A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

OPINIONS EN TEMPOS DE CHOIVA
Os cambios de ideoloxía e opinión en tempos de choiva, a bilateralidade multilateral, os partidos, políticos partidos pola metade, os barons cheos de razon, os demos roxos que gañan o ceo, os outros chikilicuatres, é ben certo que teño moitos temas dos que falar aquí.
Pero hoxe eu vou facelo, parafraseando o finado Umbral veño disposto a falar das miñas cousas, ou sexa, como case sempre, do divino e human , da miña razón e a miña maneira, pero quixera eu reflexionar encol de que a batalla política actual na bisbarra non esta pola labor de escrarecer os dereitos que teñen os cidadans sinon que vai mais por quen son os que teñen dereito a ser cidadans . Para os nosos políticos de A Mariña ¿É posible facer mais fácil a vida do ciudadan?. Podian empezar os nosos mandamais en plantexar a recompensa ó traballo entre os seus compañeiros e tamén entre os funcionarios que compren cos horarios e co seu traballo, que tamén existen, a transición do “eu son o alcalde e faise o que eu digo” a unha autentica gobernanza publica, a democratización autentica da política e abrir as portas e as fiestras ó talento, ou sexa unha aportación do valor.
A economía desta bisbarra, dende Ferrol a Ribadeo estase a desperetar dun soño, unhos chámanlle desaceleración e outros crise, o que desencadea este frenazo e o fin das vacas gordas do mercado inmobiliario, aquí as casas vendíanse sobre plano, a esportas e os ricos ricos xa non son os propietarios de montes terras e moreas, agora son os promotores e constructores, os concellos decian si a todo, tiñan cartos dende o sector e deixaban facer, asi podian gastar arreo.
Ante o agotamento deste modelo, onde o precio da vivenda acercabase ó 20% anual, ahora chega a sequia de novas construcións, ata que se acabe o stock de viviendas existente, a revalorización infinita da vivenda quebrou, e os bancos pasaron en pouco tempo de promocionar calquer proxecto urbanizador a mirar con lupa hasta a última hipoteca concedida. A indixestión poñerá contra as cordas o negocio de moitos, pero no hai nada máis saudable que o sistema económico purgue as suas culpas. E digo eu, de onde van a sacar os nosos alcaldes os euros para continuar gastando? Quizais dos seus propios soldos?.

Comentarios (9) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-05-2008 18:49
# Ligazón permanente a este artigo
BANDEIRAS ROTAS E VISTAS O MAR
Puxen sobre a mesa todas as as bandeiras rotas, as que rompeu a vida a choiva é a ventoleira na nosa dura derrota, rota sigue aquela que levantamos o ceo pensando que a xustiza medraria como un vo de gueivotas no mar, e vimos como o final soio nos quedou un recordo dun mastil desarbolado e uns xiróns de tea rotos por o vendaval.
Tamen rota segue aquela que poñia liberdade e que levantamos convencidos de que o ficar a batalla a iamos a gañar, mais foio unha amarga e inútil desesperanza cando nos demos conta que as cicatrices dos grilletes deixaban as suas marcas sin borrar.
Esta é a letra de unha das últimas cancions de Xose Antonio Labordeta. Parlamentario, cantautor, poeta, escritor, profesor de instituto, loitador contra o franquismo, camiñante de moitos camiños agradable, irónico, comprometido e sobre todo coas ideas moi craras. Aragónes de pura cepa, un tamén viveu casi dous anos por aquelas terras, pero enseñounos a amar o resto da xeografía española a través de Un país en la mochial, por certo percorreu en imaxes unha parte de esta Mariña das nosas existencias.
Labordeta é autor da xa mitica canción que dice Habrá un día en que todos al levantar la vista veremos una tierra que ponga libertad…
Ben a letra que fala das bandeiras rotas que cada un levamos na propia mochila eu firmariai sin dudalo nin un minuto, sobre todo para recitala, eu canto moi mal e xa choveu arreo nas ultimas semans, en momentos de desilusion dun home que pasa moito do medio cento de anos e que loitou e creeu nun mundo mellor e que segue levando trallazos de desilusión.
Pero mira ti por donde que aparece, non todo vai ser chicquilicuatres, unha nova cantaautora co sinxelo nome de Conchita e canta algo que ben podia ser a segunda parte das bandeiras rotas “ Poida ser, que me equivocara unha e outra vez, pero esta vez é certo que todo vai a ir ben….., máis fácil non sei, as cousas vanse ordenando soas sin querer, e dicen que si unha porta se pecha, outra se abre , máis grande máis fermosa e máis fácil que onte, e esta vez en cambio dunhaporta ven unha fiestra moi solida moi forte e con vistas ao mar....E pode ser que me equivoque outra vez e pode ser que volva a perder, pero a vida dime que tócame a min eso de sentirme ben…..
Adícolle estes textos a todos aqueles que teñen e tiveron que sufrir as miñas desesperanzas, fracasos e tristuras e tamén as xentes, institucions e politicos que me fallaron, pero advirtolles, nin ameazas e “zancadillas” varias van a poder conmigo, cos novos tempos digo o de Conchita, ahora tocame a min sentirme ben.
Comentarios (7) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-05-2008 08:26
# Ligazón permanente a este artigo
A VIDA DOS PARTIDOS DE POR AQUI
Xa o decía Groucho Marx : “A política e o arte de buscar problemas, encontrarlos, facer un diagnóstico falso e aplicar despois os remedios equivocados”.
Dende fai un tempo neste norte de Lugo, asistimos atónitos a un panorama político no que se vota de menos algunhas dosis de responsabilidad e cordura. ¿Quén diría que Groucho no acertóu con a sua definición…?
Existen persoas as que lles gusta un monton dividir o mundo en dúas partes , ríxidas, sin concesións, unha especie de “Ying-Yang” sin concesións ós intermedios, as medias augas, poño por exemplo si tes un gato chegan a criticarte porque lle mercas pienso do mellor coa fin de que esteñaa mais lucido, mentras moitos paises africanos están asolados pola fame, parece , según estes individuos que é icompatible ter gato e estar afiliadio a Intermón Oxfam, por exemplo. Segundo esta ríxida teoria si vas de vacacións librate de ir a un parque temático ou participar en espectáculos pseudo etnicos organizados para “guiris“. Porque o mundo, según eles, està formado por viaxeiros e por turistas e tes que escoller craramente en que bando estás. Esto extrapólase a outros eidos da vida, si andas en bicicleta non podes ter coche, e tamén no das ideoloxias si eres empresario, ainda que pequeno ¿que fas nun partido de esquerdas?, si tes algún que outro carto, aínda que sexa co sudor do esforzo ¿como e que votas á esquerda?. Ou blanco ou negro. Ou chicha ou limonada.
Escoitei fai uns dias a un pretendido lider politico de esquerdas repitir constantemente que o partido no que agora se apuntou era de traballadores, de obreiros, so lle faltou o “parvo” decir que todo o que non fora asalariado ou “proletario” como decia ata fai dous dias xa podia levantarse da silla e “ficar en vora”
Estas mismas persoas non se fian do mundo da informacion, nin no papel, nas ondas e menos na virtual, falan de “escribir” en internet como dun deses pecados capitais .
Para eles o mundo dividese entre os que lles cantan as cuarente nos medios e os que lles pelotean e adulan constantemente.
Non digo nada novo si lles volto a afirmar que a autentica liberdade de información é opinión esta na xente que manifesta libremente o que opina, sexa no papel, nas onda ou en blogs, twitters etc . Estou comvencido que poden mellorar as relacións entre a política e os s cidadáns.
Pero, e volta con outro pero, eso tampoucoé incompatible coas reunións de traballo, o bo funcionamento dos partidos, comisions, aesoramento, analise de informacion aportacións de ideas, encontros entre afiliados, conferencias sobre temas candentes, traballo de campo .
E non como sucede hoxendía en que nestas terras os partidos so se limitan a reunións co “leader” para poñerse de acordo para repartir papeletas, de ano en ano para decir o ben que o fai ou, peor ainda amañar asambleas que se celebran, sorpresivamente o dia de “noitevoa”.La política de libertade de opinión e a política convencional no existen dúass opcións irreconciliables.. Por mais s que algúns se sforcen en dividir o mundo sempre en dúas metades.

Comentarios (16) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-05-2008 10:10
# Ligazón permanente a este artigo
O CONCELLO DE VIVEIRO ARRUINADO?
Os politicos da esquerda de Viveiro, durante as dúas décadas que estiveron na oposición, non se cansaban de dicir que o Concello estaba arruinado. Durante a campaña que os levou ó poder un dos seus eixos principais foi dicir que o Concello estaba arruinado. E cando acadou a alcaldía, segueu co mesmo conto. A calquera que lle entraba pola porta o primeiro que lle decian é que o Concello de Viveiro estaba arruinado.
O peor do asunto é que era certo, tanto o casi alcalde perpetuo Cesar Aja que todo o mandaba e ordenaba como os distintos concelleiros de facenda non foron quen de sanear as contas do concello, houbo incluso advertencias dos organismos da Xunta, pero erre que te erre, os déficits eran abrumadores, contratistas e suministradores do concello tardaban ata media ducia de anos en cobrar as deudas.
Chegou o bipartito con apoio de IU e tamén o “boom” da construción, entraban no concello cartos a esportas,- non se fixo un plan de saneamento real-, para mais inri, non se fixeron , casi os presupostos, subéuselles ós funcionarios todo o que quixeron e mais, gastouse en festas e parrandas barbaridades, pero entón chegou o “comandante” da crise da construcion e o Concello de Viveiro, que a pesar do mal que se fixeron as contas repiteu concellal do gremio, recaudou o ano pasado mais dun millon de euros menos do previsto. Gastar ségueuse gastando a esgallo e asi as cousas , ainda sin presupòsto augurase unha situacion economica tan catastrófica como co PP. Xa non cobran os suministradores, xa non teñen cartos para os gastos compremetidos e “O que che rondarei morena.
¿Será que o Concello non ten cartos?. Será que os proveedores non cobraban cunha relativa regularidade? Cando menos voltase a xerar unha alarma de falta de pago como o PP deixou hai 6 anos. Será que o Concello ten unha cantidade de débedas que non poida asumir? O Consello de Contas de Galiza, que é o máximo órgano fiscalizador dos concellos, puxo ó Concello de Viveiro, nos ultimos anos do PP como exemplo do que non se debe facer co economia municipal, ¿Volveráse a repitir agora coa esquerda?.
É esta a situación dun "concello arruinado"? Nós, que aínda entendemos algo de números, quizas por eso somos eso que agora se chama “emprendedores” cremos que non. A que se debe logo tanta insistencia? Se cadra o alcalde está convencido de que cando unha mentira se repite cen veces convírtese en verdade. Pero todos sabedes que unha mentira repetida cen ou mil veces segue a ser unha mentira.

Non temos por costume entrar a comentar chascarrillos sen importancia se non tivera un trasfondo de extrema gravidade. Ao longo de toda a súa carreira política o Sr. Roel e o señor Rafael Amor non se caracterizaron por estar fortes en contas e en números, precisamente. E para facer unha xestión eficaz dos cartos no Concello hai que ter rixe e control: hai que saber algo máis que contar polos dedos e andar ós contos nas corredoiras.

E imprescindible facer un presuposto real, aterse ás consecuencias do ciclo económico Se non o fan será única e exclusivamente por responsabilidade súa. E que non lle queiran cargar o morto a outro “Todos os grupos son conscientes de que o primeiro problema dos concellos é o financiamento”, Actualmente, os concellos só teñen cinco impostos, dos cales só dous acadan fundamentalmente a capacidade recaudatoria, ademais das aportacións do Estado por número de habitantes, eso é que temos, de aí é de donde se teñen que sacar os cartos para o funcionamento do concello, si estiramos mais o brazo pasa o que pasa.

Comentarios (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-05-2008 14:43
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal