estades todos combidados.
Na "afoto" dous dos que non teñen o que hay que ter para debatir.
Comentarios (18) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-05-2011 18:49
# Ligazón permanente a este artigo
TODO O PEIXE VENDIDO
Custa crer que xa esteamos outra vez nas mesmas. Temos encima outra campaña electoral sen apenas darnos conta do que deu de si a lexislaturamunicipal. Tempus fugit. Volven os tópicos e os lugares comúns. Fartarémonos de promesas vacuas e de levantamento de nenos, como sempre. Os candidatos ensancharán o sorriso con forceps para intentar convencernos de que elixamos a papeleta que leva o seu nome e non outra.

Nada novo baixo o sol, pero esta vez o aparato electoral desprégase en un momento de hastío que leva a resoplar de preguiza e preguntarse para que tanta palabrería. Sen ánimo de alentar a desmovilización -o 22 de maio haberá que ir ás urnas para decidir o que queremos para esta terra- , resultaría máis que comprensible que vostede, elector-a etiquetado-a como cidadán do montón, se desentenda durante as próximas dúas semanas dos cantos de sirena, peche ollos e oídos ao bla, bla, bla e, libre de intoxicacións vaia dentro de dous domingos a votar a quen lle pareza se así o considera oportuno.

Nós, os que nos dedicamos a isto de emporcallar papel, informar ou opinar non podemos permitirnos ese luxo e daremos cumprida conta de todo o que fagan e digan os candidatos, xa sexan propostas sensatas ou meras sandeces -que de todo haberá-, en parte porque habemos de recoñecer que nos vai a marcha e porque nos gusta iso. Pero ás veces, vaia se nos gustaría dedicarnos a facer mentalmente a lista da compra mentres os candidatos soltan de vez a lección que previamente aprenderon de memoria.

Uns mozos desencantados preguntaban o outro día nun acto público para que serven os políticos. Non hai resposta fácil a esa pregunta, véxase se non o sorprendente caso de Bélxica, que leva meses sen governo e ninguén parece botalo de menos. Pero se vostede nin eu estamos dispostos a asumir a responsabilidade de dedicarnos a xestionar a cousa pública, alguén terá que facelo. A nós, cidadáns trasform
ados en meros electores, quédanos a responsabilidade de decidir quen deben facelo, que non é pouca cousa. Pero ¡que preguiza.!
E por ultimo sigo con a miña sondaxe encol das eleccions en Viveiro.
PP: 7
PSOE: 5
BNG:2
IVI:3

Otero Regal
Comentarios (33) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-05-2011 11:39
# Ligazón permanente a este artigo
A ENQUISA "REFINITIVA " DE VIVEIRO
Pasado o día de pegada de carteis, sacamos a nosa encuesta particular, non íbamos a ser menos en A MALIÑA DE LUGO, blog mais veterano deste norte nordesio, que con o lema de AGUANTA E VENCERAS segue aquí ante ventos e tempestades.
Pois ben despois de unha rigurosa encuesta, preguntamos a o vento do nordeste, a os pinos da Gañidoira, a catro amigos e a doce enemigos, primos, cuñados e demais familia xa temos o resultado, eu non sei por que estes aprendices de politicos que queren seguir ou subir o machito de “mando en praza” da Praza Maior non nos fan caso e deixan de darnos a tabarra.

O efémero efecto, máis ben espellismo interesado, do sorpaso da presentacion das candidaturas mais perralleiras da historia da democracia en Viveiro serve para pouco mais que os comentarios de meson, cafeteria ou pub, “ Naquela levan a un que saeu nos papeis por un asunto de Internet, naquela outra levan a un borracho como seu pai, naquela outra vai un que exerce de miron nas prais en veran…..”.As renovacions de “mentirijillas”, pouco serven, ou sexa de nada, dos cabezas de lista ningun estrena candidatura, o do BNG xa foi de numero dous fai catro anos e os demais van de catro legislaturas a 5 ou 6 , asi que o de renovarse ou morrer aquí algunos queren morrer con as botas postas.
De pouco serve axitar axóuxeres polos mitins e facer soar a carraca de que o outro e o malo, cando a campá só tañe: malos, maliños e cagabandurrias sodes todos. ...

Acabada esta remollada Semana Santa de resurrección, volve a campaña e os socialistas de Melchor Roel a percorrer un camiño que só parece conducir ao calvario. As nosas sondaxes electorais son cada vez máis túzaras. A pregunta xa non está en quen gana senón en canto perde o PSOE. Por un bastante, dous ou tres concelleiros. Que a día de hoxe andan aí, no gume da navalla, de quedar en coiros vivos en canto a poder municipal refírese. Sen unha taifa onde reinar, sen unha ínsula que gobernar nin unha gorra que repartir á parroquia, que está que non lle chega a camisa ao corpo de onde vaise a irse asesorar. Xa nin teñen quen pegue os carteis.

A pantomima do PP decindo que ahora Aja vai a seguir prometendo un aeroporto na Insua, un campo de golf en San roque con casiñas tipo suizo e todo, un ponte colgante no Zembedo, unha lagos de auga doce na praia de Covas, un parque tematico nas minas da Silvarosa con teleférico dende a Praza Mayor, Unha gran superficie comercial no porto de Viveiro….., dende logo os anteproyectos xa os ten pagados de cando era o amo e señor de Viveiro. O miragre Aja desfaise ante o chuvieiro da realidade. Primeiro porque non había tal, segundo porque segue sendo igual que era de todo e en todo e terceiro porque a xente non é tan boba como para non entender que non e un Extraterrestre senón o alcalde que sufrimos durante mais de 20 anos.

Malos son os agoiros pero encima non lles queda pólvora. O mantra do pérfido inimigo está gastado, o suposto recambio é en realidade o útil máis antigo da casa e a escusa final de que o noso mal é de moitos ten resposta no sabio devandito popular de que é consolo de bobos. E nin iso.

Por Lodeiro e por os locais do Pombo da travesia deseñaron un enxuague con Bernardo uns e con Leal os outros investidos de mariscal de campaña, supón xenial estratexia.

Todos eles saen a dez titulares por día pero queda medio mes escaso para que, disipada a fumareda de estóurelas artilleiras, compróbese cal é a infantería que domina o campo de batalla. Os plans e as contas de ROEL, AJA, BERNARDO e LEAL e de todo o sanedrín que hoxe piden o noso voto poden ter ese día o valor dos da Leiteira.
AQUÍ A NOSA ENQUISA DE ESTA SEMAN
A unica e verdadeira, (nin a da deputacion, nin a de rua do PP teñen nin puta idea)

PP: 7-8
PSOE: 5-6
IVI: 2-3
BNG: 2-3
Seguiremos preguntando e seguiremos poñendo datos, aquí non temos limite, nin censura, asi que unhos dias antes sacaremos os guios….e, recorden, lenos cada post mais 2000 persoas…¿Sorpresa? Xa o creo queridiños politicos, por certo non se vos ocurra ir a ver o director-a como en outras ocasions para que me boten ou censuren, aquí o director son eu, si home si Otero Regal.
Comentarios (20) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-05-2011 10:00
# Ligazón permanente a este artigo
ILUMINADO ESTOU
Xa sei que son repetitivo, si, pero hai cousas que se me atragantan. Segundo entendo eu as leis do mercado interpretadas polo PP, o mellor do mundo é o liberalismo. É dicir, que o estado, o público, e malo…malisimo. Iso si, se a economía acatárrase, a culpa é do sector público, do goberno, especialmente se o goberno non o controlan eles mesmos. Cando eles están no poder, a economía é global se ten problemas e se funciona ben é grazas a eles.

Desde que o iluminado da Moncloa? (como respetuosamente chamaba ao presidente do governo en medios da extrema dereita) alcanzou o poder, pasamos de oir que se a economía ía ben era pola conxuntura internacional (2004-2008), ahora que vai como a troita por o rio abaixo é por culpa de Zapatero.

Iso si, se Zapatero remángase para resolvelo e se implicase máis, a súa política económica sería de todo menos liberal.

Cando Zapatero e o seu governo toman medidas económicas, as que sexan, que sempre serán discutibles, entón falan de intervencionismo. E se non intervén o lapidan ,por non facer nada. Se se adica un diñeiro importante a obra pública local para paliar un pouco o paro do sector da construción, machácase constantemente a quen queira oirlo que é un malgasto e que cada posto de traballo supón tropecentos millóns ou máis (obviar que ese custo non é só polo emprego, pois as obras públicas quedan feitas). Se o governo distribúe un diñeiro entre as comunidades autónomas, o que sexa, falan de novo de malgasto desde unha tribuna ou outra, mentres que, ao teléfono, piden máis e máis.

Alguén me dixo fai tempo unha frase: O que non serve de nada é o que non se fai. E ao que pretende facer algo se lle castiga. Déixaselle só, táchaselle de mal politico e peor persoa, pónselle trabas inverosímil. Todo por non mover un dedo de máis ou por non recoñecer unha idea brillante. Así, o panorama está cheo de comentaristas dos desastres dos demais que nunca achegaron nada. Si, home, eses de «se xa o dicía eu ». Eses mesmos que teñen preparado o 'non se pode' ou o 'non vai saír ben' antes de escoitar a proposta.

E “fico en bora”con outra frase de Napoleón: «A envexa é unha declaración de inferioridade».
Otero Regal

Comentarios (21) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-05-2011 18:25
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal